IX ÉPOCA

30.5.09

Nunca fue fácil nada


En la planta baja del museo MARCO se muestra una obra de Santiago Sierra. El comisario es el propio director del museo, Iñaki Martínez Antelo.


El diccionario de la Real Academia Española dice para museo:

(Del lat. musēum, y este del gr. μουσεῖον).

1. m. Lugar en que se guardan colecciones de objetos artísticos, científicos o de otro tipo, y en general de valor cultural, convenientemente colocados para que sean examinados.

2. m. Institución, sin fines de lucro, abierta al público, cuya finalidad consiste en la adquisición, conservación, estudio y exposición de los objetos que mejor ilustran las actividades del hombre, o culturalmente importantes para el desarrollo de los conocimientos humanos.

3. m. Lugar donde se exhiben objetos o curiosidades que pueden atraer el interés del público, con fines turísticos.

4. m. Edificio o lugar destinado al estudio de las ciencias, letras humanas y artes liberales.

---------

Bien. Todo lo sólido se disuelve en el aire. Parménides sintió pavor al constatar que todo es uno. ¿Podremos salir del espectáculo? Sabemos ya que lo virtual es otra modo de manifestarse la realidad. Bien.

De las acepciones para museo en el DRAE, a no pocos de los jóvenes museos de arte contemporáneo, tan sólo podemos adjudicarle la tercera; y con cierta dificultad. No lo tuvo fácil El Greco, ni Cézanne, ni Cage... sí, infinita la nómina, ¡Joan Miró lo sigue teniendo muy difícil para muchísimas personas!

Necesitamos un mínimo de orden; cada época tiene su propia definición de orden (cuando menos para no tropezar los unos con los otros, sean estos unos y otros seres vivos o inertes).

¿Que hacemos después de visitar esta muestra de Santiago Sierra? Pero, hoy, en Vigo ¿es posible salir de esta instalación? ¿Será q

ue Santiago Sierra está actuando en toda la ciudad?

¿Será que no pocos de estos museos de arte contemporáneo que en los últimos veinte años ha proliferado como hongos por toda la península están en manos de animadores de espectáculos infantiles?

No es descabellado el pedir que a este espacio expositivo se le retire la palabra Museo. Lo de mostrar lo que requisa nuestra policía en el museo ¿no es realmente —y virtualmente— una deslocalización? (¡Démosle ideas a Citroên!).

No se trata de mostrar el proceso del artista en el museo ¡no es el lugar! Al igual que usted no debe circular por la izquierda.

La sociedad está enferma, pero no tanto, señor Martínez Antelo, no tanto. O, no es esta la manera de librarnos de la angustia de un yo insaciable.

Hay cosas, seres, lugares y manera de conjugarlos. Buena parte de la ciudad, beirutizada, es más expresiva que esta inocua exposición de Santiago Sierra (pena que no actuase este artista, también, en la falda del Castro: esa cruz... ¡qué cruz!); por supuesto, tiene este artista otras piezas más elaboradas, incluso mentalmente. En esta obra, sinceramente, falló el artista, y usted, como comisario. Acertó usted, en, por fin, comenzar con las muestras individuales.


Gracias por las fresquitas cañas; no pierda la costumbre.


(De lo que hay en la segunda planta... hablaré aquí otro día).


29.5.09

Tri-zas

Esponsorizados por Unicef (regálanlle o espazo desexado por calquera publicista á organización mundial de apoio á infancia), xogan cunha base de rapaces que se coñecen dende moi novos e calquera diría que gostan máis dos baixiños e con pouco corpo.
Con eses estrambóticos bimbios acaban de facer anaquiños ao resto do universo futbolístico que aposta polos negocios pomposos na xestión e polo resultadismo na filosofía deportiva.
Por estes lares, ¿hai alguén do cotarro capaz de descifrar estes sinais ou, canto menos, de velos?. Dubídoo

27.5.09

Pesadelo arboricida: ¿de que van estes tolos?

A noticia de que Caballero, coa experta axuda de Raquel Díaz, ao parecer concelleira de parques e xardíns, pretende talar tódolos Pópulus alba (álamos) e Populus nigra (choupos) que con case medio século de antigüidade adornan dende sempre os bulevares de Coia, completa a miña xa escasa capacidade de aturar a estes ignorantes intrépidos que nos gobernan. Non hai ningunha razón que xustifique talar estas árbores, que non ampare tamén cargarse, por poñer un só exemplo, tódalas árbores do Castro e Castrelos que expanden cada primavera urbi et orbe o seu abundantísimo e alerxénico polen. Para eliminar as alerxias e outros contaxios, tamén podemos eliminar o aire, matar tódolos paxaros, sacrificar os cans e os gatos, fumigar os mendigos, encarcelar aos enfermos, multar aos que cometan o delicto de ter macetas con granmíneas e flores nos balcóns... Podemos entrar a matarrasa nos montes que rodean toda a cidade, contaminando co polen das súas gramíneas, acacias, toxeiras, xestas e demais tremenda vexetación veleñosa.
Estes irresponsables entolecidos van acabar co pouco que esta cidade conserva de patrimonio natural: xa conseguiron eliminar as laranxeiras e camelias que adornaban dende hai máis de 80 anos Policarpo Sanz e García Barbón; non souberon conservar un cedro centenario que sobrevivia no Areal; cada ano veñen talando un par de árbores da histórica e abandoada Alameda; chamándolle humanización están a talar todo o arborado existente nas rúas, como fixeron en Urzaiz ou na rúa Coruña... Agora, incapaces de pensar ou de facer algo constructivo, pretenden darlle a puntilla á modélica urbanización histórica de Coia, que estes días xa comezaron a destruir con aparcamentos e beirarrúas absurdas, entrando a matarrasa baixo as nobles copas dos magníficos exemplares de árbores que están cravados nas nosas retinas como parte inseparable da imaxe desta parte da cidade.

É sabido que a principal causa de que o sistema inmunolóxico se debilite tanto e se dean tantas alerxias, é a forte contaminación provocada polo uso do coche particular que este Concello, coa súa política de parkings non-disuasorios, está empeñado en fomentar.
Tamén é sabido que o choupo ten pior fama alerxénica cá outras especies vexetais habituais nas nosas cidades, pola confusión habitual dos que crén que as pelusiñas que desprenden en primavera son portadoras de polen, cando non son máis que os elementos auxiliares para a dispersión das sementes. O choupo xustamente non é especialmente alerxénico, tal e como afirma a especializada Red de Aerobiología de Castilla León, precisamente "esta especie [Populus] tiene muy baja capacidad de producir alergias".

Se é así, e a ninguén (a ninguén?) se lle ocurriría tampouco poñerse a eliminar todo elemento natural que produza ou poida producir en primavera polen, ¿que motivacións poden levar a plantearse este arboricidio masivo? quen está detrás de semellante e perigosa ocorrencia? é mera estupidez e arrogancia?. Pois non. Realmente esta "decisión" nada ten que ver coa preocupación pola nosa saúde do almirante Caballero e acólitos: sinxelamente buscan unha tramposa xustificación para protexer aos amigos concesionarios e tapar o desastre que están a provocar en Coia as obras do aparcamento soterrado, e no resto da cidade, as súas disparatadas e derrochadoras, pero lucrativas, "humanizacións" que non preveron en proxecto ningún mecanismo de salvagarda do arborado urbano. Será porque iso é caro e deixa menos marxe...

Espero, pola saúde psíquica desta cidade, que esta barbaridade teña unha axeitada resposta cidadán -comezando polos medios de comunicación locais- que free tamaño despropósito antes de que continúe a entolecida actuación da motoserra e antes de que cos nosos votos poñamos a este bigoberno de irresponsables ao bo recaudo do paro.

P.S. Pois xa que van a cortar os choupos, que aproveiten para asfaltar todo o céspede de Coia e así haberá parking gratuíto en superficie, e os veciños de Coia deixarán de protestar polas obras.
[arrepentimento mode on]
Arrgggh, meu deus!, que fixen!, non lles debo dar ideas...
[/arrepentimiento mode off]

24.5.09

Esquizofrénica cidade

Como non compremos coches, o motor da cidade vaise ao carallo.
Onde carallo vai esta cidade sen o seu motor?
Se compras coche, non será para utilizar nesta cidade, eh carallo?
Porque o carallo é onde aparcar nesta cidade o carallo do coche.
En que carallo quedamos?
A vida do coche na cidade: de parking-cravo a parking-cravo, e contamino porque me toca.
E só vendéndose máis coches ten futuro esta cidade?

Imos de carallo

23.5.09

A "superdelegadinha" de Vigo ou de Dr. Carracido


Dispois de que Feijoo derogara na práctica o decreto do 1 de maio coa nova estrutura territorial da Xunta, nas suas declaracións en Pontevedra confirmando o que xa adiantara Telmo Martín, a nosa muller do Calvario será delegada (con salario de directora xeral) de tres consellerias nada máis. Iso sí, terá un secretario/a territorial (con salario de subdirector/a xeral), un gabinete de seis persoas, e dous conductores, cando coa estrutura anterior teríamos tres delegados/as e tres conductores,e sen gabinetes. Aínda nos levaremos sorpresas cando aparezan as novas estruturas orgánicas con novos postos, mais diso xa falaremos no seu momento...; agora ben... CORINA donde estás... que no te veo..?.
E qué dicir do papelón do BNG de Pontevedra en pleno arrebato localista co manporrero silencio do BNG de Vigo? E o novo portavoz nacional do BNG, concelleiro en Pontevedra, cando só opina de Vigo e non de Pontevedra... E que conste que a nova estrutura --fenecida-- non era mala idea e podíanse aforrar cartos, que como di Marcos Andión "dejemonos de caralladas y hablemos de la pasta" é importante.

21.5.09

En Vigo haiche de todo:tamén folgas do metal

A primeira morte foi a honradez

Ás veces hai escritos indispensables para axudarnos a traspasar o veo das apariencias e entrar directamente na mesma cova da becha: este de José Saramago é un, e estoutro de Eduardo Galeano, outro.
Conciencia en estado puro.


FOTO: El cuaderno de Saramago

20.5.09

O falar non ten cancelas

Pero, ¿no habíamos quedado en que se iba por su propia voluntad, para ocuparse de una empresa relacionada con el transporte aéreo? ¿Alguien puede explicar a qué viene ahora que le tengan que pagar casi 27 millones de pesetas como indemnización por despido? ¿Y qué me dicen de los 400.000 eurazos de un convenio para un acto promocional que tenía que haberse sustanciado hace un año, con inefable satisfacción del mismísimo Santidomínguez, y que aún anda en pañales?
Otra explicación en el Debe del Caballero y de Provigo, que se suma a la de aquella "lista" de los responsables de lo del "Piricoto" y otras ilegales decisiones urbanística de la corporación municipal que nos iba a dar tras el pasado verano, o la de por qué se dejó que la ETEA se pudriese, cuando para recuperar su uso sólo había que "abrir la puerta y encender la luz", o la de que pavimentos con sólo un lustro de antigüedad hayan de removerse en el Casco Vello y en otras partes, en beneficio de no sabemos muy bién quién o quiénes.
Aunque ya sabemos que por aquí "o falar non ten cancelas", alguien debería hacerse responsable de lo que dice, además de lo que hace (para el caso de que haga algo que no sea inútil o innecesario para los ciudadanos).
En fin, qué quieren que les diga que ustedes no sepan...

19.5.09

Auditorio - Casa Mar


Al acercarme a esta desfeita, me comentaba el guarda jurado «No se hace más que un sólo sótano porque no hay presupuesto».

No les quepa duda de que si el derribado edificio Casa Mar estuviese a orillas del Támesis, hoy, restaurado, sería la sede de un gran centro dinamizador de cultura, similar al Tate Modern. Creo que a César Portela habría que darle unas largas vacaciones.

La antigua Sala de Turbinas, hoy Tate Modern ¿tiene 'algo' más valioso que el demolido Casa Mar o Panificadora o Bandeira? ¿Dónde está la sensibilidad de esta ciudad y sus líderes? Con estas actuaciones no es de extrañar que florezca la mediocridad de una Coriña Porro, un Santi Domínguez o un Abel Caballero, por no citar a los alcaldes de los últimos cincuenta o cien años. Ciudad de aluvión ésta, arrasa cuanto de memoria ha tenido. ¡Todos a los centros comerciales, divirtámonos! Que piensen ellos. Restaurar es más sostenible que derribar/construir.
¡Cuánto despilfarro, cuánto!

18.5.09

Los inmorales nos han igualao

No hay nada nuevo bajo el sol, y por encima, cada vez menos. El mundo es un puro bucle. Unos nacen y, a ver qué pasa; otros mueren para poder ser ensalzados tras el óbito; los demás, trasitamos, más o menos ciegos, entre uno y otro punto.
Se me ocurrían algunas cosas que comentar, al hilo de lo que está cayendo, cuando me vino a la mente la letra de un tango que debemos a la lucidez de Enrique Santos Discépolo en 1930.
Diálogo entre el presentador y el cantante Julio Sosa:

--La vida es así... Y no somos nosotros quienes la vamos a cambiar, ¿eh?
--Si, viejo, pero pasa cada cosa que uno se siente arrepentido de haber nacido...
--¿Por qué lo dices?
--Lo digo porque actualmente uno no sabe quién es quién; todo es grupo, todo es papel pintao, viejo.
--Tienes razón, pero no hay que hacerse mala sangre. ¿Quiere que le prepare un trago para calmar los nervios?
--Si, mire, prepáreme un "discepolín", bien amargo.
--¿Cambalache?

Copio, pego y escucho: (mejor si se abre el enlace "en una pestaña nueva"y se va siguiendo el texto).

Que el mundo fue y será una porquería
Ya lo sé.

En el quinientos diez
Y en el dos mil también;
Que siempre ha habido chorros,

Maquiavelos y estafaos,
Contentos y amargaos,
Valores y doblez,
Pero que el siglo veinte es un despliegue
De maldá insolente
Ya no hay quien lo niegue;
Vivimos revolcaos en un merengue
Y en el mismo lodo todos manoseaos.
Hoy resulta que es lo mismo
Ser derecho que traidor,
Ignorante, sabio, chorro,
Pretencioso, estafador.
Todo es igual; nada es mejor;
Lo mismo un burro que un gran profesor.
No hay aplazaos, ni escalafón;
Los inmorales nos han igualao.
Si uno vive en la impostura
Y otro afana en su ambición,
Da lo mismo que sea cura,
Colchonero, rey de bastos,
Caradura o polizón.

Qué falta de respeto,
Qué atropello a la razón;
Cualquiera es un señor,
Cualquiera es un ladrón.
Mezclao con Toscanini
Va Scarface y Napoleón,
Don Chicho y Marimón,
Gatica y San Martín.
Igual que en la vidriera irrespetuosa
De los cambalaches
Se ha mezclao la vida,
Y herida por un sable sin remaches
Ves llorar la Biblia contra un calefón.

Siglo veinte, cambalache,
Problemático y febril;
El que no llora, no mama,
Y el que no afana es un gil.
Dale nomás, dale que va,
Que allá en el horno se vamo' a' encontrar.
No pienses más, hácete a un lao,
Que a nadie importa si naciste honrao.
Si es lo mismo el que labura

Noche y día como un buey,
Que el que vive de los otros,
Que el que mata, que el que cura
O está fuera de la ley.

Lo que valía para el XX sigue valiendo para el XXI.

Y lo que te rondaré, morena.


17.5.09

Dende Compostela con amor (para Pablo)


algún día atoparemonos de novo na quintana

16.5.09

Unha ollada non nacionalista sobre a lingoa

Existen outras olladas sobre o noso idioma. As olladas que parten da obxectividade do que en sociolingüística se coñece con conceptos como conflicto lingüístico, lingoas en contacto, diglosia, prexuízo lingüistico, autoxenreira... Unha visión cultural e democrática do conflicto que permita analisar a situación dende perspectivas non sectarias e rexeitadoras do prexuízo lingüístico. Que o galego é a lingoa propia de Galicia é algo que non só está consagrado na lexislación a partir da Constitución Española e o Estatuto, senon da obvia constatación da realidade. Unha realidade que pon de manifesto a violencia historicamente exercida sobre os falantes do galego polo mero feito de non posuiren poder, de seren a negatividade da sociedade capitalista. Esa negación maniféstase lingüisticamente na privación da lingoaxe materna nos ámbitos do poder real e simbólico. Constatar esa situación de violencia e desigoaldade non pode deixar a ninguén que teña un mínimo de conciencia política, indiferente. Obriga a tomar algún partido, agás o da indiferncia ou o do pragmatismo. Non se pode afirmar con rigor que se está a favor da conservación e uso normal e igoal do galego en Galicia, sen asumir que tal obxectivo e tarefa precisa dunha política cultural activa que free a desaparición de falantes e a degradación interna do idioma. 
Nos paises con dúas lingoas en contacto e en situación de desigoaldade que se toman en serio o conflicto, sen sectarismos, demagoxias nin prexuízos, o poder público establece unha expresa e planificada política lingüística que vai moito máis alá da mera e retórica redacción e aprobación de leis e decretos.
Infelizmente, case trinta anos de lexislación pretendidamente compensadora da desigoaldade social do galego, de uso teatral do idioma na política, de ensino en galego a unha importante parte da poboación, non teñen conseguido frear a sangría de falantes e colocan á pervivencia do galego nunha crítica situación para o futuro. Trinta anos nos que os supostos maiores defensores do idioma, os nacionalistas, levan sobre as súas costas a responsabilidade de só haber logrado que se identifique o uso do galego coas súas siglas, e que case non sexa posible o uso activo dese idioma sen ser identificado como membro da secta e rexeitado politica e mesmo socialmente. 
Neste contexto, agradoume que unha das primeiras declaracións que leín de Feijóo, xa presidente, ao falar sobre este tema, fose dicir que en Galicia non existira planificación lingüística. E eu estou radicalmente de acordo con esta afirmación. Hai quen queda satisfeito cun mero decreto sobre o ensino do galego e centra aí o eixe de toda discusión sobre o futuro do noso idioma. Pero a realidade é que a lexislación sectorial foi sempre beneficiosa para o uso do galego e, non embargantes, en ausencia de toda política ou planificación, o que leva e levou é á perda de falantes e á desespranza sobre a normalización do noso idioma. 
Son dos que pensa que a utilización sectaria do galego polo nacionalismo realmente existente é un dos maiores obstáculos para afrontar con rigor plans de normalización, e un auténtico suplicio para os que somos falantes activos non nacionalistas, continuamente traizoados polos que instrumentalizan no seu favor a cuestión lingüística, importándolles ben pouco o que isto significa a medio e longo prazo para a pervivencia da lingoa, independentemente da pervivencia dos partidos e grupos do nacionalismo que hoxe coñecemos.
Se nos fixamos na actuación, por exemplo, do BNG en cuestión lingüística en Vigo, onde gobernaron dende a alcaldía e gobernan hoxe dende a bi-alcaldía, debemos preocuparnos: un uso puramente retórico da cuestión, unha vergonzosa práctica do idioma polos seus dirixentes, un uso habitual do castelán na actuación pública e privada do equipo de asesores de Santiago Domínguez, e a nula actuación para evitar ou denunciar a evidente marcha atrás que na última década ten a normalización lingüística nas institucións da cidade.
Feixó actúa intelixentemente no nomeamento do secretario de política lingüística… pero aínda hai xente tan sectaria que preferiría ver a Gloria Lago, desa marxinal asociación chamada Galicia bilingüe, en tal posto e así durmir tranquilos dicindo ¡¿vés!?, aínda que iso significase unha tremandamente mala noticia para o futuro do idioma.
O galego precisa dunha planificación lingüística que ataque o corazón da perda de falantes, o autododio. Unha planificación que persiga especialmente o prestixio social do idioma, á desectarización na percepción do seu uso por falantes activos, a mellora da competencia lingüistica no sector docente…
Menos decretos, máis planificación con obxectivos expresos e recursos para acadalos.
Non irei á manifestación de mañan -e menos despois de lér as declaracións da Mesa pla Normalización Lingüística-, por máis que me reconcomo por non poder facelo: non quero acabar co mesmo sentimento co que rematei a miña propia historia contra o Prestige, no apoio a Nunca Máis: fundido nun mar de bandeiras partidistas que alguén se empeñaba en dicirme que eran as de Galicia.

15.5.09

Carlos Castilla del Pino, in memoriam


Esta madrugada ha fallecido Carlos Castilla del Pino: psiquiatra, académico de la lengua, ensayista... Un gran humanista.

Gracias infinitas, maestro. En justicia, y para nuestra salud mental, tu magisterio debe ser impartido ya en Primaria.

Gracias, doctor. Siempre en nuestra memoria tus palabras.

14.5.09

Zeca Afonso en Samil ¡!


Esta tarde, a las 8, en el Verbum (¿no hay un localito más a mano?), Arturo Reguera nos hablará de su amistad con el inolvidable poeta portugués.

(Me temo que andan los nacionalistas arrimando el personaje a sus sardinas; hummm, no era ése el camino de Afonso).

Alijo en el MARCO



EL MARCO muestra los alijos que acumula la policía viguesa. La idea es del artista Santiago Sierra.
Se preguntarán cuál es la obra artística —en los museos se almacenan y muestran obras de arte ¿no es así?—, y hacen bien en preguntárselo.

El mundo del arte también tiene sus crisis. Quizás Santiago Sierra con esta idea lo evidencie acertadamente.

Nos informa el comisario jefe, que Vigo es una ciudad tranquila «al día decomisan 1,3 armas».

El señor Iñaqui (director del MARCO) no está detenido, no; está acompañado.

¿Será el MARCO el marco apropiado para estas exhibiciones?

Bueno es que sepamos qué armas tomar y no tomar para pasear por esta tranquila city.

Vitrasa nos abruma con sus 'frecuencias'


Hace media hora... en Pi y Margal...
Señores del transporte público: ¡ni tantos ni tan pocos!

12.5.09

En mans dos mediocres

"(...) Tres son los principales peligros que conlleva el ejercicio del poder ejercido por este tipo de sujetos. El primero lo apuntaba Juan de Mairena: 'Siempre será peligroso encaramar en los puestos directivos a hombres de talento mediano, por mucha que sea su buena voluntad, porque a pesar de ella la moral de estos hombres es también mediana... Propio es de hombres de cabezas medianas el embestir contra todo aquello que no les cabe en la cabeza'. El segundo es la violenta oposición a las personas preparadas y comprometidas. Es Einstein el que con gran certeza y pocas palabras lo expresó mejor: 'Los grandes espíritus siempre han encontrado la violenta oposición de las mentes mediocres. Estos últimos no pueden entender que un hombre no se someta irreflexivamente a los prejuicios hereditarios sino que emplee honestamente y con coraje su inteligencia'. El tercero es que provocan que las personas inteligentes y preparadas no puedan desarrollar por completo sus cometidos. La mayor parte del trabajo la tienen que dedicar a arreglar y a recomponer lo que los mediocres estropean desde sus puestos superiores (...)"

O artigo enteiro, de Jaime Martínez Montero e de obrigada lectura, aquí.

Almacén gratis


La calle Pontevedra (entre García Barbón y Marqués de Valladares) convertida en almacén particular. ¿Cuánto ingresa el ayuntamiento por este telderete en la vía pública?

11.5.09

Retrato de familia - 4º aniversario



La familia Vigoblog, agradecida.

Bic@s

10.5.09

A aldea recobra a súa imaxe

Praza da Princesa, maio de 2009
Enriba, a marquesina o día no que comezaron a súa desmontaxe para trasladala (outra máis) a non se sabe onde.
Abaixo, un par de días despois, o modelo de marquesina que lle gusta ao tenente Domínguez.

5.5.09

Mamá, la Chus está fumando

Si es que son como niños. Mira que dejarse pillar fumando en medio de la ría y tirando la "pava" por la borda, tiene coña. Yo recuerdo haberlo hecho en más de una ocasión y, aunque no soy el responsable de velar por el medio ambiente, alguien me montó una bronca de no te menees. Ahora estoy con lo de desengancharme; no, de fumar, no: de tirar las colillas.
¿Quien va a regañar ahora a la concejala que lo mismo sube y baja montaaaañas, como Marco y Amedio, que se da una vuelta por el polo sur a pinrel y sola, para que nadie la vea, no como aquí que no le importa que la vean tirando "chicharras" ás ondas do mar de Vigo.
Pues yo mismo, sin ir más lejos. Le voy a meter una bronca de órdago. Pero bueno, que una deportista fume algún pitillito puede tener un pase; que lo haga la encargada de mantenernos lo del medio ambiente medio presentable, también podría pasar; pero que la concejala en quien pusimos nuestras esperanzas de regeneración de la contaminada ría se pase al enemigo y ayude al enmierde, eso sí que no hay por donde cogerlo.
Vamos a dejar a un lado preguntas como ¿seguro que te has hecho solita esos kilómetros australes en pos del polo?, o ¿por qué coño se te pierde siempre el teléfono móvil conectado al satélite en momentos claves para verificar si es cierto que estás donde dices que estás y de la forma en que estás?
Digo que vamos a dejar de lado preguntas como esas, por mucho que estén en el aire, porque las sospechas de fraude circulan por ahí como el polen primaveral. Aunque digo yo que no serán ciertas, porque para qué iba a querer ella engañarnos con eso, si ya nos engaña suficientemente con lo de que se ocupa del Medio Ambiente y esas cosas...
A ver, Chus: ¿qué se te perdió a tí en esto de la política? Que no es sólo que no sepas, es que les andas haciendo el juego a unos que ¡mamasiña!, probablemente por culpa de esa historia de la cuota de la igualdad, que me parece a mí un tanto desfasada, porque no es por ahí por donde hay que empezar para lograr una igualdad real entre hombres y mujeres.
Lo cierto es que lo de la cuota fifty/fifty tendría que resultar de que la igualdad de oportunidades se solventase en otros ámbitos (el laboral, por ejemplo; o el social) y ya en la representación política saldría de forma natural una paridad o disparidad que reflejen la sociedad.
Porque tú, debes saberlo querida Chus, estás ahí porque los del partido necesitaban atrezzo para la escena del diván; porque ya me dirás cómo podría resultar el monólogo de Don Juan sin una Doña Inés que llevarse al catre.
En fin, que te han cazado en las patatas haciendo mangas y capirotes con tus responsabilidades. Aunque creo yo que con lo de participar en la cuota de la igualdad numérica ya habrás podido quedar cumplidita, como para tener ahora que andar cuidándote de dar la imagen que algunos apampanados creíamos que debería corresponder a la responsable municipal de la política de Medio Ambiente.
Mientras tratamos de aclarar lo de las hazañas esas que dices y que, de momento, no encontramos certificadas por ninguna parte (alguien certificará esos hitos, digo yo), vamos a castigarte sin fumar dos meses, con la obligación añadida de recorrer las calles del centro de Vigo con un palo de esos con pincho en la punta, recogiendo colillas hasta que reúnas un par de kilitos por lo menos.
Y vamos a dejar pasar esa supuesta incompatibilidad entre el deporte y el tabaco, porque nos preocupa mucho más la que pueda existir entre tu propia persona y el sano ejercicio de la política. Aunque todo se puede deber, como me apuntaba hace un rato la Pinténs, a que lo de fumar formase parte del entrenamiento para subir sin oxígeno al Everest y, claro, ahora hasta te parecerá excesivo el que hay en la ría. Lo que no entiendo es qué programa de entrenamiento hiciste para lo de meterte a concejala. En todo caso, despide al personal trainer sin dilación.

4.5.09

Eventos do mundo mundial

Con pouco que un aprenda da experiencia nesta cidade, e sen necesidade de grandes análises, saberá que cando dende o Concello de Vigo se fale de que se vai celebrar o maior acontecemento mundial de algo, estase falando dun bluff, cuxo tamaño será directamente proporcional á insistencia sobre a grandiosidade do acontecemento nos periódicos locais. Tal cousa non tería maior relevancia no contexto dos fantasmas que sucesivamente nos gobernan, se non fose porque cada vez que se fai tal mundialista consideración, debemos mirar con temor aos nosos petos.
Efectivamente, estes acontecementos do mundo mundial, que deixarán unha riqueza inconmensurable na cidade e que mobilizarán entre o estándar de algo máis de "catrocentas mil persoas" e o máis redondo de "un millón de visitantes", forman parte dun mercadillo que se ofrece a alcaldes (ou bi-alcaldes, claro) de desenfunde rápido cando se trata dos diñeiros dos demais. A lista destes eventos que manteñen ao mundo pendente de Vigo e que acaba de culminar, en palabras do almirante Caballero, cun "éxito sen precedentes", coa saída da Tall Ships Atlantic Challenge, aumenta no último lustro, e está a punto de lograr que Vigo ocupe, esta vez sí, o primeiro lugar na lista de compradores compulsivos de grandes eventos, situándonos no mapa, pero no mapa cutre dos vendedores globais de eventos varios.
Unha primeira lista, a bote pronto, daralle ao lector a dimensión real da nosa importancia mundialista:
- Campeonato del mundo de multicascos 60, organizada dentro dos fastos da Volvo, pola Fundación do Deporte Galego en colaboración con Corina Porro (xullo 2005) (240.000 euros)
- Campeonato del mundo/copa Porro, de Boat GP, en agosto de 2005 (270.000 euros)
- Saída da Volvo Ocean Race, 2005 (canto menos uns 2,5 millóns de euros municipais, dos cales 1,5 millóns foron aportados, en convenio secreto, por ING Real Estate, e xestionados polas empresas relacionadas con Pilar Egea, xefa de gabinete da alcaldía de C.Porro)
- Cow Parade, (150.000 euros, polo menos, en merca institucional de vacas)
- Candidatura á Universiada, (1,3 millóns de euros)
- Campionato do mundo de Powerboat P1/memorial Tenente Domínguez, (300.000 euros)
- Tall Ships Atlantic Challenge, maio 2009 (240.000 euros)

As cantidades entre paréntese expresan -agás na Universiada e Volvo Ocean Race, que son estimacións do custo total- a cantidade que houbo que pagar só como "matrícula" para que o evento viñese a Vigo.
Un pode pensar que os nosos gobernantes son idiotas e que, de paso, se adican a enganarnos por deporte. Pero non. Cada acontecemento destes xera cuantiosos beneficios... para as empresas amigas e medios de comunicación asociados que teñen unha oportunidade incontestable para "contratar", por cantidades millonarias, publicidade, folletos, montaxes, villages, globos, carpas, comidas e demais parafernalia que acompaña aos eventos. Contentos quedan tamén os periódicos locais que, aproveitando a circunstancia, enchen de ampla e cromática publicidade as súas páxinas, e nos que, casualmente, raramente atopará vostede unha soa liña en defensa da razón, fronte a tanta mentira e derroche.
Contentes quedan tamén os intermediarios locais das empresas promotoras aos que lles toca unha parte da "cota" que obrigatoriamente hai que pagar en concepto de "matrícula" no acontecemento.
O caso da Atlantic Challenge é especialmente significativo xa que, ao non contar xa co potente patrocinio de Cutty Shark, o número de barcos presentes está directamente relacionado cos miles de euros que desembolse a cidade promotora. Así se explica que cos douscentos e pico mil euros desembolsados, só 12 barcos de certa relevancia (e só un realmente de grande eslora), da numerosísima flota mundial de grandes veleiros, acudisen a Vigo.

Menos mal que a flota de barcos tradicionais de Galicia presentes na Laxe e o marabilloso contorno desta dársena, salvou o acontecemento dende un punto de vista náutico e cultural. Ademais, a presencia destas embarcacións saíulle máis barata á organización: 200 euros os pequenos, 300 os grandes... e iso que non se invitou aos dous galeóns que Pedro Campos atesoura en Sanxenxo e que foran botados coa presencia do rei Juan Carlos.

Aínda que, se cadra, o que pasa con todo isto é que os vigueses somos todos parvos e Abel Caballero, Santi e C.Porro son tan listos que as nosas pobres mentes non dan acadado tanta sabiduría.

3.5.09

Prensa y libertad

Acaba de celebrarse el Día Mundial por la Libertad de Prensa. Pues muy bien. Se recuerda que en muchos países no se puede hacer público lo que se quiere, que muchos periodistas han sido encarcelados, perseguidos, incluso ejecutados por pretender hacer públicas denuncias desagradables para el poder, y ya está, todos contentos. Y digo yo que está bien recordar algunos de los riesgos de ejercer una profesión cuya única finalidad es la de dar a conocer a todos los ciudadanos lo que los ciudadanos tienen derecho a saber, porque fíjese usted lo mal que lo pasan en algunos países algunos periodistas...
Ya, no digo yo que no haya que recordarlo; pero que un recuerdo sirva para esconder la memoria tiene su aquel, ¿no? Porque la libertad de prensa no está amenazada solamente en esos países denunciados. No hay ni que viajar para encontrarse con amenazas a la libertad de prensa, que algunos confunden con la libertad de empresa periodística.
En cuanto a empresa, la libertad de la de prensa es idéntica a la de cualquier otra. Pero cuando hablamos de libertad de prensa nos referimos, lo sepamos o no, a la libertad de difundir información veraz y honesta y al derecho de los ciudadanos a recibirla. Y creo que a cualquiera se le ocurre que no hay prensa sin periodistas, por mucho que algunos editores estén seguros de que no los necesitan para poner en la calle los resultados de una impresión en papel.
El caso es que en las empresas que hacen periódicos, o radio o televisión, una parte del personal es realmente atípico: los periodistas trabajan para los lectores, por cuenta del empresario del medio. Es decir que un periodista no tiene por qué seguir de cerca los intereses extra periodísticos del editor de su medio de comunicación, porque éste es sólo un intermediario entre el trabajador y el consumidor al que éste se debe. El derecho de una empresa periodística a obtener rendimientos económicos sólo se justifica respondiendo al derecho del público a conocer lo que tiene derecho a conocer.
Pero, contemplando los periódicos más próximos (me centraré en la prensa escrita para no tener que andar relacionando medios), nos encontramos con que o sus periodistas no se enteran de nada o se ven obligados a no proponerlo para su publicación, no vaya a ser que contradiga los particulares intereses de su patrono.
Y esos periódicos más próximos resulta que lo que ponen en evidencia es su auténtica sumisión a la gran cornucopia que representa la administración pública, principal sostenedor económico de muchas empresas periodísticas. El grado de dependencia que esas empresas han logrado del poder político, sea del Estado, de las Comunidades Autónomas, de las Diputaciones Provinciales o de los Ayuntamientos es tan notorio que cualquiera debería sonrojarse si se atreviera a negarlo.
Pero esas mismas empresas disponen también de sus mecanismos de defensa, sometiendo igualmente a los poderes políticos a un chantaje permanente. Repetir aquí que ese espectáculo pudo verse claramente en el acoso y derribo de Ventura Pérez Mariño (a partir de que se olieron que se les acabaría el "momio" de millones alegremente distribuido por el bipartito anterior), supongo que es ocioso; o con la posición frente al proyecto de ampliación del Puerto, en la que lo que se dirimía era una mayor aportación económica de la Autoridad Portuaria con el diario decano; o con los silencios sobre las corruptelas, los desvaríos y los errores de ayuntamientos y Xunta...
Cuando un periodista no cuenta con todo el apoyo de su empresa para investigar, descubrir y publicar las actividades de quienes nos administran lo nuestro, la libertad de prensa está siendo atacada frontalmente. Pero ese es el caso actual en buena parte de las empresas periodísticas a las que encomendamos la vigilancia de nuestros legítimos intereses.
Que aventuras particulares on line, que no cuentan ni de lejos con los medios de una empresa periodística, alcancen mayor nivel de credibilidad que los periódicos tradicionales debería dar para una reflexión.
Y que la mayoría de ellos tengan que ocultar sus identidades podría proporcionar material para todo un ensayo sobre la libertad y los peligros de ejercerla. Como en esos países denunciados, los periodistas son perseguidos también en éste, de la peor forma que se puede perseguir a un periodista: poniéndole trabas a su obligación de conocer lo que los ciudadanos no pueden y le encargan a él.
En medio de los generales lamentos sobre el futuro de la prensa y las empresas periodísticas, ¿a nadie se le ha ocurrido pensar que puede ganar dinero con sólo un puñado de periodistas libres para investigar y conocer lo que los ciudadanos demandan? La verdad es que de otro modo no les asiste el derecho a existir.
Bienvenido sea un Día Mundial por la Libertad de Prensa, pero yo no la veo mucho por aquí. Qué quieren que les diga.

De Doctor Carracido a "Superdelegada da Xunta"


Ese camiño faise costa abaixo.Os demais,non.Entre rubias anda o xogo.Isto promete...

2.5.09

¡Prohibido girar a la izquierda!


Esta Escuela de Artes y Oficios la quiere, el señor alcalde Abel Caballero, transmutar en sede de la biblioteca central. No acierta el alcalde ni padiós.
Esta institución, casi centenaria, requiere algo más de atención, y seguir con su cometido. Esta institución guarda una espléndida biblioteca que por falta de sensibilidad política sigue sin estar disponible para la ciudadanía.

Hay en la ciudad suficientes edificios pendientes de asignarles una función, también solares vacíos dónde edificar.

Como bien reza la pancarta: los referentes de la ciudad, en manos de esta bifálica corporación, se vuelven de una fragilidad angustiante.

Y, por si no lo tenemos claro, ¡nos prohíben girar a la izquierda! Media vueeeelta a la derecha, Arrrr.

Asco, señor Caballero, es lo que producen sus genialidades: asco.

1.5.09

Crisis de la crisis


Escenarios de Vigo, en el 1º de mayo de 2009, a las 12 de la mañana

1º de maio