Corina Porro, "esquizofrénica de la naturaleza", como ela mesma se definíu, está decidida a decorar a cidade como se fose o xardín do seu chalet. Moitas flores, moitas xardineiras, moito mobiliario... Unha opción que agocha a incapacidade municipal de concebir o espacio urbano como un lugar de calidade para os seus usuarios e non como un escaparate para maior lucimento do alcalde de turno. O contorno da Alameda convírtese nestes días nun contraexemplo do que debe ser a reforma urbana nesta zona, tan necesitada dende hai décadas dunha acción rexeneradora: unha execución de baixa calidade, farolas réplica do século XIX, caras e fátuas xardineiras de dubidoso gusto obstáculos no espacio para os peóns, arboriñas de flor... Artificiosidade e superficialidade que desgraciadamente agocha unha realidade de maior transcendencia: non se teñen renovado as instalacións subterráneas desta zona, noemadamente as de saneamento e abastecemento de augas, cunha antigüidade de medio século canto menos.
A comparación por proximidade é obvia; o maltratado espacio de Montero Ríos deseñado polo arquitecto Vázquez Consuegra dentro das actuacións de abrir Vigo ó mar supón un contrapunto de calidade e racionalidade urbana fronte ó mero decorativismo das novas obras de Luis Taboada e contorno da Alameda. Sen entrar nos coidados detalles na concepción e execución da obra de Consuegra -que poñen de manifesto a existencia dunha clara e activa dirección do proxecto-, no estudio dos materiais e despeces dos pavimentos, e fixándonos só no uso da vexetación, decatarémonos da diferencia entre un pobre planteamento decorativista e unha reflexiva intervención urbana. Árbores de mediano porte (tileiras), de folla caduca (sol en inverno, sombra en verán), plantados xa cun gran calibre; pérgolas inzadas de glicinia e buganvilla que conforman espacios singulares no paseo, respecto pola vexetación preexistente no xardín de estilo xaponés deseñado por Sales...
Sensibilidade fronte a sensiblería. Arquitectura fronte a artificiosidade. Mentalidade urbana fronte a mentalidade rural desclasada.
Corina Porro: "Soy una esquizofrénica de la naturaleza"
Váquez Consuegra
Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario