IX ÉPOCA

7.6.06

Infantilismo político.

Andaba eu matinando co serio problema de identidade que me provocou o bipartito local a proposito de se me considero un parroquiano con dereito a plan ou un cidadán con dereito a humanización, cando Figueroa-Corina-Toba acabaron por desfacerme as neuronas cun dilema máis fondo ¿son definitivamente parvo ou está a cidade en mans duns nenos de gardería?
A cousa ven a conto dunhas increibles declaracións donde o voceiro Chema confesa que non poden decidir a ubicación da maldita depuradora porque se pode montar unha crise social. A súa compañeira C. Porro non deixa de chorar e chamar por papá Touriño e mamá Narbona. Hai uns dias, sen embargo, cando conseguiron o seu xoguete preferido, un tal PXOM, non deixaban de avisar que o xoguete é deles e que ninguén llo tocara: "O modelo de cidade é noso e non cho deixo, ala"
Total , que o modelo de cidade non inclúe a ubicación dos servicios fundamentais e iso ten que decidilo outra instancia a quen botar as culpas.Pero aínda máis, o problema do saneamento non é competencia do concello(sic) según afirmou Toba e debe ser a Xunta a que financie a recollida da merda mentras o concello construe beirarruas e alegres parques parroquiais. Que felicidade! Non subamos impostos, demos saida a regatas, visitemos xeriátricos, inauguremos parques e xardíns, a poder ser un pouco antes das eleccións e, iso si, deixenos recalificar terreos sen molestar. E o caso é que, cando vemos a C. Porro indignarse diante das cámaras, un chega a pensar que xa non son uns malcriados caprichosos, senon que de verdade crén no que dín.
E non me deixan outra saída: chego a conclusión de que son uns irreponsables e que por tanto, están inhabilitados para gobernar unha cidade. Vaian saindo, por favor.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Totalmente de acuerdo. Son unos irresponsables y además no tienen preparación. Sus intereses están marcados por otros...

Anónimo dixo...

¿Cómo es posible que Karpin campee alegremente por Vigo invirtiendo millones y millones....¿De dónde sale ese dinero? ¿Es posible tener ese capital parado años y años? Algo me huele mal....

Anónimo dixo...

Desde luego parece raro, raro ,raro...