O Real Decreto-lei 13/2009, de 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e la Sostibilidade Local recolle no seu artigo 9, Tipos de obras, equipamento e ou tras inversións financiables, unha serie de ámbitos de actuación -que recollemos ao remate desta entrada- que exclúen a urbanización de rúas e espazos urbanos. Por se as cousas non quedaban claras con esa relación de ámbitos, o Decreto, prohibe expresamente "os contratos que teñan por obxecto obras de mellora das redes viarias e de adecuación, rehabilitación ou rexeneración de contornos e espazos públicos urbanos", ao permitir estas obras soamente en municipios cunha poboación menor a 2.000 habitantes.
Sen embargo, Abel Caballero e o bi-goberno PSOE da cidade de Vigo, decide presentar novamente para seren financiadas con este plan, obras de reurbanización (eufemísticamente chamadas "de humanización") de diversas rúas da cidade, tal e como recollen na súa edición de hoxe tanto La Voz de Galicia como Faro de Vigo.
Parece que Abel Caballero non escarmentou daquela -coa súa xa habitual prepotencia- cando a presentación dun proxecto inaxeitado para o Plan Urban 2009 conlevou a perda desta importante subvención Europea ao non considerar a Administración Central elixible o pseudoproxecto redactado por unha empresa afín á UGT por encargo do bi-alcalde de Vigo. Novamente, de xeito completamente irresponsable e irrespetuoso coas institucións do Estado, Caballero tírase á piscina facendo unha absurda e infantil lectura do decreto de convocatoria do Plan E 2010 e inclue obras claramente, por máis voltas que lle dea, inelixibles á luz do Real Decreto de convocatoria.
De consumarse o despropósito de presentar a esta millonaria convocatoria de axudas estatais os proxectos anunciados hoxe, consistentes en refacer beirarrúas, é máis que probable que o Ministerio de Política Territorial rexeite os proxectos municipais e Vigo perda este transcendental fondo estatal. Agás que os responsables ministeriais sexan tan imbéciles e irresputuosos coa legalidade como Abel Caballero cré.
Resulta ademais incríble que novamente se pretenda utilizar estes fondos para investimentos improductivos, de puro maquillaxe e taxidermismo, mentres, por exemplo, non se acometen as imprescindibles obras de saneamento que impidan os vertidos directos ao mar nos aliviadeiros ilegais da rede municipal de sumidoiros no Areal, Náutico, Beiramar, Bouzas e Alcabre que están na base da grave contaminación que sofre a nosa ría e do expediente sancionador da Unión Europea. Caballero continúa así a vella e deleznable práctica do goberno de Castrilllo e Corina Porro de non facer actuacións "que non se vexan".
Se cadra, o alcalde, rodeado de incompetentes bailándolle a auga, cré que o mundo da administración do Estado está formado pola mesma calaña de inútiles loubadores que lle asesoran. Se cadra o alcalde pensa que estamos nun Esado no que o principio de legalidade está por debaixo de supostas influenzas políticas na Corte dun que seica foi ministro.
Actuacións elixibles para seren financiadas polo Estado dentro do Plan-E segundo o Real Decreto-Lei 13/2009:
a) Las destinadas a la promoción de la actividad económica, la iniciativa emprendedora y la innovación, como parques empresariales, parques científicos y tecnológicos, centros de conocimiento y viveros de empresa, así como su dotación de infraestructuras para el despliegue y acceso a las redes de telecomunicación de nueva generación.
b) Las de creación, equipamiento y desarrollo de infraestructuras tecnológicas y de innovación.
c) Las destinadas a mejorar el acceso a las redes e infraestructuras de las tecnologías de la información y de las telecomunicaciones fijas y móviles, y a su utilización.
d) Las destinadas a impulsar el ahorro y la eficiencia energética, así como la accesibilidad y utilización de energías renovables.
e) Las dirigidas a promover la movilidad sostenible urbana y reforzar los modos de transporte menos contaminante, incluyendo sistemas de información de gestión automática y control, y las encaminadas a mejorar la seguridad vial.
f) Las destinadas a impulsar el ahorro y la eficiencia en la gestión de los recursos hídricos. Construcción, adecuación o mejora de la red de abastecimiento de agua potable a domicilio, de saneamiento y de infraestructuras de depuración de aguas residuales.
g) Las relacionadas con la gestión y tratamiento de los residuos urbanos con criterios de sostenibilidad.
h) Las destinadas a la recuperación y conservación de áreas naturales y masas forestales.
i) Las de prevención y detección de incendios y la limpieza y conservación de las masas forestales, zonas de especial relevancia natural y bosques de ribera.
j) La construcción, adecuación, rehabilitación o mejora de centros educativos.
k) La adecuación, rehabilitación o mejora de edificios de propiedad municipal para la atención a personas en situación de dependencia, así como la supresión de barreras arquitectónicas y mejora de la accesibilidad.
l) La construcción, adecuación, rehabilitación o mejora de centros de servicios sociales, sanitarios, culturales y deportivos.
m) Las de protección y conservación del patrimonio histórico y paisajístico municipal.
n) Las destinadas a la modernización de la Administración municipal mediante el establecimiento de procesos de gestión documental, digitalización y acceso a redes de comunicación de alta velocidad, fijas y móviles, con especial consideración para aquellos procesos de modernización tecnológica que tengan como objetivo dar cumplimiento al mandato de la Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los servicios públicos.
