(por exemplo, para facer estas dúas últimas propostas, propoñemos que se creen polo menos dúas de cada, cada ano, e poñerlles "in memoriam" e recoñecemento polo seu novo financiamento, os seguintes nomes, por exemplo: "Antiga aportación da alcaldía ao Faro de Vigo"; "Antes, pinchitos del Molino"; "Fondo de reptís"; "Aportación da antiga plantilla de asesores a soldo do Concello"; "Vello fondo de convenios publicitarios"; "Xa non patrocinamos Televigo"; "Os cartiños da Volvo"; "Xa non financiamos Axencias de publicidade amigas"; "O que aforramos sen administración paralela"... e aínda sobrará diñeiro para algunha virguería, non te preocupes, Abel).
- Organizar a Administración municipal para servir eficazmente aos cidadáns e evitar o nepotismo, o clientelismo, os firmóns, o enchufismo e, tan de moda nestes días, o macarrismo.
- Facer que os Museos funcionen máis alá da propaganda e se convirtan nas institucións culturais que son nos países civilizados.
- Cumprir e facer cumprir as ordenanzas municipais e manter unha disciplina urbanística: as de medio ambiente, as de ruido e todas esas que quedan tan curriñas no papel e que se pasan polo forro habitualmente. Isto xa sería a revolución (esa tranquila que din os do Bloque sen saber o que din).
- Protexer, conservar e valorar o patrimonio cultural da cidade (o que quede)
- Rehabilitar urbanística e socialmente -de verdade- o Casco Vello.
- Lembrarse que hai outros espacios urbanos nos que viven miles de persoas que necesitan limpeza, saneamento, sinxelas zonas verdes, tranquilas bibliotecas, centros cívicos, lugares para o encontro e a integración social.
- Recuperar, sen máis recheos, a fronte urbana do porto.
- Arranxar dunha vez por todas, sen tirar os cartos como ata o de agora, a rede de saneamento e facer un proxecto real de separación de augas pluviais de fecais. Arranxar o tema fedorento da Depuradora.
- Lembrarse que o deporte non é só un espectáculo, senon unha forma de mellorar a saúde e a calidade de vida para nenos e xoves;
- Controlar o desmadre das concesionarias de servizos municipais.
- Encargarse de que se estableza unha auténtica rede de comunicación e transporte no ámbito metropolitano, baseada nas necesidades reais da xente e do desenvovemento sostible da área e non nas variadas ocorrencias e intereses directos dalgúns.
E promete que loitarás sen desfallecer contra a corrupción, comezando por limpar a fondo a propia casa.
Sabemos que nonos virás de novo con Norias nin virguerías polo estilo: iso é a rutina da nosa cidade dende hai 20 anos.
Todo o que fagas neste sentido serán "novidades". Agora mesmo podes macarte unha novidade preelectoral que valoraremos: deixa de gastar diñeiro público do porto en autopromoción. Se cadra así, confiaremos algo na túa honestidade.
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
11 comentarios:
Moi ben (dito). Apreséntate, Pablo, que te votamos. Fijo.
Sen dúbida que o Programa Electoral é unha maravilla... pero lamentablemente NINGUÉN O VAI PODER VOTAR...?
Sigo pensando que existe unha posibilidade de darlle UNHA PATADA NO CÚ a tódolos que nos levan tomando o pelo durante anos e anos...
Por qué non presentamos unha candidatura cidadán... tipo CIUTADANS (Catalunya) e desplazamos os votos destes chupópteros que viven á sombra dos partidos políticos e grazas a nosa imbecilidade electoral?
Deberamos constituir XA esa Plataforma Cidadán que se non está constituida deberase presentar canto antes PERO CUN PROGRAMA SIMILAR Ó QUE SE PODE LER NESTE BLOG...
Para min con limpar a casa sería máis que suficiente...
Pero despois teríamos que aturar ó que falarían do parón económico da bisbarra, da falta de proxecto político a longo prazo, que si os independentes se venden ó mellor postor á primeira de cambio... etc
Semella que non hai solucións...?
Sexa o que sexa eu pido dende aquí NON VOTAR A ABEL CABALLERO ata que sexa quén de realizar o Proxecto do Porto de Vigo que tanto cacarea...?
Unha vez que demostre que sirve para FACER ALGO REALMENTE UTIL E FERMOSO igual lle podemos entregar a ALCALDÍA...
ANTES NIN DE COÑA...!!!
Pido o voto para o Bloque que polo menos o seu candidato é algo máis de fiar: polos seus feitos os coñeceredes... non si...?
E quén ven sendo o candidato do BNG?
Santiago Domínguez Olveira é actualmente director xeral para o deporte...
E compre ser deportista para enfrontarse ós lios do Concello de Vigo...
http://culturaedeporte.xunta.es/consellaria/interior.php?txt=dx_deporte&lg=gal
Pero este xa estivo como concelleiro de deportes no nefando bigoberno de Pérez Castrillo. Pois se "polos seus feitos os coñeceredes", case mellor -como con Caballero, Corina e Soto- NON. Cómpre lembrar -xa que se critica o gasto en autobombo con fondos públicos- que o goberno de Castrillo-Príncipe foi un dos maiores derrochadores na chamada "publicidade institucional", especialmente "xenerosos" -por non perder o costume- co Faro de Vigo.
Ademais, este Santiago Domínguez ten unha escasísima formación e cultura, non ten un traballo estable fóra da política e -o que é aínda pior- non quería ser candidato desta volta pois se atopaba moi cómodo co soldazo de secretario xeral para o deporte -no que malgasta tamén en propaganda en variados "patrocinios" e carpas cutres de mini-deportes (lémbrese que foi case obrigado a presentarse de candidato despois de ter proposto o BNG, de xeito moi estrano, a Manuel Bragado, director de edicións xerais)
Menudo panorama de candidatos!! non hai nada mellor no "mercado" do PP, PSOE e BNG?.
Segundo as enquisas, Corina pode gañar as eleccions ou polo menos seguir sendo alcaldesa cos votos de Soto. Será que non o fixo tan mal, despois de todo.
Lo hizo, y está haciendo, fatal la sra. Porro.
Y los otros candidatos dan pena la mismita pena.
Votar en blanco sería una posible manera de evidenciar nuestra repulsa.
Yo pienso que no va a ganar...Hay quinielas para todos los gustos
Lo está haciendo muy bien en el puerto ¿por qué no se compara con el anterior? No hay color
autoridad portuaria = agencia inmobiliaria
La señora Corina sería una buena concejala de parques y jardines....para el resto mejor Caballero
Publicar un comentario