IX ÉPOCA

16.2.07

Finca do Conde: o día D

PEPRI FINCA DO CONDE: o 21.07.2003, BNG, Soto e PP decidiron que se chegase á situación actual. ¿Por que?. Vostedes mesmos xulgarán...


ACTA
CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO
SESIÓN EXTRAORDINARIA E URXENTE DE
21 DE XULLO DE 2003

Na sala de sesións da sede da Xerencia municipal de urbanismo de Vigo, cando son as 8,40 horas do día devandito, en segunda convocatoria e en sesión extraordinaria e urxente, reúnese o Consello da Xerencia de Urbanismo para o estudio, dictame e resolución, no seu caso, dos asuntos incluídos na orde do día remitida a tódolos compoñentes do Consello, baixo a presidencia do seu titular, o Iltmo. Sr. D. Ventura Pérez Mariño e coa asistencia dos vocais, D. Amador Fernández Fernández, D. Mauricio Ruiz Ceniceros e D. Xavier Toba Girón. Está presente, ademais, Dª Berta Guarner González interventora xeral do Concello. Actúa como secretario D. José Riesgo Boluda, secretario da Xerencia de Urbanismo.

PEPRI III-02 FINCA DO CONDE.- EXECUCIÓN DE SENTENCIAS DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

Antecedentes:
O día 02.06.03 o técnico de admón. xeral de Planeamento e Xestión informa:

“Antecedentes: 1.- En data 16/04/1998 o Pleno do Concello aprobou definitivamente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior "III-02-Finca do Conde", cos votos en contra dos concelleiros do BNG e PSOE (Expte. 4218/411).

2.- No 30/08/1999, unha vez constituída a nova Corporación municipal, o Pleno do Concello acordou: "Inicia-lo expediente de declaración de nulidade de pleno dereito do PEPRI III-02 "Finca do Conde" (...)", e en consecuencia: "Suspende-la execución do mentado PEPRI (...)". No 09/09/1999, o alcalde-presidente emitíu un Decreto no que acordou suspende-la execución do proxecto de compensación, do proxecto de urbanización e de tódolos procedementos de licencias en trámite nesa área. En data 24 de novembro de 1999, o Consello Consultivo de Galicia emitiu o seu dictame vinculante sobre o proceso de revisión de oficio do PEPRI, en senso desfavorable, o que implicaba a imposibilidade da súa continuación e o alzamento da mentada suspensión.

3.- En data 20/03/2003 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou conceder a "Finca do Conde, S.A." licencia de obras para construír dúas torres de 15 plantas e 114 vivendas cada unha no ámbito de referencia (exptes. 34059/421 e 34058/421). Ditas obras atópanse nun estado primitivo de execución.
Aínda non se autorizou a construcción do centro comercial previsto no PEPRI. Os expedientes das respectivas licencias de obras e apertura solicitadas pola entidade mercantil "Decovisa" atópanse en avanzado estado de tramitación (exptes. 32522/421 e 19324/422).

4.- No 27/03/2003 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou tres sentencias nas que declarou a nulidade do PEPRI, proxecto de compensación e proxecto de urbanización do ámbito de referencia (recursos cont.-ad. 2/6118/1998, 2/4305/1999 e 2/4506/1999, os dous últimos promovidos pola Xunta de Galicia). A entidade mercantil "Finca do Conde, S.A." interpuxo recurso de casación contra ditas sentencias.

5.- Actualmente estanse tramitando dous procesos contencioso-administrativos perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o proxecto de compensación dese ámbito (recursos cont.-ad. 2/4355/2003 e 2/4341/2003), promovidos respectivamente polo Ministerio de Fomento e D. Nicolás Alberte Meixengo.

Fundamentos xurídicos: I.- As tres sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27/03/2003 antes citadas, declarativas da nulidade do PEPRI "III-02 Finca do Conde" motiváronse na infracción do uso característico residencial fixado para ese ámbito no Plan Xeral de Ordenación Urbana do 29/04/1993 (PXOU-93). No PEPRI cualificouse unha parcela de 21.880 m2 de superficie cun uso exclusivo comercial. Sinala o Tribunal que:

"(...) una cosa es que las plantas bajas de los edificios a residencia se dediquen, como es usual, a usos complementarios y compatibles con aquél, como los comerciales o de servicios, y otra que la mayor parcela edificable esté dedicada por entero a un uso terciario no previsto en la ficha, pues por sus dimensiones resulta claro que no estará exclusivamente al servicio de los edificios residenciales del ámbito, lo que impide hablar de complementariedad con el destino de éstos".

Este motivo de nulidade xa fora recoñecido anteriormente pola Xunta de Galicia nos informes emitidos durante a tramitación do PEPRI. Tamén polo propio Concello no seu acordo plenario do 30/08/1999 no que se instou a súa revisión de oficio. O Dictame vinculante do Consello Consultivo de Galicia do 24/11/1999 impedíu consumar dita revisión de oficio, co único argumento de que simultaneamente se estaban tramitando varios procesos contencioso-administrativos contra o mesmo instrumento de planeamento.

II.- Na segunda das sentencias referidas (recurso 2/4305/1999, demandante: Xunta de Galicia) declarouse tamén a nulidade do proxecto de urbanización desa área, polo motivo engadido da indebida ampliación da anchura do vial da "Baixada ó Castaño".

III.- A entidade mercantil "Finca do Conde S.A." interpuxo recurso de casación contra as devanditas tres sentencias anulatorias. Estes recursos de casación teñen escasas probabilidades de éxito, considerando as sentencias dictadas polo Tribunal Supremo durante os últimos catro anos en casos similares do Concello de Vigo dádo que non se aplica dereito estatal senón autonómico (Art. 89.2 LXCA-98).
Sen embargo, as sentencias de referencia carecen de efecto directo ou executivo en tanto en canto non sexan firmes (Art. 104.1 LXCA-98). O Tribunal Supremo demorará un prazo aproximado de dous anos en confirmalas ou revogalas.

IV.- Da análise dos referidos antecedentes, e do estado aínda primitivo da execución dese ámbito (obras de edificación apenas comenzadas e licencias urbanísticas aínda pendentes de outorgamento) resulta convenente que esta Administración municipal acorde a suspensión das licencias pendentes de outorgamento nese ámbito.
Para tal fin, bastará con aplica-lo disposto no Art. 77.1 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia (LOUGA) no que se preceptúa que:

"Os órganos competentes para a aprobación inicial dos instrumentos de planeamento urbanístico poderán acorda-la suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas ou usos determinados co fin de estudia-la súa formación ou reforma. O devandito acordo deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia".

A duración da suspensión será de un ano, prorrogable por outros dous se nese ínterin se aproba inicialmente a modificación do planeamento.

Tempo suficiente para poder estudia-la necesidade de modifica-lo PEPRI litixioso, e para que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre os mentados recursos de casación.

V.- No que se refire ás licencias de obras xa concedidas en data 20/03/2003, antes citadas, cabe sinalar que, podería instarse do TSXG a execución provisoria das referidas sentencias, a fin de dar cumprimento ó disposto nelas (artigo 91 LXCA-98). Nese suposto, unha vez acordada dita execución provisoria, resultaría factible suspende-las mentadas licencias de obras, seguidos os trámites regulados no artigo 212 LOUGA, artigo 127 LXCA-98 e artigos 102 e ss. LRXA-PAC.

VI.- Os procedementos reseñados no parágrafo anterior, poderían xerar unha responsabilidade patrimonial nesta Administración local (Arts. 139 e ss. LRXA-PAC), polos custes xa desembolsados polos propietarios do ámbito en execución das disposicións e actos municipais logo anulados ou revogados. Sen embargo o certo é que de concederse as licencias pendentes, ou de non paralizarse as xa outorgadas, as indemnizacións derivadas desa responsabilidade patrimonial incrementaranse substancialmente no caso de que as devanditas sentencias do TSXG adquirisen firmeza cando as obras xa estivesen rematadas. En hipótese, no caso contrario, dádo o estado actual das referidas obras (apenas iniciadas) as responsabilidades pola demora producida serían moi inferiores.

VII.- É competente para dicta-lo acordo que agora se propón o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de conformidade co disposto no Art. 8.k) dos seus Estatutos e Art. 77.1 LOUGA.

En virtude do exposto, proponse ó Consello a adopción do seguinte acordo:

Primeiro.- Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito do PEPRI III-02 Finca do Conde co fin de estudia-la súa reforma, de acordo co preceptuado no Art. 77 Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia (LOUGA) -expte. 8472/411-.

Segundo.- Instar do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a execución provisoria das sentencias do 27 de marzo de 2003 declarativas da nulidade do PEPRI III-02 Finca do Conde e do seu proxecto de urbanización, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.- Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós interesados polo mesmo, coa indicación de que contra o mesmo cabe interpór alternativamente recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo máximo de un mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, sen prexuízo da súa inmediata executividade. Publíquese a súa parte dispositiva no DOG e nun diario dos de maior circulación da Provincia.”

Intervencións:
O Sr. Ruiz Ceniceros fai alusión ás 3 sentencias do TSXG, que foron recorridas pola propiedade pero non polo Concello.

Diante da posibilidade de que o Tribunal Supremo confirme as sentencias, poderiase intentar unha modificación do Plan Especial, cuestion coa que non están conformes os propietarios porque confían en que o TS o legalice.

Incorpóranse á reunión, en primeiro lugar o Sr. Barros Puente do PSdeG-PSOE, e a seguir os Sres. Figueroa Vila, Iglesias Carrera, López-Chaves Castro e Porro Martínez do PP.

Ademais o Sr. Ruiz fai fincapé na responsabilidade patrimonial do Concello para o caso de que o Supremo ratificase as sentencias de instancia, no caso de que non se suspendan as licencias do ámbito. De ahí esta proposta de acordo.


Votación:
EN CONTRA: 4 votos PP (Sres. Figueroa Vila, Iglesias Carrera, López-Chaves Castro e Porro Martínez)
ABSTENCIÓNS: 3: 1 DPG (Sr. Soto Ferreiro) e 2 BNG (Sres. Fernández Fernández e Toba Girón)
A FAVOR: 3 PSdeG-PSOE (Sres. Barros Puente, Ruiz Ceniceros e Pérez Mariño)


Explicación de voto:
O Sr. Toba Girón manifesta que o seu Grupo se abstivo porque este é un asunto moi complicado e consideran que nestes momentos o importante é incluilo no novo PXOM, e axilizalo o máis posible. Non teñen claro que o TS chegue a executar esas sentencias, de ocorrer iso, as cousas complicaríanse aínda máis.

Sr. Ruiz Ceniceros: esta proposta pretendía salva-la responsabilidade patrimonial do Concello. Ademais conta con tódolos informes dos técnicos e é xurídicamente impecable.

Sra. Porro Martínez: O Grupo Popular votou si por coherencia política, en base a informes tamén emitidos por técnicos.


Acordo:
O Consello, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8.a) dos Estatutos da Xerencia, por maioría, adopta o seguinte acordo:

Non prestar aprobación á proposta formulada polo técnico de admón. xeral de Planeamento e Xestión que se transcribe literalmente nos antecedentes deste acordo, sobre execución de sentencias relativas ó PEPRI III-02 Finca do Conde.

Como non hai máis asuntos que tratar, a Presidencia dá por rematada a sesión do Consello, son as 8,50 horas do día devandito, de todo o que eu, secretario, dou fe.

DILIXENCIA.-
Exténdese para facer constar que a presente acta corresponde á sesión extraordinaria e urxente do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de 21 de xullo de 2003. Consta de 2 follas numeradas do 622 ó 623 da serie A nº 1071642 ó 1071643. Aprobouse na sesión do 31 de xullo de 2003, coa seguinte precisión feita pola concelleira do PP, Sra. Porro Martínez:

“Na súa explicación de voto cando dixo que o seu Grupo votou si por cooherencia política, en base a informes tamén emitidos por técnicos se refería a informes técnicos anteriores, favorables, que constan no expediente.”

Vigo, 31 de xullo de 2003
O SECRETARIO DA XERENCIA,

José Riesgo Boluda

O 21 de xullo de 2003 recén era alcalde Ventura Pérez Mariño e concelleiro de Urbanismo Mauricio Ruiz Ceniceros tralo acordo de goberno de coalición co BNG.
A incomprensible (?) abstención dos socios do goberno, Toba Girón e de Amador Fernández (o BNG ata ese momento sempre votara contra o ilegal PEPRI de Finca do Conde), posibilitaron que o voto a favor do PP tirara abaixo a impecable proposta de Ruiz Ceniceros encamiñada a evitar o que era obvio que ía ocorrer en canto fallase o Tribunal Supremo. Alguén do BNG debería pedirlles a Toba e Fernández unha explicación convincente sobre este extraño cambio de voto.

Despois de lér esta acta e as explicacións de voto de C. Porro e Toba Girón vénos á cabeza Hamlet e aquilo de que "Algo fede a podre en Dinamarca".

Entre tanto trile, corrupción, desfachatez e bazofia municipal e espesa, a dignidade ten un nome: Mauricio Ruiz Ceniceros.

Grazas Mauricio.


17 comentarios:

Anónimo dixo...

+ claro, agua

Anónimo dixo...

ya entonces Corina , Figueroa y su grupo,votaban por coherencia y en base a los informes de los técnicos...
Menudos políticos tiene esta ciudad...
¿Habrán sacado ellos algún beneficio particular? Su comportamiento no es para fiarse mucho...¿Cómo se puede ser tan ilegal?

Marcos Andión dixo...

O sea que la que podríamos llamar "Querencia de Urbanismo" para lo que ha servido hasta ahora es para ponernos ante la cruel tesitura de tener que gastarnos una "pastizara" (que ha de contarse en millones, probablemente centenas de millones, de euros) en indemnizar a quienes, en base a inconcretos informes favorables de inconcretos técnicos de no se sabe muy bien dónde (o de qué), han obtenido una posibilidad de negocio que no les correspondía. También está sirviendo para que sigamos sin PXOM, porque no hay manera de arreglar en un mes lo que costó seis años malformar (allá con su estulticia o su malicia quienes sigan con la perra esa de que en la Xunta nos tienen tirria y envidia políticas). Y ha servido, también, para que algunos hayan tomado decisiones que podrían resultar prevaricadoras (a ver cómo argumentan que no lo hicieron a sabiendas, cuando hasta su máximo responsable técnico les advertía de lo contrario).
Y, si hay que pagar, ¿con qué dinero se hará?: ¿con el de todos, o con el de los responsables directos y personales de la desfeita?
Y Toba y Amador, ¿no eran conscientes de que su "abstención" significaba una vía libre a las oportunistas pretensiones de C.Porro y Ch.Figueroa? ¿Podría entenderse esa "abstención" como "cooperación necesaria", en caso de que se resolviese judicialmente que lo hecho constituye delito? ¿Y Soto?
Pero supongo que la estrategia de defensa seguirá los mismos pasos que las insinuaciones, cuando no manifestaciones abiertas, referidas al caso Gondomar, o a la protección del litoral: todo esto no es más que una persecución política.
Pues yo les digo, aún a riesgo de ser considerado partidario, que, si lo es, pues que lo sea. Lo importante es si hay delito, o imprudencia, o mala gestión, o despilfarro del dinero de todos, o tomadura de masa capilar.
Si no, venga dios y lo vea.

Anónimo dixo...

Los fiscales tienen la obligación de investigar las ilegalidades que se cometan independientemente de que color, país, profesión, partido, condición... sean las personas que las realizan.
No es muy sensato echarle la culpa a los demás de nuestros problemas.
A ver si empezamos a respetar las Instituciones del Estado y la Separación de Poderes...

Anónimo dixo...

Muchas gracias por la información.

Anónimo dixo...

Figueroa se defiende como un gato panza arriba...
¿Por qué los municipales de esta ciudad siempre echan la culpa a otros de su incapacidad y su "tortuoso" hacer?
Su irresponsabilidad queda de manifiesto en sus obras. Que sean valientes y asuman los problemas enormes que crean en la ciudad un día sí y otro también

Anónimo dixo...

Y esos técnicos "a la carta" consejeros de Corina y de Figueroa ¿dónde están? ¿qué opinan?
A los ciudadanos nos gustaría que los políticos que nos representan fuesen más integros. Es lo menos que se les puede exigir...
Algunos si tuviesen un poco de dignidad ya no se presentarían a las próximas elecciones ¿Cómo se puede pretender engañar así a los ciudadanos?
¿Quienes se forraron con esa ilegal concesión? ¿Qué dieron a cambio?

Marcos Andión dixo...

Hoy mismo, en La Voz de Galicia (si, hombre, si; ya sé que son de Coruña y sólo quieren perjudicarnos...) se publica una Entrevista con el empresario que denunció la corrupción de Gondomar. Se podría decir más alto, pero no más claro.

Anónimo dixo...

El Roto:
La corrupción crea empleo...¡¡Defiéndela!!

Marcos Andión dixo...

Aí falaches!! A este paso habrá que incrementar las plantillas de personal de Instituciones Penitenciarias, porque Alaurín de la Torre está "a tope"...

Anónimo dixo...

Figueroa ataca a Maurico Ruíz, a la Villarino, etc...pero no nos acaba de aclarar por qué permitió la licencia de la finca do conde que tantas sentencias tenía en contra...
¿No tienen responsabilidades las personas que causan tantos problemas a la ciudad desde su trabajo público?

Anónimo dixo...

eL PP siempre con "la coherencia" que conviene a vueltas..

Anónimo dixo...

Sra Porro,cuales tecnicos?¿Sabe usted algo de algo?¿Tiene miedos por la noche?

Anónimo dixo...

Insisto,Mauricio,las buenas personas te deben un homenaje,y tambien las instituciones.Claro,¿Que instituciones?,muchas de ellas volcadas,como siempre,cual aves rapaces.No te pierdas el comentario editorial del Faro de Vigo,pidiendo una segunda presa urgente para una ciudad que mengua y que en el plan general pide 150.000 viviendas mas.Habria que preguntarse cuantas veces se pidieron fondos europeos por parte de otros gobiernos para la realizacion de la misma.¿Cuantas veces ha ido la Sra Elena y sus presidentes conmilitones en peregrinacion a Santiago a pedir orden y sensatez en el desarrollo de Vigo,priorizando para intentar que Vigo y su area tenga un crecimiento armonico?.Por cierto,desarrollo de area que en 15 años no fue capaz de desarrollar el gobierno anterior.
25-2-2007

Anónimo dixo...

Lo de la peregrinación a santiago de la señora Elena, los de Aproin y compañía...es para grabarlo...¿Cuántas veces se han movido para protestar por algo?
Y mira que no ha habido ocasiones... Lástima de señora, me parece que le han comido bien el tarro ¿A cuántos vecinos representa? ¿Tiene en cuenta a los numerosísimos vecinos del rural que NO quieren el plan que defiende aproin, Figueroa y Corina?

Anónimo dixo...

La mayoría del rural que defiende el plan es porque afecta a sus leiras. Algunos le han metido el asunto de las recalificaciones en el cuerpo y le han perturbado la paz de sus vidas...

Anónimo dixo...

¿Quién pagó los buses?