IX ÉPOCA

11.3.07

López Chaves: de pallas e vigas

López Chaves, Jr, ve a palla no ollo alleo e non é quen de ver a viga no propio. Anda a rebuscar ilegalidades nos papeis da Consellería de Cultura, especialmente desas que se agochan (el sábeo ben) entre os contratos de gasto menor.
Preocupados como estamos por este pobre home, queremos aforrarlle viaxes e dóres de cabeza a el, e uns cantos miles de euros en fotocopias a Ánxela B. Non ten que ir buscar tan lonxe, nin pagar peaxes de autopista, nin darse farturas de papeleo, por máis que lle guste: pode atopar, sen ir máis lonxe, no propio Concello de Vigo, na súa mesmísima área de goberno, no seus Verbum e Arquivo Pacheco, elaborados polo seu soplón favorito, Lois Cea, e asinados polo noso querido concellal e prometedor deputado-faltón (e mira que lle dixeron no cole que mentir era pecado), contratos irregulares abondo, como para mañán mesmo autodenunciarse e, en pleno acto de contrición, confesar publicamente as súas culpas e volver ao Camiño correcto. Por exemplo:

Con cargo ós orzamentos da súa concellalía e, en concreto, contra os do arquivo Pacheco, durante os anos 2005 e 2006, asinou 10 contratos de asistencia técnica de gasto de menor contía con UNHA SOA empresa, especializada ademais en servicios sociais, por valor total de 112.339 euros. Estes contratos fixéronse eludindo -mediante o fraccionamento de feito do custo do obxecto do contrato en porcións dun máximo de 12.000 euros-, os preceptivos principios de igoaldade, publicidade e concorrencia, ao non mediar un procedemento aberto como correspondería por esa cantidade total, tal e como se recolle nas disposicións legais que regulan a contratación nas administracións públicas. Corresponderon, destes, 56.397 euros ó ano 2005 e 55.942 euros ó 2006, supostamente con obxectos “distintos” (máis ben con frases distintas que enmascaran un obxecto igoal ou similar: unha certa “xestión integral” externalizada do arquivo).
Os expedientes de contratación á mesma empresa son os seguintes:

- Divulgación do arquivo Pacheco, imaxe e posta en marcha do servicio

- Estudio para a conservación de imaxes do arquivo Pacheco

- Remate de accións de acondicionamento e estudio do arquivo Pacheco

- Elaboración da memoria das actuacións do arquivo Pacheco no seu primeiro ano de actividade

- Contratación e montaxe da exposición de Julio Verne, selección de imaxes e coordenación da edición do libro “Pano de lona”, actualización da actividade de “A Galería”, actividades de formación ó novo persoal do Arquivo

- Preparación das exposición do Arquivo Pacheco en Niteroi (Brasil) e como remate do proxecto “A Galería”

- Continuación dos traballos que leva a cabo o arquivo Pacheco: exposición de Niteroi, cubo do Verbum, remate de A Galería

- Realización de traballos no arquivo Pacheco: tramitación das peticións de copias do proxecto A Galería”, renomeado dos arquivos dixitais para a súa exportación á base de datos, coordenación e colaboración na gravación de imaxes

- Coordenación e colaboración en traballos que desenvolve o arquivo relacionados co proxecto de “A Galería”, e noutros traballos habituais do arquivo

- Realización de actividades no arquivo Pacheco: cubo apadriñado no Verbum, actividades didácticas dos nenos, peticións externas, informes e coordinación noutros traballos no arquivo.

Todos adxudicados sen concurso, concorrencia nin publicidade ningunha, a pesar do seu evidente mesmo obxecto xeral e do seu importe, que supera amplamente os límites que obrigan a procedementos abertos de contratación.

Á vista disto ¿a que se dedicaba o "director" a dedo, destes dous “entes” se ata a memoria da súa actividade facíalla unha empresa? preguntaranse vostedes, e nós: pois será a copiar os mini-expedientes de contratación, ás relacións públicas, a ir a cursos pagados polo Concello e a viaxar a Brasil con fondos municipais, para que non se sentiran soas 55 fotografías do arquivo que se expuseron alí baixo o título Vigo em três momentos. ¿A que se dedicaba López Chaves?: a portarse mal asinando contratos que en rigor legal, non debía.

Pero se López Chaves Jr, non quedase satisfeito co que, no tocante a contratos destes variados poda atopar sen saír de casa, pode, cun moi breve desprazamento, achegarse á alcaldía de Vigo, onde atopará fraccionamento de contrato para dar e regalar, por algúns centos de miles de euros de nada, repartidos entre os Medios de comunicación e axencias de publicidade “de confianza”, contratiño menor a contratiño. Se daquela non se arrepinte, mal vemos a súa redención.

E mentres LCh surde entre papeis, como un neno na piscina de papá, o Arquivo Pacheco leva varios meses pechado e o Verbum convírtese nunha sorte de carísima ludoteca, atendida por seguratas...

22 comentarios:

Pablo Eifonso dixo...

Por certo, que Ánxela B. tamén revise os seus contratos de menor contía, é posible que atope semellantes "sorpresas" cá Chaves.

Anónimo dixo...

E non se pode saber o nome da empresa beneficiada?

Pablo Eifonso dixo...

Estinga Servicios Sociales, S.L.

Anónimo dixo...

Pero es que si analizamos el resto de las concejalías pasa exactamente lo mismo. No seamos tan ilusos. Para la derecha, desde siempre, es un signo de lucidez el ganar dinero en forma de comisiones a partir de la concesión de contratos. Ellos no creen que estén haciendo algo mal e incluso es motivo de admiración cuando se reunen a contarse la última. Ellos se miden por el dinero, única y excluisivamente.

javier sieiro dixo...

López-Chaves debería investigar todo lo de Finca do Conde, pues cuando eran oposición él era el representante en la Gerencia. Llegó el gobernar y empetar y lo sustituyó Figueroa, ¿ porqué?. En mi opinión porque sabía más de ladrillos y comisiones. Pero ahora el investigador es Don Ignacio y queremos nos investigue al tal Figueroa, Corina y Finca do Conde. Saludos.Javier Sieiro.

Pablo Eifonso dixo...

Para o noso anónimo. Sinto ter que darche a mala nova, pero a práctica que denunciamos, a falta de respecto, o soslaiamento, o uso de atallos e trampas... cos procedementos de contratación legalmente establecidos (eliminando as garantías que dificultan un aproveitamento ilícito por parte de partidos ou particulares) con maior ou menor intensidade, con maior ou menor vergonza toureira, non é, nin moito menos, patrimonio da dereita, senon dunha cultura esquistada que considera válido cando o fai un (como se houbese unha razón inmanente) e delictivo cando o fan os outros... e aquí a "esquerda" institucional (nacionalistas incluídos) e a dereita institucional son perfectamente homologables. É conveniente que os militantes "non institucionais" destas formacións o saiban e o combatan.

Por outra banda non sempre o fraccionamento sistemático do obxecto do contrato é necesariamente para "cobrar comisións", senon a pura e dura neglixencia, o intercambio de favores ou a incompetencia dalgúns cargos públicos ou funcionarios... o que abre sempre a posibilidade para ter tentacións de pasar "a maiores".

Contra estas prácticas a solución pasa, canto menos, polo rigor no acceso á función pública, pola limpeza absoluta das listas electorais e pola denuncia sistematica das coruptelas e corrupcións que levan moito tempo instaladas como algo consentido, tacitamente pactado e admitido como normal. Pasa tamén porque algunha vez pague algún coa inhabilitación os seus "erros" e sirva de escarmento para os demais.

Dende o meu punto de vista alguén debería, neste sentido, propoñer un programa eleitoral "rexeneracionista" con medidas concretas e eficaces que impidan tamén o uso indiscriminado da mal chamada publicidade institucional. Pero para isto terían os partidos que pedir perdón publicamente polo seu pasado e declarar o seu firme propósito de rachar cunha administración opaca e poñer de oficio sobre a mesa, con pelos e sinais todos os contratos que se realicen, os adxudicatarios, os prezos, os procedementos de contratación empregados e os criterios de adxudicación, a supervisión e certificación do seu cumprimento. Algo tan doado como, por exemplo, abrir "unha fiestra" en internet para que os cidadáns coñezamos integramente os expedientes de contratación... e poidamos impugnalos.

Anónimo dixo...

¿Cuándo entrará la legalidad en nuestras instituciones públicas?
Ya va siendo hora...
La Democracia lleva de la mano otras muchísimas cosas

Manuel Ángel Candelas Colodrón dixo...

Concordo co que di Pablo Eifonso no tocante á transparencia nas contas, pero as cantidades mínimas polas que hai que acudir a solicitar varios presupostos, aumentan cada ano. Os executores dos presupostos desexan ter cada vez máis man libre: o alibi da operatividade e a eficiencia. Je, je.

Anónimo dixo...

Menos politiqueo y más decencia en lo público...

Anónimo dixo...

deberia existir un organo neutral que controlase estas irregularidades e as castigase...

mexan por nós..

Anónimo dixo...

La Instituciones del Estado deberían ser neutrales, solamente deberían depender de las leyes, nunca de los partidos.Harían un trabajo independiente, se acabarían rápido los malos rollos y los protegidos...
Ahora, muchas veces, los ciudadanos nos sentimos impotentes ante los abusos

Anónimo dixo...

Para Pablo Eifonso.
Cuando hablas de la incompetencia de los funcionarios espero que lo hagas con conocimiento de causa.

El problema que observo es la absoluta falta de formación académica, cultural y educativa de aquellos que acceden a puestos políticos relevantes que sumado a la desconfianza y al servilismo hacia quien te ha puesto ahí hacen que esto funcione así.

¿Profesión de Chema Figueroa, Concejal de, ni más ni menos que Urbanismo?.
¿Profesión de Corina Porro, Alcaldesa?.
¿Profesión de Carlos Comesaña, Vías y Obras?

Y lo que es peor: estos que nombro ¿delegan en los funcionarios técnicos (licenciados) que tienen por debajo? o son ellos quienes dicen que aquí lo que queda bien es una amapola porque lo digo yo; o que aquí no puede ir un sumidero porque no; o que ahora, antes de las elecciones, no vamos a reparar eso que VEMOS que se ha hecho mal
porque ... hombre ... ahora no vamos a andar levantando ... ahora déjalo así.

Y efectivamente todo es extrapolable a la izquierda pero la historia contemporanea gallega la ha escrito la derecha y así nos luce el pelo. Siempre diez años por detrás del resto de España.

Anónimo dixo...

El nuevo aspecto de la Plaza de la Independencia estoy seguro que ha sido elegido personalmente por Corina Porro.

Anónimo dixo...

Para o último anónimo, a profesión de Corina ven sendo a mesma que a de Anxo Quintana, Vicepresindente da Xunta, nin mais nin menos. E gustaríame saber se alguén coñeze a profesión de Sánchez Bugallo, alcalde, nin mais nin menos, da Capital de Galicia. Por non falar de Pepe Blanco. De pallas e vigas, decíamos...

Anónimo dixo...

Ojo con los fundamentalismos; que nadie se altere.
Cuando hablo de las profesiones de los que gobiernan Vigo lo hago porque son los que me tocan directamente como vigués que soy.
Esto es extrapolable a cualquier grupo político sea este del color que sea. No os enfadéis.
Haí lo tenéis ... ¿a quién presenta Abel Caballero como número dos?; como número dos repito; a Chus Lago. En base a qué. Dios mío; ¡¡¡como número dos !!!. ¿Qué concejalía va a ocupar un número dos?, ¿Deportes y animación sociocultural?.
Si se trata de una medida populista ¿porqué no poner a Alvaro Pino?, o ya puestos ¿porqué no a Fernando Alonso?.
Es a esto a lo que me refiero.
Y porfavor, que este comentario no sea óbice para abrir un debate feminista; no se trata de eso.

Pablo Eifonso dixo...

Un funcionario é precisamente "incompetente" cando, por exemplo, obviando a súa condición de tal, fai deixación da súa "competencia" e informa ou asina o que lle mandan e non o que profesional e en conciencia competentemente debe informar ou asinar.
Os funcionarios teñen estabilidade no seu emprego e están suxeitos ao estatuto da función pública por unha única e histórica razón: servir aos cidadáns e ás leis con independencia da cór política concreta que goberne. Alguén o chamou a "eficacia indiferente".

Bastante diñeiro dos nosos petos lles pagamos para que, a pesar de ter o privilexio dun traballo fixo e permanente para exercer precisamente as súas competencias sen coaccións, se preguen -por cobardía, comodidade ou interese particular- ás conveniencias e intereses particulares dos políticos de turno.

Estou convencido que sería practicamente imposible a corrupción cuns funcionarios conscientes do papel que a sociedade, co esforzo dos seus traballadores, lle encomendou, e "competentes" para exercelo.

Anónimo dixo...

Pablo, aí falache

Anónimo dixo...

¿Aí falache?.
Qué tristes y qué recurrente os resulta el tan manido tema de meterse con los funcionarios.

Sobre todo cuando se habla sin tener ni puñetera idea.

Enarbolais la bandera de la competencia y la profesionalidad y vosotros mismos escribíis vuestra historia con renglones torcidos siempre y cuando necesitáis que alguno de vuestros intereses por insignificante que este sea os resulte beneficioso.

¿Y el título de este reportaje es Pajas y Vigas?

Anónimo dixo...

¿Los técnicos internos están de acuerdo cuando por conveniencias de los políticos de turno, se contratan técnicos externos para realizar un trabajo propio de ellos? ¿Cómo se digiere eso
¿Qué hacen ellos cuando de esa forma se consiguen cosas impensables siguiendo la ley? ¿Se callan?

Anónimo dixo...

Al último anónimo. "Tí si que falache".
Este sí que es un tema interesante.

El ayuntamiento está lleno de Licenciados, Diplomados y Técnicos. ¿Cuántos proyectos de los realizados en los últimos años han sido paridos dentro del propio ayuntamiento?. Ninguno.

¿Qué pasa, que la gente que hay ahí no es válida para redactar por ejemplo el proyecto de restauración de la pérgola de la alameda de Bouzas?. ¿Para proyectar la reforma de un vial?.

Ante esto, ¿qué van a hacer?. Están puenteados. Sus decisiones son de muchísimo menor calado. El político de turno decide en la intimidad de su despacho sin contar para nada con la opinión del departamento que dirige. Por desconfianza (a este no lo puse yo), porque no quieren escuchar aquello de PLANIFICACION, etc.

Cada departamento es un reino de taifas; una repúlica independiente; sin conexión entre ellas.

¿Cómo vas a explicarle a Perly que la palmera no puede ser la solución a la reforma de la alameda?; ¿cómo vas decirle que se preocupe más por los problemas en el subsuelo (que no se ve claro) que por poner amapolas en el suelo?.

Son sus jefes; vasan su decisión en las tendencias de la revista Nuevo Estilo y lo que el Licenciado diga no les satisface nunca porque no les es práctico. La planificación de Vigo siempre es a muy corto plazo; cuatro años como mucho. Los que duran una legislatura.

Yo creo que los funcionarios son competentes (al menos gran parte de ellos); se han especializado como BOMBEROS, apagan fuegos; pero su trabajo no se ve.

Anónimo dixo...

¿Por qué los vigueses tenemos que pagar a esos externos habiendo ya pagado con nuestros impuestos los sueldos de los técnicos internos licenciados, ingenieros, arquitectos, etc... perfectamente preparados para esos trabajos?
Si quieren ayudas externas al concello que las paguen ellos..
¿Cuándo vamos a tener racionalidad en lo público? Tiran el dinero como si fuera suyo...
¿Cuántas más cosas se podrían hacer en la ciudad, y alrededores, con una buena y clara gestión?

Anónimo dixo...

"Tiran el dinero como si fuera suyo..." Non. Tírano precisamente porque non é deles.