IX ÉPOCA

22.2.07

Finca do Conde: estaban advertidos

ACTA CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO SESIÓN ORDINARIA DE 11 DE MARZO DE 2004
(Alcaldesa Corina Porro)
(...)

10. DAR CONTA DE EXPEDIENTES DE LICENCIAS DE OBRAS, ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS A RESOLVER POLA VICEPRESIDENCIA DA XERENCIA, POR DELEGACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

(...)
66-67. 19324/422- 32522/422 DECOVISA
(...)

Sr. Ruiz Ceniceros: respecto das licencias nº 66-67 a nome de DECOVISA, quere facer constar que hai 3 sentencias expresas, non firmes, que anulan o proxecto de compensación, o proxecto de urbanización e o plan especial do ámbito (Finca do Conde). No anterior goberno xa se fixeron propostas de suspensión de licencias por ese motivo, pero o Consello as rexeitou.

O seu Grupo respalda o que di a proposta, que de confirmarse a sentencia que anula o plan especial, será dificilmente legalizable no novo PXOM.

Espera, que si o Goberno, a pesar da opinión dos técnicos, e en contra dun grupo municipal, segue adiante, asuma as responsabilidades, que van ser de moita entidade económica, polas indemnizacións que pode xerar.


Sr. Soto: el opina doutra maneira, e pensa que hai vias legais para solucionar este asunto.

O Consello toma coñecemento das licencias relacionadas máis arriba, en número de 71, que o vicepresidente da Xerencia vai resolver por delegación da Xunta de Goberno Local, realizada con data do día 05 de xaneiro do ano que andamos.



ACTA CONSELLO DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
SESIÓN ORDINARIA DE 20 DE MARZO DE 2003
(era alcalde Lois Pérez Castrillo)

8. EXPEDIENTES DE LICENCIAS DE OBRAS, ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS:
(...)

Intervencións:
O Sr. Fernández Álvarez indica que o seu Grupo solicita a retirada das licencias nº 14 e 15 da orde do día.
Explica as razóns: no día de hoxe presentaron no Rexistro da Xerencia un escrito mediante o que solicitan a revisión de oficio do acordo deste Consello do derradeiro 23 de xaneiro, na súa condición de parte persoada no expediente ó que atinxe. En consecuencia, cree que hai que resolver dita solicitude antes da concesión, de se-lo caso, das licencias.

Opinan que o acordo é ilegal por atentar gravemente contra o interese público ó recoñecer a “Finca do Conde, S.A.” un aproveitamento urbanístico, dentro do PEPRI “Finca do Conde”, ó que non teñen dereito, porque pertence ó Ministerio de Fomento por expropiación. Non se fixo unha interpretación afortunada do dictame do Consello Cosultivo que o único que aconsella –erroneamente segundo creen- é a anulación do expediente expropiatorio, pero non que a Xerencia poida desposuir ó Ministerio de Fomento do seu aproveitamento urbanístico dentro dese ámbito.

Repite que consideran o acordo ilegal, e á marxe de exerce-las accións xurisdiccionais procedentes, creen que debe resolverse esta solicitude que hoxe presentaron.
No acordo de referencia danse os supostos previstos para que poida declararse de oficio a nulidade dos actos administrativos, de conformidade co artigo 62.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Prívase ó Ministerio de Fomento do dereito de igualdade, xa que mentres aquel sexa titular dos terreos e do aproveitamento correspondente non o é “Finca do Conde, S.A.”. Trátase nin máis nin menos que de 16.442 m2 de superficie, e de 8.211 m2 de aproveitamento.
Ademais informa que os tres vocais do PSdeG-PSOE vocais deste Consello, remitiron o día 5 dos que andamos un escrito ó Ministerio de Fomento para que o ministro dea as ordes oportunas para que se investigue e aclare este asunto, coa finalidade de recupera-lo aproveitamento urbanístico a que teñen dereito.
O secretario informa que a presentación desta solicitude non dá lugar á suspensión dos actos.
Sr. Fernández: pide a retirada das licencias por prudencia.
Sr. Soto Ferreiro: resúltalle dificil entende-la “teima” do Sr. Fernández Álvarez sobre este tema, sobre todo cando hai tantos asuntos que o mercerían máis.
Este acordo é firme. Segundo lle parece o secretario dixo nalgunha ocasión que os pactos hai que cumprilos; hai un convenio co Ministerio de Fomento, que ademáis foi asinado polo Sr. González Príncipe, que é do mesmo grupo político que o Sr. Fernández Álvarez.
Sr. Fernández: non se trata de “teima”, é unha convicción. O seu Grupo sabe dicir si ou non cando así o estiman.
Sr. Toba Girón: de todas maneiras esta solicitude dos concelleiros do PSdeG-PSOE hai que informala e tramitala, e ten que volver ó Consello Consultivo. Entende que o PSdeG-PSOE formula proposta de retirada das licencias nº 14 e 15 da orde do día.

Votación da proposta de retirada das licencias nº 14 e 15:
EN CONTRA 6 votos: 1 PROVI (Sr. Soto Ferreiro), 3 PP (Sres. Figueroa Vila, Rodríguez Millares e Vázquez Caride)e 2 BNG (Sres. Fernández Fernández e Toba Girón)
ABSTENCIÓNS: Ningunha
A FAVOR: 3 votos PSdeG-PSOE (Sres. Fernández Álvarez, González Pérez e Sío Lourido)

En consecuencia a proposta de retirada queda rexeitada por maioría.

18 comentarios:

Anónimo dixo...

E O Sr. Toba pretende lavala mans decindo que xa está ben de pelexas entre PP e PSOE. Que eles non van entrar ó trapo. Como se acabara de nacer. Vaia caradura!

Anónimo dixo...

Parte de la culpa de esas peleas es de él...aunque ahora se esconda

Anónimo dixo...

La ciudad está llena de problemas urbanísticos por la irresponsabilidad de algunos políticos. Ahora pretenden echarle la culpa a la Xunta por no aprobar un plan que legaliza todas sus trapalladas, pero que no se engañen ni traten de engañar a los ciudadanos, la culpa es solo suya

Anónimo dixo...

Gracias de nuevo por la información.

Nuria.

Anónimo dixo...

Se lee en le faro de hoy día 23,en grandes titulares:
Feijóo recuerda a Caride que la sentencia sobre a Finca do Conde la causó el psoe..
Ayer en radiovigo, en hora 20, hablando de Touriño, dejaron deslizar una frase que hablaba de desalojar a 600 familias...¿mala fe?
¿Tienen los vigueses los medios de comunicación que deberían?
Tratan de manipular a la opinión pública mintiendo descaradamente ¿es eso legal?
Parece que estamos en otros tiempos.
Les falta profesionalidad y vergüenza

Anónimo dixo...

E Figueroa di que rompe as relacións personais e políticas cos voceiros do psoe...
A política municipal non é un capricho dalgúns..

Anónimo dixo...

boicot total a Faro de Vigo, manipuladores fachas

Anónimo dixo...

Santiago Domínguez propone un "pacto de tranquilidad" entre Corina Porro y Abel Caballero...
Aquí el que no corre, vuela...Todos pretenden sacar ventajas..
¿Y qué opina él de la abstención de Toba en lo de licencia en la finca do Conde?

Anónimo dixo...

Toba desaparece y Figueroa se enfada y dice que no hablará con el psoe...
Parece que estamos en el patio de un colegio...
¿Por qué no dan la cara y nos explican a los ciudadanos sus actuaciones en la finca do conde?
¿por qué perjudicaron tanto a la ciudad favoreciendo la construcción de "otra" ilegalidad? ¿En quién pensaban entonces?

Anónimo dixo...

Radiovigo debería desengancharse de la Ser...Tienen una concepción de la información totalmente diferente.
El día y la noche

Anónimo dixo...

¿Esta seguro el sr.Alberto N?Feixoode que fué el psoe el causante de la finca do Conde?

Anónimo dixo...

¿SEGURO?

Anónimo dixo...

él conoce la verdad como también la conoce el faro pero algunos sobreviven a base de mentiras y además las esparcen sin pudor...
Qué feo eso

Anónimo dixo...

Más de 20.000 ciudadanos, con nuestras firmas, pedimos a la xunta un referendum sobre el pxom...Muchísimos ciudadanos de la ciudad y del rural, no estamos de acuerdo con él, solo que los medios de comunicación de la ciudad (faro, atlántico, televigo, radiovigo...) han tomado postura y dan prioridad a que 1.500 van a rezar al apostol y a protestar frente a la Xunta...
Son unos manipuladores. Esa es la verdad

Anónimo dixo...

"Desorientadores" sociales...

Anónimo dixo...

Atención aproin....lean la sentencia del supremo sobre el plan megalómano de Verín. Algo parecido ocurre con el de Vigo, ese crecimiento que se supone también es irreal y absurdo...

Anónimo dixo...

Tanta cosa y luego somos incapaces de llegar a 300.000 habitantes.
Figueroa y Corina son los primeros que se han ido a vivir a otros concellos
Además no veo yo el interés que tiene ser una ciudad más grande.
El tamaño actual es el ideal. No tenemos necesidad de destrozar nuestro rural, en la ciudad hay aún muchas zonas por recuperar

Anónimo dixo...

Totalmente de acuerdo. El tamaño actual de Vigo es el ideal, todas las ventajas de la gran ciudad y ningún inconveniente de las mismas.
Lo importante es la calidad, no la cantidad...