Paradoxicamente, a Submisión de Xogos de mesa, dependente da Comisión permanente ¿Xogamos?, de Vigoblog, retoume a introducir neste curruncho da rede, periodicamente, opinións cunha nova temática.
Como Vigo é o seu elemento inspirador inicial e principal, bótase en falta falar, deportivamente, do Celta. Iso foi o que dixeron.
A miña relación co fútbol é (supoño que como a de moita xente) de amor-odio de grande intensidade. Son celtista por parte de pai e futbolagnóstico por parte de nai, polo que hai unha primeira explicación obvia.
Polo demais, o reto gustoume en canto que reto. Son moi celtista e pouco futbolero: ¿que escriba sobre os partidos do Celta?.
Para non converter os comentarios nun conxunto de celestes cánticos de grada, decidín asesorarme con alguén que compensase as miñas evidentes limitacións (non vexo moito fútbol e recoñezo que, se xoga o Celta, non son -nen quero ser- obxectivo).
Así pois, coa agardemos que inestimable axuda do meu amigo Joseba, inmigrante nesta cidade desde hai moitos anos (pero celtista converso e confeso), pero sobre todo adestrador sobrado en canta conversa haxa que trate de pelotas, tentarei dar, sempre que poda, pequenas cápsulas de fútbol, minidoses de celtismo, así como para abrir a conversa.
E sendo sufridor do Celta qué máis apropiado para comezar esta andaina que a derrota de onte na superpérfida albión. A crónica comentada sería máis ou menos así:
A G e a 6ª retrasmiten o partido, e curiosamente o sinal pola G chega un pouco antes que pola 6ª, polo que existe a posibilidade de rever minixogadas. En fin, entre a sosez doméstica da G e a sobrada erudición da camarilla da 6ª, opto e punto: G.
O Celta sae a xogar, toca e golazo de Canobio. Controla o partido e rememora -un espellismo- aquel Celta -Lamáquina- que tomou as illas británicas con Mazinho, Mostovoi, Karpin, Michel, Revivo, Penev ...
Cando volvo do meu nostálxico enbobe vexo que xa non se pretende seguir facendo dano futbolístico, vaise perdendo a actitude ofensiva, a intención atacante, e os ingleses empatan. Non sei que lles dixo Fernando Vázquez no descanso, seica que o empate era bó (¿?), pero o certo foi que ¡¡menudo comezo da segunda parte!!.
“Pelea callejera”, dixeron na 6ª. “Caca, pis culo" (versión reproducible dos exabruptos reais), dixo Joseba, “Isto pinta feo de carallo, estánnos presionando moito no centro do campo e non chegan balóns claros arriba”.
O adestrador celeste opta polo empate (cambia a Baiano por Perera; “Como nos metan un gol non temos para reaccionar arriba” dixo Joseba, o moi gafe).
Non sei se sería por iso -ou porque F. Vázquez non lles dixo aos xogadores que nas xogadas a balón parado, chega un momento no que o balón deixa de estar parado e móvese; e, claro, se vai á portería, entra-, pero a cuestión é que os ingleses marcaron outro goal e puxeron a posibilidade de pasar de ronda bastante jodida (e ise título máis lonxe), porque aínda queda un partido en casa e ...
Non sei moito de fútbol, pero a este equipo fáltalle alguén con galóns, que se bote o equipo encima. Oubiña, que podería facelo, anda ultimamente algo ausente, sen asumir responsabilidades. “O que fai falla é un lider que tire do grupo”, dí Joseba. E un entrenador menos cagueta, digo eu.
(Durante toda a retransmisión, mesmo co balón en xogo, apareceu machaconamente mantida a imaxe dun tipo gordo, que resultou ser o propietario en Newcastle do seu equipo de fútbol, do seu estadio e do 25% da cidade -seica controla as superficies comerciais-, o que provocou os conseguintes e irreproducibles comentarios fóra de ton de Joseba, que é orixinario de Bilbao, pero do centro-centro de Bilbao).
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
7 comentarios:
Goooooooooooooooooooooooooooooooooool
Xa se botaba de menos... esperamos, Tiago, que os teus comentarios sirvan tamén para que nonos colen aos celtistas, de rondó, un novo centro comercial en Balaídos.
Dende a ambivalencia futboleira, benvidas sexan as túas crónicas.
Queridas amigas bolgueiras : como podedes ver "nadie es perfecto",e tamén na redacción do Vigoblog haiche futboleiros. Só falla que nos apareza alguén do Madrid.
Pues creo que tengo la fòrmula para que el Celtiña cambie el gafe.
Podrìamos cambiarlo por ejemplo para Rivadavia, asì cuando juege en Balaidos ganarà siempre.
¿Simple, no?.
De nada.
La culpa la tiene Corina Porro. O Abel Caballero. No sé de qué va el post, pero me imagino.
vai de canear... ou sexa, acertaches!
que me quererán onde non me chaman
Publicar un comentario