IX ÉPOCA

21.11.06

Vigo non lé

Clarificador artigo de Manuel Bragado en Brétemas sobre as bibliotecas públicas en Galicia. Especialmente pola comparativa entre cidades galegas, na que Vigo queda moi mal parada. Algo importante pois estes índices son un bo indicador da capacidade e dimensión cultural da cidade e dos seus habitantes. E a formación e cultura dos cidadáns é un evidente factor de desenvolvemento. Dificilmente se pode construir unha cidade contemporánea con eses murchos bimbios. O artigo do mesmo Bragado no Faro, abunda nesta análise desazonadora.
Un comentario a un segundo post de Brétemas sobre este tema, pon o til na política de equipamentos culturais de Paco Vázquez. Nesta política, ten moito que ver un gran profesional, amigo de pupitre de sir Paco, Ramón Núñez Centella, auténtica alma mater dende hai máis de dúas décadas do proxecto científico-cultural coruñés, aínda non rematado. Desgraciadamente no pupitre dos alcaldes de Vigo ata a data, non se debeu sentar ninguén de interese.

Como ben indica Bragado, a Coruña posúe unha estructurada rede de bibliotecas municipais. En Vigo non pode haber rede, porque, sinxelamente, non hai ningunha biblioteca municipal.

E así nos vai.

9 comentarios:

Anónimo dixo...

En efecto, Ramón Núñez es un extraordinario director de los museos coruñeses, apoyado de forma entusiasta por el alcalde Vázquez, pero es que en otros terrenos de la política cultural y educativa, también destaca el ayuntamiento coruñés. Desde hace más de quince años, por ejemplo, llevan reuniendo a los alumnos de COU (ahora 2º de Bachillerato) en unas jornadas para orientarlos en los estudios universitarios.
Yo no soy devoto de PV, pero hay que reconocer que en ese campo el ayuntamiento herculino siempre ha destacado. Claro que si el cultural de aquí lleva una temporadita de lloradas por culpa de un mísero ungüentario (no niego su importancia, pero hay otras prioridades) en plan victimista, pues es normal.

Pablo Eifonso dixo...

Chama a atención, sen embargo, que Vigo debe ser campiona mundial nas chamadas "ludotecas", "equipamentos" de moi dubidoso sentido e utilidade (o xogo ou é libre ou non é xogo) pero que coñeceron o éxito típico de alguén que colocou a idea no momento preciso e vendeu aquelo tan tremendo de "aprender xogando". Así, as asociacións de veciños (que piden o que vén) reclaman antes unha ludoteca cá unha biblioteca. Debelles parecer máis cool.
Fixémonos na páxina de "Xuventude" da web do Concello: as bibliotecas nin aparecen reseñadas.
http://hoxe.vigo.org/movemonos/mocidade0.php?lang=gal

Anónimo dixo...

E xa que seguimos por esa vía, tamén debe ser a campeona mundial dos contacontos nas ludotecas para as mañáns do sábado. E que os pais e nais de agora non saben que facer cos seus fillos que levalos a estes aquelarres?

Anónimo dixo...

En cada barrio deberíamos tener una buena biblioteca. Si todos fuesemos un poco más cultos no pasarían muchas de las cosas que pasan en esta ciudad

Anónimo dixo...

O sea, chapeu para Paquiño que no es precisamente santo de mi devoción pero si que hay que reconocerle ciertas cosas y efectivamente la parte cultural es una de ellas. Aun asi permitirme que os recuerde que el ministerio de cultura le niega a Vigo la financiación de una biblioteca por no ser capital de provincia

Anónimo dixo...

Cuanto más ignorante sea el personal mejor se le manipula...Por eso las dictaduras prohiben los libros...
Tantos años de la nuestra parece que dejó un poso...

Anónimo dixo...

Aún estamos a tiempo de poner las bibliotecas en todos los barrios....
Puede incluirse este punto en los programas electorales...

Anónimo dixo...

A mí que no me pongan bibliotecas, que lo dejan todo perdido.

Anónimo dixo...

Sí, creo que son las causantes de que Vigo se inunde cada vez que caen dos gotas...¿El concello? Por supuesto que ellos lo están haciendo todo correctamente y no tienen culpa de nada...¡Faltaría más!