IX ÉPOCA

29.1.06

Sen dirección

A Escola de Artes e Oficios non ten director. Unha longa baixa por enfermidade do que exerce tal función, José Armesto -que previsiblemente continuará aínda tempo-, cúbrese a tempo parcial e sen máis trámite, por unha funcionaria do departamento municipal de Persoal, que, polo que nos conta Raquel López, non pisa moito a sede da Escola en Gacía Barbón.
O Museo Municipal de Castrelos dende principios de outubro de 2005 tampouco ten director, o que vén a mermar máis, se tal cousa é posible, a súa escuálida plantilla: un par de administrativos e un feixiño de guías sen especializar. O que viña exercendo a dedo a dirección do Museo, José Ballesta, supoñemos que aburrido no vello caserón da finca da Marquesa, colleu un permiso de un ano sen soldo. Tampouco ten recambio, nin a dedo nin polo regulamentario e mal visto concurso.
O Verbum-Casa das Palabras: sen persoal, sen proxecto, visitado só por escolares acarrexados en buses polo propio Concello, ten nominalmente un director, Lois Cea, posto a dedo por decreto de Corina en xuño de 2005, con nula experiencia e recentemente destapado como firmón no Auditorio, pero non ten dirección, se nos atemos á traxectoria errática -por dicir algo- que leva. O Arquivo Pacheco aínda segue ancorado na extraordinaria idea de "O ano do retrato".
O Parque zoolóxico da Madroa, único zoo de Galicia e norte de Portugal, sempre tivo problemas coas aves: agora co da gripe aviar, antes, segundo contan, cando hai anos o finado Leri, co gallo ;-) das obras de reforma, se emperrou -desoíndo, como era habitual, os criterios do veterinario-director- en meter provisionalmente todo animal con plumas nunha soa gaiola, ata que só quedou ún, nunha cruenta imaxe de devoración medieval. Como daquela, chégannos novas de que ao director-veterinario, Juan Freitas, fanlle pouco caso e que por alí mangonean máis outros paxaros.
O Museo Liste ten director pero, polo que se ve, non debe ter porteiro: con sorte, se petas na porta, ábrenche.
O Arquivo municipal, (por chamar dalgún xeito o almacén onde se garda a "memoria" do Concello) malvive dende hai anos sen dirección. Isto é o que pasa nun arquivo cando non hai arquiveiro nin documentalista, senon un probo funcionario sen especialización que tivo a mala ou boa sorte de caer por alí un bo día, despois de que se xubilase o inefable cronista oficial nomeado por Manoel Soto, Lalo Vázquez Gil (que por certo segue vivindo "intelectualmente" das rendas que lle deron a lectura dos documentos enterrados nos sotos municipais).
Na Biblioteca Penzol, como se a xubilación non fose algo que a todos nos toca algunha vez, Francisco Fernández del Riego exerce a dirección tipo persoeiro, ocupando honorificamente un posto de traballo que debera estar cuberto dende hai moitos anos por un facultativo.
O caso do Museo do Mar é á inversa: hai director, pero non hai Museo, o que non deixa de ser unha curiosidade reseñable neste panorama.

Pero á sociedade viguesa abóndalle conque as cousas funcionen só nos medios de comunicación subvencionados. O de menos é que realmente existan e cumpran o que a sociedade lles ten encomendado.

Mentres tanto, seguirase admitindo, por exemplo, que mentres no MARCO se realiza todo un proceso regulado para a elección de Director, no resto dos organismos culturais tal cousa, polo que se ve intranscendente, se deixa ao capricho ou ao interese da Corina ou do Chaves de turno.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Al PP no le interesa nada que huela a cultura....Cuanto menos se sepa mejo se maneja...Eso es lo que piensan.
Solamente se preocupan por los asuntos del urbanismo desaforado y de llenar la ciudad de Centros comerciales. se trata de lavar el coco al personal y entregar la ciudad a las grandes empresas constructoras, a los holandeses, rusos y a quien sea, independientemente de lo que ocurra en la ciudad.
¿Cómo es posible que no estén de acuerdo con la utilización de la ETEA para localizar allí un gran centro que se dedique a todos los asuntos relacionados con el mar?
Espero que la Xunta, el gobierno central, la universidad y otras instituciones de esta ciudad pongan un poco de orden en este concello que tenemos... Lástima que el Bloque del señor Toba esté tan enrocado en su postura de apollo al PP. Por personalismos, la ciudad está perdiendo el tiempo. Un tiempo de oro. Y ahora necesitamos urgentemente gente con preparación que pueda regir los destinos de Vigo

Anónimo dixo...

Son las cosas del nacional-popular-marxismo-asfaltismo-ladrillismo. ¿Se querrá enterar la gente, de una puñetera vez, de que nos están utilizando para su exclusivo beneficio (económico, político o social, que de todo hay)? ¿y se habrán enterado ellos de que se puede engañar a todos durante algún tiempo, a algunos durante todo el tiempo, pero no a todos durante todo el tiempo?
Pues que sepan todos que hay otras formas de llevar los asuntos de los ciudadanos, que no son, por supuesto, que los ciudadanos les llevemos sus asuntos a cuestas.

Anónimo dixo...

Creo que debería decir al pollo de Toba o al apoyo al pp, o el pollo que tiene el PP, o el que tiene Toba......todo menos apollo...En fin que es una cosa tan rara ese apoyo que hasta lo escribí con ll.... En esta ciudad toleamos cuando vemos lo que vemos...

Anónimo dixo...

Ya han empezado las presentaciones .....Rueda de prensa de Karpin (ex celta), del del Real Madrid (suegro de un ex-celta)...faltan los holandeses...Ya estamos todos. Pronto empiezan. Tienen prisa no vaya a ser que se les estropee el pelotazo que tienen con Vigo.
Figueroa en su salsa y con sus amiguetes...(para algo están....)

Anónimo dixo...

Van de profes para enseñar que hay que hacer para ser un empresario millonario después de pegarle unas patadas al balón: claro, deben saber la hostia de pelotazos! Esto es de tal descaro que preocupa. Debemos preocuparnos seriamente de lo que está pasando (preludio light de lo que se nos avecina) en esta ciudad.

Anónimo dixo...

Demasiadas cosas relacionadas con el futbol, me parece a mí....Karpin y sus amigos los rusos, Michel Salgado y su suegro el ex presidente del Real Madrid....Ambos los dos amigos de Figueroa.... Viva el pelotazo y sobre todo los golazos, porque lo de Vigo son golazos auténticos....que nos meten a los ciudadanos vigueses....
No sé por qué me vienen a la cabeza asuntos urbanísticos
referentes a Balaidos de los que se habló no hace mucho.... En fin seguramente solo son toleadas mías...

Anónimo dixo...

Seguramente Corina no se entera de la misa a la media...de lo que pasa por el Concello. ¿Quién maneja la barca?

Anónimo dixo...

Necesitamos políticos serios, preparados y honrados en los que podamos confiar los ciudadanos.
Ninguna ciudad europea importante se negaría al Centro de Estudios del Mar en la ETEA, es más darían todas las facilidades. Proyectos así son los que hacen grandes a las ciudades y no los ladrillazos. Nuestros políticos son más papistas que el papa....Me pregunto si están preparados para un reto así. Si saben exactamente lo que eso supondría para Vigo.