Chama a atención a escasa "visibilidade" da campaña do BNG. Socio corresponsable da política urbanística do PP e participante activo nas licencias de Finca do Conde ven gardando un silencio estrondoso. Dominguez, invocando a necesaria serenidade e os consabidos intereses supremos da cidade, só propuxo un acordo básico entre tódolos partidos que mais que unha iniciativa crible sonaba a lei de punto final.
É ben certo que esta postura de se situar fora da "loita electoralista" (sic) non impide que destacados militantes do seu partido participen de forma entusiasta nas mobilizacións pro-Plan da Federación dalgunhas asociacións de veciños ou poñan en pé novos colectivos de afectados como é o caso de Amador Fernández. Olveira segue a traxectoria do seu grupo e fai maís longa a sombra de Toba.
E, por se acaso ía quedar atrás no asunto, a Dirección Xeral de Deportes tamén ten espacios publicitarios pagados nos medios locais. Sería interesante coñecer os períodos contratados e o montante desta "necesario labor publicitaria" que a institución que dirixe leva a cabo, por exemplo, na emisora que tan ben tratou ó "profesor" Toba.
En fin, Ti tamén, meu fillo!
A Coalición Internacional de Asociacións Pesqueiras terá ao galego Iván
López como novo presidente
-
A súa elección foi por unanimidade de todos os membros de ICFA, que
representan a asociacións pesqueiras de 24 países de todos os continentes,
e releva no ...
5 comentarios:
Pero es que si dejásemos un lado nuestra ideología personal y sobre todo el fanatismo y fuésemos verdaderamente objetivos, yo al menos me bajaría en la próxima estación porque Santiago Dominguez y su futbolín, Abel caballero y su flamante número dos y Corina Porro y sus palmeras y amapolas ¿son todo a lo que podemos aspirar para el gobierno de nuestra ciudad?. Pensadlo en serio.
sempre nos queda Soto e a súa lista que en relidade é a do PSOE. Non me digades que a candidatura de ARCABALLERO non é sotista a rabear.
A lista de Caballero é retomar o vello PSOE. Coa chegada de Zapatero houbo unha pequena revolta no partido, tentando se sacar as caras queimadas, pero en Vigo, a forza das vellas estructuras e da xente que vive (se aproveita) delas é demasiado forte. O experimento de Ventura saiu mal, así que recollemos o anterior. So falta Príncipe de número tres, porque xente como Mauricio (e Ventura) empezou a arder pola esquiña que lle unía ó PSOE, non o esquenzamos. Pensan que cortando a cabeza de Porteiro están as listas limpas e as débedas pagadas. Efectivamente, penso que volvemos ós vellos tempos en Vigo, pero cos chusqueiros contaminados polo alboroto nacional.
No sé si saldrá alguna otra lista en Vigo `pero con las lamentables y flojitas que nos presentan los de siempre dan ganas de abstenerse o votar en blanco. La verdad es que es más de lo mismo y la ciudad tiene que optar por la más que lamentable mediocridad. Gracias Faro, Atlántico y cia. que con vuestra publicidad pedís un Vigo de lo mismo, o sea de nada.Saludos.Javier Sieiro.
Agora os politicos teñen que estar a altura e entenderse polo ben da cidade.
Publicar un comentario