IX ÉPOCA

28.5.06

Mínimos

Mentres se vai polas fendas a auga potable e polos tubos de saneamento viaxan sen control toneladas de resíduos altamente contaminantes; mentres Vigo mantén o índice máis baixo da comunidade en número de bibliotecas públicas e non existe o máis mínimo mantemento urbano, incluídos os investimentos millonarios (agás para as flores de C. Porro); cando se manteñen uns servicios sociais de cara á galería, mentres non se asegura tan sequera un lugar decente onde durmir ou comer aos excluídos da cidade; á vez que miles de cativos de 0-3 anos carecen dunha praza pública nunha escola infantil, nos momentos máis importantes da súa formación e socialización e os mozos non temos posibilidade de acceder a unha vivenda digna porque o Concello non é quen de ter unha política de vivenda acorde coas necesidades da cidade; mentres que o Casco Vello e o patrimonio da cidade abandóase á sorte da especulación sen a actuación decidida da administración; mentres os mínimos de saúde, saneamento, educación e cultura non están nin polo forro satisfeitos, os nosos gobernantes coa complicidade do BNG, adícanse a dar retoques de pintura ás parroquias e a dar de comer obscenamente ao podercillo caciquil da Federación de Asociacións de Veciños. Menos Plan de Parroquias e zarandajas polo estilo, e máis políticas decididas, claras e transparentes que afronten os problemas reais desta maltratada cidade... que ao parecer, cartos non faltan.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Mi querido bloguero: pides demasiado a un equipo de gobierno falto absoluto de ideas, cuando llegaron a alcaldía recogieron las que dejaron los otros y ya no hay más exceptuando un par de pinceladas de Corina. Todo lo que tu comentas es un proyecto global de ciudad que el PP no tiene y aún por encima ha topado con un buen aliado, Xavier Toba (ojo no el BNG sino Toba). En fin, hablas de grandes cuestiones, pero permiteme una de esas que yo llamo del dia a dia: te invito a ti y a todos a que os fijeis en una cosa, cada vez hay menos papeleras en Vigo, a la conclusión a la que yo he llegado es que han sido retiradas por la concesionaria para asi ahorrarse personal para vaciarlas, limpiarlas, etc. De existir un buen gobierno local se controlaría a rajatabla a las concesianarias, pero ya ves lo que hay...O sea que imaginte si hacen esto con una cosa tan nimia como esta, ¿que no haran con las grandes cuestiones?

Pablo Eifonso dixo...

Controlar ás concesionarias??? iso non está no libro de estilo: son as concesionarias as que controlan ao goberno (a este a outros anteriores) municipal... que para iso tiveron que facer algúns "investimentos" previos. Xamentendes.

Anónimo dixo...

ja,ja,ja, claro que sí, pero distingamos dos tipos de inversiones las publicas: patrocinar fiestas, la cabalgata de reyes, y luego están las otras....

Anónimo dixo...

A de patrocinar festas e eventos xa está descontrolada... son insaciables e xa non lles abonda con lucir o machito diante dos eleitores: queren sobre todo que o mezenazgo sirva para dar de comer aos amigos, sen pasar por rollos de contratos con publicidade e cousas así... e chegará o momento que ao patrocinador lle pareza un pouco passada de máis, tanto pedir.

Anónimo dixo...

Pero no les va mal hasta la asociación de vecinos de Bouzas se presta al Concello para asumir una depuradora allí....Esas cosas nunca se asumen de buen grado.¿Se ven obligados? Yo soy de Bouzas y no quiero allí la depuradora bajo ningún concepto. Por mucho que se ofrezca esa asociación....

Anónimo dixo...

Y durante estos años pasados ¿dónde se metía el dinero de la ciudad?

Anónimo dixo...

la federación de vecinos....está pringada...

Anónimo dixo...

I say briefly: Best! Useful information. Good job guys.
»