Soben as pernoctacións en Galicia un 4,8% en outubro mentres que o número
de viaxeiros crece un 5,6%
-
Durante os 10 primeiros meses de 2024 as pernoctaciones incrementáronse un
5,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que as de viaxeiros
resi...
IX ÉPOCA
5.6.06
Educación milagreira
-Papá, papá, aprobei educación en patrimonio pero deixei feismo e vial para setembro. Menos mal que tamén aprobei educación para a convivencia e matemáticas
Prepárense porque isto pode ser certo en pouco tempo. Solucionar (sic) os problemas sociais a base de inventar novas asignaturas é un recurso ó que tódolos gobernantes acaban recurrindo. O último da lista foi o director xeral de Patrimonio da Xunta que , como remedio ó vandalismo, propuxo unha asignatura de educación en patrimonio que ademais sería obrigatoria. Lémbrolles que antes foron os arquitectos quenes promoveron a asignatura contra o feismo. Eu non sei se é que teñen unha fe desbocada no que fan os colexios ou ben, trátase de adiar as solucións por xeneracións resultando así imposible pedirlle responsabilidades polo seu traballo. En todo caso, sería bon que dunha vez se tivera en conta que a educación non empeza nen acaba nos colexios e que non se alimentara a frustración dos inxénuos que pensan que "antes" se que se educaba como era debido. Os medios, a administración, os servicios públicos e a sociedade tamén educa e deseduca. Asi que tomén nota e comecen por cuidar o patrimonio.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Super color scheme, I like it! Good job. Go on.
»
Los arquitectos tienen mucha responsabilidad.. A la hora de la verdad todos se montan al carro de la especulación y el feismo. Su colegio `podría protegerlos.
Hi! Just want to say what a nice site. Bye, see you soon.
»
Publicar un comentario