IX ÉPOCA

3.5.06

SOS: Vertidos industriais incontrolados na ría de Vigo

O Concello de Vigo permite as conexións sen autorización, incumplindo a ordenanza de Medio ambiente
A maior parte das empresas existentes en Vigo, verten ilegalmente á rede de saneamento e, dende esta, ao mar.

Vigoblog vén denunciando reiteradamente nestes meses, a grave situación sanitaria e medioambiental da ría de Vigo, como consecuencia do vertido incontrolado de augas contaminadas sen depurar, tanto a través dos aliviadeiros da rede de saneamento, como do propio emisario dunha depuradora que non funciona. Nos últimos días o Faro de Vigo, vén recollendo os informes e opinións de científicos de recoñecido prestixio que poñen de manifesto unha situación ambiental insostible. Despois de que a Autoridade Portuaria destapara -por fin- a existencia de 13 tuberías de augas residuais urbanas e industriais, propiedade do Concello de Vigo, que verten, a pouco que chova, directamente á ría en practicamente toda a liña litoral urbana (dende a Guía ata Alcabre), as cousas están xa -se aínda hai alguén que non se decatara- meridianamente claras.

A situación é máis grave do que a simple vista parece, pois non se trata de vertidos de augas residuais do consumo doméstico, senon que, de forma masiva e incontrolada, se verten á ría as augas residuais de toda a industria viguesa, directa, ilegal e, na maior parte dos casos, sen caracterización do vertido nin tratamento previo contrastado.


A grave responsabilidade do Concello

Os responsables delátanse a si mesmos. O Concello de Vigo, a través dos responsables de Medio ambiente, admitía en declaracións a La Voz de Galicia o 17 de xullo de 2005 que só 76 empresas dispoñen de autorización de vertidos, mentres que 102 se atopaban en trámite (?) de autorización. Recoñecía, con todo o morro, como se a cousa non fose con eles, que isto só supoñía un 10% do total das industrias ubicadas en Vigo.
O que ocultaban estes innombrables, é que o Concello de Vigo é o responsable, coa complicidade do resto das administracións, desta situación como administración competente, propietaria e xestora única da rede de saneamento. Dende canto menos o ano 1994, estaba obrigado a someter ao proceso de autorización de vertido (isto é caracterización, declaración previa de vertidos e adaptación a máximos en determinadas substancias contaminantes) a toda canta industria estivese daquela conectada ou se quixese conectar á rede de saneamento. Isto é o que dispón a Ordenanza Municipal Reguladora dos Vertidos non domésticos de augas residuais, aprobada polo Pleno do Concello de 26/05/1994 (Boletín Oficial da Provincia de 18/10/1994), actualmente en vigor e sistematica, irresponsable e conscientemente incumprida. A mesma Ordenanza daba un prazo -¡¡daquela!!- de un ano para que tódalas industrias se adaptasen ao contido da Ordenanza e declarasen os seus vertidos.
Pois ben, se só atendemos ao informe da Autoridade Portuaria de Vigo, recollido no Faro, no que se afirma que hai 700 empresas instaladas no Porto e que o 65% xa están conectadas ao colector municipal de marxe da ría, e comparamos isto co dato municipal da existencia de só 76 empresas con autorización (isto é, supostamente controlados os seus vertidos), decatarémonos da magnitude da catástrofe ecolóxica -maior cá do Prestige para a nosa ría- que hoxe denuncian os expertos, e que a Unión Europea se encarga de investigar e sancionar. Imaxinemos as centos ou miles de instalacións industriais de distintos tamaños que están neste momento conectadas en todo o municipio sen ningún control.
Non é de estrañar, con esta falta de control e de depuración previa ao vertido á rede de saneamento, que a análise dos lodos da depuradora dea altas concentracións de metais pesados -chumbo, níquel e zinc, principalmente- e que na ría se detecte unha alta contaminación por estes compostos tóxicos e unha alta contaminación orgánica (pensemos na altísima carga orgánica de, por exemplo, as conserveiras, conectadas sen máis trámite ás tuberías do saneamento xeral).
Os residuos da práctica totalidade da industria viguesa están conectados á rede municipal de saneamento, probablemente sen caraterizar nin tratar previamente e sen a preceptiva autorización: todos eles, dun ou doutro xeito acaban na nosa ría.

Grave problema sanitario

Estamos, pois, diante dun grave problema sanitario e medioambiental con responsables con nome e apelidos. Dende a concellala que, antes mesmo da entrada en funcionamento da Depuradora no ano 1997, e coa ordenanza xa aprobada, permitíu a conexión ó colector de marxe dos vertidos de tódalas industrias da beira do Lagares , sen que mediara ningún proceso previo de caracterización, declaración e autorización do vertido. Trasladábase así, xa daquela, a contaminación dende o río ao mar, unha vez rematado o emisario submariño de Samil (con baño de Leri na desembocadura do Lagares incluído). E creou escola. Desde aquela ata hoxe, os sucesivos concelleiros e concellales de obras, de infraestructuras ou de medio ambiente do Concello de Vigo (e foron xa do PP, do BNG e do PSOE -¿quen lle pon agora o cascabel ao gato?-), evitaron tan molesto problema, sabedores de que poñer orde nisto, non era máis que "enterrar tuberías" e que andar a arranxar o que vai baixo terra ou baixo o mar, vése pouco e dá poucos votos.

Dende esta redacción, esiximos a verdade, con información veraz e transparencia absoluta, sen as coartadas de "fai falta outra depuradora", para retrasar a toma das auténticas decisións e actuacións que hai que acometer sen máis dilación:

  • De inmediato deben empregarse tódolos recursos posibles en poñer en orde esta situación, comezando pola realización inmediata dun Censo de Vertidos industriais á rede de saneamento.
  • O inicio inmediato, e con prazo e sancións se se incumpren, dos procesos de regularización mediante a caracterización dos vertidos, a autorización e o control e supervisión de tódolas conexións das industrias á rede.
  • De xeito inmediato que se digan as auténticas causas do mal funcionamento da depuradora da Xunqueira do Lagares (e que nós supoñemos que tamén teñen que ver coa interferencia dos contaminantes industriais nos procesos biolóxicos de depuración e co esceso de orgánicos procedentes especialmente da industria conservera),
  • Depuración, nunca mellor dito, de responsabilidades políticas, administrativas e técnicas pola ocultación de información, inactividade no control de vertidos e desvío da atención cara outros problemas (v.gr. funcionamento da depuradora e vertidos directoa ao Lagares), así como pola non execución de redes separativas nas obras do colector de marxe do Lagares, Urzaiz, Colón e contorno da Alameda.
  • Estudio urxente dos custos para a creación dunha rede separativa de pluviais e fecais, canto menos nas principais concas do municipio, coa finalidade de valorar a posibilidade de non ter que construir unha -aínda sen demostrar a súa necesidade- carísima e impactante ambientalmente segunda depuradora.

Esiximos que remate a demagoxia e a caradura do concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, e que, dunha vez por todas, se informe con obxectividade á poboación sobre este transcendental problema.

Esiximos tamén ó Presidente Touriño unha información veraz, completa e transparente sobre os estudios e proxectos de saneamento da ria de Vigo, pois, obviamente, neste tema non pode haber -nin legal (directiva comunitaria e lexislación de transposición española sobre libre acceso á información en materia de medio ambiente), moral nin politicamente, secretos.


O director do Laboratorio, Jesús Torrón, dá o cante
Mención aparte merecen as declaracións do director do Laboratorio Municipal, Jesús Torrón, personaxe que tería que dicir qué papel xoga nesta escura historia de depuradoras, cheiros e vertidos industriais, pois une a este posto o de xefe do servicio muncipal de Medio Ambiente e de Sanidade e o de responsable da Comisión técnica sobre a Depuradora.
O comentario, cotrapunteando estupidamente as declaracións de recoñecidos especialistas de prestixiosas institucións científicas de Vigo, dicindo "que non hai que preocuparse", que só se verte cando chove e que cando chove a xente non se baña, ou de que "a capacidade da auga para mellorar a súa calidade é moi rápida", son as dun ignorante ou dun estúpido. Non sería preocupante tal cousa se non fose porque saen da boca do máximo responsable técnico medioambiental do Concello e do laboratorio municipal, precisamente o encargado de controlar os vertidos á rede de saneamento. Polo que se ve, sinxelamente non só nono fai, senon que, ademais, non lle parece moi relevante. Contento debe de estar o concellal de medio ambiente, Chema Figueroa, tendo a un individuo interposto que pon a cara -aínda que sexa de xeito tan patético e preocupante- por él. Pois nada, señor Figueroa, aquí ten vostede algúns datos para a súa investigación.

O contido no Faro de Vigo de 3 de maio de 2006 debera ser suficiente para que o tal Torrón fose cesado de inmediato e que o Sr. Figueroa pusexe o seu cargo de delegado de medioambiente a disposición de C. Porro. Non se pode xogar alegremente coa nosa saúde e co noso futuro, en función de intereses que non son os xerais como obriga a Constitución española.

Mentres estas cousas ocorren, C. Porro, Toba e a presidenta da Federación veciñal, xogan a investimentiños en plans de parroquias, flores, alamedas, parques infantís e campos de futbito en cada curruncho, por aquelo de non enterrar os cartos en tuberías e rollos medioambientais.

Por certo, de paso, o señor Figueroa debería explicar o por qué o director do Laboratorio e xefe de Medio Ambiente, incumpre a norma de incompatibilidades e pode exercer de veterinario na súa clínica particular e, ao mesmo tempo, ocupar variados destinos no Concello de Vigo. Se cadra por ocuparse de tantas e variadas cousas provócalle dicir tonterías en lugar de facer ben o seu traballo a prol da nosa saúde e da nosa ría.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

¡De juzgado de guardia!

Anónimo dixo...

señora vicevaledora do pobo¡por favor¡actue de oficio antes que llegue su marido EL JUEZ y mire para otro lado ainda que feda.

Anónimo dixo...

Habla la prensa hoy de una multa al ayuntamiento de Nigrán por tener la playa de Patos llena de mierda.
— ¿Quien manda en la ría de Vigo?
— ...
— ¿Hay alguien por ahí?

Anónimo dixo...

Eso si lo que les preocupa es la sobre-construcción... aunque no tengan depuración los restos, aunque no tengamos agua potable suficiente....Todo debajo de la alfombra porque no da pelas.... Son de juzgado de guardia y nosotros, los vigueses, idiotas por aguantar semejantes tropelías de estos polítiquillos irresponsables y ¿corruptos?
Vigo huele mal...como Marbella
¡Viva el ladrillazo!!!!

Anónimo dixo...

La Xunta no puede aprobar un plan xeral que pasa de las cosas fundamentales para los ciudadanos y solamente piensa en el beneficio de los promotores.
¿Cómo es posible que el Bloque tenga ese comportamiento? Su enemistad con el Psoe no necesariamente tiene que llevarle a hacer la pinza con el PP y fastidiar bien a la ciudad ¿Son más importantes los promotores que los ciudadanos? Eso son cosas del PP, pero... ¿el Bloque?. Cousas veredes...

Anónimo dixo...

"Mentres estas cousas ocorren, C. Porro, Toba e a presidenta da Federación veciñal, xogan a investimentiños en plans de parroquias, flores, alamedas, parques infantís e campos de futbito en cada curruncho, por aquelo de non enterrar os cartos en tuberías e rollos medioambientais."

Este blog é moi tendencioso. O investimento necesario na depuración das augas viguesas e na solución do problema da contaminación, é un investimento enorme que precisa da intervención da Xunta e probabelmente do ministerio.

Os gobernos do PP non fixeron nada e os que van do PSOE tampouco, e a vós preocúpavos o que fai a Federación de Veciños ou Toba...

Pois non nenos, non. Mauricio, Ventura e cia o que fixeron e fan é pura demagoxia. Coa depuradora, co plan Xeral, con todo. Nunca ofreceron unha verdadeira solución a nada. Armar ruído sen alternativa na man, e aínda por riba darlle a alcaldía ao PP Corina, dispois de compadrear co honestísimo compañeiro Soto.

Miguel Barros, el si que foi honesto nas súas intencións desde o principio, e honrado no seu comportamento, deuvos unha boa lección. É unha mágoa que o bloque non lle ofreza a alcaldía, ou que non presente unha candidatura independente, chórame a man por non poder votalo. O PSOE de Vigo está convertido nun niño de conspiradores afeizoados, sen principios nin escrúpulos políticos. Todo polo voto fácil, a demagoxia e a insidia por norma.

Anónimo dixo...

Pienso que es independiente de los cargos que desepeñe dentro del Concello que el Sr Torron ejerza como veterinario...ojalá hubiese más veterinarios como él y no muchos sinverguenzas como hay.