Aquel día que denominamos Día D de Finca do Conde, o 21.7.2003, o Consello da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo resolvía sobre un informe do técnico da administración xeral de planeamento e xestión dese organismo municipal, que abría ás portas á non concesión da licencia, hoxe xa definitivamente ilegal, do Centro Comercial Gran Vía, promovido por ING Real Estate no ámbito do Plan Finca do Conde. PP, BNG e Soto, decidiron aquel día (os primeiros co voto negativo e os outros cunha abstención, na práctica, co mesmo significado) e en contra da proposta xurídica, que as licencias seguisen adiante. A pesar das tres sentencias contrarias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a pesar das advertencias –agora confirmadas coa sentencia do Tribunal Supremo- do daquela concelleiro de urbanismo Mauricio Ruiz, a pesar do sentido común e da mínima conciencia de defender o interese xeral fronte ao particular, deixaron que as cousas chegasen ao escuro lugar a onde chegaron.
Aquel técnico da administración xeral, é hoxe o secretario da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, Francisco Cominges. Agora si, cando xa o “principal” está construído e en funcionamento, cando pesa sobre toda a operación Finca do Conde e sobre outras actuacións urbanísticas e “patrocinadoras” da multinacional holandesa ING, unha sombra de dúbida cada vez máis evidente, agora si, BNG, Soto e PP farán caso, ao informe deste técnico, hoxe secretario, que daquela propoñía, a instancias de Ventura Pérez Mariño, como máis ou menos hoxe, no seu informe:
Primeiro.- Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito do PEPRI III-02 Finca do Conde co fin de estudia-la súa reforma, de acordo co preceptuado no Art. 77 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia (LOUGA) -expte. 8472/411-.
É o mesmo técnico dicindo cousas semellantes. É o escenario, aquel escenario que no 2003 era evidente que ía vir, o que cambiou. E con el, a coherencia de Corina, Soto, Figueroa e Toba, vaise polo mesmo sumidoiro que entrou aquel xullo de 2003 –aínda que levara fedendo dende moito antes- todo este feo asunto.
Incluirase no novo escenario o destino do famoso millón de euros que falta por aclarar do “secreto” patrocinio da saída viguesa da Volvo Ocean Race?. Cada vez fede máis a podre en Dinamarca.
O BNG non descarta negociar co PP para aprobar os orzamentos do Concello de
Ponteverda
-
Presentan unhas contas que soben a 98 millóns, un 3,6% máis, e apostará
pola transición ecolóxica.
2 comentarios:
RESPOSTA do candidato do BNG á Alcaldía de VIGO sobre este tema no seu blog:
Aprezado Erasmo,
Facer insinuacións, lanzar sospeitas e manipular a información agochados no anonimato non ten valor ningún. Nós non entramos nese xogo. Se alguén fai acusacións tan graves como as de corrupción e prevaricación debe ser porque ten datos nos que apoiarse. Se é así invítoos a que fagan esas acusacións diante da xustiza, que é onde deben facerse este tipo de denuncias. Nós estamos absolutamente tranquilos a este respecto, porque non temos nada que agochar en relación con este asunto. A nosa actuación axustouse en todo momento a legalidade e podo garantir que o BNG non obtivo ningún tipo de beneficio pola súa postura en relación a este proxecto. Reitero que se alguén afirma que non é así pode acudir aos tribunais. Pola nosa banda o debate ao redor deste asunto péchase aquí.
Un saúdo, Santi Domínguez
------
E eu pregunto habería causa como para denunciar por prevaricación a alguén desta corporación municipal?
Pues para tenerlo tan claro, que mal nos lo explica el Bloque a los vigueses...
Su postura tan confusa hace que muchos pensemos mal..
¿Por qué no se esfuerzan en aclarárnoslo? Sería lo más conveniente si quieren que nadie desconfie..¿Qué temen? ¿Por qué no hablan clarito para todos?
Siempre acaban haciédole la comparsa al pp
Publicar un comentario