Núñez Feijoó dixo esoutro día que se a Consellería de Ordenación fose do BNG, o PXOM de Vigo xa estaría aprobado. Vese ben que non se preocupa de ler o informe da consellería que pon de volta e media ó PXOM de Vigo esixindo -unha vez máis- unha serie de importantes modificacións. É o malo de facer política de titulares. Acaban lendo só as letras grandes. As declaracións de Anxela Bugallo en Vigo feitas para non incomodar ós seus, nin a Consultora Galega, tiñan truco. Favorable pero hai que modificalo. Vaia retranca!.
Vigoblog inaugura o seu apartado de documentación co informe completo da Consellería de Cultura.(Formato PDF) para que non haxa "despistados" como Núñez Feijoó.
Hospitalizada unha muller tras ser apuñalada polo seu home en Lugo
-
O home foi detido.
2 comentarios:
Menudo escándalo. O informe vinculante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia recolle e amplía boa parte do xa desfavorable informe á totalidade emitido pola dirección xeral de patrimonio da Xunta en 2005 (con goberno do PP) e do informe dos técnicos municipais de patrimonio histórico sobre o PXOM nese mesmo ano, en represalia do cal, por certo, Porro, Figueroa e Toba, cesaron ao xefe dese departamento municipal.
¿Como é posible que pasados dous anos, Consultora Galega non corrixira o que lle indicaban daquela e non introducise as modificacións SUBSTANCIAIS que agora volve a reclamarlle a Xunta.
¿Cómo é posible que Ánxela Bugallo, para protexer aos seus do BNG de Vigo, diga que é un informe "favorable pero condicionado", cando o seu director xeral de patrimonio cultural indica textualmente que "para
acadar o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o documento para a
Aprobación Definitiva deberá recoller todas as consideracións relacionadas no Anexo adxunto ao
presente informe, onde se establecen as liñas xerais das omisións e deficiencias atopadas, có obxecto de que se modifique o documento antes da súa aprobación definitiva".
Está meridianamente claro, o informe é desfavorable e só será favorable cando se modifique e, necesariamente sexa de novo informado pola Consellería de Cultura, despois de comprobar que efectivamente as modificacións foron introducidas.
¿Como é posible que, tal e como se indica no informe de política territorial, a Consellería de Cultura do BNG non emitise en prazo o seu preceptivo informe e o fixera "en secreto" moitos meses despois do prazo regulamentario? ¿A quen hai que esixirlle responsabilidades por esa grave englixencia?
Unha lectura rápida do informe, a pouco que un teña curiosidade polo planeamento urbanístico fai evidente, ademais, que as modificacións a que obriga este informe de Cultura son de calado e -se se pretende que o documento do plan teña unha mínima seguridade xurídica e non sexa outravolta tirado abaixo polos tribunais tralas seguras impugnacións de particulares que virán- O PLAN DEBERÁ PASAR, unha vez realizadas TODAS as modificacións contempladas neste documento e no emitido por Política Territorial, POR UNHA NOVA EXPOSICIÓN PÚBLICA.
Que intereses se están defendendo a capa e espada? os intereses xerais, dende logo, non.
"Son simples observacións que xa foron incorporadas na documentación que lle trasladamos á Consellería de Política Territorial a semana pasada"
Xabier Rivas, xerente de urbanismo Concello de Vigo.
"O informe emitido en xaneiro deste ano pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Vigo é "favorable pero condicionado" a que o Concello corrixa as deficiencias nel sinaladas."
Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura
O informe é "desfavorable e contundente" e foi ocultado de forma "deliberada" polo Goberno municipal.
Mauricio Ruiz, concelleiro do PSOE en Vigo
Mágoa que os case oito folios do informe falen por sí mesmos, desmentindo o afirmado por Rivas e Bugallo.
Cando alguén mente en política ¿que debe facer?
Publicar un comentario