Por de pronto, a chuvia xa se encargou de desfacer a cartelaria que Soto pendurou nalgunhas farolas. Nelas, convocando o espirítu de Leri, propuña a súa idea xenial: "Vigo 5ª provincia, xa". Pensou, acaso, que quen dá primeiro dá duas veces.
Tampouco semella que estemos para aturar proxectos imposibles tipo cidade encantada ou porto do futuro ou brigadas arranxa-beirarruas de intervención rápida aloumiñadas polos candidatos.
Non, do que hai que falar en Vigo é do PXOM. A competencia urbanística é a de maior importancia do Concello (ben se ve) e por tanto é a que máis vai condicionar a vida da cidade por moitos anos. A historia recente demostra que o reparto de forzas actual non é o axeitado para interpretar os intereses da cidade. Non foron quén de chegar a consenso nin de constituir maioría de goberno claras. A alianza urbanística PP-BNG non tivo maís repercusións que a permanencia de C. Porro en minoría e o aumento dos beneficios de Consultora Galega.
É necesario, xa que logo, que a nova corporación sexa elexida sobre unha definición clara das súas apostas sobre o futuro urbanístico da cidade. É a mellor forma é que non se aprobe o PXOM ata que queden refrendadas as diversas posturas polas urnas.
Entendo que isto lle disguste a C. Porro que preferiría chegar a maio cun PXOM aprobado como gran éxito pero tampouco lle viría mal un aprazamento para presentarse , outra vez, como unha victima das maquinacións de Santiago. En realidade, C. Porro non quere ser alcaldesa (solucionar problemas) senon unha especie de delegada sindical da cidade en permanente loita co enemigo exterior.
É posible que nos cálculos do PSdG-PSOE e doBNG entre un difícil escenario donde un PXOM sen aprobar volva ser o obstáculo para acordar unha alianza de progreso en toda Galicia. As tentacións dunha saída-chapuza cunha aprobación parcial deben ser irresistibles en Santiago.
Tamén en Vigo os dous partidos teñen divisións internas a propósito do tema. Aprobar ou retrasar consolidaría diferentes sectores e repercutiría no apoio ós candiatos que, curiosamente foron dedididos sen ter unha definición sobre o tema.
As presións dos "axentes sociais" locais que invocarán o "incomprensible retraso" non son para ter en conta. Habería que recordarlles o seu silencio cando Figueroa decidiu un parón ou cando Toba perdeu moitos dias na súa obrigada negociación cos veciños do BNG, perdón, de Teis.
Asi que, denegado aquel referendum que tantos vigueses solicitamos, demostrada a incapacidade das forzas actuais para sacar adiante o proxecto maís importante de Vigo, tendo en conta que un retraso de seis meses non supón nada na escala de tempo do desenvolvemento da cidade, considerando que é obriga de todos facer da democracia un sistema vivo de convivencia e toma de decisións
que non se aprobe o PXOM
que se decida o futuro nas próximas eleccións.
2 comentarios:
Lo más lógico sería dejar los del PXOM para después de las elecciones. Sin duda
Me parece bien vuestra proposicion. El PXOM para después de las elecciones y que se realice bien, teniendo en cuenta las necesidades de los ciudadanos (y no a la de los promotores/patronal), o el impacto medioambiental (y visual) entre otros.
Un saludo
Publicar un comentario