IX ÉPOCA
Amosando publicacións coa etiqueta Macías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Macías. Amosar todas as publicacións

27.3.08

Enrique X. Macías, acción e reacción

Vía o blog Brétemas, que tan atinadamente mantén Manuel Bragado, entéirome da homenaxe que dende a Concellería de Cultura de Vigo se vai celebrar co gallo do que sería o 50 cumpleanos de Enrique X. Macías, compositor vigués que nos deixou hai xa máis de 10 anos. A través dese blog accedo tamén ás páxinas, que baixo o título Macías, un genio autodidacta, lle adica ao músico o Faro de Vigo antronte. Que palabras tan diferente ás que o día 6 de febreiro de 1983 lle dedicou este periódico ao facerse eco e publicar de xeito destacado e integramente unha vergonzosa carta-manifesto, feita pública e remitida polas daquela forzas vivas do máis rancio sector musical e desta cidade.
Como o exercizo da memoria é algo bo, e as forzas dese antigo réxime reaccionario no ámbito cultural seguen vivas (véxase se non as reaccións no seu día contra o Sireno de Leiro, as tonterías do arquitecto-fábrica Martín Curty, as chalanas do Berbés ou a exposición de monequiñas con traxes rexionais que nestes días se exhibe na planta baixa do vello Concello na praza da Princesa.... por exemplo), aconsellamos lér o que publicaba sobre Enrique X. Macías aquel Faro de Vigo de 1983, tan xeneroso para publicar, íntegras e destacadas, tantas palabras necias dos músicos oficiais.

Grazas aos responsables de Cultura por -como xa fixera Carlos Príncipe, penso que aínda en vida de Macías- rachar coa reacción vilega desta cidade e darlle un merecido espazo na programación cultural viguesa.

(Faro de Vigo 06.02.1983
Clic na imaxe para lér o texto)