IX ÉPOCA

30.1.06

Mentirosos

Las declaraciones realizadas en los últimos días por el concejal del PP del ayuntamiento Vigo, Javier Guerra sobre el requerimiento del delegado del gobierno en Galicia al Ayuntamiento de Vigo para que se anule el acuerdo por el que se concede una subida superior a la legal del 2%, a más del 34% de los funcionarios municipales, sólo parecían un habitual ejercicio de cinismo. Una vez que se ha hecho pública el acta de la Xunta de Goberno Local del día 23 de diciembre de 2005, en cuya sesión se aprobó tal subida, las declaraciones aparecen ya como lo que realmente son: la de un descarado mentiroso.

A Guerra se le llena la boca diciendo que lo aprobado es el resultado de una larga negociación con la representación sindical y que "viene respaldado por tres informes técnicos: intervención, asesoría jurídica y régimen interior". Pues bien, de la lectura del acta de 23 de diciembre de 2005, sólo se deduce una cosa: los tres informes citados por Guerra, de intervención, asesoría jurídica y régimen interior, no son favorables a la propuesta de subida salarial planteada. De su cauteloso contenido recogido integramente en el acta -tal y como actúan con los técnicos que no informan al gusto del gobierno municipal no es de extrañar tanta precaución-, no es posible deducir que sean favorables, sino más bien todo lo contrario: los tres inciden en la posible ilegalidad del acuerdo, curiosamente por las mismas razones que aduce el delegado del Gobierno en su requerimiento.

Al mejor estilo Goebeliano, la mentira se ha instalado como norma en la actuación y política de comunicación del gobierno del PP en el Ayuntamiento de Vigo.

29.1.06

Sen dirección

A Escola de Artes e Oficios non ten director. Unha longa baixa por enfermidade do que exerce tal función, José Armesto -que previsiblemente continuará aínda tempo-, cúbrese a tempo parcial e sen máis trámite, por unha funcionaria do departamento municipal de Persoal, que, polo que nos conta Raquel López, non pisa moito a sede da Escola en Gacía Barbón.
O Museo Municipal de Castrelos dende principios de outubro de 2005 tampouco ten director, o que vén a mermar máis, se tal cousa é posible, a súa escuálida plantilla: un par de administrativos e un feixiño de guías sen especializar. O que viña exercendo a dedo a dirección do Museo, José Ballesta, supoñemos que aburrido no vello caserón da finca da Marquesa, colleu un permiso de un ano sen soldo. Tampouco ten recambio, nin a dedo nin polo regulamentario e mal visto concurso.
O Verbum-Casa das Palabras: sen persoal, sen proxecto, visitado só por escolares acarrexados en buses polo propio Concello, ten nominalmente un director, Lois Cea, posto a dedo por decreto de Corina en xuño de 2005, con nula experiencia e recentemente destapado como firmón no Auditorio, pero non ten dirección, se nos atemos á traxectoria errática -por dicir algo- que leva. O Arquivo Pacheco aínda segue ancorado na extraordinaria idea de "O ano do retrato".
O Parque zoolóxico da Madroa, único zoo de Galicia e norte de Portugal, sempre tivo problemas coas aves: agora co da gripe aviar, antes, segundo contan, cando hai anos o finado Leri, co gallo ;-) das obras de reforma, se emperrou -desoíndo, como era habitual, os criterios do veterinario-director- en meter provisionalmente todo animal con plumas nunha soa gaiola, ata que só quedou ún, nunha cruenta imaxe de devoración medieval. Como daquela, chégannos novas de que ao director-veterinario, Juan Freitas, fanlle pouco caso e que por alí mangonean máis outros paxaros.
O Museo Liste ten director pero, polo que se ve, non debe ter porteiro: con sorte, se petas na porta, ábrenche.
O Arquivo municipal, (por chamar dalgún xeito o almacén onde se garda a "memoria" do Concello) malvive dende hai anos sen dirección. Isto é o que pasa nun arquivo cando non hai arquiveiro nin documentalista, senon un probo funcionario sen especialización que tivo a mala ou boa sorte de caer por alí un bo día, despois de que se xubilase o inefable cronista oficial nomeado por Manoel Soto, Lalo Vázquez Gil (que por certo segue vivindo "intelectualmente" das rendas que lle deron a lectura dos documentos enterrados nos sotos municipais).
Na Biblioteca Penzol, como se a xubilación non fose algo que a todos nos toca algunha vez, Francisco Fernández del Riego exerce a dirección tipo persoeiro, ocupando honorificamente un posto de traballo que debera estar cuberto dende hai moitos anos por un facultativo.
O caso do Museo do Mar é á inversa: hai director, pero non hai Museo, o que non deixa de ser unha curiosidade reseñable neste panorama.

Pero á sociedade viguesa abóndalle conque as cousas funcionen só nos medios de comunicación subvencionados. O de menos é que realmente existan e cumpran o que a sociedade lles ten encomendado.

Mentres tanto, seguirase admitindo, por exemplo, que mentres no MARCO se realiza todo un proceso regulado para a elección de Director, no resto dos organismos culturais tal cousa, polo que se ve intranscendente, se deixa ao capricho ou ao interese da Corina ou do Chaves de turno.

28.1.06

ETEA

A reacción desproporcionada e estridente da coalición urbanística PP-BNG no Concello de Vigo despois do anuncio do proxecto de Cidade do Mar para a ETEA, lembra, sen transición, ás reaccións dos Toba-Corina-Figueroa cada vez que o efímero goberno de Ventura Pérez Mariño propoñía algunha iniciativa que puxera en perigo os estreitos e extraños intereses destes atípicos socios. Do mesmo tipo é a reacción inmediata e planificada do Faro de Vigo, encargado, como se fose algo contractual, de amplificar cantas cousas neste ámbito urbanístico oubeen "airados" Toba, Figueroa e Corina. ¿A que se opoñen realmente os socios urbanísticos do Goberno?: a calquera opción que se plantee para as intalacións da ETEA contraria á súa privatización.
A xenial idea dos socios urbanísticos do goberno municipal de Vigo é a privatización e especulación cos terreos da ETEA para crear un "parque temático", un Vigodisney ruinoso (os do Bloque, para que pareza máis serio chamáronlle "Euromar" (¡) que permita logo da súa previsible ruina, a plena explotación da zona polas multinacionais do comercio e o ocio (nisto teñen os socios urbanísticos xa unha experiencia de colaboración fructífera en Finca do Conde coa multinacional holandesa ING Real Estate).
A opción de adicar as magníficas e inmediatamente operativas instalacións e edificios da ETEA a un fin público tan interesante como a creación dun gran centro de referencia mundial sobre estudios mariños, parécelle a Corina "un engaño a Vigo" e a Toba unha "chorrada e unha milonga".
Quen coñece a ETEA sabe que o pior que se podería facer con este espacio sería rachar co seu carácter unitario, con edificios perfectamente conectados e conectables entre si, cun espacio axardinado de gran calidade, perfectamente compatible co uso restrinxido e aberto que Teis e Vigo necesitan e potencialmente -a pouco que se faga un esforzo de xestión e deseño- unible á gran zona verde da Guía por un lado e, á súa zona litoral, por outro.
O proxecto de Cidade do Mar encaixa moi ben co que hoxe aínda existe na ETEA, semella razoable, necesario e viable; parece compatible co uso público ordenado do espacio verde e dalgunha das súas instalacións (a piscina, o campo de fútbol e atletismo). Realizar esa Cidade na ETEA, permite unha magnífica rendabilización do diñeiro público (o de todos, Corina-Toba) pois con adaptacións de pouco calado, as instalacións pódense adaptar optimamente ás finalidades de investigación e formación previstas. Situar a Cidade do Mar na ETEA, permitirá, de xeito inmediato tras a súa apertura, mesmo a estancia de investigadores de todo o mundo, nunhas magníficas instalacións, pois actualmente as residencias existentes no recinto para oficiais e suboficiais, son inmediatamente operativas para estes usos.

¿Que é o que se están a xogar os Corina-Figueroa-Toba nestas operacións para que se poñan tan tolos co que é -en calquera caso, estéase ou non de acordo- unha idea viable e razoable?. Eles saberán. Nós sospeitamos.

25.1.06

¡fuera inútiles del ayuntamiento!

Tras habernos confesado mutuamente, con el consiguiente dolor de contrición y propósito de la enmienda, los integrantes de la célula me han encomendado la dura tarea de reconducir mis actos hacia la contemplación positiva de los hechos consuetudinarios que acontecen por aquí.
En pocas palabras, que se me han cansado de mi pertinaz persecución de esas magníficas gentes que, pensando siempre en nuestro bienestar, nos vienen gobernando. ¡Hala, a ser positivos!
Y me pongo a ello:
Gracias al denodado esfuerzo de nuestros munícipes gobernantes, cautivo y desarmado el ejército técnico interior, las tropas populares han alcanzado sus últimos objetivos funcionariales: ¡Ya tenemos los informes! Por fin se han encontrado los verdaderos técnicos que saben de la cosa. Sólo que han tenido que ser externos, porque los internos y mediopensionistas a los que pagamos no sirven para nada, que andan siempre dando tres cuartos al pregonero con informes negativos (siemprrre nejatifo, nunca positifo; que sois maaalos), con pegas para todo, con que si el puñetero pliego de condiciones (así pagan la confianza depositada en ellos para redactarlo), con que si esto y con que si lo otro.
Muy atinadamente, Faro de Vigo comenzaba la correspondiente información con este ilustrativo párrafo:
“Dos informes externos, encargados por el Concello de Vigo, avalan la propuesta que lidera Caixanova para hacerse con el concurso para la construcción y explotación del Auditorio-Palacio de Congresos. Uno de ellos ofrece una comparativa con la otra oferta, relacionada con Caixa Galicia, muy favorable para la primera, mientras que el otro rechaza o matiza, una por una, las 36 deficiencias imputadas a la de Caixanova en el informe elaborado por el jefe del Servicio de Fiscalización del Consello”
Cierto es que ya habían encontrado alguno de los buenos, pero, claro, aquello de que da igual una planta de aparcamiento que dos se digería mal, y hubo que seguir buscando. O sea, que agradecidos a esos dos imparciales, impecables, positivos y preclaros técnicos externos. Qué ya era hora.

Pues, acorde con la nueva etapa (no sé cuánto me puede durar) positiva, desde aquí EXIJO (el resto de los colegas, también) el fulminante cese de los inútiles técnicos internos y/o mediopensionistas que andaban informando hasta ahora, y que se les imponga la pena adicional de pagar las cuentas de los técnicos externos (que ya nos dirán cuánto cobraron), además de entregarles el bocadillo de alcriques de la merienda cuando salgan al recreo.
Por si hiciera falta, ahí van algunos de los nombres de estos personajes que vienen cobrando de nuestros impuestos y no tienen ni puta idea de lo que informan, porque son unos incapaces, unos vagos, unos despistados, unos maliciosos, unos desaprensivos y, además, que a saber dónde guardan sus mal conseguidos ahorros salariales, que no me extrañaría a mí que los tengan escondidos en otra caja:

Benjamín Suárez: jefe de servicios económicos
Alberto Tizón: jefe de fiscalización
Ignacio Oliveira: jefe de Cultura
Arsenio Díaz del Río: jefe de Nuevos Proyectos
Lois Cea: director del Verbum
Juan Piñeiro: arquitecto municipal
Javier Mosquera: jurista municipal

Y, de paso, que cesen también a todos los jefes y técnicos municipales que pudiendo haber informado no lo han hecho, porque no han querido o no se lo han pedido. Y si no hay ni jefes ni técnicos suficientes a mano, que cesen también a los administrativos y ordenanzas. Ya puestos, que sólo dejen a la policía municipal, pero que trabajen de noche nada más, en festivos o en Navidad, que es donde están los sustanciosos pluses que tan justa y acertadamente negociaron Juste y Guerra.
Y es que lo que no puede ser es que los ciudadanos sigamos teniendo que pagar a unos funcionarios que, como ha demostrado Figueroa-Iznogood (¿esto es positivo o negativo?, es que no sé), no nos sirven y no se puede confiar en ellos. Ánimo, beneméritos gobernantes municipales nuestros, que no os tiemble el pulso en el ejercicio de coherencia que esperamos de vosotros:
¡ni un inútil más en el Ayuntamiento!
Y menos mal que el impagable trabajo de Chema y su equipo de positivadores incansables nos ha abierto los ojos, que andábamos como en las nubes, pagando una pastizara a unos funcionarios que no saben decir “si bwana” cuando procede. Y eterna gratitud al actual (y que sea por mil años) equipo de gobierno por conducirnos por el recto Camino que, golpe a golpe, piedra a piedra, nos conduce a la salvación.
Y, para que no se diga, he aquí también los auténticos nombres y apellidos de los positivos técnicos externos:
Jorge Montoya Arana, de Afirma Auditores, S.L.
César López Mera, de Lopez Mera y Cia Auditores, S.L.
A ambos les corresponde el impagable (aunque supongo que pagado) mérito de desmontar una-por-una, todas las patrañas que, maliciosamente camufladas como insuficiencias o incumplimientos, vertieron los internos sobre el impoluto proyecto de nuestra bienamada caja, entre otras cosas por la tontería esa de que se ahorraba (¿no es de ahorros la caja esa?, pues eso) un par de cientos de aparcamientos que, casualmente, ocupaban toda una planta del edificio. ¡Hala, ya está!

Ah, perdón, se me olvidaba la consigna del día:

¡Fuera internos y mediopensionistas! ¡Vivan los externos!

24.1.06

Tsunami de cemento

"Una nueva especie de depredadores, con el consentimiento y el empuje de los responsables de algunos municipios y, por qué no admitirlo, de irracionales conciudadanos, ha iniciado una operación devastadora que sólo tiene como objetivo el dinero fácil y rápido que se reparte desigualmente entre entidades públicas y sociedades privadas.
Con arrogancia infinita y prepotencia, legalmente avalada, presentan planes urbanísticos faraónicos con el sólo material de los papeles que los sustentan y la esperanza de un lucrativo incremento de sus patrimonios a costa de los espacios de convivencia. Algunos municipios se prestan a sus planes y, lo que es peor, deciden convencer a sus representados, ofreciéndoles el proyecto como un maná creador de innumerables puestos de trabajo y beneficios sin fin. El municipio promete a sus vecinos que con el dinero recaudado se mejorarán los servicios. El dinero normalmente se gasta en la pompa y ostentación. La educación, sanidad y vivienda es tarea que se reclama de las autoridades autonómicas o estatales." (...)

Tranquilos, o artigo de Martín Pallín en El País de hoxe refírese ao Mediterráneo, nada que ver co planeamento urbanístico vigués e galego, tan respectuoso co interese xeral, claro.

23.1.06

Outra vez o radiopredicador

¿Onde anda Eugenio Eiroa, o noso radiopredicador de cabeceira?, ¿botába-lo de menos?: seica che está no gabinete de prensa do Concello de Nigrán, en posto de confianza do ínclito Alfredo Rodríguez, alcalde da vila do Val Miñor polo PP, ex concellal no Concello de Vigo e vocal da SAD R.C. Celta de Vigo. Cada ovella coa súa parella.
Un post no sempre ben informado e interesante blog Praza do Rei, recórdanos unha das xoias publicadas en Vigoblog, en divertida polémica directa co ex-blogeiro achantado Eiroa.

19.1.06

María justicia nos quiere gobernar

O sea, que el Tribunal Superior de Xusticia de Galicia anda diciendo que hay que derribar la tira de construcciones ilegales, consentidas, cuando no propiciadas, por decisiones municipales, y el Delegado del Gobierno, en uso de sus facultades, ha caído sobre la nómina municipal diciendo eso de que se han pasado en el incremento salarial para 480 funcionarios, etcétera, etcétera… De modo que ya no sólo los tribunales son, en realidad, el único Plan General válido, sino que el mismísimo Gobierno del Estado tiene que andar preocupándose de que no le descalabremos sus presupuestos con los nuestros.
Pues sepan ustedes que todas esas decisiones municipales deberían contar con los correspondientes informes técnicos favorables, los cuales, naturalmente, habrían sido preferidos a los desfavorables, como siempre. Claro que la cosa llevaba tres años, como las notas del violín del poema, "esperando la mano de seda que sepa arrancarla", por lo que suponemos que a alguien habrán encontrado para echar la firmiña, al amparo de la nueva e imaginativa contabilidad municipal, mientras siguen tratando de cogérsela con papel de fumar, buscando con la linterna de Diógenes un hombre que les avale el pringue ese del Auditorio (a 100 millones de euros la cacicada), y ya han encontrado uno al que tanto le da 704 como 927.
El resultado de todo esto no es más que la constatación de que la incapacidad o malicia de los gobernantes locales ha conseguido que Vigo esté regido, en la práctica, por los tribunales de justicia y las autoridades civiles de mayor rango. Lo de la complicidad sindical en la presunta ilegalidad daría para mucho más, empezando por la incontinencia verbal del desafortunado presidente del comité de empresa, tratando de dirigir las sospechas hacia su correligionario el Delegado del Gobierno porque éste se ha dado prisa en requerir al Ayuntamiento.
La duda metódica sobre si ese sindicalista es un insensato o un ignorante se revela recurrente, porque supongo que debiera saber que el Delegado del Gobierno está obligado a recurrir al Contencioso-Administrativo en un plazo de dos meses y, naturalmente, es del todo correcto que le ofrezca al Ayuntamiento el máximo plazo posible para que arregle el desaguisado. O lo sabe y es un insensato, o no lo sabe y es un ignorante. Pero no es el único que sabía que la cosa no podía colar, aunque lo que no sé es cómo han conseguido convencer a los representantes ciudadanos para que aprobasen una ilegalidad. O sí.
O sea que, ahora mismo, no sólo no nos gobierna Corina, que presenta los presupuestos con trampas y meses de retraso, sino que su equipo está empeñado en que sigamos bajo la atenta vigilancia de los poderes superiores, a los que les regala continuamente material de gobierno de la ciudad para su reparación y puesta punto.
Urge, sin que quepan disculpas, conseguir una administración local algo más limpia, transparente y, sobre todo, conveniente para la ciudad, y no esto que ahora tenemos, que viene siendo un “viva Cartagena” y el que venga detrás que arree.
Creo que a algunos habría que decirles que unas elecciones no dan derecho a que hagan de su capa un sayo; que las leyes están para ser cumplidas; que los técnicos son salvaguarda del cumplimiento de la legalidad, y no un manojo de grelos de entre los que sacar los que más nos gusten, y que los ciudadanos, a veces, nos enteramos de cosas, y si no, pues para eso les pagamos los sueldos, las comisiones, las intervenciones, los desplazamientos, las dietas y, en su caso, las “coimas”.

¿Hay alguien por ahí que se lo diga a Corina-al-Rashid, a Figueroa-Iznogood, a Látigo-Toba y a Juste-Oído Fino?

18.1.06

"yloslibros empeñaaaados e neeel..."

Recuerdo que de mocita me pasaba algunas tardes —en la que colgada clase— en la vetusta biblioteca de la Escuela de Artes y Oficios, o también en la no menos obscura de la Cámara de Comercio en la calle Velázquez Moreno. Iba allí a ver libros de viajes. ¡Qué tardes aquellas!
Hoy me acordé de aquellas tardes viajeras. Y allí me fui.
Primero a la biblioteca de Artes y Oficios, en la calle García Barbón. Me dice la señora de la portería que está cerrada, que lleva más de veinte años cerrada. Le pregunto si se pueden visitar sus salas tan sólo un ratito. Me dice que no, que está empaquetada, los libros están empaquetados y las salas vacías. Me asomo a una de aquellas dos salas ¡las paredes están paneladas de color verde y parece que detrás de los paneles están los anaqueles, parece! Pregunto por la persona que dirije esta institución; me contesta, la misma señora, que está de baja por larga enfermedad, y que la persona que la sustituye trabaja en el Ayuntamiento, en el departamento de Personal. Hago más preguntas sobre dónde están los libros empaquetados. La señora se irrita un poquito. Doy las gracias y marcho.
Bueno, entonces decido ir a ver la otra biblioteca de aquellas estupendas tardes. Me dirijo a la calle República Argentina (la Cámara de Comercio ahora está aquí). En portería me dicen que en la segunda planta, que la biblioteca está en la segunda planta. Subo, entro, sorpresa; al funcionario que me sale al encuentro le digo que dónde están todos los libros de esa biblioteca. Me responde que no hay mucho espacio y que más de los dos tercios de sus fondos están empaquetados; que no tiene ni idea de si algún día habilitarán el espacio para ponerla a disposición del posible usuario.
En fin, así están estas dos bibliotecas de la ciudad. Dos bibliotecas públicas con los libros empaquetados ¡...!
Me decido dar un paseo silvando: fiufuiuuuiiiifiiiii ("yloslibros empeñaaaados e neeel...").

Un pouco de educación, por favor.


A educación é un deses temas que anima ós noso politicos a poñer a voz trascendente e xurar polo maís sagrado que todo depende dela. A continuación pasan a prometer que os seus desvelos irán destinados á asegurar moita calidade e o mellor servicio posible para a súa nación, rexión, autonomía, cidade, concello (tachese o que non interese).
Tódalas solemnidades parecen virse abaixo ó dia seguinte das eleccións e , nalgúns casos, a súa práctica se encarga de negar e mesmo contradecir as anteriores proclamas. Vexan senon o recén e retrasadamente presentado presuposto do Concello de Vigo. O capítulo de Educación ven de ser alixeirado nuns 1 226 000 € , o que supón unha merma de mais do 11%. Sobran palabras.
Alguén podería pensar que o Concello non ten competencias neste aspecto e polo tanto, non é importante. O caso é que, entre outras, o Concello debe manter tódolos centros de Primaria Públicos. Den unha volta e comprobarán que o que sobran son necesidades.
Tamén é certo que o Sr López- Chaves non debe ter moitas iniciativas que levar adiante a xulgar pola cantidade de retraso que leva a actualización da súa parcela na web do concello. Nin tan sequera poidemos atopar información sobre o Consello Escolar Municipal, órgano que parece traballar na clandestinidade, aínda que, según poidemos saber, ven de celebrar un duro debate sobre se a guía de centros , publicación pagada con cartos de todos, debe incluir ós centros privados concertados. Parece que o Sr. Concelleiro, defensor da paridade Privada-pública, prefiriu deixar as cousas como estaban no que se refire á información impresa. Na rede, sen embargo, xa os inclúe de forma vergonzante (só o nome e sen información complementaria)

17.1.06

Demoler El Castillo

O Concello de Vigo vén de facerse coa plena propiedade e uso do edificio que ocupaba o restaurante "El Castillo" na ladeira norte do monte do Castro. A idea non é nosa, senon que a expresou en datas recentes publicamente o arquitecto e historiador Xaime Garrido: o mellor destino para esta insulsa e carente de todo interese edificación en falso histórico é o seu derribo. Permitiríase así recuperar plenamente a vista e o valor histórico e paisaxístico das murallas do Castelo do Castro, construídas no século XVII e que permanecen vergonzosamente ocultas tras o edificio e os seus sucesivos e ilegais engadidos.

clic na foto para ampliar

15.1.06

Blbliotecas

Teñen razón os que se escandalizan de que a Ministra de Cultura non queira investir nunha biblioteca estatal en Vigo. Pero outra vez nesta cidade as árbores non deixan ver o bosque. Durante décadas, Vigo só contou cunha pequena Biblioteca Pública: a "Jaime Solá", situada na praza de Compostela, e logo trasladada á rúa Romil, dependente do Estado. Ámbalas dúas desapareceron axiña, pois en Vigo o de dar este servizo sempre pareceu un luxo. Os locais que ocupaban esas bibliotecas -á vista do sobrados que estabamos de postos de lectura- son hoxe a sede da Fundación ProVigo, o da Alameda, e dun centro de información da Muller, o da rúa Romil.
A denominada Biblioteca Central (que absorveu os fondos da Biblioteca de Romil), instalouse no antigo edificio do Casino Obrero na esquina entre as rúas Fermín Penzol e Joaquín Yáñez, con escaso persoal e medios. Durante anos, esta práctica inexistencia de Bibliotecas Públicas paliabase coas tres mini bibliotecas privadas que mantiña a Caja de Ahorros Municipal de Vigo, nas Travesas, Centro e Calvario e que servían, sobre todo, como punto de lectura e de estudio. A remodelación do antigo Teatro García Barbón e a súa transformación en Centro Cultural Caixavigo, cunha biblioteca no seu faiado, producíu axiña o peche da pequena biblioteca que existía na sede Central da Caja, en Colón, pois para unha entidade pobre como a actual Caixanova, era moito manter tanto equipamento cultural ¿non?.

Os sucesivos gobernos municipais democráticos vigueses crearon cero (patatero) bibliotecas públicas de carácter local (se cadra debemos exceptuar a reconversión da Biblioteca da Fundación Penzol de privada en pública en tempos de Príncipe, coido), a diferencia doutros centos de Concellos do Estado Español que entenderon a necesidade de empregar medios e recursos humanos para aumentar o nivel cultural da súa poboación (por poñer só un pequeno exemplo nunha cidade das características de Vigo e non capital de provincia, Gijón, con 11 bibliotecas municipais e cinco centros de lectura).
Pero claro, en Vigo estabamos fondamente ocupados en construir faraónicos (ou cutres) interminables locais de Asociacións de Veciños nas parroquias, nos que o espacio de Biblioteca só superaba en superficie -e non sempre- ós baños e, dende logo, nunca ó bar. Os cartos íanse e vanse en infinitas subvencións a asociacións que, como a Federación de Peñas Recreativas (brisca, tute, mus, chave...), non se caracterizan precisamente pola promoción da lectura. Os cartos fóronse tamén en grandes fastos "culturais" (Madona ¿lembrades?) ou no investimento en publicidade (só co investido en acadar un bo trato do Faro de Vigo ós sucesivos gobernos -se exceptuamos a efémera etapa de Ventura Pérez Mariño- poderiamos ter unha das mellores redes de bibliotecas municipais de Europa). Outra parte dos cartos que poideron investirse na promoción da Cultura, fóronse literalmente pola rede de sumidoiros, para dar saneamento, daquela maneira, ata a última casa do último curruncho do termo municipal, para que agora mesmo, 20 anos despois do Plan Especial de Saneamento Integral da Ría de Vigo (PESIV), o xudre siga saíndo directamente polos aliviadoiros á Ría.

Cun só anaquiño dos centos de millóns de pesetas, millóns de euros de agora, gastados en "decoración" perfectamente prescindible, dende as losetas e "alamedas" do finado Agustín Arca, ata as palmeritas e flores de Corina (cantas Bibliotecas municipais poderiamos ter só co que nos costou cambiar a vexetación existente na Gran Vía e o seu mantemento?), teríamos cuberto unha parte importante dos postos de lectura que por poboación nos corresponden. Non digamos o que a Deputación Provincial podería colaborar, se parase un intre de botar lucrativo piche sobre piche nas rúas e camiños de Vigo e se ocupase un pouco de conveniar co Concello a creación dunha auténtica rede bibliotecaria na cidade.

Nin un peso para Bibliotecas, esa é, e foi, a política real dos gobernos municipais democráticos vigueses dende Soto ata Corina, pasando por Príncipe, Manolo Pérez, Lois Castrillo. Non está mal que agora, tantos anos de ermo cultural despois, a cidade se escandalice con razón pero sen memoria, porque a Ministra voadora despreze á cidade lembrándolle novamente que -ó igual que Gijón, por exemplo- non é capital de provincia.

Orzamento a orzamento municipal, convenio a convenio coas outras administracións, patrocinio a patrocinio, permanecimos calados sen decatarnos como e en que, con que prioridades ou con que falta delas, con que planificación ou con cales ocorrencias, se malgastan e malgastaron ano tras ano os nosos diñeiros, sen ter os mínimos esixibles (en cultura, en medio ambiente, en sanidade, en educación..) cubertos.

Reivindiquemos a redacción e aprobación dun Plan municipal de Bibliotecas co obxectivo de establecer unha auténtica rede de bibliotecas e mediatecas (xerais, especializadas, puntos de lectura..) en Vigo, con financiamento público (municipal, provincial, autonómico, estatal) e privado, convenientemente dotadas e racionalmente xestionadas, cunha programación anual seria e que resposte ás necesidades de extensión e promoción cultural da que tanto está necesitada a nosa abandonada cidade. Logo falaremos dos tristes vós da Ministra e faremos unha comisión de afectados.

Por certo, postos a escandalizarnos, alguén podería preguntar que ocorre coa histórica e valiosa biblioteca -esta si municipal- da Escola de Artes e Oficios, legado do mecenas José García Barbón...? existe aínda? están catalogados os seus fondos? atópanse en boas condicións para a súa conservación? pódese acceder a ela coas mínimas garantías? ten persoal? queda algo dela ou pasou como cos famosos sillóns dos Reis?

14.1.06

In memoriam

12.1.06

Imaginación contable para el Auditorio

Lo han hecho. Vaya si lo hicieron. El asunto de esta interminable procesión por los bordes de la ley parecía que no iba a encontrar al pringado que les firmase lo que desean (entregarle el contrato del Auditorio, de 100 millones de euros, a Caixanova), pero la conocida laboriosidad de Figueroa-Iznogood encontró la fórmula:
–Dispongo –dijo quien espera ser Califa en lugar del Califa– de un informe oral, que avala nuestra pretensión.
Se concedió un corto tiempo, para fijar la atención de la concurrencia, consideró muy seriamente la aplicación del principio según el cual es el Pliego de Condiciones el que no se ajusta a las pretensiones de Caixanova (a eso se le llama innovar, en política) y dos días después sacó el conejo de la chistera que, previamente, se había sacado de la manga:
–Para los que siempre andan buscando entorpecer los proyectos del PP y del Bloque, ahí va un informe jurídico que dice que lo mismo valen 704 plazas de aparcamiento que 927. O sea, que ya está todo claro y “no vamos a entrar en más discusiones jurídicas”. ¡Hala!
Todo un triunfo. Figueroa-Iznogood ha conseguido justificar por qué no les valen los técnicos municipales que pagamos entre todos (como a él), porque “escriben cualquier cosa”, mientras Látigo-Toba respiraba tranquilo e incrementaba su intuitiva admiración sobre la talla intelectual de Chema. De acuerdo con la técnica de imaginación política contable, recién creada por este torpe aprendiz de muñidor de la realidad, 223 plazas de aparcamiento no valen nada (a ese precio, podrían regalárnoslas a los ciudadanos). O sea, que tanto da, porque aunque el pliego de condiciones y el proyecto arquitectónico exijan 927 plazas, como la propuesta de Caixanova-Sacyr dice que bastan 704, pues se busca un informante dispuesto a decir que tanto monta, monta tanto, y aquí paz y después gloria.
Claro que lo del aparcamiento (una planta menos de construcción, para los ahorrillos de Caixanova) no es más que uno de los incumplimientos del pliego, pero mucho me temo que las demás discrepancias seguirán el mismo camino: hallado el técnico dispuesto, los demás serán calumniados, a base de considerarlos incapaces o maliciosos. Y sabrán ustedes que, según la innovadora técnica contable municipal, son los sumandos los que han de ajustarse al resultado, de modo que si 2+2 no resulta igual a 5, lo que está mal es alguno de los sumandos, o los dos.
Por si quieren completar la paradójica información que les servimos, al mismo tiempo que fijar criterios sobre el papel de los medios de comunicación de por aquí, no tienen más que repasar las informaciones que sobre el asunto del Auditorio ofrecen hoy el Faro de Vigo y La Voz de Galicia (edición de Vigo).
Hace unos días podíamos leer en La Voz:
Ahora, Alberto Tizón, a quien la propia mesa de contratación encargó el informe económico-financiero, sostiene que en la oferta de Caixanova-Sacyr ‘existe una vulneración manifiesta’ de varias cláusulas del pliego de condiciones. Observa hasta 27 omisiones o errores de tipo económico y 7 de carácter técnico.
Entre otros fallos, el informe cita la falta de un calendario de inversiones, de la evolución de gastos de explotación y de un razonamiento de nivel máximo de beneficios en la zona comercial, así como errores en las deducciones del IVA y del cálculo del fondo de mantenimiento. También echa en falta prognosis de ingresos por los eventos del palacio de congresos, del hotel y del aparcamiento.
Sobre la eliminación del tercer nivel bajo rasante del aparcamiento, reduciendo el número de plazas a 708, apunta el jefe de Fiscalización que es una 'salvedad no subsanable'. Dice que esa reducción de la inversión por parte de Caixanova-Sacyr va en perjuicio de las otras ofertas que sí cumplen, ya que 'pudiera permitir que las aportaciones de las administraciones públicas al proyecto sean menores y también reducir el plazo del contrato'
.
Cómo va a fiarse uno de técnicos como éste, que te salen por peteneras con que si la ley, el pliego de condiciones, los agravios comparativos. En fin, que así nos luce el pelo. Para técnicos impólutos, sumisos, discretos, eficientes, convenientes y de probada inteligencia en lo de acertar con lo que mande el jefe, Javier Mosquera Docampo, que es quien firma el informe en el que se nos informa que 927 es igual a 704.
Y en la última reunión, el PSOE se metió en la trinchera de abstenerse, y Soto (que es más listo) ni se presentó: campo abonado para las hordas popular-nacional-ladrillistas, que sólo se pegan entre ellos donde no les duele.
¡Atruska la tripa, trinka la tropa!

10.1.06

¿Qué pasó entre 1870 (más o menos) y 2006?

En el mismo sitio y más o menos a la misma hora dos fotógrafos hicieron estas fotos, sólo que uno lo hizo unos 130 años atrás; yo, hoy mismo.
Durante 136 años, más o menos, han ido abriendo la ciudad al mar de la manera que refleja estas 'instantáneas'.
A Coruña, Donosti y Ostende pueden dar ejemplo de cómo, al igual que Vigo, han crecido en población y desarrollo industrial pero actuando sobre el litoral del 'centrum' de muy distinta manera.
¿A quién le debemos el desaguisado vigués? ¿tal vez a la talasocracia local?
Y, con todo, aún es posible remodelar tamaño desastre urbanístico.

Clic na imaxe para ampliala

5.1.06

Carta a Melchor, Gaspar y Baltasar

Queridos Reyes Magos de Oriente:
Tengo la convicción de que hoy en día nadie escucha a nadie (de ahí el éxito de los psicólogos y psiquiatras). No dedicamos tiempo al otro, a escucharle; y ¡claro! nadie nos escucha a nosotros. Pessoa escribío "Nadie encuentra a nadie"; de ser cierto —y mucho me temo que sí lo es— ¡que terrible constatación! Homero ya, con sus aventuras de Odiseo, nos lo dijo muy claramente: somos naufragio. La atracción del mar sobre el ser humano ¿cuánto le deberá a lo que Homero nos dejó escrito?
Los libros son, en definitiva, una conversación con otro; con otro que no está presente, pero que a la vez sí lo está cuando quiera lo necesitemos. Releer un mismo texto hace que experimentemos nuevas sensaciones ante lo mismo. Leer es una manera de conversar, de ser escuchados. De ahí la importancia de sentarse con un libro en la mano y zambullirse en una historia que nos acoge sin más reservas que las queramos imponernos. Escuchar al desconocido, al otro, amplía nuestras experiencias.
Libros y tiempo para leerlos les pido a los RR MM para todos.

3.1.06

Fumar o no fumar

Sí, fumeteo. ¿Cuántos cigarrillos? Más de los que digo cuando me lo preguntan. Lo hago así para engañarme a mi misma, evidentemente.
¡No encuentro una cafetería donde se prohíba fumar! Y sí, muchas, donde me invitan a hacerlo. Estamos peor que antes.
¿A favor o en contra de la nueva normativa? Me da igual. Y si me apuran casi respondería que lo prohiban en todas las cafeterías. Ya no se fuma en el autobús, en el tren... y no pasa nada. Entonces, esta normativa, es un 'quiero pero no puedo'.
Fuma si te apetece, pero no molestes a los demás; yo procuro hacerlo así.

1.1.06

Os nosos mellores desexos

.................. ¡Feliz 2006! ...................
Desde este blog desexamos que os proximos 12 meses veñan libres de corrupción, improvisación, oscurantismo, e chapuzas.
Queremos unha cidade que nos axude a ser máis felices e un mundo máis xusto.