IX ÉPOCA

27.10.14

Do síndrome de Estocolmo ao síndrome Detroit

Ainda queda en Vigo moita xente que fala de Citroën como dun deus benefactor que non deixa de derramar regalos sobre a cidade. Como teñen por costume os deuses, Citroën ven pedindo sacrificios que os pacientes desta especie de síndrome de Estocolmo realizan dilixentemente: unha avenida de conexión co porto,  unhas subvencións para o coche eléctrico; ainda a semana pasada, o alcalde declaraba con presas a disposición do concello a facilitar a ampliación das instalacións fa factoría de Balaidos.
Á vista do comportamento empresarial recente xa son moitos os que abandonan as reverencias e constatan que  emprego e  salarios levan baixando nos últimos anos e que as perspectivas empresariais pasan por destruir máis emprego, baixar máis os salarios e apretar aos proveedores mesmo invitándoos a deslocalizarse.
Sen embargo, lonxe de afrontar o problema, semella que caemos no síndrome de Detroit e , non sendo quen de imaxinar unha cidade sen PSA-Citroën, aceptamos as imposicións como se fosen cicloxénesis explosivas.
Vai sendo hora  que esta cidade mire para diante tendo en conta feitos que tarde ou temprano van suceder como, por exemplo, que non é posible manter o consumo de coches mundial nas cifras a que ten chegado, que o petróleo aumentará de prezo de forma exponencial, que o coche eléctrico está sendo atrasado de forma deliberada, que o transporte colectivo é o futuro. Témonos que sacar de enriba o síndrome Detroit e pensar que a fábrica de coches, como a carpintería  de ribeira,  ten data de caducidade. E facelo desde o punto de vista da cidade porque, non sei se se deron conta, eles, os empresarios de PSA-Citroën, xa se decataron e por eso xa non pretenden gañar cartos vendendo coches senón extorsionando traballadores e cidades enteiras.  

13.10.14

Sobre mareas, coalicións e asambleas.


Estamos nunha desas etapas en que semella cumprirse o principio de que "o vello non sirve e o novo non acaba de chegar". Son tempos fluídos donde están a piques de pasar moitas cousas pero non acabamos de ver o xeito de empuxar cara adiante.
Na nosa cidade grupos de persoas de diferentes procedencias tratan de por en pé o instrumento que permita participar na política local coa vista posta nun funcionamento transparente, sen corrupcións e aberto. Sen embargo, o punto de partida é unha cidade desmovilizada, sen movementos sociais independentes e cunha grande cantidade de asociacións e grupos presos na rede clientelar do goberno do concello ou da deputación ou mesmo dos grupos na oposición. 
Asi as asambleas cidadás abertas do BNG contan coa participación das súas correas de transmisión (o sindicato, o movemento veciñal,..) polo que, lonxe de ter un efecto multiplicador, aparece como unha manobra publicitaria do mesmo estilo das plataformas sectoriais que veñen marcadas por fronteiras ideolóxicas tan estreitas que duplican as estructuras partidarias.
Por outro lado, e animados por exemplos de outras cidades, aparecen duas iniciativas que copian o resultado organizativo sen ter feito o proceso de mobilización previo. A Marea de Vigo e , en menor medida, Gañemos Vigo, tratan de por en pe unha candidatura que incorpora algunhas características dos exemplos alleos (asambleas abertas, primarias(?)) pero que parten dun acordo de grupos que non renuncian a dotar de programa a ditas candidaturas. 
 Chama a atención a debilidade das críticas ao goberno local -as escaleiras mecánicas é o gran erro- e tamén a falla de debate e mobilización. A cidade debería estar atravesada de actos donde se explicaran as experiencias alleas, donde se debatira sobre alternativas sectoriais (urbanismo, medio ambiente, cultura, débeda, etc) e a partir de aí, ir construindo o programa que aglutinara a esa maioría que agarda unha referencia que apoiar.
Produce desánimo ver como a Marea de Vigo proponse recoller 3000 firmas de apoio como test para comprobar a súa viabilidad. Con tres mil votos non se acada nin un concelleiro. Un movemento que pretenda ser de verdade transformador debe aspirar a lograr unha maioria e  se non  se cristaliza nestas próximas eleccións xa será para as seguintes.