A noticia no Faro de Vigo da inexistencia de medios para o mantemento dos espacios públicos en Vigo pasou desapercibida, aínda que expresaba timidamente o que é un secreto a voces: o médico José Manuel Iglesias Carrera, concelleiro de Vías e Obras do Concello de Vigo non está contento. Dende hai tempo está a ser ninguneado pola actitude depredadora e autocompracente de Corina e Cia. Quen estea coa pituitaria avizor no estercoleiro municipal, saberá que no grupo do PP non se aturan uns a outros, e que case ningún deles atura a Iglesias. Nada extraño se temos en conta que este edil é un home razoablemente culto, educado, pouco ambicioso economicamente e cunha sensibilidade persoal manifestamente superior ós do resto do galiñeiro do goberno municipal e gabinete da alcaldía. Estas características só poden levar no contexto do Concello vigués á marxinación ou ó desastre.
Algunha razón terá para permanecer aínda na Corporación nestas degradantes circunstancias, pero auguramos que non rematará a lexislatura, pois un día si e outro tamén, a voracidade ben da Porro, ben de Iznogood-Figueroa, déixano só perante o perigo nas duras, e fóra de xogo nas maduras.
El saberá o que se xoga.
Foto: www.vigo.org
Soben as pernoctacións en Galicia un 4,8% en outubro mentres que o número
de viaxeiros crece un 5,6%
-
Durante os 10 primeiros meses de 2024 as pernoctaciones incrementáronse un
5,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que as de viaxeiros
resi...
4 comentarios:
En los mentideros del PP se comenta que lo único que funciona en armonía ahí es la sociedad Corina-Pilar Egea, aplaudida con admiración por la concejala de deportes y turismo Lucía Molares, a la que le encanta el "estilo" de la Porro.
Debe de ser así ¡nunca había visto a este tipo antes! ¿Es concejal con cartera? ¡¡¡oh!!!
¡Que xentiña me Deus!
A que é repunante de todo é a Marisol Polo, a concellala de distrito, que non recibe aos veciños que ten que atender, "pasa de todo" canto problema acontece no seu distrito e cando ten que cometer algunha obra acude coa sua empresa constructora e contratista "de cabecera" para licitar o proxecto en tantos euros sobre o necesario para así cobrar "baixo corda" uns cantos milesde euros...
Así o queren facer coa obra dos novos vesturarios da pista polideportiva de Navia. Estade atentiños a xogada.
Publicar un comentario