IX ÉPOCA

30.6.06

Qué! recibe 18.000 euros do Concello de Vigo

Ao redor de 18.000 euros é o prezo que paga o goberno municipal de Vigo aos editores de Qué! para a campaña Queremos ser! 300.000 durante o primeiro semestre de 2006.

E iso que, a pesar de levar xa un ano esta iniciativa do diario gratuito do grupo Recoletos, a cousa demográfica parece que non vai moi ben. Será por iso que C. Porro insiste a golpe de talón municipal...

Vese que as municipais se achegan e hai que ter aos Medios contentos!.
Imaxinación non lles falta a C. Porro e á súa xefa de gabinete, conversa alma mater do aparatchik pepero.

Ademais, isto do número de habitantes ten que subir, con Qué! ou sen que?: a previsión dun aumento demográfico espectacular é un dogma de fe do novo e controvertido PXOM vigués e C. Porro cré nel sen fisuras.


(Fotomontaxe de Vigoblog sobre a pancarta da campaña Objetivo 300.000 situada na rúa Elduayen).

29.6.06

Manifestación en defensa da ría o 8 de xullo

A Confraría San José de Cangas, o Foro Social, a Coordinadora pola defensa do litoral do Morrazo, a Plataforma pola defensa da enseada de San Simón e a Plataforma pola defensa da ría-Cíes convocan unha manifestación en Cangas para o próximo día 8 de Xullo, sábado, as 20:00 que sairá da Alameda Vella e chegará ate o Salgueirón.

O motivo é expresar o rechazo social ao proxecto de porto deportivo e urbanización de luxo no Salgueirón, pero, dunha maneira máis ampla, quere que se faga oir a voz dos mariñeiros, mariscadores, acuicultores e cidadáns en xeral esixindo o máximo respecto ao estado natural da nosa ría e do noso litoral.

Convocatoria completa

28.6.06

¿Plaxio arquitectónico?


26.6.06

Castigados por copiar

A ver se vai ser o conto do vello Carlos e resulta que, efectivamente, as condicións materíais da producción son o cerne da deboura. Resulta que , a estas alturas, contamos con tecnoloxía barata e poderosa de abondo para que a música, a literatura, as artes plásticas podan ser reproducidas mil veces e cheguen ata o útimo cidadán interesado. A música, obxecto do desexo principal dos xóvenes, duplícase unha e outra vez e enche horas e horas de lecer. Sen embargo, o negocio resístese e coa inestimable axuda dos estados trata de poñer portas ó campo. O canon, ese magnífico invento que grava os CDs, as cintas, os reproductores de MP3 e non sei se tamén os folios por se se nos ocurre copiar algún poema para mandarllo á unha moza, acaba de seres ratificado no Parlamento. Pero de verdade pode ser isto constitucional? Pagar porque podo delinquir¡ Claro que, di Pepiño o grilo, tamén pagamos para que as eléctricas poideran entrar na competencia. Vaia choio!

Por certo, ¿cobrará Teddy Bautista, ilustre compoñente de Los Canarios – Get on your Knees, remember darling- e hoxe portavoz da SGAE, cada vez que alguén toque a Internacional cun teclado como el fixo nos setenta?

Vexan , sen embargo, un concerto de Imáxinasons (1) por exemplo. A ledicia do directo non se pode fotocopiar nen descargar por Emule. ¿Por que os músicos non son iso: creadores e interpretes de cancións que suban nun esceario para facernos pasar horas irrepetibles? Pero claro, productores , discográficas, editores, libreiros, promotores e demáis familia terían que se reconvertir e eles non son do naval nin da minería... por favor!. Mesmo habería que desmontar a organización gremial de escritores que regulan o acceso á profesión a traveso dos premios. Iso xa sería demasiado!
E mentras tanto os desaforados defensores dos dereitos de autor andan dándolle voltas a patentes increibles: iconos, barras de estado, ...Se os deixan son capaces de patentar a suma e teremos que pagar cada vez que empreguemos a calculadora. É o código xenético do capitalismo, facer negocio con todo.
Vese vir outro mundo donde os intercambios culturais sexan horizontais sen mediadores comisionistas e sen controladores de calidade ad hoc. É o mundo das wikipedias, dos copylefts, dos códigos abertos, dos creative commons... O vello xa non sirve e o novo está por chegar. Ánimo. ¡Vivan os clásicos! E Gilberto Gil!

(1) Por certo, noraboa ós programadores culturais que fan coincidir un concerto de D3 con un desfile de modelos (xoves dia 23) e dúas actuacións (banda de Bembrive e a de imaxinasons) na rúa do Principe á mesma hora do sábado pasado. Por se non o saben hai maís espacios na cidade: a Miñoka, a alameda de Bouzas, o parque da Riouxa, Barreiro, o Berbés, parque do Lagares etc. etc. Policentrismo ¿vailles soando?

25.6.06

Peonalización: efecto perverso

A planificación e xestión urbana é unha cuestión complexa. Por iso, cando as políticas urbanas parten de planteamentos simplistas, sectoriais e interesados, poden provocar efectos indesexados e graves a medio e longo prazo. É o caso das peonalizacións no centro de Vigo (iso que chaman ostentosamente humanizacións). Segundo a Voz de Galicia, o comercio está a desaparecer das rúas peonalizadas, e con el, a pouca vida urbana que quedaba no ensanche e entorno.
Que ocorre? A chamada humanización consiste en accións illadas de mellora do espacio peonil mediante a renovación e ampliación de beirrarúas e colocación dalgún mobiliario urbano. Nalgún caso -con C. Porro menos, que non é cousa de enterrar os cartos- aprovéitase para mellorar os servicios soterranizados, cunha antigüidade notoria no casco urbano. As obras teñen por obxectivo expreso a mellora da mobilidade peonil para favorecer o paseo e estancia das persoas. Sen embargo, o seu obxectivo oculto é "alimentar" ao negocio previsto de aparcamentos soterrados que proximamente adxudicará o goberno do PP no Areal e Policarpo Sanz, entre outros lugares. A voracidade supostamente "peonalizadora" inclúe a eliminación de miles de prazas de aparcamento en superficie (mesmo para residentes, en lugares nos que os edificios, pola súa antigüidade, carecen de aparcamento propio), a reserva de espacios exclusivamente para carga e descarga en horarios determinados e nos que está absoluta e perseguidamente prohibido tan siquera parar (o multamóbil está especializado en multas nestas zonas). Clientes seguros para os amiguetes que resulten concesionarios, a trepecentos anos, do espacio urbano público soterrado, tamén chamado parking subterráneo.
Pero a cidade é un organismo vivo e non perdoa as actuacións ao chou, sen planificación e sen obxectivo. A desaparición do pequeno comercio e do de proximidade é o paradoxo que se xera cando, a carón dunha desexable recuperación do espacio urbano para os peóns, o resto das políticas municipais non van nunha dirección planificada, complexa e integral.

Rehabilitación urbana e sostibilidade

O concepto de rehabilitación urbana e de sostibilidade é un concepto avanzado e comunmente admitido na Europa desenvolvida, que comprende un conxunto de accións integradas, coordenadas, cun obxectivo común, realizadas de xeito sistemático, con permanencia no tempo e seguimento contínuo para evitar efectos perversos e posibilitar sinerxias que xeren calidade urbana. Estas accións, en zonas con problemática de despoboamento residencial e decaimento económico (como é o caso do centro histórico de Vigo -en toda a súa amplitude do Casco Vello, antigo ensanche ata a Gran Vía-) deben abranguer non só melloras nas calzadas e beirarrúas, senon, sobre todo, deben estar integradas nun programa expreso e continuado de accións de promoción económica, de potenciación do uso residencial, dinamización cultural, potenciación do transporte público (xusto o contrario de facer aparcamentos soterrados que só serven para atraer máis vehículos ao centro) e urbanismo comercial. Deben ser coherentes co conxunto da planificación territorial, percurar a sostibilidade e o policentrismo.
Se á falta dunha política de rehabilitación urbana cun mínimo de seriedade, unimos a voracidade da promoción inmobiliaria (que traballa con prazos que non son os das necesidades do resto dos mortais) e a descarada aposta polas grandes superficies comerciais, mal vemos o futuro dos emprendedores empresarios do sector comercial na mal chamada "milla de ouro" e aledaños.
A política urbana en Vigo, xa o dixemos varias veces neste blog, é de puro decorativismo e de intereses económicos bastardos, non por non expresos menos evidentes. De seguir así, as consecuencias serán a medio prazo a continuidade do baleiro residencial e comercial, a terciarización, o encarecemento do espacio comercial á espera de tempos mellores, a degradación da edificación e mesmo a aparición de focos de exclusión social e okupación de edificios abandonados (xa se está a producir nos últimos anos de xeito descarado en zonas ata hai pouco non demasiado degradadas do Casco Vello).
Alguén se deberá tomar dunha vez por todas en serio Vigo: mentras teñamos unha corporación dun nivel tan profundamente perralleiro como a que temos, mal nos irán as cousas a tódolos cidadáns, aínda que aos nosos concelleiros e a o seu patrimonio probablemente lles vaia mellor.
Infelizmente no horizonte non se ve nada novo do que fiarse.
¿Reflexionarán os partidos para poñer nas súas listas electorais a persoas cuns mínimos de formación política e cultural?... e, de paso, que teñan a vida minimamente resolta para non ter que ir ao Concello a resolvela para sempre.

24.6.06

Non a máis recheos na ría

Bouzas-Ria de Vigo, maio 2005
Hai máis de tres anos...

Estupideces de Abel


Hai que joderse! agora resulta que aos oceanógrafos lles encantan os recheos, Caballero dixit. Non, se aquí vale dicir calquera tipo de estupidez con tal de quedarse co persoal.

Sentenza de morte

Praza de Compostela, Vigo 2006

22.6.06

Polo menos, sacade os vosos suxos barcos das Cies !!



Pois mira que a colleron co fondeo no Parque das Illas Atlánticas! Amezaron coa perda de postos de traballo, pediron negociar e agora como non lle dan o chupete, patalexan e din que se van concentrar. Esta Federación de navegadores de recreo e pescadores deportivos non ten vergonza. Aínda non se enteiraron que a figura do Parque Nacional é a de máxima protección é, por tanto, se supón que se aplica a cousas moi valiosas. Para eles o valioso debe ser só o seu barquiño e os seus 32 000 asociados ( habería que velos) pesan máis que os mil veces 32 000 que virán ano tras ano e xeneración tras xeneración a disfrutar e aprender no Parque. Os seus argumentos son poderosos: "ou pescamos todos ou non pesca ninguén". Recomendolles que visiten algún outro Parque Nacional e vexan como se respetan algúns aproveitamentos tradicionais e se prohiben usos abusivos. En Doñana, por exemplo, poden recoller a coquina nas praias pero os coches non entran no Parque.

As súas solucións de compromiso tamén denotan a súa altura de miras: "deberían proceder a balizar las playas y a partir de ese momento retirar la exigencia de esta documentación". É dicir , que organicen o parking e que nos deixen en paz. E pareceralles razoable. Pois non, os simples usuarios de praias xa estamos fartos de ter diante un espectacúlo tipo Porto Banús machacándonos o horizonte e mesmo poñendo en perigo a nosa integridade con pasadas moi vistosas a poucos metros da beira do mar. Eu non teño porque bañarme nun recuncho balizado para que vostede chegue a praia sen dar un paso. Esixo non 200 senón 1000 m de alonxamento en tódalas praias, e nas Cies, nen con permiso.

Lamentable, por fin, a súa petición de rebaixa das sancións " 6000 euros nos parece exagerado" din, "que se consideren como faltas leves y que se sancionen con una multa simbólica de 60 euros". O fin e o cabo, non din, 60 euros pola viaxe é un custo asumible. Igualiño que coas obras ilegais, pago de multa e via!!

Despois de tantas idas e voltas o Parque debe ter unha protección axeitada e hai que crear unha nova cultura de acceso público e solidario a este tipo de espacios. Imaxinen un centro de interpretación ben situado ( na ETEA , por exemplo) donde o visitante poida aprender en paneis, videos e proxeccións o proceso de formación das rías, as dinámicas da auga que producen tanta riqueza. Imaxinen un sitio donde se rememore o Pollycomander ou a loita contra o Prestige e donde os visitantes saian un pouco máis sensibles. Imaxinen, porque non? , unha tenda donde se merquen camisetas con motivos alusivos e recordos para os abós.Imaxinen que xusto ó lado o visitante poida coller un barco colectivo cheo de xente diversa que se sinte igual polo solo feito de ter sacado un billete. Imaxinen que chegan ás illas e efectivamente son illas e non puntos de amarre. Imaxinen, imaxinen... Pero de momento só imaxinasons.

18.6.06

Normas e realidade: contaminación da Ria de Vigo

AS NORMAS....


A REALIDADE...


17.6.06

"Mami ¿dónde está nuestra casa?" Emblemas

A casi todas las 'mamis' les ha ocurrido esta situación al regresar en barco desde Cangas a la ínclita Vigo ¿verdad? Y entonces, desde el medio de la ría señalamos con el dedo los 'emblemas' de la city para situar al nene/nena "¿Ves allí Casa Mar?..." o ¿...allí el Bahía? (nos guste o no)...", o "¿ves la Residencia?..." o ¿... la fábrica de conservas Alfageme?...". Estos son los edificios emblemáticos.
Y, con emoción, ya el arquitecto que ha diseñado la nueva mole, a filmar el derribo del que más, entre todos ellos: Casa Mar.
Esto de ser mami se pone complicado. ¿Que no?
— Raqueeeeel, esos niñooos. —Ya empezamos.
— Opá, no chilléis tanto. Papi está estudiando los Mundiales.
Él quiere saber, me dice, dónde caen Togo Trinidad y Tobago. Yo
creo que son islas y como tales vete tú a saber. Como los continentes viajan... y además Torrente (Don Gonzalo) contaba que Castro Forte do Baralla salió volando con todos sus habitantes... vete tú a saber. Ahora que pensándolo mejor (yo a veces pienso), casi que me voy pal lado de mi esposo y así entre los dos malo será que no situemos esas islas; porque son islas ¿o no? y una vez resuelto ésto, —juntitos en el sofá y dejando la tele a su bola— tal vez pongamos fecha para un viajecito a Tetuán...
Estos de los Mundiales te enseña mucha geografía.

Edificios emblemáticos, situaciones emblemáticas... Soluciones emblemáticas. Opá.

El Matadero de Alcabre resucita

¿Resucita o es que tal vez en ningún momento ha dejado de serlo dada su actividad?: ahí no dejan de sacrificar sueños, espectativas, proyectos...
A fin de cuentas son multitud los que así le siguen llamando a la readaptación-ampliación de aquel edificio que rediseñó Aldo Rossi con retoques (al rediseño) de César Portela y que desde entonces han dado en llamar Museo del Mar (como si llandándole 'bonito' al 'feo' no hiciese falta el cirujano plástico para remediarlo).
Las multitudes suelen imponer sus criterios porque hay 'algo' que les da la razón, porque el tiempo y los acontecimientos que lo llenan se lo confirman (a la multitud).
Un ejemplo, que bien ilustra lo anterior, nos lo ofreció día atrás la noticia en prensa "Presentación en el Museo del Mar del megayate 'Cento', de 40 metros y 12 millones" con foto del megayate. La noticia resalta la "cantidad" (el caso es alimentar el impulso infantil del 'mí'). Claro ¿qué otra cosa podría resaltar? ya que el 'diseño' (si es que lo hay) muestra un barco antidiluviano, donde lo que llaman aerodinámica simplemente no exite, es decir: romo, romo, romo; tipo esas casas de reciente factura que tratan de imitar a los pazos del s.XIX; o como las megaempanadas. Mundo, mundo...
Y este 'subproducto' presentado en el Museo del Mar (¡vaya usos!) viene a darle la razón a la multitud.
Llamemos a las cosas por su nombre: En el Matadero de Alcabre han presentado un megayate donde ha sido sacrificado el buey-design.

15.6.06

As responsabilidades do PSOE vigués

Afirma a nosa Constitución, aventando vellas doctrinas dictatoriais, que os partidos políticos son o instrumento esencial de participación na política. Ese recoñecemento, que leva aparellados dereitos exclusivos e apoio mesmo económico, implica unha responsabilidade diante dos cidadáns sexamos ou non afiliados. Por iso non está de máis que xulguemos a executoria das organizacións representativas na cidade a poder ser antes de que o fragor da batalla electoral nos prive da tranquilidade necesaria.
O PSOE vigués, por exemplo, ven dando mostras contínuas de incoherencia empezando por un grupo municipal donde a maioría dos seus membros, empezando pola portavoz Porteiro, están desaparecidos da política diaria. A exclusiva batalla arredor do PXOM dada por Mauricio Ruiz vese como un esforzo individual dun concelleiro que estudia o tema, prepara iniciativas e mesmo recorre a cidade explicándoas. Sen embargo, o seu (sic) grupo municipal e non digamos xa a organización local asiste muda ós ataques de que ven sendo obxecto.
No gran problema do saneamento vigués o PSOE local agáchase tras as institucións autonómicas e estatais e , nen sequera, tiveron o detalle de facer autocrítica das súas responsabilidades cando as tiveron, por moito que Villarino anunciase que tería moito que dicir.
Pesía que nos discursos congresuais sempre aparecen as boas intencións de abrir os partidos á sociedade e atender ós problemas dos cidadáns a sensación que temos é a dun grupo autista, adicado a recolocar persoeiros como Carlos Príncipe na primeira fila e empregándose con ardor nunha batalla interna sen repercusións na cidadanía. O curioso desta actitude irresponsable é que dan por descontado que os cidadáns van seguir apoiando ó partido ben sexa porque así amolarán á dereita ou ben porque o efecto ZP é unha tormenta tropical que todo o arrasa.
A preparación das eleccións locais é outro botón de mostra de como funciona: o presunto candidato é colocado nunha institución administrativa - a autoridade portuaria- para facer a súa precampaña e o partido non pinta nada. Si xa séi que todos fan o mesmo, aquel coa dirección xeral do deporte e esta coa alcaldia e o plan parroquial, pero iso, lonxe de disculpar, agrava a responsabilidade.
Por último, a dimisión de Miguel Barros coa posibilidade do seu transito á unha formación nacionalista, da unha idea da confusión ideolóxica que existe no partido ainda que poderíamos discutir a porcentaxe que da citada confusión corresponde ó partido e ó individuo.
Gustaríanos saber se o PSOE local (ou no comarcal ou galego, tanto ten) fai unha reflexión relacionando a falla de gobernabilidade do Concello de Vigo e a ausencia clamorosa dun proxecto minimamente estructurado para a cidade co seu lastimoso estado organizativo. E no caso que tal reflexión exista ¿que pensan facer?
E, mentras tanto, Gayoso e Riera e APROIN tan contentos facendo e desfacendo cidade sen problemas.

13.6.06

Amador Fernández, un político pofesioná en Vigo

Responsables da contaminación na ría de Vigo (2)

Amador Fernández
(BNG) non é un político afeccionado, é máis: moléstanlle os políticos afeccionados. El é un concelleiro como deus manda: pofesioná. É ademais un tipo simpático (¿ou gracioso nada máis?). Ás probas me remito: ¡con canta rapidez e gracejo soltoulle a Mauricio Ruiz Ceniceros (PSOE) que, ademais dun vulgar afeccionado da política, era un “cenizo” por “des-ventura”!. Realmente inxenioso.
Pero o político pofesioná Amador Fernández, concelleiro do BNG en Vigo, debería, dende hai moito tempo, ficar caladiño... sería menos simpático, pero metería menos a pata.

Lembremos e denunciemos algunhas pofesionalidades deste gracioso concelleiro do BNG en Vigo:

Como concelleiro de medio ambiente 1999-2003, oculta a situación real da depuradora e permite os vertidos industriais sen control.
Durante todos estes anos ocultou as consecuencias dos graves problemas de contaminación da ría de Vigo, coñecendo perfectamente que a Depuradora do Lagares botaba sen depurar inormes cantidades de augas contaminadas directamente á ría. Él é un dos responsables da situación actual e debeu (vou ser un pouco cenizo) dimitir de inmediato como concelleiro no momento en que se coñeceu a multa da Unión Europea e se denunciou a gravísima situación do saneamento en Vigo. Porque Amador Fernández sabía necesariamente, mentres era o responsable municipal de medio ambiente, que non se facía o preceptivo control de vertidos da inmensa maioría das industrias conectadas á rede e que vertían e verten as súas augas contaminadas directamente á ría sen depurar a través dos colectores de saneamento, de competencia exclusivamente municipal. Se no ano 2005 o Concello admitía que só o 10 % das industrias (76 empresas, segundo o Concello, aínda que nonos saen as contas) tiñan autorización de vertido ¿cantas eran no ano 1999 cando ao noso Amador lle encomendaron a xestión do Medio ambiente vigués? ¿e cantas eran cando, catro anos despois, deixou de sélo en 2003?: en 2001 eran 60. Hai que recoñecer que Amador conseguíu regularizar nada máis e nada menos que un máximo de 16 empresas en 4 anos. Todo un récord do noso pofesioná e dos seus sucesores (Mª José Porteiro (PSOE) -esta por 6 meses- e José Manuel-Iznogood Figueroa (PP) que seguen a cantarnos a mesma milonga ano tras ano.

Sen separar as augas pluviais das fecais
Pero ademais, o noso pofesioná é o corresponsable (xunto con Augas de Galicia, da Xunta do PP) do fraude das últimas obras de ampliación dos colectores de marxe do río Lagares. Dedicado por enteiro daquela (como C. Porro agora) a poñer bonitiño un paseo polo río, enganaron a todo o mundo cuns tanques de tormenta que –lonxe de utilizarse para separar augas pluviais de fecais, como estaba previsto no proxecto aprobado e financiado pola U.E.- o que facían era verter de novo toda a crecida do río á rede de saneamento, aumentando o caudal de augas contaminadas, ata a saturación da depuradora. Permitíase, ademais, xustificarse dicindo barbaridades como que a auga dos tanques saía xa depurada deles ao botar tanto tempo dentro. Todo un pofesioná.

Vertido de lodos contaminados e "eu non sabía nada"
Pero non acaban aí as desfeitas do noso profesional Amador. Preocupado por facer brindis ao sol, permitíu –por acción ou por omisión- o vertido de toneladas de lodos tóxicos procedentes da depuradora do Lagares en Lugo e Lalín, sen cumprir en absoluto os procedementos de vertido de residuos clasificados, coa escusa de que servían de fertilizante, ocultando, novamente, a alta concentración en metais pesados que contiñan.

O entullo do Cuartel de Barreiro vertido ás beiras do Lagares
A iniciativa do noso concelleiro, o paseo do Lagares, en Sárdoma e Castrelos está construído cunha base de escombros de obra procedentes da demolición do Cuartel de Barreiro. Naturalmente o uso deste entullo non estaba previsto, nin podía legalmente estalo, no proxecto que persoalmente supervisou.

Canalizando ríos... Amador tampouco sabía nada
Amador foi tamén, tan pofesioná el, o co-responsable das infumables obras de ampliación e mellora dos colectores do Lagares, realizadas por Augas de Galicia -financiadas pola UE- durante o seu mandato, e baixo a súa supervisión, nas que se canalizaron -fóra de proxecto- extensos tramos do río, eliminando o cauce natural, con tala incluída da vexetación de ribeira, logo substituída por unhas arboriñas colocadas en ringleira.

E é que este Amador, profesional cabreado cos “cenizos” que se curran o seu traballo como concelleiros, non hai por onde collelo. É deses políticos profesionais dos que podemos con toda seguridade prescindir os cidadáns. Bastante ten con terse librado despois de cometer tantos atropelos ambientais, iso sí, sempre cun chiste ou un ocorrente e gracioso chascarrillo.

Déanme señores un millón de Mauricios Ruiz afeccionados e líbrenme para sempre dun só Amador profesional. E déanme as hemerotecas para denunciar a tanto fantasma irresponsable como nos invade.
¿Será a pesar de todo o noso simpático e profesional Amador unha das caras da renovación das listas do BNG en Vigo para as municipais de 2007?. Aviados estamos.

R.I.P.

... por Casa Mar.
El diario Faro de Vigo, en la página 2, titula hoy a cinco columnas "Los promotores del Pazo de Congresos empiezan a 'edificar el Vigo del futuro'" e incluye fotografía de los promotores, alcaldesa y arquitecto con casco blanco (de jefes demoledores).
Esta mañana en Radio Vigo habla, con voz emocionada, César Portela, arquitecto de este Pazo de Congresos: "Vamos a filmar la demolición de Casa Mar".
No hace muchos meses un artista británico presentó en una exposición un video en directo de un cadáver en descomposición (metió una cámara de video en un ataud junto al muerto y a continuación se enterró el ataud, el muerto y la cámara de video funcionando).
Dos sorprendentes videos para gusto de necrófilos.
Descansen en paz.

10.6.06

La primera, en la frente


Ha comenzado ya la contabilidad que les había anunciado en el post "Inaugura que algo queda", del 14 de julio del año pasado. Ya se ha estrenado la CG-4.1, conocida como Vía Rápida do Morrazo o Corredor do Morrazo, con el PRIMER MUERTO, en este caso, muerta, y un herido grave, que esperemos que se restablezca. El accidente fue cerca de las dos de esta madrugada, aproximadamente en el punto que marca la foto, en la salida a Meira.
Y, lo que son las cosas, mientras en la edición digital de La Voz de Galicia se informaba de este accidente, el Faro de Vigo se limitaba a dar la "noticia" de que 3.000 coches más de los habituales se habían metido en O Morrazo, gracias a la liberalización del peaje y, naturalmente, a las supuestas "facilidades" que ofrece la nueva vía. Naturalmente, las "facilidades" se convirtieron en atascos a las horas de siempre.
Tardaron años en aceptar que había que hacer otras carreteras (con o sin peaje) en O Barbanza y O Salnés, aunque estoy firmemente convencido de que ya sabían lo que iba a ocurrir, pero hay que darle a la máquina de habilitar "concesiones" para que siga vivo el asfaltismo-ladrillismo.
Vieron eso en las vías gemelas de aquellas penínsulas de las Rías Baixas, pero hicieron la de O Morrazo. ¿Cuánto tardarán en anunciarnos que se va a hacer el segundo puente sobre la ría de Vigo?
Como les dije, la política de obras de la que todos participan es la de permitir que se agudicen los problemas para luego darles una "solución" acorde con las apetencias económicas de los responsables.
Las cosas seguirán así hasta que del Medio Ambiente no quede ni un Cuarto Ambiente. Por tierra nos destrozan los montes y el paisaje y por mar nos llenan de mierda. Pero les viene bien para hacer más inútiles carreteras, más puentes y más depuradoras, que resultarán insuficientes, para mantener vivo el asunto de seguir con las concesiones de obras.
Fascinante.

Responsables da contaminación da ría de Vigo (1)

"La sentencia del Tribunal Europeo llegó tras una denuncia surgida de ciudadanos de la ría viguesa después de cinco años de deliberaciones, análisis científicos y revisión de la situación del litoral. (Voz de Galicia 10.06.2006)

Co(Responsables), por acción (moitos) por omisión (algúns):

Dolores Villarino, concelleira en Vigo 1991-1995 (PSOE): ordenou a conexión ao saneamento, sen depuración previa, de tódolos vertidos industriais que ían ao río Lagares para que saísen sen depurar directamente á ría polo emisario submariño. Incumpríu conscientemente a Ordenanza Municipal de Vertidos que ela mesma aprobara e o principio que prohibe trasladar a contaminación dun medio a outro. Ela mesmo dixo que tiña algo que dicir sobre a depuradora. Estamos esperando.

José Ramón Montero, concelleiro de medio ambiente 1995-1999 (PP). De infausta memoria tamén polo caso Mamadou, coñecía perfectamente a situación de contaminación directa da ría e das insuficiencias da estación depuradora do Lagares. Non fixo nada e calou. Non fixo control ningún de vertidos industrias sen depuración previa á rede de saneamento, da súa competencia.

Amador Fernández, concelleiro de medio ambiente 1999-2003 (BNG). Cinicamente acaba de botarlle en cara ao goberno de C. Porro que "en dos años el gobierno local no buscó soluciones al problema de saneamiento", cando el en catro anos permitíu os inormes vertidos á ría de augas urbanas e industriais sen depurar e ocultou conscientemente o grave problema ambiental que ocorría e que levou á Unión Europea (tras denuncia veciñal xustamente durante o seu mandato) a impoñer unha multa de 20 millóns de euros. Non fixo control ningún de vertidos industrias sen depuración previa á rede de saneamento, da súa competencia.

Mª Xosé Porteiro, concelleira de medio ambiente (seis meses en 2003) (PSOE). Encargou unha auditoría sobre a Depuradora a unha empresa vinculada a Aqualia, que é a encargada da xestión e mantemento da Planta. A estas alturas, dende a oposición, segue sen enteirarse e nada di dos vertidos industriais directos á rede de saneamento e á ría.
Non fixo control ningún de vertidos industrias sen depuración previa á rede de saneamento, da súa competencia.

José Manuel Figueroa, concelleiro de urbanismo e medio ambiente 2003-2006.. (PP). Ocultou, como os demais a grave situación existente ata que lle saltou na cara. Leva máis de dous anos montando un paripé cunha Comisión técnica incompetente e agradecidamente dócil, gastando os cartos. Tivo o morro de declarar, referíndose ao saneamento, que él non ía gastar diñeiro municipal en tuberías que non se vexan (aplausos de Toba).
Non fixo nin fai control ningún de vertidos industrias sen depuración previa á rede de saneamento, da súa competencia.

E, claro, D. Xosé Cuíña, amiguete de todos e responsable da construcción da Planta depuradora do Lagares e doutras obras de Augas de Galicia, entregadas e aceptadas polo Concello de Vigo, sen que se cumprisen as esixencias das directivas comunitarias, nin os proxectos.

Continuaremos desvelando as responsabilidades pormenorizadamente. Paciencia...

9.6.06

No todo, pero agua sí

"al enemigo ni agua" o "esta mañanana no ha salido el sol" son frases hechas que ya han quedado obsoletas; la primera porque nos situa en una época donde el 'acuerdo' o 'negociación' eran conceptos desconocidos, y, por lo tanto, los encuentros se resolvían a pedradas; y, la segunda, dados los avances en el conocimiento del comportamiento de los cuerpos celestes, ya sabemos que el centro del sistema solar no es la Tierra.
Pero seguimos usando dichas frases. Una con resultado más inocuo, la otra, "al enemigo..", convendría aparcarla por la crueldad que soporta.
En todo negocio una de las partes gana y, como de donde nada hay nada se obtiene, la otra parte pierde si tan sólo calificamos de 'beneficio' a las cuestiones económicas... pero hay otros muchos beneficios de efectos magníficamente saludables e imprescindibles.
En toda negociación hay una parte que pide y otra que ofrece; es decir: ambas partes se necesitan.
Tan sólo la humanidad tiene la capacidad de la generosidad: en la Naturaleza no existen los acuerdos, reina la violencia, la imposición: el árbol grande asombra y raquitiza al que a su sombra pretende vivir, o el pez más grande se suele devorar al de menor tamaño.
Démosle entonces agua, y algo más si lo necesita, al enemigo si de tal alimento andamos servidos; hagámoslo ya esta mañana de primavera aprovechando que las nubes atenúan la energía solar. Todos, ellos y nosotros, más pacíficos.

8.6.06

De cine

Salas de cine más o menos distribuídas por la ciudad que han sido eliminadas en relativamente poco tiempo: Cine Rosalía Castro, Cine Teatro García Barbón, Cine Tamberlik, Cinema Radio, Cine Odeón, Cine Avenida, Cine Roxy, Cine Niza, cine Vigo, Cine Disol, Minicines Centro, Teatro Cine Fraga... ¿me quedará alguno? Bastantes para una city como ésta ¿verdad?
Y eso que el cine es la manifestación artística por excelencia de los últimos cien años.
¡Cómo arrasa el tsunami inmobiliario!
Una ciudad que asume estas pérdidas patrimoniales, entre otras, no me digan que algo enferma sí que anda.
Ustedes mismos.

7.6.06

Carta abierta a la peña

Queridos amigos:
Nos supongo a todos de acuerdo en que la principal misión de un medio de comunicación de masas (eso que los "enterados" llaman mass media, que no es, por supuesto, la mitad de la masa, ni siquiera una, estadísticamente hablando, masa media) es la de dar satisfacción al derecho de los ciudadanos a estar adecuadamente informados de aquellas cosas que tienen derecho a conocer.
Yo siempre pensé que era así, y que los beneficios de la explotación de ese medio derivarían, naturalmente, de conseguir un público fiel, sabedor de que cuenta con un defensor de las desviaciones del poder político o económico. Tal fidelidad debería verse compensada por la afluencia de anunciantes, en la medida en que la difusión y credibilidad del medio resultaría apetecible para la publicidad.
Pero sé también que los tiempos cambian y hoy es el pseudópodo del poder económico, es decir, el político, quien tiene las riendas del dinero del reparto. Y, lamentablemente, en los medios de comunicación se ha instalado la fórmula de no incomodar al poder político, no vaya a ser que uno se vea arrojado a las tinieblas exteriores del reparto de dinero que se destina a la compra de voluntades en todos los niveles de la Administración Pública.
No hace mucho se llamaba a ese contingente económico "fondo de reptiles", una afortunada expresión para designar tal forma de corrupción. Por entonces, el "fondo de reptiles" tenía una aplicación más próxima y personal y solía destinarse a tales o cuales periodistas que, como siempre se hizo en los toros o el fútbol, se aplicaban a dar cuenta de las excelencias de quienes pagaban, ocultando a las empresas periodísticas su hipotecada voluntad.
Pero la avidez no tiene límites y el "fondo" acabó por ser gestionado, directa y flagrantemente, por las propias empresas, que han ido pasando –desconozco las excepciones, que debe haberlas– de difusoras de información a gestoras de una parte de los fondos públicos.
Hoy, las administraciones públicas (estatal, autonómica, provincial y local) disponen de formularios, suficientes para empapelar una ciudad como Vigo, para establecer "convenios" con periódicos y emisoras que ascienden a muchos centenares de millones de euros cada año. Hay convenios para repartir "pins" con el ejemplar del domingo, para publicar una guía de las monocotiledóneas subsaharianas, para "dar a conocer" la avifauna autóctona, para publicar una página de lo que sea en lengua vernácula, para editar una colección de biografías de "quien sea", o para "informar" de las actividades municipales...
El resultado de este "nuevo periodismo" es que raramente se verá una crítica eficaz al Ayuntamiento del ámbito del medio en cuestión, y la "información" para el ciudadano se esfuerza en resultar simple altavoz de lo que, convenientemente, emita el órgano administrativo con el que se cuenta para que el ejercicio se salde con beneficios económicos.
La fórmula ha dado también como resultado la desprofesionalización de las redacciones de los periódicos, de tal modo que, que yo sepa, ningún periodista es exigido por su empresa a descubrir irregularidades en la gestión municipal, o a explicarnos a los ciudadanos cómo se gastan nuestro dinero los que nos lo administran, ni a instruirse permanentemente en aumentar su capacidad crítica, derivada de la cultural y la profesional. Si acaso, todo lo contrario.
Pero, como todo cautivo es, a su vez, carcelero de quien lo encadena, ya los "mass media" han sacado pecho y se atreven a señalar con el dedo si no se les paga. Aquí, el ejemplo de Ventura Pérez Mariño (que decidió liquidar el "fondo de reptiles") es paradigmático. Sus antecesores le había metido a los principales medios locales 1.500 millones de las viejas pesetas en un año, y el "juez de la horca" pretendía quitarles el pringue. Lo pagó, en el único ejemplo de ataque despiadado que hemos visto en muchos años, y sin el mínimo argumento homologable, a un personaje público. Y aún hay quien se cree que los pajaritos preñan.
Las empresas periodísticas (no os perdáis la peli "Buenas noches y buena suerte", que ya lo explica mejor que yo) han abandonado su única misión justificativa, y nos dejan a los ciudadanos a los pies de personajes como los que estáis pensando. Desde hace algunos años, la exigencia de un nivel cultural o, simplemente, profesional para contratar periodistas es nula; en las redacciones prima la "línea empresarial" muy por encima de la profesional, y quienes tienen de suyo inquietudes de servicio a los demás van dirigiendo sus esfuerzos hacia la literatura, terreno todavía no tan corrompido como el periodismo, sobre todo el "de provincias", o sufren en silencio su frustración profesional.
Seguro que con esta perorata lesiono algunas sensibilidades, pero me importa menos eso que aceptar un debate sobre lo cierto o incierto de lo que he dicho. Sinceramente, no me imagino que alguien me desmienta.
En fin, que ya no hay prestigio alguno en servir a los ciudadanos, ni hay ciudadanos que lo vean. Pero todo se da por bien empleado si las cuentas siguen cuadrando, aunque los legítimos intereses de los ciudadanos, sometidos a la propaganda dirigida de los "mass media", sean traicionados.
Y, suponiendo que sean así las cosas, ¿por qué seguís creyéndoos lo que os cuentan los periódicos y difunden las ondas hertzianas por el receptor de radio o televisión?
Decía no importa quién en no importa dónde que la única noticia cierta de los periódicos es la fecha.
Pos... vasereso.

Humaniza, que algo queda

¡Conseguido! Si les faltaba algún dato para confirmar lo que todos suponíamos, ahí les queda esta oportuna informacion de La Voz de Galicia. En seis años, el precio de una plaza de aparcamiento en el centro de Vigo, ¡se ha mutiplicado por siete!, ¿eh?
En realidad, la noticia referida tiene poco que comentar: se entiende sola. Pero lo que no se entiende muy bien (o sí) es que en pleno centro de Vigo se sigan edificando inmuebles sin la exigencia de aparcamiento. La inmensa mayoría de los nuevos edificios se dedican al lucrativo negocio de los "mini pisos", fundamentalmente estudios de no más de 40 metros cuadrados.
Esta nueva ola de reducidos habitáculos, tan denostados cuando es la iniciativa pública la que los promueve, tiene una mayor demanda en una sociedad en la que el alojamiento de una sola persona crece, al crecer el número de separaciones, divorcios, etc. Pero, al mismo tiempo, se da la circunstancia de que la mayoría, por no decir la totalidad de los nuevos inquilinos/propietarios, tienen un automóvil al que no se facilita alojamiento.
Qui prodit? Pues beneficia a los titulares de concesiones de aparcamientos subterráneos y a los promotores de los que hay previstos. Mientras perjudica, notablemente, a todos los demás, lo cual nos hace suponer que no disponemos de un gobierno para todos, sino de un gobierno "para los nuestros".
Que un metro cuadrado de alojamiento de coche sea más caro que el del alojamiento de una persona es un sindiós. Pero es ese desafuero el que está siendo favorecido desde el Concello que rije la inefable C.Porro, con la inestimable ayuda del "Iznogood" de Figueroa y el "Látigo" del profesor Toba Girón, a golpe de "humanizar" lo inhumanizable, mientras se nos deshumaniza a base de enlosetados, alcorques y estética urbana de gruyère con moho.
Pero ellos siguen, erre que erre, proponiendo más "humanizaciones" carísimas, más aparcamientos subterráneos para paliar la eliminación de plazas en superficie y más apartamentos/estudio sin garaje.
Parafraseemos el aforismo y zambullámonos en un ¡humaniza, que algo queda! Pero ¿qué algo les queda?

¡Saturnales!

Perdonen que insista

Hay ciudades que guardan con respeto la memoria de su pasado —caso paradigmático podría ser Venecia— y hay ciudades que pareciese parten de cero cada día; uno las abandona un año y al regresar... ¡todo nuevo! Éstas podrían denominarse ciudades 'grandes almacenes' pues el decorado cambia según la temporada sea la de invierno, verano,... y sus ciudadanos, evidentemente, se ven abocados a una compulsiva vida clientelar. Deprime ¿verdad?

Los que recuerdan el edificio derribado en la esquina Colón con García Barbón para construir lo que ahí está, bien que lamentan aquel despropósito.

Dentro de pocos años otro tanto acontecerá con la memorable Casa Mar. ¡Mira que no ver la relevancia histórica, la buena factura del edificio, la memoria cumulada sobre él...! Una sociedad bastante ciega; pero ¡tranquilos! sus 'derribadores' ya, ya editarán calendarios con bellas fotos de Casa Mar, al igual que ya vienen haciendo con las de los arenales arrasados en el centro de la ciudad. ¡Saturnales!

Estamos instalados en "la monstruosa normalidad de la completa indiferencia hacia lo ético". Tal es el signo de los tiempos, al menos en Occidente. Vigo no se libra, como es lógico.

Infantilismo político.

Andaba eu matinando co serio problema de identidade que me provocou o bipartito local a proposito de se me considero un parroquiano con dereito a plan ou un cidadán con dereito a humanización, cando Figueroa-Corina-Toba acabaron por desfacerme as neuronas cun dilema máis fondo ¿son definitivamente parvo ou está a cidade en mans duns nenos de gardería?
A cousa ven a conto dunhas increibles declaracións donde o voceiro Chema confesa que non poden decidir a ubicación da maldita depuradora porque se pode montar unha crise social. A súa compañeira C. Porro non deixa de chorar e chamar por papá Touriño e mamá Narbona. Hai uns dias, sen embargo, cando conseguiron o seu xoguete preferido, un tal PXOM, non deixaban de avisar que o xoguete é deles e que ninguén llo tocara: "O modelo de cidade é noso e non cho deixo, ala"
Total , que o modelo de cidade non inclúe a ubicación dos servicios fundamentais e iso ten que decidilo outra instancia a quen botar as culpas.Pero aínda máis, o problema do saneamento non é competencia do concello(sic) según afirmou Toba e debe ser a Xunta a que financie a recollida da merda mentras o concello construe beirarruas e alegres parques parroquiais. Que felicidade! Non subamos impostos, demos saida a regatas, visitemos xeriátricos, inauguremos parques e xardíns, a poder ser un pouco antes das eleccións e, iso si, deixenos recalificar terreos sen molestar. E o caso é que, cando vemos a C. Porro indignarse diante das cámaras, un chega a pensar que xa non son uns malcriados caprichosos, senon que de verdade crén no que dín.
E non me deixan outra saída: chego a conclusión de que son uns irreponsables e que por tanto, están inhabilitados para gobernar unha cidade. Vaian saindo, por favor.

5.6.06

Educación milagreira


-Papá, papá, aprobei educación en patrimonio pero deixei feismo e vial para setembro. Menos mal que tamén aprobei educación para a convivencia e matemáticas

Prepárense porque isto pode ser certo en pouco tempo. Solucionar (sic) os problemas sociais a base de inventar novas asignaturas é un recurso ó que tódolos gobernantes acaban recurrindo. O último da lista foi o director xeral de Patrimonio da Xunta que , como remedio ó vandalismo, propuxo unha asignatura de educación en patrimonio que ademais sería obrigatoria. Lémbrolles que antes foron os arquitectos quenes promoveron a asignatura contra o feismo. Eu non sei se é que teñen unha fe desbocada no que fan os colexios ou ben, trátase de adiar as solucións por xeneracións resultando así imposible pedirlle responsabilidades polo seu traballo. En todo caso, sería bon que dunha vez se tivera en conta que a educación non empeza nen acaba nos colexios e que non se alimentara a frustración dos inxénuos que pensan que "antes" se que se educaba como era debido. Os medios, a administración, os servicios públicos e a sociedade tamén educa e deseduca. Asi que tomén nota e comecen por cuidar o patrimonio.