IX ÉPOCA

26.11.06

Ruido

O tema do ruido e do dereito ao descanso nocturno en Vigo está cheo de mentiras municipais e accións de despiste. Outra volta veñen marear co de que van declarar "zonas saturadas" (¿para que? ¿porque nono incluíron no plan xeral? ¿non se blindan e supervalorizan os locais existentes?), o mesmo anuncio que fixeran xa hai máis de un ano.

A realidade, máis alá das ducias de páxinas adicadas nos periódicos a este tema, é que o Concello de Vigo nin atende convenientemente, nin controla, nin tramita máis ca unha parte das múltiples e reiteradas denuncias por ruido feitas por veciños que sofren, cada fin de semana, a imposibilidade de durmir polo ruido emitido por locais de copas e o botellón. Locais ilegais, tanto porque emiten ruido por riba dos límites admitidos polas ordenanzas e non están insonorizados, como porque parte deles carecen de licencia adecuada. E se son ilegais, procedementos hai abondo para pechalos e que se adecúen á lei. As poucas denuncias que tramita o concello, se aos feitos nos atemos, non deben ter relación directa coas zonas con maior problemática, como Churruca.
A realidade é que unha parte dos locais de copas desas zonas carecen de licencia adecuada. A realidade é que o Concello, poidendo facelo, non actúa pechando estes locais que carecen do permiso para exercer a actividade, con independencia de que emitan ou non ruido superior ao permitido. A realidade é que a Policía local non realiza todas as medicións que lles reclaman os afectados e que se acumulan centos de denuncias sen resposta axeitada. O certo é que os veciños afectados xa están fartos.

Mapa de ruidos, enésimo estudio de ruido (menudo choio este!), zonas saturadas, estudios do Valedor do cidadán (que está a actuar con clara incompatibilidade como enxeñeiro e como Valedor: Luis Espada adícase profesionalmente ao estudio deste tema o que non deixa de ser francamente mosqueante e incompatible), declaracións e demais, só ocultan conscientemente esta realidade: o Concello, poidendo facelo, non soluciona un grave problema que afecta gravemente á saúde dos cidadáns. Non sabemos por que non actúa eficazmente. Nin se nos ocorre pensar que teña que ver con quen é, e de onde vén, o concellal que acumula os dous cargos que teñen que ver directamente con este asunto, as delegacións de medio ambiente e urbanismo: José Manuel Figueroa, de profesión coñecida -antes da política, claro- hosteleiro menor. Tampouco podemos imaxinarnos nin de lonxe que a Policía local teña ningún interese en non actuar cando se demanda a súa presencia en determinadas zonas. Algunha outra razón haberá e alguén terá que investigala.
Parece que algúns veciños de Vila-real atoparon a solución ao seu problema nos tribunais e lograron unha dura condena de prisión e inhabilitación para o seu alcalde: se cadra, en Vigo, cunde o exemplo. Seméllame a única forma de que deixen de tomarnos o pelo e a saúde.

Ilustración: Forges en elpais.com
FOTO: vigoblog.blogspot.com

21 comentarios:

Ramón Barrientos dixo...

O deste Luis Espada, que ocupa o extraño posto de valedor do cidadán do Concello de Vigo(pero non hai xa un valedor do pobo????) é de botar de comer á parte. Agora propón (para asegurar un choíño aos seus chicos da facultade e a el mesmo) nada menos que un rimbombante Centro Municipal de Acústica (ahí es ná), adicado a facer medicións que debe facer a Policía local cos seus sonómetros homologados. Aquí quen non corre voa para mamar do teto da administración e dos nosos impostos. Pero que coño pinta este señor facendo un tras doutro estudios (algúns repetidos, como o do botellón, pois xa publicara hai pouco un estudio de campo a asociación Alborada de Vigo, ver: http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/
noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=4422159&txtDia=
15&txtMes=1&txtAnho=2006).
Estes estudios de Espada (botellón, ruido, sendas peonís, tráfico..) fanse con cargo aos orzamentos municipais e sen control público de contratación ningún, sen aplicación dos principios de publicidade e concorrencia. É unha grave irregularidade que debe ser denunciada. Xa está ben de vivillos á nosa costa.

Ramón Barrientos dixo...

E aínda atopo en internet a noticia sobre outro estudio recente máis sobre o botellón encargado polo Concello de Vigo á Universidade de Santiago. Por que fixo Espada un terceiro estudio sobre este mesmo tema en tan pouco tempo? pero, quen administra os nosos cartos?
VER:
http://www.ruidos.org/Prensa/2005dic/051204_FaroVigo.html

Anónimo dixo...

¿Sabeis qué ha sido del señor Nicodemes, el de la bombona?
pobre hombre seguro que estaba desesperado de la vida...

Anónimo dixo...

Que se dejen de estudios, todo está más que estudiado...Hay lugares de la ciudad que tienen un ruido insoportable, esa es la conclusión de numerosos estudios pagados con el dinero de todos...
Ahora viene la segunda parte: ¿cómo se soluciona el tema? Desde luego saliendo por las calles con el medidor ese lo dudo...

Anónimo dixo...

Un poco más de civismo, en general, nos vendría muy bien a todos.
Muchos estudiantes extranjeros cuentan que en sus ciudades no podrían montar esas movidas en la calle...¿por qué aquí sí?
Habría que reconducir el tema, no tiene sentido

Anónimo dixo...

Vemos zonas en las que todas sus viviendas tienen papeles de protesta en sus ventanas...Que inviten a un café a la alcaldesa, a Figueroa, al valedor..y comprenderán ¿A ellos le gustaría tener esa movida debajo de su ventana?

Javier Carballeira dixo...

Un taxista me comentó un día que el propio alcalde (por entonces) de Vigo, Lois P. Castrillo, le había comentado que lo de reprimir la doble fila restaba votos. Pues creo que estamos ante un situación similar: la represión del ruido parece que contentaría a menos personal que el que suponen que agradecería mantener la situación.
Lo que pasa es que eso de reprimir tiene muy mala prensa y los usufructuarios del ruido resultan ser más, al menos eso es lo que piensan los encargados por todos para hacernos la vida más agradable. A éstos les falta valor para hacer algo beneficioso para nosotros y les sobra jeta para hacer lo que consideran beneficioso para ellos mismos. Eso es todo. Lo demás, como diría el ínclito Toba, son milongas, sin perjuicio de que Chema también tiene algo que decir al respecto, que para eso su único título de reconocimiento social es el de "empresario de hostelería".

Anónimo dixo...

Pero xa o dicía Shakespeare que a historia é un relato dun tolo cheo de ruido e ira. Seica non vivía en Vigo upon Lagares.

Anónimo dixo...

El Supremo ha condenado recientemente a un alcalde por no solucionar un tema de "ruidos" que producía una empresa...
Atención señora Corina, puede caer en la casilla de una de las esquinas del monopoli....

Anónimo dixo...

Pienso que esos vecinos que no se sienten atendidos en sus derechos por el concello podrían poner una querella ¿o no?
Alguna defensa tendrán si nadie les hace caso

Anónimo dixo...

Ahora contratarán a una empresa para que haga mediciones por toda la ciudad. Más gastos para los ciudadanos, por si fueran pocos...
¿Ese no es un tema que debería llevar la policía municipal? ¿para qué están entonces?

Pablo Eifonso dixo...

Estes non dan puntada sen fío. O asunto parece ser sacarlle tallada a calquera cousa a base de contratar e contratar estudios a empresas amigas. O Concello presentou hoxe, na chamada Comisión municipal de ruidos, a contratación de dúas novas asistencias técnicas (e van...). A primeira "para realizar a catalogación de locais de ocio con funcionamento en horario nocturno emprazados nas que serán declaradas zonas acusticamente saturadas", o que demostra que teñen que botar dos seus choios a tódolos funcionarios que traballen nas oficinas de licencias da xerencia de urbanismo, pois, polo que se ve, non son quen de tirar un listado dos establecimentos comerciais alí existentes nin son quen, tampouco, de mandar un inspector (con un seguro que chega!) para completar o "catálogo" (sic) con aqueles -que deben ser bastantes- que abren impunemente sen licencia ningunha.
A segunda, outro chollito, para soslaiar o que hai que facer: facer as medicións que reclaman os veciños denunciantes, abrir expedientes aos infractores e aplicar a lei con todo o rigor.

O que comeza a resultar admirable é a capacidade que ten o antigo(?) hosteleiro Chema Figueroa para repartir a diestro e siniestro rodas de muíño... e, entre estudio e estudio, a vaca segue engordando, a costa do que sexa, que nunca hai mal que por ben non veña.

Pablo Eifonso dixo...

¿A que as dúas "asistencias técnicas" se contratan á mesma empresa?... admítense apostas.

Pablo Eifonso dixo...

http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=7223

Anónimo dixo...

este concello reparte cuartos como si fuesen suyos. Tiran el dinero continuamente en asuntos absurdos ¿saben que ese dinero sale de los impuestos de los ciudadanos? Que se dejen de una vez de hacer estudios y que actúen...Hace años que estamos protestando y no nos hacen ni caos. Ahora otra vez a enredar con los estudios...y otra, y otra...¿hasta cuándo?
Más de uno se está forrando a cuenta de los vigueses..., nos ven cara de tontos

Anónimo dixo...

para cualquier cosa enredan y los vigueses a pagar

Anónimo dixo...

¿No hay en el concello ningún departamento que pueda hacer ese chollo? No tiene tanta ciencia, se supone que esos locales pagan impuestos municipales así que ya los tiene bien fichados...
Alargan las situaciones hasta el infinito cuando no hay voluntad de arreglarlos...Como ocurre con la depuradora, las inundaciones periódicas de la ciudad y otros muchos problemas básicos de Vigo...
Eso tiene un nombre: INEPTITUD...

Anónimo dixo...

Eso, el concello y la policía son suficientes. No más dinero para esos estudios externos que arruinan a la ciudad y forran a ....

Anónimo dixo...

Amí me contaron que Figueroa sigue teniendo intereses en los negocios del mundo de la copa...

Anónimo dixo...

Dolce vita? p.ej.

Anónimo dixo...

Pues a lo mejor no nos interesa tirar piedras contra nuestro tejado.... Y por eso...