IX ÉPOCA

18.11.06

Para Abel a bote pronto

Elaboraré un proyecto para Vigo con muchas novedades. Quiero salir de la rutina, de anunciar cosas que nunca se hacen. Abel Caballero a Faro de Vigo 18.11.2003 Pois aí van algunhas ideas desas cousas que nunca, nunca, se fan: - Facer un mantemento eficiente e eficaz do espacio público - Facer bibliotecas municipais alí onde nonas hai e crear con elas unha auténtica rede cultural - Facer garderías infantís
(por exemplo, para facer estas dúas últimas propostas, propoñemos que se creen polo menos dúas de cada, cada ano, e poñerlles "in memoriam" e recoñecemento polo seu novo financiamento, os seguintes nomes, por exemplo: "Antiga aportación da alcaldía ao Faro de Vigo"; "Antes, pinchitos del Molino"; "Fondo de reptís"; "Aportación da antiga plantilla de asesores a soldo do Concello"; "Vello fondo de convenios publicitarios"; "Xa non patrocinamos Televigo"; "Os cartiños da Volvo"; "Xa non financiamos Axencias de publicidade amigas"; "O que aforramos sen administración paralela"... e aínda sobrará diñeiro para algunha virguería, non te preocupes, Abel).
- Organizar a Administración municipal para servir eficazmente aos cidadáns e evitar o nepotismo, o clientelismo, os firmóns, o enchufismo e, tan de moda nestes días, o macarrismo. - Facer que os Museos funcionen máis alá da propaganda e se convirtan nas institucións culturais que son nos países civilizados. - Cumprir e facer cumprir as ordenanzas municipais e manter unha disciplina urbanística: as de medio ambiente, as de ruido e todas esas que quedan tan curriñas no papel e que se pasan polo forro habitualmente. Isto xa sería a revolución (esa tranquila que din os do Bloque sen saber o que din). - Protexer, conservar e valorar o patrimonio cultural da cidade (o que quede) - Rehabilitar urbanística e socialmente -de verdade- o Casco Vello. - Lembrarse que hai outros espacios urbanos nos que viven miles de persoas que necesitan limpeza, saneamento, sinxelas zonas verdes, tranquilas bibliotecas, centros cívicos, lugares para o encontro e a integración social. - Recuperar, sen máis recheos, a fronte urbana do porto. - Arranxar dunha vez por todas, sen tirar os cartos como ata o de agora, a rede de saneamento e facer un proxecto real de separación de augas pluviais de fecais. Arranxar o tema fedorento da Depuradora. - Lembrarse que o deporte non é só un espectáculo, senon unha forma de mellorar a saúde e a calidade de vida para nenos e xoves; - Controlar o desmadre das concesionarias de servizos municipais. - Encargarse de que se estableza unha auténtica rede de comunicación e transporte no ámbito metropolitano, baseada nas necesidades reais da xente e do desenvovemento sostible da área e non nas variadas ocorrencias e intereses directos dalgúns. E promete que loitarás sen desfallecer contra a corrupción, comezando por limpar a fondo a propia casa. Sabemos que nonos virás de novo con Norias nin virguerías polo estilo: iso é a rutina da nosa cidade dende hai 20 anos. Todo o que fagas neste sentido serán "novidades". Agora mesmo podes macarte unha novidade preelectoral que valoraremos: deixa de gastar diñeiro público do porto en autopromoción. Se cadra así, confiaremos algo na túa honestidade.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Moi ben (dito). Apreséntate, Pablo, que te votamos. Fijo.

Anónimo dixo...

Sen dúbida que o Programa Electoral é unha maravilla... pero lamentablemente NINGUÉN O VAI PODER VOTAR...?

Sigo pensando que existe unha posibilidade de darlle UNHA PATADA NO CÚ a tódolos que nos levan tomando o pelo durante anos e anos...

Por qué non presentamos unha candidatura cidadán... tipo CIUTADANS (Catalunya) e desplazamos os votos destes chupópteros que viven á sombra dos partidos políticos e grazas a nosa imbecilidade electoral?

Deberamos constituir XA esa Plataforma Cidadán que se non está constituida deberase presentar canto antes PERO CUN PROGRAMA SIMILAR Ó QUE SE PODE LER NESTE BLOG...

Para min con limpar a casa sería máis que suficiente...

Pero despois teríamos que aturar ó que falarían do parón económico da bisbarra, da falta de proxecto político a longo prazo, que si os independentes se venden ó mellor postor á primeira de cambio... etc

Semella que non hai solucións...?

Sexa o que sexa eu pido dende aquí NON VOTAR A ABEL CABALLERO ata que sexa quén de realizar o Proxecto do Porto de Vigo que tanto cacarea...?

Unha vez que demostre que sirve para FACER ALGO REALMENTE UTIL E FERMOSO igual lle podemos entregar a ALCALDÍA...

ANTES NIN DE COÑA...!!!

Pido o voto para o Bloque que polo menos o seu candidato é algo máis de fiar: polos seus feitos os coñeceredes... non si...?

Anónimo dixo...

E quén ven sendo o candidato do BNG?

Anónimo dixo...

Santiago Domínguez Olveira é actualmente director xeral para o deporte...

E compre ser deportista para enfrontarse ós lios do Concello de Vigo...

http://culturaedeporte.xunta.es/consellaria/interior.php?txt=dx_deporte&lg=gal

Anónimo dixo...

Pero este xa estivo como concelleiro de deportes no nefando bigoberno de Pérez Castrillo. Pois se "polos seus feitos os coñeceredes", case mellor -como con Caballero, Corina e Soto- NON. Cómpre lembrar -xa que se critica o gasto en autobombo con fondos públicos- que o goberno de Castrillo-Príncipe foi un dos maiores derrochadores na chamada "publicidade institucional", especialmente "xenerosos" -por non perder o costume- co Faro de Vigo.
Ademais, este Santiago Domínguez ten unha escasísima formación e cultura, non ten un traballo estable fóra da política e -o que é aínda pior- non quería ser candidato desta volta pois se atopaba moi cómodo co soldazo de secretario xeral para o deporte -no que malgasta tamén en propaganda en variados "patrocinios" e carpas cutres de mini-deportes (lémbrese que foi case obrigado a presentarse de candidato despois de ter proposto o BNG, de xeito moi estrano, a Manuel Bragado, director de edicións xerais)

Menudo panorama de candidatos!! non hai nada mellor no "mercado" do PP, PSOE e BNG?.

Anónimo dixo...

Segundo as enquisas, Corina pode gañar as eleccions ou polo menos seguir sendo alcaldesa cos votos de Soto. Será que non o fixo tan mal, despois de todo.

Anónimo dixo...

Lo hizo, y está haciendo, fatal la sra. Porro.
Y los otros candidatos dan pena la mismita pena.
Votar en blanco sería una posible manera de evidenciar nuestra repulsa.

Anónimo dixo...

Yo pienso que no va a ganar...Hay quinielas para todos los gustos

Anónimo dixo...

Lo está haciendo muy bien en el puerto ¿por qué no se compara con el anterior? No hay color

Anónimo dixo...

autoridad portuaria = agencia inmobiliaria

Anónimo dixo...

La señora Corina sería una buena concejala de parques y jardines....para el resto mejor Caballero