IX ÉPOCA

30.9.06

Porto de Vigo

Bicicletas e tranvías. (REPOSICIÓN)

Nota: O "post" desapareceu por problemas de composición que superan os nosos coñecementos técnicos. Reeditamolo diante das peticións recollidas nos comentarios.
Son moitas as cidades arredor do mundo que adican esforzos e imaxinación á potenciar prácticas maís respectuosas co medio e máis solidarias coas xeneracións vindeiras. Para o noso goberno municipal, sen embargo, estas iniciativas teñen o mesmo nivel que a colocación de macetas colgantes. Por iso, Couto, un deses grises concelleiros de distrito, ven de descubrir un sistema de promoción do emprego da bicicleta que, curiosamente, fora ofertado pola empresa J.C. Decaux o ano pasado. Claro que, como xa comentamos, J.C. Decaux está condenada a non renovar a concesión do mobiliario urbano e , seguro que xa hai un astuto competidor que pode facerse co negocio.
En todo caso, o importante é que promocionar o uso da bicicleta mentras se aproban parkings subterráneos a esgalla ou centros comerciais a tiro de coche, sona a lismona hipócrita.
Hai uns dias, un ex-director da CIA, confesaba que o problema mundial era o enerxético. As guerras, o subdesenvolvemento e a pobreza están relacionados cun uso irracional das fontes de enerxía. Máis cedo que tarde a situación vai mudar teremos que diversificar as fontes enerxéticas e , sobre todo, aforrar. O ex-director confesa que emprega un coche de motor híbrido (eléctrico-gasolina) para ir colaborando.
Os noso gobernantes locais parecen vivir noutro mundo e, supoño, que para eles , iste tipo de razonamentos non lles compete (como a depuradora). En Porriño, por exemplo, van meter nunha furna de cristal blindado catro metros de vía de tranvía, como se de murallas romanas se tratara. En vez de estudiar seriamente a posibilidade de recuperar a antiga via que partindo de Vigo subía a Peinador e de ali, a Porriño, xogan a arqueoloxía industrial. ¿Cantos anos faltan para que se tome en serio a posibilidade de adicar a chamada autovia a Baiona á circulación dun metro lixeiro cunha vía paralela de servicio para as vivendas lindantes?
Adiante coas bicicletas, pero non nos conformamos con tan pouco.
E mentras tanto seguimos pagandolle 840.000 euros anuais polo deposito de coches a Fernández Alvariño.

27.9.06

El PXOM para Cabo Silleiro, ¿eh?


Tras analizar con todo detenimiento el quinto y definitivo set (no hay "muerte súbita") sin que el partido parezca decantarse para ninguno de los dos contendientes, el Comité de Inverosímiles e Inabordables de VIGOBLOG ha tomado una decisión, que consideramos definitiva, y que tiene por finalidad acabar, de una puñetera vez, con el culebrón éste del Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, más conocido como PXOM.
Habida cuenta de que los de aquí les importamos un bledo, como no sea para secuestrarnos el voto y hacer con él mangas y capirotes, a C. Porro y sus secuaces.
Considerando que la tradicional política viguesa viene basándose en la traslación de cosas desde tiempo inmemorial.
Considerando que han dejado por imposible lo de encontrar una ubicación a la nueva depuradora, concebida no sólo para taparnos la mierda que ahora vemos, sino para ocultar la incapacidad de C. Porro & Co de hacer funcionar la que hay, tras no haberse tenido en cuenta nuestra imaginativa solución presentada hace unos días aquí mismo.
Considerando que Vigo necesita un Plan General de una puñetera vez, pero un plan que mire algo más allá de rellenárnoslo todo de ladrillo y Por tela.
Considerando una auténtica chorrada eso de que las discrepancias sobre interpretaciones jurídicas se resuelvan por consenso entre los "juristas" municipales y los de la Xunta...
VIGOBLOG formula, con la más constructiva de las intenciones, la siguiente SOLUCIÓN FINAL (sin necesidad de gas ni de crematorios):
1.- O magosto, para agosto.
2.- Las luces de Navidad, incluso para Navidad.
3.- El PXOM para ¡Cabo Silleiro! ¡Toma ya, Pachi! A ver por donde te sales ahora, ¿eh?
El Comité de Inverosímiles e Inabordables considera que con este traslado se da cumplida respuesta a las necesidades de la troupe Porro-Toba, habida cuenta del escaso censo electoral registrado en aquel accidente geográfico (las gaviotas, percebes, mejillones y cangrejos "queimacasas" no votan), lo que hará escasa también la presumible repercusión negativa en los resultados electorales.
Las ventajas de esta solución son evidentes:
En Cabo Silleiro el mar abierto queda a "unha carreiriña dun can".
En mar abierto se puede echar mierda a esgalla y nadie la ve, ni siquiera la UE.
En la zona no queda casi nada que derribar, nada que conservar, y hay tierra de sobra para torres (ya hay torretas de artillería, con escaso valor arquitectónico), adosados, parques temáticos con Mega Noria incorporada, miradores de horizontes infinitos y no hay problema con los rellenos, que para llegar a Nueva York aún queda lámina de agua a mazo.
Pero la incansable labor del Comité de Inverosímiles e Inabordables de VIGOBLOG, tras encomendarse a Santa Rita de Casia, ha decidido ir aún más allá y, sin coste adicional alguno, ofrece al desconcertado equipo de gobierno vigués y a sus incansables corifeos, otra solución imaginativa para resolver, de una vez por todas, el problema de ubicar la nueva depuradora:
Se traslada a la Fosa Atlántica y "pelillos a la mar", que allí ya hay residuos nucleares y no pasa nada.
Quedaría el problema de llevar la mierda hasta allí, pero también eso hemos tenido en cuenta y habilitamos otra no menos imaginativa solución:
Aprovechando el relleno de Bouzas y la cantidad de barcos que se están quedando sin cargas que trasladar, se habilitará un espacio portuario con estación intermodal para "poner en valor" un sistema permanente de fletes de mierda, cuyo contenido será sistemáticamente arrojado a las profundidades abisales de la mar océana (hemos descartado una conducción entubada porque todos los tubos disponibles están ocupados ahora con la mierda química del Umia y financiar una alternativa resulta problemático).
Lo que se hace público para general conocimiento y efectos. Contra esta imaginativa propuesta cabe Recurso al Pataleo ante el Maestro Armero. O sea, que son lentejas.
Y ya está. ¡Hala!

A ría recibe a nosa merda

Tomada o dia 22 de setembro de 2006. Espigón do R.C. Naútico.

25.9.06

Espabila Pachi

Manuel (Pachi) Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, debe espabilar. Agora promete que fará público o nome das empresas que fan vertidos ilegais. Pois non vai dar abasto. Porque segue emperrado en só controlar aquelas que verten os seus residous directamente aos ríos e ao mar (vertidos sobre os que ten conmpetencia directa a Consellería), pero nada di dos vertidos industriais que representan con seguridade o 99% da contaminación que chega ás nosas rías: os que saen (iso si, máis diluiños) polos emisarios submariños procedentes das depuradoras que non funcionan (entre outras causas, pola interferencia deses mesmos vertidos nos procesos biolóxicos de depuración).
Como temos repetido ata a saciedade, para o caso de Vigo, neste blog, o propio concello recoñece que só controla os vertidos á rede de saneamento (ou sexa, a que despois verte na depuradora e logo no emisario á Ría) dun 10% das empresas instaladas no municipio. De nada servirá controlar aos poucos vándalos que verten directamente por un tubo aos ríos e á ría, se non controlamos aos miles de "civilizados" aos que os Concellos deixan verter sen autorización nin declaración de vertido ás súas tuberías.

Aconsellamos a Patxi que analice á luz das ordenanzas municipais que regulan os niveis máximos de substancias contaminantes autorizadas para cada empresa, un efluente sobre o que ten directa competencia (e que moito nos tememos que carce da regulamentaria autorización de vertido!!): o emisario submariño da EDAR do Lagares. Que non todo é ver os coliformes totais, mentres a ría recibe, procedente da rede municipal de saneamento, cantidades perigosas para a saúde de metais pesados e outros contaminantes industriais que ninguén controla.

Menos propaganda e máis efectividade.

24.9.06

Contaminación: esixir responsabilidades

Vigoblog vén denunciando reiteradamente a contaminación da ría de Vigo e considerándoa como o maior e máis prioritario problema da cidade, dada a grave situacion sanitaria e medioambiental provocada polo inadecuado deseño e mal funcionamento do sistema de saneamento (e non só da Depuradora do Lagares) dependente do Concello de Vigo.

O Faro de Vigo recolle hoxe algunhas conclusións do estudio realizado polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, sobre a contaminación microbiolóxica da nosa ría. Nada novedosas, por certo, pois -como xa informabamos neste blog nun post de xuño de 2006- xa no ano 2001 (!), con motivo das obras de ampliación da EDAR da xunqueira do Lagares, se recollía nos medios de comunicación, a denuncia da Universidade de Vigo de que non se incluía nesas obras un proceso fundamental contra este tipo de contaminación: o de desinfección.

Naturalmente ninguén lles fixo caso e durante anos -ata que non actuou contundentemente a Unión Europea cun procedemento sancionador multimillonario- "responsables" técnicos e políticos do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, ocultaron conscientemente a grave situación, máis ocupados de gastar os recursos públicos en actuacións decorativas e populistas, mentres se vertían ao mar millóns de metros cúbicos de augas contaminadas.

Para máis inri, dende que os veciños da Xunqueira do Lagares denunciaron os cheiros derivados do mal funcionamento da Planta depuradora, nin decenas de miles de euros gastados en estudios e parches por Concello e Xunta, lograron que se nos dixeran as causas reais da situación, desviando a atención cara á construcción dunha nova EDAR, para non ter que asumir as responsabilidades derivadas dos anos de mal funcionamento da existente.

Infelizmente o estudio da Consellería (canto menos no recollido no Faro) céntrase na contaminación microbiolóxica, e, no tocante á industrial, soamente cita os vertidos directos á ría de 24 empresas. Nada se di dun elemento básico para entender a contaminación por metais pesados e o propio mal funcionamento dos procesos biolóxicos da EDAR do Lagares: o vertido sen control nen autorización da inmensa maioría das industrias viguesas aos tubos da rede municipal de saneamento. Deixa así fóra do seu estudio estes vertidos indirectos, cuxo control é de competencia municipal, e que son determinantes para a análise das causas da contaminación. Parece que ninguén se atreve a poñerlle o axóuxere ao gato da descontrolada industria local.

Hai responsables desta gravísima situación sanitaria e ambiental ocultada conscientemente durante anos. As súas responsabilidades deben ser depuradas. E os cidadáns de Vigo e Galicia, especialmente os seus responsables veciñais e políticos, deben esixilo, en lugar de adicarse a marear a perdiz eleitoraleira adornándoa con flores, plans parroquiais e miles de metros cadrados de asfalto e beirarrúas sen fin.

"coliformes totales" (mierda con forma y color)

La ría convertida en cloaca. Del retrete directamente a la ría, tal cual nuestras heces llegan a la bahía. Así lo cuenta hoy el Faro de Vigo en la página 2 y 3 (en numerosas ocasiones este blog publicó fotografías de los 'marrones'). El candor y/o dulzura de cómo Faro de Vigo lo cuenta produce sonrojo. Para mitigar la incompetencia de nuestros ediles el Faro de Vigo hace un recuento de todos los ayuntamientos que vierten sus aguas infectadas al mar, y lo hace de una manera depurada, aséptica; como si el atentado ecológico fuese un asuntillo de menor cuantía. ¡Qué bien filtra el Faro de Vigo! Y como quien no quiere la cosa va y coloca una fotografía idéntica a la que sirvió de base a Corina para presentar la depuradora de Cabo Silleiro (dicho peródico nos considera tontos); una manera de apoyar solapadamente ese descabellado proyecto.
"Dentro del área de Vigo —Faro de Vigo dixit— los técnicos tienen bien localizados los puntos que presentan una mayor concentración de coliformes totales [turullos o zurullos]. Así, señalan 'dos aliviaderos de aguas residuales urbanas del colector de margen de ría que atraviesa instalaciones portuarias'. Midieron bolsas de hasta de 140 y 80 millones de unidades fecales por 100 miligramos de agua.". Lo que se dice: mierda a raudales flotando en la bahía.
Y mientras tanto, mierda y más mierda —"coliformes totales" quiere decir: guardando color y forma, ¿no? — da ambiente ¿y alimento? a los pescaditos y mariscos 'de la ría' tan solicitados.
Escandalosa es la ineptitud de la corporación municipal, escandalosa la manera que tiene Faro de Vigo de dar la noticia y también escandalosa la indiferencia ciudadana ante este desastre medioambiental.

23.9.06

Estúpidos

Lendo esta nova, só hai dúas posibilidades: ou os protagonistas da mesma son estúpidos, ou crén que os estúpidos somos tódolos demais.
O comité de investigación de Vigoblog, tras unha deliberación de escasamente un segundo, e á vista das múltiples, sistemáticas e caras jaimitadas destes personaxes pagados con fondos públicos, optou, por maioría, pola primeira posibilidade.
Un voto particular afirma que se trata sinxelamente dos típicos jetas.

20.9.06

Colocamos a depuradora e agora, a polos vertidos

Ante a manifesta incapacidade do goberno local, o gabinete técnico de Vigoblog ven de elaborar unha proposta de ubicación da nova ( e na nosa opinión inxustificada) estación depuradora.
O marco de partida do noso estudio é o seguinte:
1. A EDAR é unha instalación preferente polo que procede un proceso de expropiación de terreos.
2. A nova EDAR será construida con tódalas garantías técnicas polo que o seu funcionamento non terá repercusións contaminantes na zona. Ainda así, e en previsión de posibles molestias, a zona debe estar suficientemente lonxe de zonas de vivendas.
3. A superficie estimada anda arredor das 6 Ha (ocupación da actual EDAR do Lagares) e , por suposto, moito menos das 10 Ha de cabo Silleiro.
4. A zona debe ter fácil acceso á rede de colectores para que as posibles estacións de bombeo sexa innecesarias ou mínimas.

A zona elexida é a limitada pola carreteira de Baiona e o rio Lagares, a partir do remate da Avd. Portanet. A superficie sinalada na foto é dunhas 12 Ha. Só a parcela que ocupa Vitrasa ten 5,5 Ha.

Conclusión: Como a depuradora vai funcionar ( si Figueroa, si, hainas que funcionan) non necesitamos mandala ó monte como decía o Faro. Se se vai facer unha cidade do frio para deixar beiramar a disposición das torres, tamen se pode facer unha cidade do autobús e levar Vitrasa. E iso, en caso de non chegar a acordos coas outras empresas. Supoño que a estas alturas todos, incluido o fuxido Toba, estarán de acordo que isto é mais importante que catro torres de nada.

En definitiva, que solucionado este enoxoso asunto gracias á nosa proverbial perspicacia, é hora de pasar os asuntos graves, ou sexa, o control dos vertidos industriais que, unha vez máis foron sinalados como o "verdadeiro problema" nun foro pouco sospeitoso. Asi que, fagan un censo de industrias actualizado, depuren os servicios municipais empezando polo xefe do laboratorio , e comencen un servicio de inspeccións serio. Hai competencias, Sra. Porro, non ten por que esperar pola área metropolitana para velar pola saúde dos vigueses e salvar a ría. E deixe de marear.

18.9.06

Por un litoral de la isla de Toralla de uso público

Para Mallorca y Toralla, igual para todas las islas del país, solicitamos igualitario tratamiento urbanístico de su litoral.
El Ministero de Medio Ambiente ya tiene listo un proyecto para construir un paseo a través del litoral de una urbanización de millonarios que tienen privatizado dicho litoral en la isla de Mallorca.

Conviene que en la isla de Toralla también comiencen a aplicar la Ley de Costas de 1988 que impide construir en la primera línea de litoral y para las construcciones anteriores fija la posibilidad de uso durante unos años en régimen de concesión.


En la isla de Toralla está prohibida la entrada a los no residentes. Las construcciones de chalés privados lindan con el mar. No dejan ni transitar por las calles comunes.


Por un litoral de la isla de Toralla de uso público. La situación actual del litoral de la isla de Toralla es anticonstitucional.

Manifesto cidadán polo PXOM de Vigo

Recollemos este Manifesto dirixido ao Presidente da Xunta sobre o PXOM, via o blog de Pablo González Concello de Vigo.

Parece que abren Vigo al mar

Parece que están abriendo Vigo al mar. No; es momentáneamente; enseguida lo cerrarán de manera bien contundente y de paso se han cargado una de las señas identitarias más notables de la ciudad. (A los que 'mandan' les importa poco ¿será que residen en Toralla o de Canido 'pallá'?).


¡Qué bonito!

El pasado sábado la dársena del Náutico, liberada del 'aparcamiento' de barquitos ofrecía esta espléndida panorámica.
Si los coches los 'aparcan' bajo tierra ¿por qué no hacen lo mismo con los barquitos particulares?

Desde el puerto de transatlánticos

Bueno, pues... una vez que hemos dejado atrás las edificiones varias así podemos disfrutar de la bahía: entre rejas.

17.9.06

Sí, hombre sí. Que sí, que Vigo tiene mar

Esta panorámica tomada desde la fachada del convento de San Francisco en la rua Santa Marta, a buena altura sobre el nivel del mar —¡sin agacharme!— muestra la entrada a un polígono industrial creado en el puerto pesquero, delante del barrio marinero del Berbés, y detrás del cual hay una preciosa ría ¡se lo juro caballero!

Detrás de todas esas naves industriales hay una bahía espléndida a la que la ciudad de Vigo ya muy malamente logra asomarse. No se preocupen, es una situación transitoria, pronto instalarán una noria al lado del edificio de la Xunta, en Montero Ríos, y entonces...


ya no habrá problema para disfrutar de una amplia vista sobre la bella bahía que ahora queda justo ahí detrás de todas esas naves industriales.




Desde Camelias -¡sin agacharme!- tenemos este trozo de ría a la vista y desde el Castro, entre árboles, podemos disfrutar de los centímetros de mar que muestra la fotografía.
Vigo sí tiene mar, difícil de verlo, pero sí que lo tiene.

16.9.06

Sra. C. Porro: déjese de óperas y opere...

... opere de alcaldesa.
Sra. C.Porro, ya está usted montando un comité de asesoramiento que se dedique a contratar óperas para el auditorio que se está contruyendo en Beiramar el cual se inaugurará en 2009 o en el 2010, y no debería ser así (no me haga usted como con lo de la depuradora de Faro Silleiro).
Sra. C.Porro, lo correcto sería contratar un director/directora de ese espacio operístico cuyo cometido sería diseñar una programación y coordinarla. Los espacios 'culturales' tienen que ser dirigidos por personas capacitadas. Sus procedimientos son de un paternalismo o maternalismo ruborizante. Un auditorio como el que van a construir donde ahora están demoliendo una de las señas más relevantes de la ciudad, debería tener ya nombrada una dirección que fuese diseñando sus actividades; ésta es la manera profesional y de rigor de hacer las cosas. Por cierto ¿contendrá este auditorio un palacio de ópera?.
Sra. C.Porro dedíquese a hacer política, a consensuar las necesidades de la ciudad; busque un lugar en este ayuntamiento para ubicar la depuradora y negocie con justicia con los más afectados. Será la mejor manera de salvar la ría. Opere en sus funciones de alcaldesa y déjese de dirigir óperas y/o auditorios que para estas tareas ya hay personas bien capacitadas esperando tener a quién presentar su curriculum vitae.
Sra. C.Porro, sus maneras de hacer resultan demoledoras a más no poder.
Una ciudad tan industrial —que personas como usted y usted misma están convirtiendo en ciudad de servicios— se merece más rigor profesional.

15.9.06

¡Publicitando ideas peregrinas!

El pasado domingo, día 10, en la página 15 de Faro de Vigo aparece un anuncio del Ayuntamiento de Vigo bajo el lema 'Salvar la ría' y una ilustración que recoge la propuesta de Corina Porro de instalar la depuradora en Faro Silleiro.
La idea de Corina Porro está bien que la publicite en prensa, pero de su bolsillo, pues es SU idea.
Dicha página de publicidad, a color, en página impar cuesta —a todos nosotros— 7.100 euros más IVA (ver tarifas de publicidad en Faro de Vigo).
Y el día 7 de los corrientes, jueves, otra página a color en el mismo diario bajo el lema 'facémolo por ti' en la que nos cuenta el Ayuntamiento de Vigo la de miles de metros cuadrados que tenemos de playas. Es decir otros 7.100 euros más IVA que también nosotros pagamos.
¿Hasta qué punto es legal este gasto?
Una cosa es informar y otra anunciar/publicitar 'ideas' personales que rápido peregrinan a la papelera; pues Corina Porro, ahora vuelve a decir que la depuradora de las narices (olores) hay que ponerla en el relleno de Bouzas. Es decir: 7.100 euros más IVA —de los nuestros— a la cloaca.
¡Las elecciones municipales están muy cercanas!

...cuando a los vigueses no les engañen ni Dios

Moin ben, Pachi. Así de rotundo. Pero no patio non parece que che fagan moito caso os rapaces. Chema dí que quere seguir coa pelota en Baiona, Abel que non lle toquen á súas e Perli xa non sabe o que dí. Polo visto, o cambio de castigo que acordachedes - cumplir a lei pola vía rápida en vez de pola lenta- non aclara nada a cousa e, moito me temo, que ós vigueses estamos, non sei se engañados, pero, seguro, abraiados de tanta incompetencia.

O problema do saneamento é o máis grave co que se atopa ó conxunto da Ría de Vigo. Pero é a cidade de Vigo a que ten a maior responsabilidade na xestión da desfeita. E un dos erros máis graves consiste en reducir o problema á construcción dunha nova depuradora. Como temos repetido moitas veces neste blog, as causas da deficiente depuración de augas en Vigo son:
- a inexistencia de redes eficientes e separadas para augas pluviais e fecais.
- a irresponsabilidade do concello no control de verquidos industriais
- a irresponsable xestión da EDAR do Lagares

Estamos fartos xa do xogo tonto do goberno municipal tratando de pasar o tema á Xunta. Estamos fartos de ver como a alcaldesa agacha detrás de frases rimbombantes como que o importante é salvar a ría ( Poña a traballar as inspeccións e cale, por favor!) Estamos fartos da ignorancia de Chema Figueroa asegurando que os verquidos da depuradora deben ir mar adentro ( sabe o que é unha depuradora que funcione ou pensa que todas son coma os do Lagares?) ou cando mide o impacto ambiental polo número de luces prendidas nunha correría nocturna por Silleiro. Estamos fartos de que hoxe haxa que explicar, outra vez o que se dixo onte. Estamos fartos de que Vietez considere o saneamento como un feito puntual pero que o relevante sexa aprobación do PXOM. Ou sexa os ladrillos. Estamos fartos dos apaños legais para salvar irresponsabilidades.

De acordo, Pachi, que non nos engañe nin dios, pero nin dios eh?.

12.9.06

Asociacións de veciños.

Non se pode decir que as asociacións de veciños vivan os seus mellores momentos. As súas polémicas intervencións na tramitación de PXOM, o apoio á Corina coa depuradora e outras iniciativas pintorescas fan sopeitar que o movemento veciñal ten deixado o seu papel representativo das inquedanzas cidadáns.
Como exemplo, invítolles á adiviñar en que edificio dos dous da foto, ten os seus locais a asociación de veciños de Bouzas.

9.9.06

Pásao



Via bouzasmóvete.org

Cousas que din outros

José Ignacio Arribas Echeveste, presidente en Navarra do Colexio de Arquitectos Vasco-Navarro, en entrevista no Diario de Navarra o 15.08.2006



Javier Marías, en "Los villanos de la nación" artigo de El País semanal de 3.09.2006:

(…) Lo cierto es que cada vez hoy oigo o leo las palabras “constructor inmobiliario” y “alcalde”, y en menor medida “empresario de obras públicas” y “consejero o responsable autonómico”, me llevo la mano al bolsillo con dos fines simultáneos: uno, comprobar que no me falta nada; el otro, no correr peligro de estrechársela, por un acto de educación reflejo, a quienes siento que me la mancharían. E insisto, no creo ser el único español con semejantes prevenciones o alergias.

Yo no sé si los buenos y honrados constructores y alcaldes, empresarios de obras públicas y responsables autonómicos –los habrá, sin duda– son conscientes de que sus respectivos gremios se han convertido en la hez del país, y sus componentes en los más detestados y despreciados por los ciudadanos decentes: en los villanos de la nación, en los más desacreditados, quizá dentro de poco en los apestados, desde luego en los que más vergüenza causa tener cerca

(…) Las recalificaciones de terrenos son hoy tipo relámpago, y cada poco nos enteramos de que el negocio inmobiliario está plagado de ex-ediles, ex-concejales, ex-autonómicos y ex-cuñados, gente de la que ha dependido a veces, apenas un par de años antes, la revalorización arbitraria y desmedida del suelo.
Esa es la percepción, lo siento. Dos o cuatro gremios llenos de mangantes se están cargando el país, para forrarse, y el Estado mira y consiente. Hasta las sospechas de muchos incendios van en esa misma dirección, en la de los villanos. Falta poco para que los ciudadanos vulgares como yo establezcan el vínculo último, archiconocido ya en Italia: allí es del dominio público que la Mafia, la Camorra y la ’ndrangheta (sin mayúscula, por favor, en contra de lo que este diario cree) se han centrado en la construcción inmobiliaria desde hace años, como negocio “limpio” preferido. Lo malo es que ya lo han ensuciado, aunque yo creo que menos que aquí, o acaso lo han hecho sin que se notara tanto. En España, por desgracia, para ver por doquier a mafiosos mangoneando ni siquiera hace falta que se hayan organizado. Van por libre y con carta blanca.

7.9.06

A técnica e a política. Depurando.

Curioso, moi curioso o emprego do “carácter técnico” das decisións que tanto Concello como Consellería veñen subliñando nas últimas intervencións respecto da ubicación da depuradora. En primeiro lugar, teremos que recordar que toda decisión técnica faise dentro dun marco político e condicionado por unha ou outra opción. Non pode ser doutro modo porque senón teriamos uns “políticos” que só serverían para inaugurar e botar discursiños. Lembren os mais vellos que ise discurso dos técnicos era moi querido polos membros do Opus que tomaron o Goberno franquista no enésimo crepúsculo das ideoloxías. Pero é que ademaís, CIISA, a empresa que elabora o informe - ¿solución? – do emprazamento recibe directrices da propia alcaldesa como candorosamente recoñecen no seu propio Xornal. Non é certo por tanto que se limite a un encargo a unha “buena ingeniería”. E non podía ser de outra forma, ou acaso decidiu CIISA o ambito da actuación? Loxicamente, a decisión trascendental de resituar o problema a nivel metropolitano, non é unha decisión técnica puramente.

Hai que dicir que, non é malo o enfoque. A verdade é que este problemas deben ter decisións articuladas a diferentes niveis mesmo ata chegar ó planetario, como no caso do Protocolo de Quioto. Agora ben, o presumible espiritu metropolitano de C. Porro e o seu equipo, aparece despois de lle ser negada a ubicación no porto e a a posibilidade de que fora a Xunta que decidise dentro da cidade. E, por se quedaba algunha dúbida, o seu proceso de elaboración, sen consultas co concello máis afectado, demostra que os obxectivos publicitados non son os obxectivos reais.
O estudio que, unha vez máis, coñecemos con máis detalle, a través do depositario de exclusivas Faro de Vigo, ten a etiqueta de previo e non se pode xulgar á lixeira. Sen embargo, parte dun principio moi discutible, que é o caracter centralizado da instalación. Co pretexto de “salvar a ría” – e digo pretexto porque ata o de agora, con competencia e medios, C. Porro fixo ben pouco por salvala- preséntase coma vantaxe a emisión en mar aberto e de aí a súa ubicación en Silleiro. Precisemos, por tanto: na boca da ría. Temos que supoñer que CIISA terá feito un estudo de correntes que aseguren a dispersión cara a fora, porque o que si parece ter claro C. Porro é que o que saia da depuradora vai ser contaminante! Curiosa asociación inducida pola experiencia da EDAR do Lagares: depuradora = mal funcionamento. A estas alturas C. Porro e Chema F. deberían saber que hai depuradoras que funcionan ben.
A centralización de calquer servicio faino moi vulnerable e os impactos das averías multiplicanse. Lembren o debate existente sobre o tratamento do lixo na planta de Cerdeda. Sería interesante saber, tamén, se economicamente a construcción do megatunel ademáis de ser un bo bocado para as empresas, é mais barato que a separación de pluviais e fecais e o control de verquidos industrias, que podería redimensionar as necesidade de depuración.
A verdade é que este asunto cheira a manobra política sen depurar, iso que chaman regate curto, é dicir, a irresponsabilidade ante ós cidadáns. Porque, do que se trata é de fuxir da toma de decisións impopulares e de deseducar os cidadáns que desta maneira poden pensar que a súa merda é problema de outros. Hai que lamentar que neste camiño, a Federación vecinal, máis atenta ós seus propios intereses corporativos, apoie a solución sen máis debate. Tampouco Touriño , nen o Conselleiro de medio ambiente poden escudarse en contestación técnicas. Alguén ten que facer POLITICA e resolver os problemas dos cidadáns.

Trasladan Casa Mar a Bouzas (bajo sus aguas)

Sumergen el cuerpo del delito. El edificio Casa Mar lo van, en trozos, a ocultar en las aguas de Bouzas para aumentar el relleno y acortar así distancias con la península del Morrazo. Tal vez después con un puentecito... paseando lleguemos todos a Barra en unos minutillos.
Geniales, son geniales.

6.9.06

"Parajodas" (estooo, paradojas)


En fin, qué podría decirles yo que no diga esta batería de carteles fijados a la verja de entrada de una estación de distribución de gas, de la empresa Enagás. La "parajoda" de la cuestión es que esa instalación tan protegida por prohibiciones de todo tipo esta PEGADA (sí, sí, pegada) al almacén de Brenntag que el viernes, 1 de setiembre, ardió por completo a un par de kilómetros de Caldas de Reis.
Para que luego digan que no había planes de emergencia, ni previsiones para cualquier "anomalía".
Por si la ampliación de la foto no lo deja claro, ahí van los contenidos textuales de los previsores cartelitos, de izquierda a derecha:
"PROHIBIDO HACER FUEGO"
"PELIGRO ALTA TENSIÓN"
"PROHIBIDO FUMAR"
El blanco, debajo, dice:
"PROHIBIDO USAR EL MÓVIL".
Y, a la derecha de la foto, debajo del que anuncia que se han empleado fondos europeos para la ocurrencia, pone:
"EN CASO DE ANOMALÍA LLAMAR A LOS TELÉFONOS..."

Los árboles del fondo son los que hay a la orilla del río Umia, víctima de una "anomalía" reglamentaria.

Para mejor comprender la situación, conviene decir que Brenntag se instaló junto al río hace 23 años. La planta de Enagás y la gasolinera que hay adosada al otro flanco, se instalaron después. Ah, por si no llegara con el despropósito, conviene decir que la carretera N-604, que une Caldas con Vilagarcía, discurre a dos metros de esas industrias.

¡Fascinante!, ¿no?¿Se necesita algo más para ver cómo los intereses económicos de algunos prevalecen sobre el bienestar y la seguridad de todos?

El gran reto del milenio

La creciente oleada de inmigrantes africanos hacia las costas europeas pone en cuestión el modelo de desarrollo que viene disfrutando lo que damos en llamar 'primer mundo'. Los interrogantes comienzan a importunar el sueño de las grandes economías; la ansiedad nos impide disfrutar de los privilegios que no sin violencias y guerra tras guerra hemos ido acaparando en los últimos siglos.
La ONU debe repensar el modelo al que están sujetos los intercambios comerciales entre los pueblos. El alto grado de interdependencia alcanzado entre todas y cada una de las partes del planeta merece un tratamiento más equitativo.
El primer mundo sin petróleo, ciertos minerales, madera, y no pocos alimentos procedentes de enormes áreas subdesarrolladas no podría mantener su alto nivel de consumo. Las políticas económicas proteccionistas desbaratan la naturaleza democrática de los mercados.
De no reconsiderar la equidad de los intercambios comerciales y adecuarlos a valoraciones más justas, las navegaciones en cayuco hacia el primer mundo se incrementarán de tal modo que la ansiedad quebrará la placidez de nuestra insolidaridad. El aire y las aguas sí que reparten muy equitativamente por todo el planeta la contaminación de la frenética actividad del primer mundo. Así nadie quiere quedarse fuera de este 'paraíso' y vendrán y vendrán en cayuco, patera o en ala delta.
El drama de los grandes desplazamientos humanos en busca de una condiciones de vida minimamente soportables es hoy el gran reto al que todos nos enfrentamos.

¿Por qué no?

Se aproximan las elecciones municipales. Y mientras se vacían los embalses (Galicia consume el doble de agua por habitante que el resto de España) y lo único que comienza a llover son proyectos-promesa para florear problemas persistentes.

DEPURADORA-PUERTO-MIRADOR-RESTAURANTE
Podrían refundirse varios megaproyectos en uno sólo de modo que se ahorraría un montón de pasta, también en publicidad: puerto-depuradora-mirador-restaurante en una sóla edificación en medio de la ría ¿se lo imaginan? El taller del arquitecto Norman Foster seguro que diseñaría para la ocasión una solución emblemática. Es una idea, tan fundamentada como la del auditorio en Casa Mar por ejemplo.

5.9.06

Vigo en estado puro

Innovación no Verbum

Cursos de iniciación e perfeccionamento de galego no Verbum

Debemos rectificar. Parece que o Plan de renovación prometido polo concelleiro de cultura López Chaves (fillo) e o director dixital do Verbum, Lois Cea, funciona, aínda que sexa tan virtual como a propia Casa e o seu contido.

Ademais tamén a Cafetería-restaurante que dirixe o competente (este si) empresario de hostalería Guillermo Herrero, funciona.

E é que sempre andamos a queixarnos.

Foto: xornal.vigo.org

3.9.06

Merda con control de calidade

De tódalas contaminacións que ultimamente asulagan esta nosa vida, non me parece a menor a que trata de facernos crer que son accidentes imprevisibles en instalacións que contan con "todalas garantías posibles". O incendio da planta da empresa Brenntag en Caldas acaba de soltar por terra, auga e aire unha chea de productos perigosos. Pois ben, vexan que fachendosos se presentan na citada empresa cando aseguran:

Con fecha 13 de Diciembre de 2004, la planta de Brenntag Química en Granollers (Barcelona) ha sido certificada por Bureau Veritas Quality International (BVQI) con la ISO 14001. En esta misma fecha, nuestra planta en Caldas de Reyes (Pontevedra) ha sido recalificada, obteniendo asimismo una nueva certificación ISO 14001.

Comprometidos activamente en la protección del medioambiente, nuestras instalaciones están certificadas con las Normas ISO 9001:2000 e ISO 14.001 por BVQI y estamos adheridos desde 1998 al Compromiso de Progreso Responsible Care.

Por enriba, din que están co desenvolvemento sostible!!!.
A propaganda convertida en fraude.
Como os das compañias certificadoras. Canto vale unha ISO? Supoño que miles de euros para a empresa e... para os cidadáns?

Para dar saida ó cabreo en Vigoblog enviamos un comunicado a Responsabile Care - un tinglado das empresas químicas que ule a lavado de cara- solicitando que os dean de baixa. É moi facil, basta con ir á paxina referenciada e premer en Contact us. A nosa mensaxe foi:

"Dean de baixa a Brenntag por agresión grave ó entorno.
Throw Brenntag out of your organizatión."


Podese enviar copia a belen.ruiz@brenntag.es que ven sendo a relacións públicas da empresa en España. E tamén ós amigos para que o reenvien.


Sobre as responsabilidades da Consellería de Industria e Medio Ambiente teremos que falar tamén.

1.9.06

Caray con la rentrèe

Jolín, cómo ha entrado setiembre, el cual, como es sabido, con abril, junio y noviembre, tiene 30 días; 28 o 29 tiene otro, que es febrero, y los demás, 31. Parece que hemos llegado todos cargaditos de ganas de cualquier cosa. Los colegas de aquí, a la que se han quitado la camiseta y los "bermudas", venga a inundarnos. Los que nos leen (encantado de saludarles), venga a darle a la tecla, unos con más argumentos, otros con menos, pero todos a la faena.
Está bien así, que todos ganamos con lo que entre todos largamos. Pero, como diría el portugués del chiste, "¡organisaçao!". Por ver si puedo echar una mano en el tumulto, ahí va una sugerencia: ¿Qué tal si todos los que hacen los comentarios se identifican en ellos? No me refiero a que remitan el nombre y dos apellidos, con el DNI entre los dientes y exhibiendo el certificado de empadronamiento. Aquí, como es obvio, valen los seudónimos y nadie está obligado a identificarse. En otros foros se regula el acceso, pero nosotros hemos preferido arriesgarnos y ponernos en las manos de quienes quieran intervenir. Se trataría, entonces, de HACER USO DE LA SEGUNDA OPCIÓN QUE OFRECE EL ENLACE DE LOS COMENTARIOS, ACTIVAR EL REDONDELITO DONDE PONE "OTROS" Y CUBRIR EL RECUADRO CORRESPONDIENTE CON UN NOMBRE CUALQUIERA. De esta forma, en los debates que se produzcan, cada uno podría dirigirse a quien le interesara, y éste sabría qué comentarios ha suscitado su intervención.
Es sólo una sugerencia, ¿eh?, no una injerencia.
¡Salud! y ocasión de disfrutarla.

Modelos de cidade

En poucos dias comenzaremos a escoitar falar da ausencia de modelo de cidade. Son verbas preelectorais que uns botan á cara dos outros sen decatarse que todos teñen un modelo na súa mente.
O dos nosos gobernantes actuais non está moi elaborado e responde as características da familia acomodada de hai... polo menos corenta anos!. A casa típica de entón - a cidade agora- contaba cun fermoso salón reservado para as visitas. Ali estaban os mellores mobles e adornos diversos. A vida facíase no "cuarto de estar", revelador nome non me negarán, donde só entraba a familia e á xente de confianza. O salón era para os de fora.
Cunha linguaxe reestilizada, a nosa rexidora, fala de Vigo como unha cidade de ocio atractiva para o turismo. Por iso, crendo que isto ía encherse de visitas con motivo dunha tal Volvo, decidiu engalanar aínda máis o salón. Macetas, flores frescas, un mellor parqué, lámpadas de deseño foron colocada con presas. Agora o Sr. Caballero, preocupado pola impresión que pode dar está cidade ás visitas trasatlánticas, trata de embelecer a súa parcela de salón. Mentras tanto a vida faise no cuarto de estar (Teis, Cabral, Travesía de Vigo, Florida, Beade, Matamá,...)
Por se teñen dúbidas vexan as declaracións do inefable Figueroa que, nun arranque de sinceridade, confirma o modelo e reedita un antigo costume de levar os trastos vellos para a aldea, que ali vale todo.
"De haberse aplicado ese sistema en el anterior contrato, ahora el Ayuntamiento dispondrá de marquesinas muy útiles para las parroquias" As tales marquesinas "muy útiles" son as que hoxe está no centro que serán modernizadas se trunfa a cruzada contra J.C. Decaux.
Para outros, os que redactaron o Plan por exemplo, o modelo é o do arquipélago. Conciben , e fan, Vigo como ducias de illas comerciais e minicidades -auga,deporte-, a donde temos que navegar cadaquén co seu navío, para comprar, ir ó cine, sacar ós nenos, nadar ou facer deporte. Isto asemellase máis a unha residencia donde, salvo as necesidades máis inmediatas -dormir, asearse, ¿comer?- , o resto das actividades esixen desprazarse a lugares centralizados donde "vivir". O Sr. Caballero vense de apuntar tamén á moda.
Contra istes modelos insatisfactorios de cidade, Vigoblog seguirá chamando á folga de cidade - boicot ó salón- que con tanto exito vense levando a cabo tódolos domingos. Iste movemento popular, democrático, independente de poderes fácticos - tamén chamada sociedade civil na confusa versión do Faro de Vigo- produce ademáis efectos beneficiosos xa sinalados neste blog: a explosión multicultural. O centro para os máis perífericos.

Evolución de cruceristas y trasatlánticos en la ría de Vigo

Pasajeros en tránsito [cruceristas]:

- año 1980....... 26.491 cruceristas
- año 1990....... 17.953 “
- año 2005....... 131.536 “

Trasatlánticos en tránsito:

- año 1980....... 35
- año 1990....... 28
- año 2005....... 100

Datos de la misma fuente de ‘tráfico local’ (revista fundación Provigo ya citada).


365 días (año).... algo más de 2/3 el muelle vacío.
- Tiempo medio de permanencia en puerto.... 10 horas.
- 100 días del año.... 14 horas el muelle vacío
- 265 días al año..... 24 horas el muelle vacío

Llegan a puerto sobre las 9 am y regresan hacia las 4 pm.
Desayunan antes de las 9 am y cenan hacia las 7 pm.

Los ‘cruceristas’ viajan con pensión completa.
Como suelen ser ‘nórdicos’ desayunan y cenan a bordo; a medio día con una manzana y una botellita de agua van sobrados.

Unos cuantos cruceristas (no sé cuántos) desembarcan del trasatlántico y en breves instantes embarcan en autobuses hacia Santiago de Compostela.

De la economía que generan estos cruceristas nada informan los organismos competentes.

Evolución del tráfico local de la ría de Vigo

El tráfico local de pasajeros transportados en la ría de Vigo:

-año 1980........... 3.351.000 usuarios
-año 1990........... 2.233.000 “
-año 2005........... 1.149.331 “

Datos de la Autoridad Portuaria publicados en ‘Observatorio socio-económico de Vigo y su área’, revista que edita la fundación Provigo, en su número 23 correspondiente a mayo de 2006, página 19, gráfico 30.
(Esta fundación la preside la sra. Corina Porro, su secretario es el sr. Fernández Alvariño y su tesorero el sr. Fernández Gayoso).

¿Para qué, entonces, tanta ría? podría ser una de las razones para rellenar y rellenar.