IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medio ambiente. Amosar todas as publicacións

27.9.16

O alcalde agocha a verdade sobre o peche do Laboratorio Municipal de Vigo

Amplía, descarga, comparte, imprime, difunde!
Co discurso de que o Laboratorio municipal non está pechado, senon que se está reorganizando dentro da Concellería de Medio ambiente, --cando realmente dixárono sen actividade ningunha e con todo o seu persoal repartido noutros servizos municipais-, o alcalde só tenta gañar tempo para que a polémica se dilúa, desmobiliazar aos traballadores, que pase o prazo de recurso contra os traslados forzosos e, mesmo, que se poidan aprobar os novos orzamentos municipais para, de rondón, liquidar presupostariamente, pola porta de atrás, este servizo municipal.

Esta estratexia dilatoria e enganosa do alcalde viuse trastocada días atrás por circunstancias que non valorou, ao prolongarse a tempada de praias, estar preto das eleccións e producirse unha contaminación microbiolóxica en 6 areais vigueses. A emerxencia tivo que ser solucionada trapalleiramente, coa revocación temporal do decreto de traslado a un analista e á xefa do servizo, para que poidesen realizar as análises contrastadas coas da Xunta e poder abrir as praias antes de que a opinión pública se lle botase enriba.

Pero o proceso privatizador segue en pé, coa probable supresión do programa presupostario nos orzamentos de 2017 que, co baleiramento de persoal, darán a puntilla a este centenario e imprescindible servizo público. Unha vez rematado o torticeiro proceso de peche en marcha, enganados os traballadores, as funcións que realiza o Laboratorio serán adxudicadas a unha empresa privada e pecharanse, xa sen retorno, as dotadas instalacións do primeiro soto da Casa do Concello.

Probablemente perderase xa non só un servizo con funcións medioambientais e de saúde pública moi importantes -cunhas inormes capacidades de crecemento e de mellora de integrarse na rede de saúde pública da área metropolitana e mesmo da Xunta de Galicia-, senon tamén desaparecerá a cara aparataxe técnica e o importantísimo patrimonio histórico material que atesoura, con aparellos de colección que se remontan aos comezos da súa actividade.

O destino destes bens históricos é outra das incógnitas que nonos desvelarán: apodreceran e desaparecerán por consunción nalgún almacén? irán ao lixo? serán subhastados ao mellor postor,  como fixo o Concello de Málaga cando privatizou o seu Laboratorio Municipal?

Agora é o momento de activarse, difundir esta petición e facer a forza necesaria noutros ámbitos para revertir os plans privatizadores da alcaldía viguesa, transformando esta crise nunha oportunidade de ampliar e optimizar un servizo público que, dende a racionalidade e a eficiencia, ten unhas grnades posibilidades de ser unha peza imprescindible nunha política de medioambiente e de sanidade pública auténticamente ao servizo dos intereses xerais.


31.8.16

Salvemos o Laboratorio Municipal de Vigo

Foto: lavozdegalicia.es
O goberno municipal de Vigo, co seu alcalde á cabeza, Abel Caballero, decidiron pechar o Laboratorio Municipal de Vigo (LAMUVI).

O LAMUVI é unha prestixiosa institución centenaria na nosa cidade que cumpre un importante servizo público, especialmente na garantía da salubridade e control do ciclo da auga; unha institución que forma parte da historia e da prestación de servizos eficientes á comunidade, da que a cidadanía viguesa se sinte orgullosa.

Amparándose en, como logo veremos, medias verdades e unha aparente ignorancia que, segundo el, "xustificarían" o peche do Laboratorio, Abel Caballero agocha a súa intención de reforzar e apuntalar o proceso privatizador da Auga en España. Faino, ademais mediante procedementos irregulares que lle permiten esquivar o estricto cumprimento da legalidade e da obrigada transparencia e debate público.

Caballero dá dúas febles "razóns" (que será a salmodia que repetirá para tratar de persuadirnos da pertinencia desta impopular medida) para realizar esta operación de desmantelamento dun servizo público e de privatización:

* O Laboratorio non está "homologado"; supoñemos que quere dicir que non está Acreditado. Unha confusión que amosa unha ignorancia que sorprende, ao esgrimirse como base para tomar a decisión de suprimir un servizo público. Isto non é certo: unha acreditación é un recoñecemento formal de independencia e calidade técnica. Tal e como se recolle nun recente documento en defensa do Laboratorio, ao que tivemos acceso:

"O LAMUVI realiza un traballo de calidade e fiable, como demostran os resultados nos execizos de intercomparación nos que participa xunta outros laboratorios nacionais, moitos deles acreeditados. O LAMUVI ten participando, dende 1997, nestas rondas intercomparativas realizadas por organismos certificados por ENAC, sendo os seus resultados tan bos como os de laboratorios acreditados. A acreditación significará o seu recoñecemento formal, proceso que xa se iniciou co adopciòn dun sistema de xestión de calidade que debe conducir á Acreditación final.
A homologación é un requisito obrigatorio imposto por unha autoridade segundo normas establecidas. Xeralmente refírese a productos, e é imprescindible para poder comercializalos.
A Acreditación mediante certificación é un acto voluntario que confirma unha competencia técnica. O LAMUVI non ten por que estar homologado, pero podería estar acreditado. Coa calidade demostrada polo Laboratorio vigués, a Acreditación pode obterse cando interese. Se de pecha o LAMUVI por non ser un servizo acreditado se deberían pechar a metade dos servizos municipais".

Caballero, claramente, exhibe este suposto problema como excusa -que ademais está na súa man solucionar de maneira fácil e barata- en lugar de esgrimir os argumentos xustificativos que son esixibles a unha autoriade pública cando pretende suprimir un servizo municipal.

* Di Caballero que o Concello non ten competencias nesta materia neste momento por seren absorvidas pola Comunidade Autónoma.
Tampouco di a verdade o alcalde. Os Concellos manteñen as súas competencias propias comforme á lexislación vixente (RD 140/2003 e Lei 27/2013) relacionadas co Ciclo da Auga: subministro de auga potable, inspección e control dos vertidos á rede de sumidoiros e protección da salubridade pública (control, tratamento e prevención de pragas urbanas, control da calidade da auga das súas fontes...).

Sen embargo, existen moitas razóns de interese xeral que xustifican a existencia do noso Laboratorio:

- Todas as cidades españolas importantes teñen o seu propio Laboratorio: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Bilbao, Zaragoza, San Sebastián, Pamplona, Vitoria, Hospitalet, Cartagena... Vigo debe seguir pertencendo a este grupo de excelencia no control municipal da saúde pública.
- O LAMUVI existe dende 1902 e acumula un inorme acervo de experiencia técnica e administrativa, práctica científica e coñecemento. O seu peche significaría a perda irreversible deste acervo, a desaparición de valiosos profesionais formados na excelencia ao longo da súa historia, e dunhas magníficas e costosas, aínda que mellorables, instalacións e equipamento técnico.
- O LAMUVI é un servizo público de primeira orde. Ofrece a garantía aos cidadáns de que dispoñan dun control público independente nas áreas de saúde urbana e medio ambiente, que actúa sen intermediarios privados, de xeito inmediato e fiable.

- O LAMUVI -como se recolle no documento comentado- ademais das competencias propias atribuídas pola lexislación, realiza na actualidade importantes servizos á cidadanía, como:
  • Análises a calquera particular que o solicite, previo pagamento das taxas municipais establecidas expresamente nas Ordenanzas
  • Análise dos lixiviados da planta do Zondal, fundamentais para o control da contaminación da capa freática, das augas de pozos e regatos próximos.
  • Anñalise das mostras de vertidos recollidas pola Policía Local
  • Control das augas das piscinas
  • Análise das traídas de xestión veciñal que fornecen de auga potable a miles de veciños
  • Control de Legionella nas fontes ornamentais da cidade
  • Análise das augas de praias e río Lagares
  • Labores de difusión e docentes ao alumnado dos centros de ensino vigueses.
- Labor sobresaínte é a que realiza no control das augas das case 400 fontes rexistradas que existen no municipio, que son sistematicamente controladas e caracterizadas dende hai décadas polo LAMUVI. Está, ademais, preparada para a súa difusión, o portal de internet realizado polo Laboratorio para dar puntual información á cidadanía.

- A garantía da calidade da auga que chega á billa (que está xestionada por unha empresa privada en réxime de concesión, actualmente FCC Aqualia) só será posible dende un laboratorio público como o noso, evitando así que a concesionaria sexa quen se "autocontrole", cos evidentes perigos que isto supón.

- Ademais, dentro da lóxica de lograr a maior eficiencia na prestación dos servizos públicos, a lexislación vixente contempla a posibilidade de realizar labores delegadas pola Administración Autonómica. Unha delegación cuxa necesidade é obvia se temos en conta que en toda Galicia só existe un Laboratorio autonómico de Saúde Púbica centralizado en Lugo.

- Coa creación inmediata dun novo ente público intermunicipal, como a Área Metropolitana de Vigo, fai imprescindible a máxima rendabilización dos recursos públicos coa posta a disposición deste Ente, dun servizo de Saúde Pública que xa existe e que conta cunha capacidade e calidade abondo demostrada.


Non podemos obviar o contexto no que se produce esta acción do goberno municipal do PSOE en Vigo:

- O proceso privatizador de servizos públicos esencias, especialmente do concernente á saúde pública e ao vital Ciclo da Auga, que vén a reforzarse coa eliminación deste Laboratorio. As súas funcións deberán ser prestadas agora por unha empresa privada e non sería de extrañar -aínda que se mantén un sospeitoso silenzo neste sentido- que se pasase directamente á actual concesionaria, o que provocaría non só a mediación privada no control das augas -a concesionaria sería xuiz e parte-, senon tamén, o encarecemento do recibo.

- Esta acción prodúcese nun contexto no que os Concellos do cambio -moitos deles participados polo PSOE- estudian seriamente, e mesmo executan, procesos de reversión das concesións, que permitan unha xestión pública plena, eficiente e económica, do ben común esencial que é a auga.

Resulta sorprendente, neste sentido, que sexa o mesmo partido, o PSOE, o que se opoña frontalmente, por exemplo,  á desaparición do Laboratorio Municipal nunha cidade como Albacete (no que os tribunais xa sentenciaron a ilegalidade desta medida que puxo en práctica o PP nesa cidade) e en Vigo, sexa o promotor da súa desaparición e privatización.

Resulta intolerable, ademais, que este peche dun servizo público se realice mediante a irregular  fórmula de baleiralo de traballadores e técnicos, mediante un procedemento de decreto de reascripción de efectivos a outros servizos municipais. Con este burdo e irregular truco, evítase o regulamentario procedemento de supresión dun servizo público, de reasignación dos seus orzamentos, da publicidade e debate público do mesmo, e a necesidade de fundamentar técnica e xuridicamente as razóns do peche indicando cales van a ser as vías, medios e recursos económicos que, en ausencia do Laboratorio, se utilizarán para dar cumprimento ás obrigas municipais en materia de subministro e control das augas-

Sorprende tamén o oportunismo de Abel Caballero que se rasgaba as vestiduras pola supresión por parte da Xunta de Galicia do Laboratorio no Hospital Álvaro Cunqueiro, cando el mesmo priva á cidade dun imprescindible servizo público que, nas condicións actuais, non só está en enteira disposición de cumprir as súas tarefas propias, senon tamén de acometer con eficiencia os labores de saúde pública intermunicipal derivados da posta en marcha da Área Metropolitana.

Por estas razóns, pola garantía da eficiencia no control e mellora da saúde pública no noso Concello, por conservar unha institución e servizo que non só presta unha indispensable labor social e medioambiental, senon que tamén é un elemento de prestixio e orgullo para a nosa cidade, esiximos al Alcalde de Vigo e ao PSOE de Galicia:

- Que non se peche o Laboratorio Municipal de Vigo, e que se acometan as melloras necesarias técnicas, de dotación e, se é o caso, Certificación, para o seu pleno e eficiente funcionamento ao servizo da saúde pública da cidadanía viguesa e do control do ciclo da auga do municipio e da súa Área Metropolitana.

- Que, en paralelo, se estudien as posibilidades e conveniencia da súa integración ou colaboración, mediante a fórmula de delegación ou da que se considere máis oportuna, non só dentro dos servizos futuros da Área Metropolitana, senon tamén na Rede de saúde pública da Comunidade Autónoma de Galicia*

(*) seguindo, por exemplo, o modelo da Rede de Laboratorios de Salud Pública en Catalunya).


29.8.14

Jonathan en Samil: Abel Caballero, disculpas de mal pagador.

Finalmente Abel Caballero decidíu falar e tentar explicarse sobre a súa decisión de someter a nova concesión a caducada do restaurante Jonathan en Samil. Faino despois de que diversos grupos políticos, asociacións e colectivos cidadáns (entre outras, as máis de 500 sinaturas recollidas a iniciativa de Vigoblog dende a plataforma Avaaz) pedíranlle reiteradamente que frenase ese expediente; faino xa cando está a punto de adxudicarse o concurso convocado para seleccionar ao novo concesionario por un período de 30 anos.

As primeiras razóns expostas por Caballero sobre os prezos do café en Samil, mellor non telas en conta, por respeto á intelixencia dos cidadáns. O Faro de Vigo -que agocha canto pode a oposición  política e cívica a esta nova concesión- recolle hoxe, sen embargo, un intento de xustificación que aconsella  comentario e aclaración:

Non hai ningunha razón, máis alá de excusas e coartadas, para non derribar o edificio do atigo Jonathan e iniciar canto antes a rexeneración da área dunar de Samil, nesta e noutras zonas da praia;  si hai razóns esenciais para  facelo: como se ten confirmado polos estudos científicos da Universidade de Vigo -ou como calquera con sentido común e mínima capacidade de observación pode deducir-, é urxente actuar, sob pena de que o areal desapareza como consecuencia da erosión e perda de area e a non existencia dunha área dunar de reserva. Calquera política responsable neste tema pasa por eliminar tódolos atrancos existentes para acadar a rexeneración, ao menor custo posible e canto antes.

Polo medio, pode Caballero Caballero buscarse coartadas para non actuar, decindo que a concesión rescatarase inmediatamente unha vez que o Ministerio relance o proxecto de rexeneración redactado, consensuado no seu día co Concello. Vén dicir, pois, como excusa, que realmente non é el o culpable de tomar a decisión de manter o Jonathan e ampliar a concesión: a culpa é do PP que non executa o proxecto pactado. A el non lle queda máis remedio que seguir deixando esmorecer a praia e non iniciar a súa rexeneración: a culpa é do PP.

Sen embargo:

- A existencia de edificacións sobre a duna con negocios en réxime de concesión, e o alto custo dos rescates por razóns de interese público, sempre foron un dos principais atrancos esgrimidos por uns e outros para iniciar xa o derribo do muro e a rexeneración da praia. Esta circunstancia, xunta con outras -relacionadas coa non execución de medidas municipais previas indispensables que agora comentaremos-, foron aducidas expresamente polo Ministerio como impedimento de causa maior para non iniciar o proxecto redactado.

- É unha media verdade o que afirma Caballero sobre a posibilidade de rescate inmediato en calquera momento da concesión: esta condición non figura como específica, automática e gratuíta no prego de condicións da concesión (tal e como trata de facer crér entre liñas o alcalde), senon que se recolle en termos xerais -como necesariamente é obrigado en todo expediente de concesión-: remitíndose á legalidade vixente neste precedemento, que prevé a posibilidade de rescate por razóns de utilidade pública. Isto significa que, no caso de aplicación das previsións do PXOM neste ámbito, habería que facer o gravoso pago de rescate, sen condicións específicas ningunhas que obriguen ao adxudicatario. Dubidamos moito, ademais, de que se poida rescatar doadamente aducindo nada máis a decisión simple de "tirar o muro" e non o desenvolvemento do PXOM. Estamos falando dunha indemnización moi alta, tanto polo longo período de 30 anos de concesión previsto no prego de condicións, como pola esixencia contractual de fortes investimentos iniciais a realizar na edificación actual por parte de  quen resulte concesionario, que haberá que compensar... se é que non pleitea, claro, e as cousas adíanse indefinidamente.
Corolario: se non queres pagar o rescate, se queres deixar aberta a posibilidade de recuperar a praia con outros mecanismos distintos á execución completa do proxecto de rexeneración, non fagas a concesión.

Á parte da estupidez dos 30 euros do relaxing cup of café con leche en Samil, ¿que razóns hai para poñer un atranco de semellante categoría a un goberno municipal que realmente queira tirar total ou parcialmente o muro e rexenerar total ou parcialmente a praia no futuro próximo?. Que razóns hai diferentes ás que serviron para ordear e executar polo Concello o recente derribo do Restaurante As Dornas, que se atopaba nas mesmas condicións físicas, de ubicación e administrativas do Johathan?
As excusas aducidas de manter con servizos a praia, é moi difícil de manter cun mínimo de racionalidade: hai abondo e non son servizos indispensables. Serviría ademais igoal para o caso das Dornas, e non se aducíu daquela.

Que cada un busque as razóns. Non se nos ocorre pensar en que teñan que ver coas relacións que persoas de certo sector da hostelería viguesa manteñen co goberno municipal, claro.

- A execución total do Plan do Ministerio de Medio Ambiente, non depende só de consignar nos presupostos xerais do Estado a cantidade para executalo. Depende de cuestións previas de estricta competencia municipal.
  • A eliminación da zona deportiva municipal situada na zona de praia coincidente coa desembocadura do río Lagares.
  • O desenvolvemento do PXOM nas previsións contidas para a zona de Samil, que inclúe a realización dunha carretera interior que permita reubicar servizos e aparcamentos fóra da ára dunar, cos correspondentes procesos de expropiación ou compensacións urbanísticas.

Visto que na actual situación de crise económica isto non vai a ocorrer, e que a praia de Samil debe ser salvada urxentemente como espazo natural e de ocio (as dúas cousas son interdependentes), se hai realmente vontade de rexeneración, é preciso un plan B de actuación progresiva, que está perfectamente ao alcance económico e administrativo das administracións central e municipal.


Como sabemos, polas súas declaracións, que Abel Caballero é partidario da inicia-la rexeneración e de acometela progresivamente, non entendemos que non a inicie agora que está en moito mellores condicións de facelo cá en 2008 -cando realizou estas declaracións-, pois xa non existen as concesións administrativas das Dornas nin do Jonathan.

Para axudalo, ousamos propoñer de seguido algunhas accións perfectamente viables e de baixo custo para deseñar e executar ese Plan B de rexeneración progresiva, que poña de manifesto, máis alá das boas  palabras, a vontade política e a sensiblidade medioambiental de recuperar a praia:

  1. Tal e como se comprometeu, despois do derribo das Dornas, eliminar o muro e xardíns situados sobre o solar resultante da desaparición do restaurante, dando continuidade á zona dunar en proceso de recuperación do adxacente Coho das Dornas. Eliminar as capas superficiais de terra para deixar ao descuberto a area soterrada e iniciar o programa de rexeneración mediante pantallas vexetais de retención de area e limitación de acceso á zona a recuperar. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia. [Hai que lembrar que ese tramo do paseo foi construido xa polo Concello en tempos de democracia, nunha desgraciada iniciativa do concelleiro (de varios partidos) Agustín Arca].
  2. Tal e como está previsto no PXOUM, eliminar a zona deportiva municipal que se sitúa sobre un inorme recheo na desembocadura do Lagares. Iniciar os procesos de recuperación dunar desta zona de praia. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia [a recuperación desta parte da praia xa fora decidida como consecuencia dun pacto presupostario do ano 1987 entre o PSOE de Manoel Soto e a daquela Esquerda Galega de Camilo Nogueira. Nunca se executaron por completo as condicións pactadas, pois o PSOE incumpríu o pacto para esta zona  e, lonxe de recuperala, urbanizouna máis -"Alameda Ría de Vigo-, á vez que construía un novo tramo do Paseo na zona da Punta]    [sen embargo, o goberno municipal está a adxudicar obras de reforma deste campo de fútbol por importe de 235.000 euros, o que amosa a vontade de consolidar as instalación e non de encamiñarse cara á recuperación desta zona, seguindo as indicacións do PXOM e do proxecto do Ministerio
  3. Eliminar o tramo do paseo e zona urbanizada na que se atopa o Jonathan e zonas axardinadas adxacentes que actualmente non contan con aparcamento. Iniciar os procesos de rexeneración dunar nesta zona recuperada. Deseñar e habilitar un paseo de madeira sobre pilotes para facilitar o tránsito peonil entre zonas de praia. Habilitar servizos de tempada de praia provisionais, compatibles coa rexeneración.



Son tres medidas moi conservadoras, respectando as actuais zonas de aparcamento e pista de patinaxe. Unha acción máis decidida iría encamiñada a rescatar as dúas concesións existentes aínda -próximas á súa finalización-  minimizar a presencia de vehículos privados, reforzando con lanzadeiras o transporte público de tempada, habilitando mesmo transporte marítimo de pasaxeiros e eliminando os aparcamentos e parques infantís e piscinas actuais (o maior parque infantil dunha praia é a praia mesma, nonsi?). Os servizos hosteleiros precarios de tempada, ben deseñados, son compatibles coa retirada do muro e a recuperación dunar.

Se realmente hai conciencia e vontade de iniciar a rexeneración de Samil, pódese facer sen buscar culpables noutros partidos ou administracións.  Só abonda con ter responsabilidade política e medioambiental e non deixarse levar por meros intereses particulares e/ou electorais inmediatos, Samil pódese salvar e o Jonathan pode e debe ser derribado. Só abonda con cumprir a palabra dada por Abel Caballero da súa disposición a iniciar de inmediato a rexeneración, aínda que fose por fases.

O resto son excusas de mal pagador.

15.8.14

A rexeneración de Samil e o cinismo da casta

Pleno municipal do Concello de Vigo de 25 de febreiro de 2013.
Moción presentada polo Grupo Municipal Socialista
INSTANDO AO GOBERNO DA NACIÓN A ASUMIR O PROXECTO DE REFORMA DA PRAIA DE SAMIL QUE OBRA NO MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E
MEDIO AMBIENTE. EXPTE. 610/1101.

A moción, cun par de enmendas menores do BNG, foi aprobada por unanimidade.

Texto da moción do PSOE:
A praia de Samil é un dos maiores atractivos da cidade de Vigo. Para os vigueses é un punto de encontro e de goce. Para os que nos visitan é unha referencia estival. A praia chea no verán é un exemplo. 
Conscientes de todo o que significa para a cidade, o Goberno Municipal suscitou ao Goberno da Nación, en 2.009, un proxecto integral de mellora de devandita praia. Proxecto ambicioso que contaba co apoio do Goberno Estatal e que ía destinado a cambiar radicalmente esa zona tan importante da cidade. 
Froito dese apoio foi a elaboración do Proxecto que obra en poder de Concello de Vigo que xa está realizado e pago. 
O proxecto supón a recuperación do sistema dunar, o retranqueo de 25 metros do paseo actual, a replantación de árbores, o retranqueo das piscinas e da zona de lecer e a construción dun novo paseo de 12 metros. Todo iso supón un proxecto cun investimento de 17 millóns de euros que supoñería unha importante incentivación económica na cidade. 
Coa chegada de Mariano Rajoy á Presidencia do Goberno da Nación, o devandito proxecto, ata o momento, non foi asumido polo actual goberno quedado aparcado sen ningunha xustificación e sen explicación algunha ao Alcalde de Vigo. 
A combinación medio ambiental do proxecto coa repercusión no turismo e o atractivo par os vigueses que o gozan todo o ano, fai que sexa necesaria a petición ao Goberno Estatal de manter este proxecto e de fixar prazos para o seu desenvolvemento. 
 Por todo o dito, o grupo municipal do PSdeG-PSOE solicita ao Pleno da Corporación a aprobación do seguinte ACORDO 

-Instar ao Goberno da Nación a asumir o proxecto que obra en poder do Ministerio de Medio Ambiente de reforma da Praia de Samil, e comprometer a súa execución nos prazos que, de común acordo, se fixen co Alcalde desta cidade. 

ACORDO final coa enmenda do BNG:
1.- Instar ao Goberno do Estado a asumir o proxecto que obra en poder do Ministerio de Medio Ambiente de reforma da Praia de Samil e comprometer a súa execución nos prazos que, de común acordo, se fixen co concello desta cidade. 
2.- Instar ao Goberno local á recuperación e ao mantemento do litoral da nosa cidade e á continuidade nos paseos costeiros o que precisa executar proxectos globais para todas as parroquias, incluída a de Alcabre. 

 Acta completa da sesión (moción e debate -para non perdelo!- entre as páxinas 47 a 55)

La Voz de Galicia de 15 de agosto de 2014 dá conta da inminente adxudicación da concesión por 30 anos do Restaurante Jonathan.

O cinismo da casta non ten medida.

5.7.14

Rexeneración de Samil: PSOE, dobre moral

Reproducimos aquí (grazas Antón Lois, de Amigos da Terra polo aporte) este documento da Comisión de Medio ambiente e cambio climático do Senado. Sirve de exemplo para ilustrar que a renovación do Jonathan (e o mantenemento doutras infraestructuras do Concello) vai a ser o argumento que utilice o Ministerio como excusa para meter no caixón o plan de rexeneración de Samil.  Abel Caballero, coa nova concesión do Jonathan, acaba de proporcionarlles unha coartada perfecta para paralizar o investimento:
[as negriñas son nosas]

BORRADOR DE LA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE Y CAMBIO CLIMÁTICO, CELEBRADA EL LUNES 24 DE JUNIO DE 2013
[Acta completa da sesión]

Se abre la sesión a las trece horas y cinco minutos.

    La señora PRESIDENTA: Buenos días, señorías. Damos comienzo a la sesión de la Comisión de Medio Ambiente y Cambio Climático del día de hoy, 24 de junio.
    En primer lugar, se somete a aprobación el acta de la sesión anterior. ¿Hay algún inconveniente? (Asentimiento.) Queda aprobada.
    Gracias.

CONTESTACIÓN DEL GOBIERNO A

- PREGUNTA SOBRE LAS PREVISIONES DEL GOBIERNO CON RESPECTO A LA RECUPERACIÓN DEL PROYECTO DE REGENERACIÓN DE LA PLAYA DE SAMIL, EN VIGO (PONTEVEDRA), CON INDICACIÓN, EN SU CASO, DE LAS CANTIDADES A CONSIGNAR EN LOS PRÓXIMOS PRESUPUESTOS Y DE LA FECHA DE FINALIZACIÓN DEL PROYECTO.
(Núm. exp. 681/000717)
AUTOR: MARRA DOMÍNGUEZ, MARÍA DE LOS ÁNGELES (GPSocialista).

    La señora PRESIDENTA: Pregunta de la senadora Marra Domínguez sobre las previsiones del Gobierno con respecto a la recuperación del proyecto de regeneración de la playa de Samil, en Vigo, con indicación, en su caso, de las cantidades a consignar en los próximos presupuestos y de la fecha de finalización del proyecto.
    Tiene la palabra su señoría.

    La señora MARRA DOMÍNGUEZ: Muchas gracias, señora presidenta.
    Al igual que las anteriores, esta pregunta se formuló inicialmente como una pregunta escrita. Al no cumplir con los plazos, se transformó en oral.
    La playa de Samil está situada en la parroquia de Navia, en la ciudad de Vigo. Mide cerca de 1900 metros y es la playa más representativa y significativa de la ciudad. Tiene un alto grado de ocupación a lo largo de todo el año debido precisamente a la proximidad del centro urbano. Tanto la playa, como el paseo y la zona verde constituyen uno de los mayores atractivos de la ciudad. Es punto de encuentro, de paseo, de ocio, de disfrute, de esparcimiento durante todo el año no solo para los vigueses sino también para muchas de las personas que visitan la ciudad de Vigo.
    Esta playa era un gran arenal hasta el año 1970. Se realizaron obras en el paseo marítimo, con un muro de borde, un vial paralelo sobre el campo dunar, reduciéndose así el ancho de la playa significativamente, prácticamente a la mitad.
     Conscientes de la importancia que para el Grupo Parlamentario Socialista tiene esta playa, este elemento imprescindible para el atractivo turístico de la ciudad de Vigo, en el año 2009, el Gobierno municipal suscitó al Gobierno de la nación que se iniciase un proyecto integral de regeneración de dicha playa. El objetivo prioritario era recuperar gran parte del sistema dunar. Para ello, el proyecto planteaba actuaciones, como el retranqueo de 25 metros del paseo actual, la replantación de árboles, el retranqueo de dotaciones deportivas, jardines, construcción de un nuevo paseo de 12 metros de ancho, que estaría también retranqueado entre 20 o 30 metros respecto al actual, casi duplicando así la superficie del arenal, pasando de 50 000 a 80 000 metros cuadrados.
    Este proyecto se llevó adelante, se concluyó; de hecho, se pagó por parte del concello y por parte del ayuntamiento se le dio el visto bueno, por tanto, esta totalmente concluido, y es por lo que formulamos esta pregunta.  Ante la ausencia total de información, ante la dejadez por parte del Gobierno del Partido Popular, planteamos esta pregunta: ¿en qué situación se encuentra este proyecto? ¿Qué cantidad de dinero se prevé incorporar en los próximos presupuestos para ponerlo en marcha? ¿Cuál es la fecha prevista para su finalización?
    Gracias.

    La señora PRESIDENTA: Tiene la palabra el señor secretario de Estado.
  
    El señor SECRETARIO DE ESTADO DE MEDIO AMBIENTE (Ramos de Armas): Muchas gracias, señoría.
    Seré breve. A fecha de hoy, el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente no incluye en la planificación para 2013 de su Programa 456 D, Actuaciones en la costa, el proyecto de regeneración de la playa de Samil, en Vigo, debido a determinadas dificultades derivadas del propio proyecto y por considerar que es necesario revisar los criterios utilizados para definir la actuación que verdaderamente precisa la playa de Samil.
    Muchas gracias, señoría.

    La señora PRESIDENTA: Senadora Marra, ¿quiere intervenir?
    Tiene la palabra.

    La señora MARRA DOMÍNGUEZ: Gracias, presidenta.
    No es esa la respuesta que nos están dando; de hecho, hay una respuesta del ministerio en la que manifiesta que ha incluido en la planificación para 2013 de su Programa 456 D, Actuaciones en la costa, el proyecto de regeneración de la playa de Samil, en Vigo. Esa es la contestación que nos ha dado el Gobierno. Usted está diciendo una cosa distinta. Nos hemos fijado que en los presupuestos existen una serie de partidas en las cuales, como son tan amplias, no se recoge como tal dicha partida; sin embargo, la contestación que nos dan es esta. Por tanto, le agradecería que nos diese más información, que concluyese si es usted el que nos dice la verdad, o es el Gobierno. ¿En qué situación se encuentra?
    Otra cuestión. Usted ha hablado de defectos, de dificultades. Me gustaría que, en concreto, nos dijera qué dificultades tiene, porque, reitero, este proyecto es sumamente importante; de hecho, la playa está perdiendo de una forma continuada, cada año, arena. Es una demanda que se está realizando por toda la ciudadanía, por la corporación, por el alcalde de Vigo, por   los distintos grupos del municipio. Hace poco se presentó en el pleno del ayuntamiento de Vigo una moción relacionada con este asunto, y todos los grupos, incluyendo el Partido Popular, estuvieron a favor de llevar adelante este proyecto de regeneración. Por ello le planteamos esta pregunta: cuáles son los problemas que suscitan y si realmente el que está diciendo la verdad es usted o es el Gobierno.
    Muchas gracias.

    La señora PRESIDENTA: Tiene la palabra el secretario de Estado.

    El señor SECRETARIO DE ESTADO DE MEDIO AMBIENTE (Ramos de Armas): Muchas gracias, señoría.
    Insisto en que la respuesta es que nuestro ministerio no incluye en la planificación para 2013, en su Programa 456 D, Actuaciones en la costa, el proyecto de regeneración de la playa de Samil, Vigo. Por tanto, no sé que confusión puede haber, pero no está incluida por considerar que los requisitos utilizados para definir la actuación hay que revisarlos.
    El proyecto denominado Recuperación del Sistema Dunar de la Playa de Samil, en el término municipal de Vigo, Pontevedra, fue redactado a través de un contrato de servicios que se suscribió el 30 de abril de 2010, por un importe de 89 000 euros y un plazo de ejecución de doce meses. Se recepcionó el contrato el 20 de diciembre de 2011, y el presupuesto total de las obras es de 16 494 709,71 euros, IVA incluido. El objeto del proyecto es recuperar, en la medida de lo posible, las dimensiones de la playa existente antes de la ejecución del actual paseo, y para ello se plantea su demolición y su retranqueo hasta el límite original de la duna móvil, esto es entre 20 y 30 metros hacia tierra de la actual. A partir de ese límite, se plantea un paseo de 12 metros de ancho y 1917 metros de longitud. El proyecto cumplía con los requisitos del Plan General de Ordenación Urbana de Vigo, excepto en el caso del vial exterior, que se proyectó manteniendo unas dimensiones similares a las existentes, en tanto que el plan general contempla un vial de un solo carril. Esto es debido a que la reducción de este vial, contemplada en el plan general, se apoya en la ejecución de un nuevo vial hacia el interior que vendría a sustituir el existente, y mientras este nuevo vial no se ejecute, se considera imposible reducir el actual.
    Por otra parte, el proyecto contemplaba el levantamiento de los rellenos existentes en la desembocadura del río Lagares, que en la actualidad están siendo ocupados por instalaciones deportivas, con objeto de recuperar la duna primitiva.
    La tercera característica a destacar del proyecto es la demolición de las edificaciones existentes sobre la duna. Además, quiero señalar que el retranqueo del actual paseo suponía la supresión de 951 plazas de aparcamiento para las cuales se proponen alternativas en el proyecto, pero que no forman parte de él y que, como tal, no se valoraron. Para que el proyecto fuera viable, señoría, el Ayuntamiento de Vigo debería habilitar esas plazas de aparcamiento alternativas, así como buscar una nueva ubicación para las instalaciones deportivas a retirar. Debido a los problemas indicados anteriormente, que no son pequeños, el coste de la actuación que no es desdeñable y que debería ser exitoso en el caso de que se realizara y, por tanto, nos obliga a ser muy cautos a la hora de impulsar una obra de estas características y estar muy seguros de que todos los requisitos se cumplen, y por considerar que, además, es necesario revisar los requisitos utilizados para definir la actuación, el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente no ha incluido en la planificación de 2013, en su Programa 456 D, Actuaciones en la costa, este proyecto de Recuperación del Sistema Dunar de la Playa de Samil.
    Muchas gracias, señoría.

    La señora PRESIDENTA: Muchas gracias.

Necesitamos facer chegar a Abel Caballero a nosa firme postura contra esta concesión que hipoteca por 30 anos a rexeneración da nosa praia. Pedímosche que participes coa túa sinatura. Só nos fatan 68 sinaturas para chegar a 500 e que Avaaz envíe ao alcalde a nosa petición. Anímate a asinar aquí!.

Feirantes: un asentamento ilegal consentido e propiciado polo Concello de Vigo

A cousa comezou cando os veciños de Navia protestaron pola instalación nas rúas do polígono das caravanas dos feirantes que durante a celebración das festas de Bouzas e Coia, asentaban nese barrio as súas vivendas ambulantes.

Segundo as informacións de prensa, a policía local viguesas actuou derivándoos cara os solares existentes baixo un viaducto da VG-20, na avenida de Ricardo Mella, á beira do río Lagares próxima á súa desembocadura.

No ano 2013, informaba La Voz de Galicia deste feito e daba conta das protestas deste colectivo de comerciantes por non dispoñer dun lugar axeitado para o seu asentamento provisional. Na mesma información, indícase a realización dos seus vertidos de augas residuais directos ao cauce do río, no que resulta, segundo as ordenanzas municipais de medio ambiente e a lexislación española e galega de protección das augas continentais, unha manifesta ilegalidade.

Onte, o mesmo medio de comunicación volvía a facerse eco desta situación, incidindo de novo na permisividade e mesmo o alento municipal a instalárense ilegalmente neste lugar.
Segundo fontes dos propios comerciantes, non contan cunha autorización administrativa en regra, como correspondería legalmente, senon coa mera permisividade das autoridades locais. Tamén indican que foron obxecto hai uns meses dunha inspección ambiental dos propios servizos municipais, que constataron o vertido irregular directo ao río.

Estes son os feitos. Feitos que poñen de manifesto un estilo de actuar do Concello de Vigo que roza a prevaricación. Incapaces de solucionar un problema real e de buscar alternativas viables para o asentamento destes comerciantes ambulantes, acuciados polas protestas dos veciños de Navia aos que quere coidar especialmente Abel Caballero pois pensa que non pode perder o que considera un viveiro de votos, optan pola inaceptable política do avestruz e pola permisividade cos infractores (que están, entre outras cousas a contaminar un cauce protexido), permitíndolles, de tapadillo, montar un asentamento nun lugar que, obviamente, nin está preparado, nin pode acoller un uso de vivenda temporal.

Non pode o Concello alegar ignorancia, pois a Policía Local coñece estes feitos e as súas circunstancias, como é fácil deducir do contido das novas que enlazamos, e da inspección ambiental realizada polos seus propios servizos mediambientais. E a Policía Local está obrigada a denuncialos e o alcalde de Vigo a impedilo, poñendo os medios necesarios para que, se así o considera, se poidan celebrar as festas á vez que os seus actores se acomodan nun lugar acondicionado adecuadamente e con todos os permisos e garantías legais e hixiénico-sanitarias.

Pero semella que esta práctica non é unha excepción, senon que comeza a ser a regra na actuación municipal, empeñada en satisfacer a tirios e troianos para non perder nin un só voto no exercizo responsable do poder. Este é o caso da absoluta permisividade coa ocupación discrecional do espazo público por terrazas dos bares, pola vía de deixar cair, sen resolver administratrivamente como corresponde, que hai vía libre de feito para ocupar as beirarrúas e non pagar, ademais, por isto; que aínda que exista unha ordenanza reguladora e unhas taxas por ocupación do espazo público, farase a vista gorda. Claro que sempre que a ocupación non sexa para unha actividade tan perigosa como un miniaparcamento para bicis de aluguer.

Dentro desta mesma filosofía, a recente autorización polo baixini, sen resolución nin acordo de ningún tipo que se coñeza, do uso da praia da illa de Toralla polos propietarios de cans coas súas mascotas. Novamente contentando a tirios e troianos (os de Toralla son poucos e poucos serán os empadroados en Vigo), elúdese o procedemento legal para actuar pola irregular vía dos feitos. Incapaces de ter unha política e un programa xeral -máis alá de medidas punitivas aplicadas ao tumtum e de ocorrencias circunstanciais- sobre o uso do espazo urbano e natural local polos animais de compañía, improvisan, sen mollárense, pequenas concesións que nada solucionan e que só producen novos problemas e a sensación de estarmos gobernados por políticos irresponsables.

O titular da nova de La Voz de Galicia, "El Concello no garantiza luz y agua a los feirantes  que pagan el servicio", parécenos menos axeitado o que utilizamos para encabezar esta entrada: o Concello, obrigado a cumprir e facer cumprir a legalidade, consente e promove, polo menos por omisión, un asentamento ilegal e o vertido de augas residuais sen depurar directamente ao cauce dun río ou o enganche non autorizado de tuberías á rede municipal de smidoiros.

4.7.14

Esquerda Unida de Vigo oponse á concesión do antigo Jonathan

jonathansamilA executiva local de EU entende que a concesión por trinta anos máis do antigo restaurante Jonathan antepón intereses ecómicos privados ao ben común e a sustentabilidade dos nosos espazos naturais.
Para EU, que amosou sempre a súa oposición ao actual PXOM, esta concesión mesmo contradí o propio PLAN ESPECIAL DE REXENERACIÓN AMBIENTAL E ACONDICIONAMENTO DO LITORAL URBANO (ALCABRE-SAMIL), contemplado neste PXOM aprobado no 2009. Un dos obxectivos deste plan era a rexeneración ambiental do areal, para o que se establecerían segundo o redactado no PXOM as seguintes medidas:
Substitución do trazado da Avda. de Samil, que separa o primitivo areal, illando parte do sistema dunar da praia e alterando a dinámica de transporte de sedimentos.
Transformación do paseo de Samil, eliminación o muro e traslado dos usos lúdicos e deportivos.
Estudio particular da vexetación dunar asi como da restauración das coberturas orixinais e establecendo indicadores dun plan ambiental de seguimento das dinámicas erosivas e sedimentais no areal.

Por iso, dende Esquerda Unida non entendemos como é posible que 5 anos despois da aprobación do PXOM non só non se teña desenvolvido o plan de rexeneración das dunas se non que se atente contra a propia esencia do plan coa concesión do inmoble ata o 2044.
Para protexer Samil de esta e de futuras operacións de especulación urbanística, dende Esquerda Unida reclamamos que se declare como espacio natural de interes local (ENIL) tal e como sucedeu co complexo duna-areal do Vao.
FONTE: Web de EU Vigo 

3.7.14

ANOVA impugna o prego de licitación do establecemento hostaleiro Jonathan, situado na praia de Samil en Vigo.

A cuestión de fondo desta impugnación é a recuperación do areal e do sistema dunar de Samil. A existencia do paseo que percorre a totalidade da praia sobre o espazo antes ocupado polas dunas de Samil, impide a rexeneración natural das mesmas. Esa información, que nos anos setenta e oitenta era ignorada polas autoridades municipais, hoxe en día é coñecida por toda a cidadanía. Unha barreira artificial coma o paseo de Samil (situado onde está e construído de xeito aintiecolóxico) supón a condena da propia praia, e nun futuro máis ou menos inmediato, como ten sucedido noutras praias de zona urbana invadidas con este tipo de construcións, obrigaría o goberno municipal a unha reposición artificial da area da praia con custos elevados e co fracaso a curto prazo garantido.
Os abalos e debalos da marea arrastran o areal cara ao mar, e vano lambendo sen posible reposición natural, como é ben sabido, pois pra que as mareas e o vento –e mais a vexetación– fagan o seu traballo, non pode existir ningunha barreira artificial que impida a recuperación do ciclo dunar.
A Dirección Xeral de Sostibilidade de Costas realizou no seu día un proxecto (cun custo aproximado dun 103.000 euros) pra levar a cabo unha reforma da praia de Samil. A execución dese plan está estimada nuns 17 millóns de euros. No ano 2013 o plan estaba en fase de aprobación inicial por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
O propio grupo municipal do PSOE instou ao goberno central a que procedese á súa execución o 25 de febreiro de 2013, e esa proposta foi respaldada no pleno municipal de Vigo por unanimidade.
Este proxecto da D.X. de Costas non supón nin moito menos unha recuperación do sistema dunar, senón soamente que o paseo e as piscinas se retranqueasen 25 metros. Malia ser un plan insuficiente prá recuperación da praias, vese de feito obstaculizado pola presenza de tres establecementos: un deles é o Jonathan.
Recentemente, o goberno municipal abriu un prazo pra o prego de licitación do Jonathan que remataba hoxe, día 2 de xullo. O día 9 deste mes abriranse as plicas pra coñecer as ofertas de explotación do establecemento hostaleiro, e en caso de serlle adxudicada a alguén, estaría concedéndose unha licencia de explotación por 30 anos.
Calquera proxecto, sexa a reforma de retranqueo do paseo actual, ou un plan integral de recuperación da praia e do seu sistema dunar que se queira levar a cabo nun futuro, atoparíase co obstáculo do establecemento en cuestión (así como dos outros dous existentes: Camaleón e Di San Remo). Quen tivese daquela a licencia de explotación, estaría en condicións de reclamar unha indemnización millonaria.
O Jonathan incumpre a Lei de Costas de 1988, modificada no ano 2013. A disposición transitoria 4ª vén dicir que as instalacións que ocupen unha zona de dominio público marítimo-terrestre serán demolidas ao extinguirse a concesión. Neste caso, a concesión (que remataba en agosto de 2016) expirou por defunción da persoa titular e sen que fose legalmente posible a súa continuidade a través de herdeiros.
O canon anual que pagaría quen se fixese cargo da explotación do Jonathan é de 20.000 euros, ben pouco beneficio se o comparamos co valor ecolóxico da zona tal como era antes das construcións invasivas. Un dos argumentos por parte do goberno municipal pra retomar a vía de licitación sería que se trata de servizos necesarios nunha das praias de maior afluencia de Galicia. Pero é evidente que tales servizos poden existir nunha liña máis retirada e que respecte a praia trala súa eventual recuperación.
Conclusión: o goberno municipal de Caballero (en contradición con propostas anteriores do PSOE) non quere deixar aberta a posibilidade dunha reforma na praia de Samil e moito menos a liberdade de xestión pra que calquera outro goberno municipal posterior puidese acometer ese proxecto de rexeneración do sistema dunar. Rexeneración que, de levarse a cabo, representaría unha mellora incuestionable da praia de Samil, recobrando a forma natural que calquera habitante da cidade con máis de 45 anos poderá lembrar como un dos espazos costeiros privilexiados da ría de Vigo.
Caballero, que tanto fala de Vigo como cidade europea, debería ter presente que en calquera outro país atlántico de Europa, unha praia como a de Samil non estaría nas condicións actuais, ou sexa, condenada ao seu progresivo deterioro e moi lonxe de calquera xestión minimamente respectuosa e intelixente dende o punto de vista medio-ambiental, que ao cabo tamén permitiría pór en valor un espazo de gran atractivo turístico.

O concurso da concesión está na súa primeira fase, unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas dos licitadores. Nestes días reunirase a Mesa de Contratación do Concello para continuar co trámite de adxudicación. Van apurar todo o posible o procedemento para que non haxa tempo a paralo.
Necesitamos facer chegar a Abel Caballero a nosa firme postura contra esta concesión que hipoteca por 30 anos a rexeneración da nosa praia. Pedímosche que participes coa túa sinatura. Só nos fatan 69 sinaturas para chegar a 500 e que Avaaz envíe ao alcalde a nosa petición. Anímate a asinar aquí!.

21.6.14

A nova concesión do Jonathan en Samil: unha escandalosa operación que hai que parar

Samil nos anos 70, en marea alta: dunas, piñeiral e chiringos
Samil despois nunha das fases da urbanización
Tanto o PXOM de Vigo como o desexado -e pendente de financiamento- proxecto de rexeneración integral de Samil, realizado pola Dirección General de Costas do Ministerio de Medio ambiente, prevén a recuperación da zona dunar desta praia, mediante a desaparición e retranqueo do paseo e de toda a área de servizos deportivos, de ocio urbano e hosteleiros que entre os anos 70 e 90 do século pasado foron construidos destruindo unha área de especial valor paisaxístico, ecolóxico e natural.

O muro de Samil recén contruido (arquitecturavigo.com)
A execución dese proxecto xa redactado, non é só unha cuestión de xusta  e razoable recuperación dunha área natural degradada, senon que tamén é a única garantia de existencia futura desta praia, que sofre unha perda irreversible -de manterse as condicións actuais- da superficie e potencia de area, erosionada pola acción do mar e dos ventos dominantes sen posibilidade de rexenerarse como consecuencia da urbanización da súa zona natural de reserva dunar. Así o recoñece a Universidade de Vigo:

La recuperación del sistema dunar de Samil, según expertos de la Universidad de Vigo consultados por este periódico, es directamente imposible si se mantiene la urbanización actual (paseo, piscinas, pistas deportivas...) aunque sea 20 metros atrás. Habrá mayor espacio para el acomodo de la arena, pero los resultados no diferirán de los actuales, salvo por el hecho de que la playa tendrá más superficie. Serían necesarios no menos de 50 metros y considerar otras variables, como los vientos, la vegetación dunar o la restauración de las coberturas originales, para que el espacio pudiera regenerarse en la plenitud de su dimensión dunar, según las mismas fuentes.

O propio alcalde Abel Caballero comprometeuse publicamente a executar progresivamente as previsións do proxecto, mesmo dicindo que se iniciaría en 2009, cuestión que semella ter esquecido, a pesar de que a viabilidade é,  agora, co remate de dúas das máis importantes concesións privadas sobre a praia, moito máis clara cá naquelas datas.

Un dos elementos que representan unha maior dificultade para a execución dos proxectos de rexeneración é a existencia de concesións adminitrativas de explotación mercantil a empresas hosteleras privadas con edificacións situadas sobre a desaparecida zona dunar: restaurante As Dornas (finalizada), Camaleón (finaliza en 2019), San Remo (en 2025) e Jonathan (finalizada por falecemento da súa titular). As áreas de equipamento deportivo público situadas na desembocadura do Lagares, foron tamén obxecto de estudo polo Concello de Vigo, para recuperar este singular espazo, polo que non deberían supoñer maior problema que a vontade política e a procura de financiamento.

Karina Falagan nunha das fotos na fachada do Jonathan
O derribo do restaurante As Dornas e a finalización da concesión do Jonathan abren a posibilidade real de execución, canto menos progresiva, do proxecto de Costas e das previsións do PXOM.
Sen embargo, as actuacións do Concello de Vigo, semellan non ir nesta dirección e apuntan a unha estraña estratexia de mantemento das condicións actuais de equipamentos, obviando calquera lóxico planteamento de rexeneración e consolidando a insostible e irracional situacióna actual.

Por unha banda, o fin da concesión e derribo do restaurante As Dornas non traerá, como lóxica consecuencia, a ampliación do areal nesta zona, pois o que se construirá polo goberno municipal de Abel Caballero na área que ocupaba o restaurante será máis do mesmo -ao mellor estilo dun dos maiores nemigos da praia de Samil, o que foi concelleiro tránsfuga por excelencia, Agustín Arca, xa falecido-: unha "zona verde", en lugar de máis praia. Con só asomarse á zona de demolición das Dornas, pódese doadamente comprobar o fácil que sería a recuperación da praia unindo esta zona coas incipientemente recuperadas dunas da praia do Cocho das Dornas: a poucos centímetros dos alicerces da derruida edificación, aprécianse varios metros de finísima area que só espera ver o aire para incorporarse á praia.
Samil, 1960 (arquitecturadevigo.com)

Por outra, e o que resulta máis grave aínda, polo de incoherente e irracional -por non dicir claramente, sospeitoso- é o concurso de nova concesión hostelera para o edificio do antigo Jonathan, que acaba de ser publicado no Boletín Oficial de Pontevedra e na web do Concello de Vigo.  Nada menos que, no contexto de planeamento que vimos de comentar, unha concesión a 30 anos!!, que hipoteca a calquera goberno municipal que decida executar os proxectos de rexeneración deseñados pola Dirección Xeral de Costas e polo propio PXOM e condena á praia a continuar o seu proceso de degradación.

O que valeu para derribar As Dornas, non vale agora, para o goberno de Abel Caballero, para derribar tamén o Jonathan. Por máis voltas que se lle queira dar, resulta imposible atopar argumentos racionais e de legalidade de fondo para este Concurso que, de ser executado, suporá hipotecar por un período de 30 anos (se nono come antes o mar) a posibilidade de eliminar o paseo e recuperar a praia. Eliminado o exercizo da razón que se deriva da defensa dos intereses xerais, aos que debe estar suxeita calquera actuación das administracións públicas, só queda pensar en que hai poderosos intereses privados que alimentan a decisión de Abel Caballero de renunciar, deste xeito, ao comprometido publicamente, aos mandatos do seu propio planeamento urbanístico e aos máis elementais principios de sostibilidade medioambiental.
Descoñecemos, e preferimos aínda non facer caso ás nosas sospeitas, quen alimenta a sorprendente decisión de executar semellante despropósito, máis alá dos concelleiros do grupo de goberno e de calquera vontade de servizo público.

Só nos queda facer un chamamento a parar esta barbarie; primeiro, aos partidos que, en teoría, exercen a oposición actualmente no Concello de Vigo (PP e BNG); pero, tamén, especialmente, a aqueles que aspiran lexitimamente a gobernar no futuro próximo esta cidade: AGE e Podemos e, naturalmente, as asociacións ecoloxistas, foros de opinión e habituais analistas sociais,  que, agás contadas excepcións, non teñen amosado, aínda, a súa opinión.

Queremos, dende aquí, facer un chamamento público á responsabilidade de todas aquelas persoas e entidades para que fagan pública a súa defensa da rexeneración da nosa praia e amosen a súa oposición firme contra o mantemento da concesión do Jonathan e a reurbanización da área deixada libre trala demolición do restaurante As Dornas.

Por parte dos partidos e movementos sociais, é hora non só de poñer en marcha accións reivindicativas e públicas de oposición, senon tamén, de iniciar, antes de que sexa demasiado tarde,  os recursos legais que paren o proceso de concesión e devolvan as cousas ao ámbito do racional e dos intereses xerais.

Non valerá lamentarse logo e chorar, neses exercizo necrófago infelizmente tan repetido polos vigueses, pola cidade que se perdeu.

Pola rexeneración integral da praia de Samil: ¡Demolición do edificio do Jonathan! ¡Gañemos espazo para a praia!¡Non á "humanización" da zona dunar! ¡Área das Dornas para praia e non para "xardín"!

Recolleita de sinaturas en Avaaz-org polo derribo do Jonathan e a rexeneración da praia de Samil

Referencia recomendada sobre Evolución histórica das actuacións en Samil con especial referencia ás previsións sobre a praia no PXOM vixente (arquitecturadevigo.com)

10.6.14

Gatos

Tamén unha cidade mídese, como o propio ser humano, polo respecto que ten á natureza e aos animais  que tradicionalmente temos aceptado que nos acompañen no espazo urbano.
O caso da situación da poboación gatuna é todo un síntoma da incompetencia, falta de sensibilidade e mala práctica do goberno municipal vigués.
Azuzados por veciños incapaces de comprender que estes animais non teñen por que ser unha molestia senon, ben ao contrario, un valor urbano; en ausencia dunha política e programa explícito para a xestión das colonias urbanas de felinos existentes na cidade, Chus Lago, despois de moitas presións, accedera a poñer en mans dunha asociación sen ánimo de lucro, Proxecto Gato, a responsabilidade global da ordeación deste aspecto mediambiental. Para isto, fixo asinar un cutre-convenio a esta asociación coa Protectora de animais, para a castración e recollida de gatos urbanos.
As consecuencias non foron as desexables: a desaparición de colonias de gatos existentes e a acumulación insostible de animais nun recinto inapropiado que xestionaba, cun encomiable, pero insostible voluntarismo, as responsables do Proxecto Gato. A Asociación, desafuizada - tras manter un prolongado enfrontamento coa concellala- do espazo conveniado co Concello, sobrevive hoxe cos seus propios medios e as aportacións voluntarias, realizando un importante labor de  recollida e adopción.
En ausencia dunha política municipal, as cousas hoxe seguen sen atopar un camiño racional: na rúa, unha caza de gatos, repartida entre a protectora de animais (que volveu a coller as riendas desta actividade e está a recoller sistemáticamente animais das súas colonias urbanas) e as voluntarias do Proxecto Gato, no seu novo refuxio, rodeadas de ducias de animais buscando adopción.

Sen entrar en fonduras sobre quen ten a razón na  disputa que manteñen  Protectora e Proxecto Gato, coa admiración e respecto que me producen as persoas que se desviven por salvar e coidar dos nosos animais, é obvio que as cousas se están facendo mal. E nestes casos, só hai un responsable: a administración pública que ten a competencia nesta materia, o Concello de Vigo e, en concreto, a concellería de Medio Ambiente, liderada por unha persoa cuxa incompetencia se ten manifestado demasiadas veces: a alpinista Chus Lago.
Non existe un criterio municipal sobre cal debe ser o papel e como deben ser xestionados os animais en liberdade no espazo urbano. Nunha concepción obscura e medieval, respóstase dende o Concello con accións sanitarias --eliminación de pragas-- ao que debería respostarse con políticas de control e xestión en positivo. As arbitrarias e deslabazadas accións actuais, tanto por parte da protectora de animais como do proxecto gato, só convirten aos felinos ou ben en inquilinos eternos da "perrera", ou ben en mascotas.
Os gatos poden convivir perfectamente en liberdade no noso entorno: axeitadamente administradas as súas colonias, controlada a súa natalidade, vixilada e limitada a súa expansión a zonas perfectamente identificadas, acreditadas as persoas autorizadas a darlles alimento e a supervisar os grupos... non só deixan de ser un problema, senon que pasan a formar parte da paisaxe e da vida urbana, eliminando roedores e, sobre todo, facéndonos disfrutar do privilexio e o pracer de contemplar no noso contorno, a beleza de animais salvaxes que poden convivir perfectamente cos seres humanos.

8.11.12

O enanito arboricida

Para completar aos sete de Brancaneves, desde Vigo podemos aportar ao oitavo, que supoño os outros botaron fóra, por ególatra. A este último dálle gusto cortar árbores, e canto máis altos, mellor. Debe levar o tema da súa estatura moi, moi mal, porque todo o que a supera (persoa, animal, vexetal, mente ou calquera outra cousa), veña a cortalo, sexa como sexa.

Achéganme estas fotos desde o barrio de Coia, estes días escenario dunha desigual batalla entre quen nada fixo e defenderse non sabe, e as cuadrillas de motoserristas enviados polo oitavo enanito (o oitavo pasaxeiro?)


Nelas pódese ver como unha das árbores presenta un certo mal estado no seu tronco (os enfermos cúranse, non se decapitan!!), pero a outra parece ter un estado excelente (só escolleu mal a cidade onde medrar). Cóntame o contacto coiano, que o tocón sano, debía de dar tanta pena, que os operarios cortáronno, con moitísimo traballo (o probe fixo o que puido por resistir), posteriormente, a ras de chán (tentaron non deixar pegadas do asesinato), mentras que o tocón enfermo no seu interior deixáronno ben á vista, para demostrar que ¡menos mal que están eles para protexer aos nosos coches!


E, digo eu, ademais do noxo que lle produce todo aquilo que lle fai virar a testa cara riba e que provén da natureza, esta tala masiva non terá que ver cos resultados electorais dese barrio, no que a Alternativa Galega de Esquerdas (conformada tamén por grupos ecoloxistas como Equo) estivo mesmo por riba do PSOE?



6.12.11

Castiñeiros da Alameda: crónica dunha morte anunciada

Nunha entrada de Vigoblog do ano 2005, cando campeaba C. Porro polas súas obras de "humanización" na Alameda viguesa, xa advertiamos o que ía pasar cos vellos Castiñeiros de indias, como consecuencia da barbarie desatada nas obras salvaxes sobre o noso xardín histórico. Diciamos daquela: "Son incontables os golpes ó arborado e a mutilación de raiceiras de castiñeiros de indias, camelias e magnolias (...) O paso de vehículos pesados polo seu interior tense convertido nunha constante, incidindo moi negativamente sobre o sistema de raiceiras das grandes e monumentais árbores, e mesmo sobre a súa futura estabilidade como consecuencia da compactación da terra e as fortes e constantes vibracións".
Infelizmente, o noso presaxio cumpriuse. Hai uns días desplomábase unha destas monumentais árbores como consecuencia -segundo a versión oficial- do apodrecemento das súas raiceiras. Agora, a empresa concesionaria da conservación dos xardíns vigueses, CESPA, anúncianos que se van cargar outras catro árbores máis.
Dende a humanización de Corina Porro ata hoxe, son xa tres grandes castiñeiros caídos -que, ademais,  non foron repostos-; a eles teremos que engadir agora catro máis que talarán "preventivamente", ademais de mutilar, con podas salvaxes, outros 21, o que producirá unha brutal deturpación da paisaxe urbana nesta zona histórica.
A desprotección e abandono da Alameda durante décadas ten hoxe estas dramáticas consecuencias. Por se non chegase a acción de Corina, nos tempos de Santi Domínguez e Caballero, transformouse este lugar nun espazo para poñer todo tipo de chiringuitadas, feiras, pantallas xigantes e saraos variados, todos eles incompatibles coa preservación dun espazo natural extremadamente fráxil e delicado e cunha limitada capacidade de acollida. Durante todos estes anos penduráronse tamén das ponlas e claváronse nelas de todo: grandes focos, cables e mesmo toda unha instalación de ducias figuras de latón da Fundición Nautilus.
Durante estes anos, a falta de control municipal e a incompetencia de CESPA, máis ocupada de encher de floreciñas de tempada canto parterre ou maceta hai, que de realizar un auténtico mantemento preventivo (xa se sabe, de facelo ben, os grandes beneficios do millonario contrato municipal, veríanse diminuídos), están a provocar a perda irremediable de elementos vexetais catalogados que, cunha responsable política municipal, poderían vivir moitos máis anos, para o noso disfrute e o dos nosos fillos.
De pouco servirá xa a rehabilitación que, con máis acertos que erros, acometeuse antes das eleccións municipais, se se perden os grandes exemplares que dan sentido e monumentalidade á praza de Compostela.
Aínda que, pensándoo ben, o que é realmente miragroso é que aínda quede algo vivo na Alameda,  despois de ter soportado o paso, entre outros, de Agustín Arca (O Precursor), Álvarez Salgado, Henrique Vieites, Raquel Díaz ou Ángel Rivas, como concellais de parques e xardíns do concello de Vigo, ou alcaldes de tan fina sensibilidade como Manuel Soto, Manolo Pérez, Pérez Castrillo, Corina Porro ou Abel Caballero. De todos e cada un deles, da súa inanidade e incompetencia, é a responsabilidade de que onte caeran e mañán vexamos cair, os sexaxenarios castiñeiros de indias do noso xardín por excelencia.

1.9.11

II andaina pola protección do Galiñeiro

O domingo 18 setembro faise a II ANDAINA pola defensa da serra do Galiñeiro. Haberá autobuses dende Vigo e dende Vincios.
Máis información na web
Cartaz da convocatoria


Sobre as declaracións de López Chaves (R)

A asociación "A Ría Non Se Vende", remítenos, con rogo de publicación, a seguinte nota de prensa:

Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” as palabras do novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo o señor López-Chaves parécenos lamentabeis, o único que indican é que, como é costume nesta institución, utilizará o seu cargo para defender os intereses das grandes empresas poñendo en perigo, cando se precise, a nosa ría.

Parécenos espeluznante que a saúde da ría de Vigo, un ecosistema fraxil, muito valioso e un dos mais produtivos do mundo, quede a disposición da produción da factoría PSA de Vigo. Unha vez máis estase agasallando cun bem público, fonte de recursos naturais a unha empresa privada. Empresa subvencionada repetidas veces con grandes cantidades de diñeiro público e que cando peche, ben porque quebra ou porque vai para outro pais, en busca de mao de obra barata, deixará unha ría totalmente estragada.

Non lles chegou com sepultar o banco de ameixa máis produtivo de toda a ría cun recheo de mais de un millón de m2, onde faenaban centos de mariñeiros, senon que están dispostos a amplia-lo todo o que faga falta se a Citroën lle convén.

O Señor López-Chaves fala de que non se farían recheos na ampliación das rampas de Bouzas e que agora din deixar en suspenso mentras Citroën non as reclama, mais no “Documento Inicial del Proyecto de Terminal Intermodal en Bouzas Nuevas Rampas ro-ro ”, sí ven especificado a realización de 420.000 m3 recheos, 650.000 m3 de escolleras e de 165.000 a 330.000 m3 de caixóns de formigón, e 180.000 a 300.000 m3 de dragados na Fase I e 250.000 m3 de caixóns de formigón e 390.000 m3 de dragados na fase II. A ampliación proxectada tería unha supreficie total de 71.500 m2.

Unha ampliación portuaria sexa mediante recheos ou mediante caixóns de formigón é un atentado ambiental, xa que altera a dinámica de correntes, perxudicando a todos os ecosistemas da ría. Por outra banda as obras de dragado poñen material contaminante en suspensión e/ou disolución que afectan aos seres vivos, podendo afectar á saúde das persoas que consuman produtos da ría, tamén enturbian o auga o que fai diminuir a produción primaria por merma da fotosíntese, repercutindo na produtividade xeral da ría. Ademais do forte impacto paisaxístico, que provocaría esta obra de levarse a cabo.

En canto á esplanada feita en Rande, destrozando o litoral nunha zona comprendida dentro do espacio natural protexido “Enseada de San Simón” incluído a nivel europeo na Rede Natura, despois de realizar a desfeita danse conta de que carece de conexións viarias adecuadas para o tráfico de vehículos pesados, e polo tanto que non vale para almacenar contentores. Unha vez mais se demostra a falta de previsión que ,sumado ó último fiasco dos silos de Bouzas onde se gastaron 23 millóns de euros para unhas impactantes edificacións que despois a mesma Citroen nunca utilizou, destapan a falla xeral de planeamento que sempre existiu no Porto de Vigo á hora de fazer obras, así como a falta de sensibilidade polo medio ambiente e a ecoloxía da ría.

Cambian os presidentes da Autoridade portuaria, mais a política agresiva sobre a ría é sempre a mesma, ampliar e volver a ampliar, nunca chega o espazo, para logo construir alí todo tipo de edificacións que nada teñen que ver coa actividade portuaria como centros comerciais, edificios administrativos, naves de industrias, campos de futbol, salas de exposicións.... Ou sexa conseguir solo barato destruindo a ría para especular con el.
(R)

25.3.11

Iniciativas contra o cambio climático

A supresión do partido de futbol en aberto que diferentes clubes queren defender cun peche patronal o próximo fin de semana está enmarcada nunha campaña de loita contra o cambio climático. Ademáis de apagar as luces mañán sábado bastantes empresas futbolísticas co Real Madrid en cabeza, queren que moitísimos cidadáns apaguemos os nosos televisores tódolos sábados ou ben que paguemos a GOL TV ou a Canal + que, como ben saben, son canles ecolóxicos cun menor impacto no cambio climático.


16.3.11

Contra a tala de árbores en Vigo

En denuncia do sistemático talado de arborado urbano de mediano e gran porte e das podas salvaxes que se están realizando en Vigo por orde de Abel Caballero, rescato esta imaxe de internet:

29.1.11

A rúa máis bonita do mundo

Aos plataneiros da Doblada, aos álamos de Coia, in memoriam


Adicado ás bestas que están a deixar Vigo sen árbores. Aos/ás miserables que din que lles molestan as ponlas nas fiestras e que serven de coartada para as concelleiras inútiles.
Aos corruptos/as que fan negocio contratando xardineiras e arboriñas que substitúan ás grandes árbores da cidade. Aos reconvertidos da aldea que non soportan unha cidade verde e que non se dan sacudido a bosta dos zapatos.
Ás/aos ignorantes que nunha árbore urbana só ven unha maceta no porche da súa casa de novo/a rico/a, sen saber que as grandes árbores son indispensables para a calidade do espazo urbano e da nosa saúde.
Ao pequeno e cativo alcalde desta cidade, principal responsable das talas sistemáticas e masivas, do terrorismo arbóreo instalado nesta cidade nos últimos anos, posiblemente incapaz de soportar psicoloxicamente un ser vivo máis alto cá el, e autor intelectual da "solución final" para plátanos, arces, acacias, ficus, álamos, chopos, laranxeiras, camelias e demais especies arbóreas con máis de 10 anos de vida, liquidadas sen piedade nas nosas rúas.
A C.Porro que inaugurou a moda da arboriña decorativa no centro de Vigo, á raíña das palmeiriñas do porto, á esquizofrénica das flores, guía espiritual do almirante Caballero no decorativismo urbano. Depositarios todos do gran timonel da peora urbana: añorado Agustín Arca, rei dos volcáns.
Aos/ás que non saben que as grandes cidades sono tamén polo orgullosas que se senten do arborado das súas rúas:  Madrid, Oporto, Berlín, París, onde as vellas árbores son patrimonio urbano mimado e defendido polas administracións municipais e veciñanza.

Aos caladiños veciños das rúas afectadas e ao resto dos acomplexados urbanitas que contempla sen inmutarse o exterminio  planificado da vida verde na nosa cidade, ofrecémoslle o contraexemplo: os valentes, orgullosos e activos veciños da rúa máis bonita do mundo.

Deus protexa ás poucas alineacións de árbores de porte e frondosas que nos quedan en Vigo: están no punto de mira dos asasinos. E todos somos cómplices.

Edición 30.01.11
Hai vida cidadá en Martínez Garrido!


FOTOS: Lucas Pedruzzi
FOTO TALA: La Voz de Galicia