A ver se vai ser o conto do vello Carlos e resulta que, efectivamente, as condicións materíais da producción son o cerne da deboura. Resulta que , a estas alturas, contamos con tecnoloxía barata e poderosa de abondo para que a música, a literatura, as artes plásticas podan ser reproducidas mil veces e cheguen ata o útimo cidadán interesado. A música, obxecto do desexo principal dos xóvenes, duplícase unha e outra vez e enche horas e horas de lecer. Sen embargo, o negocio resístese e coa inestimable axuda dos estados trata de poñer portas ó campo. O canon, ese magnífico invento que grava os CDs, as cintas, os reproductores de MP3 e non sei se tamén os folios por se se nos ocurre copiar algún poema para mandarllo á unha moza, acaba de seres ratificado no Parlamento. Pero de verdade pode ser isto constitucional? Pagar porque podo delinquir¡ Claro que, di Pepiño o grilo, tamén pagamos para que as eléctricas poideran entrar na competencia. Vaia choio!
Por certo, ¿cobrará Teddy Bautista, ilustre compoñente de Los Canarios – Get on your Knees, remember darling- e hoxe portavoz da SGAE, cada vez que alguén toque a Internacional cun teclado como el fixo nos setenta?
Vexan , sen embargo, un concerto de Imáxinasons (1) por exemplo. A ledicia do directo non se pode fotocopiar nen descargar por Emule. ¿Por que os músicos non son iso: creadores e interpretes de cancións que suban nun esceario para facernos pasar horas irrepetibles? Pero claro, productores , discográficas, editores, libreiros, promotores e demáis familia terían que se reconvertir e eles non son do naval nin da minería... por favor!. Mesmo habería que desmontar a organización gremial de escritores que regulan o acceso á profesión a traveso dos premios. Iso xa sería demasiado!
E mentras tanto os desaforados defensores dos dereitos de autor andan dándolle voltas a patentes increibles: iconos, barras de estado, ...Se os deixan son capaces de patentar a suma e teremos que pagar cada vez que empreguemos a calculadora. É o código xenético do capitalismo, facer negocio con todo.
Vese vir outro mundo donde os intercambios culturais sexan horizontais sen mediadores comisionistas e sen controladores de calidade ad hoc. É o mundo das wikipedias, dos copylefts, dos códigos abertos, dos creative commons... O vello xa non sirve e o novo está por chegar. Ánimo. ¡Vivan os clásicos! E Gilberto Gil!
(1) Por certo, noraboa ós programadores culturais que fan coincidir un concerto de D3 con un desfile de modelos (xoves dia 23) e dúas actuacións (banda de Bembrive e a de imaxinasons) na rúa do Principe á mesma hora do sábado pasado. Por se non o saben hai maís espacios na cidade: a Miñoka, a alameda de Bouzas, o parque da Riouxa, Barreiro, o Berbés, parque do Lagares etc. etc. Policentrismo ¿vailles soando?
Anova non descarta a unión co BNG e lembra que o seu apoio axudou a Pontón
nos resultados das eleccións galegas
-
Antón Sánchez e os alcaldes de Rianxo e Sada, entre as persoas que
acompañarán a Noriega na dirección de Anova.
12 comentarios:
Eu penso que hai que suprimir a SGAE. En www.aregueifa.net podedes atopar música galega de libre descarga.
A SGAE ademais de inxusta é unha organización que dana especialmente aos nosos músicos, que non venden en España coma os "triunfitos", pese a ser moitos deles dun infinitamente maior nível. A SGAE debería poder cobrar como moito, polos dereitos dos seus socios e listo.
Sería posíbel erradicala do noso país vía novo estatuto?. Porque abofé que nos interesa.
dicir que os músicos "vivan" das actuacións en vivo está moi ben, sería caralludo. decídeme qué músicos no mundo poden vivir dos bolos que lle saian... pero si eiquí tes que pagar á sala para que che deixe tocar... sodes uns graciosos!! que o músico cree, e que se beneficien todos menos o creador... pensión de xubilación anticipada para todolos músicos!!!
1) Os músicos que eu coñezo non reciben nada, absolutamente nada, da SGAE.
2) Dos concertos en festivais e das clases que dan é do que malamente viven, os discos véndenos sen moito recargo e animando á copia como distribución.
3) Hai que apoiar aos artistas, totalmente dacordo. A SGAE ocupa ese espazo sen cubrilo, cobra e non axuda, só beneficia aos patéticos triunfitos e demais subproductos ademais das grandes distribuidoras.
Conviran conmigo que ó longo do tempo as profesións foron mudando e moitas delas despareceron a mans da tecnoloxía e das novas relacións sociais. Supoño que estarán de acordo que non podemos poñer un canon para manter ós cesteiros a pagar cada vez que mercamos un tupperware. Pois ben, creo que os músicos deberían redefinir o seu papel.
Sobre a cantidade de músicos que poderían vivir non sei se é grande ou pequena pero o que é seguro é que antes vivian de limpar botas ou de construir gamelas moitos máis que agora.
penso que desaparecen os oficios tradicionais porque a xente non merca os seus productos, pero parace que a música non está caducada na sociedade na cal malvivimos, senón todo o contrario. son músico, e hai anos ainda podías ver algo de cartos por ofertar o teu producto ás salas que programaban música en vivo, pero é que agora - que en teoría hai máis cartos para o lecer- hai que pagar para que unha sala te deixe tocar, amais de ser cada vez menos as salas que ofertan música en vivo, e cada vez menor o apoio institucional a toda a música que non sexa folk (con todolos respetos para a gaita, non vaia ser...). o músico de hoxe en dia soio o pode ser como afección, non hai alternativa, esquécete de vivir dinamente do teu traballo.
asdo.: un músico de vigo.
Perdoa pero non é certo. Colle a eclosión de grupos galegos que se está a dar: en todos os estilos, desde o hip-hop, ska, rumba, anos 20, jazz, etc. etc. Grupos de calidade e de certo éxito que actúan en festivais nos que cobran ben. É certo que non teñen contratos indefinidos e dependen da conxuntura, agás os das orquestras sinfónicas. Como no resto do mundo. Pero iso das "Salas", as poucas que hai, apenas oferecen folk, e co aforo que teñen ... agás a NASA en Compostela que é grandiña, non sei canto poden recadar nun concerto.
Confundes co feito de que Galicia está chea de xente que quere aprender a gaita por cuestións culturais e de tradición, e daquela hai gaiteiros a tutiplé, eu non son músico e coñezo máis de catro "gaiteiros", case tantos como "guitarristas", e menos que "batacas", así que xa me dirás.
gustaríame saber cales son ese grupos eclosionados, ónde actuan en galiza, cantos festivais hai en galiza nos que actuen cobrando ben. poderías falar de grupos folk, iso si, é fantástico que a lo menos os grupos folk galegos teñan un certo caché, pero a grande maioria dos grupos non son berroguetto nin carlos nuñez. documéntate e infórmate dos cachés dos grupos, e cántos bolos e por cantos cartos están a tocar.
o da gaita é fabuloso, agora, que é un pouco mosqueante que, por exemplo na tvg, sexa un dia e outro tamén... vale de folclore, xa sabemos que somos galegos e a gaita é propia de eiqui, pero esisten moitos músicos que fan música en galicia e en galego que non son folkis, pero parece que, ou non sinten de verdade galicia, ou que realmente non representan nada de galiza (de copyright exclusivo da gaita)
Neno DiosKeteKrew (cutura circula), Marful (Sons da diversidade), Jazz en Vigo, Rock a tutiplé por todos lados, O trasno, Ullarock, a patadas neno, a patadas. Tamén hai agrónomos no paro, non me contes historias.
cantos bolos deses grupos? ... estanse forrando, non si?. historias son falar de rock a tutiplé por todos lados: nomeache a dous grupos e un festival efímero e amais de amañado para amiguetes do "circulo". dime cantos grupos de vigo tocan en vigo ou na galiza, dime canto cobran, a ver si sabes, cantos grupos de rock saen na tvg, compara cantos grupos hai de rock e de folk e a difusión que se fai deles. os agrónomos no paro será porque non teñen leiras e productos das leiras: os músicos producen música (o que supón desembolso económico, non nos subvenciona ninguén) e tí benefíciaste do seu traballo, e, coa ignorancia que desprendes, seguro que pirateas ese traballo.
O resentido di:
"estanse forrando, non si?."
Non se están a forrar, están a facer música de calidade en galego e son algo difundidos pola radio galega. Nin máis nin menos, porque é a súa función. E supoño que lles dará para ir tirando como todo o mundo neste país que non é rico precisamente.
vigueses? pois mira, sen ir máis lonxe os transilvaninas (teñen unha peza trapalleira que soa ben en http://apologhit.vieiros.com/index.php )
e máis moito máis.
Aínda engades:
"dime cantos grupos de vigo tocan en vigo ou na galiza, dime canto cobran, a ver si sabes, cantos grupos de rock saen na tvg, compara cantos grupos hai de rock e de folk e a difusión que se fai deles."
Mesturas e esbardalles perguntando, insinuas tirando a pedra e agachando a man, moi típico dos iluminados etéreos deste blog, aínda tes coidado de non afirmar nada, porque nada sabes.
Programas musicais da radio galega:
Aberto por reformas. (5 horas semana) = de todo.
Extrarradio (8 horas semana) = non folk.
Lume na palleira (4-6? horas) = folk.
Radio Galega Música (todo o día) = Só pop e trangalladas españolas e anglosaxonas, cero galego.
Isto é o que hai que "difunde a administración". Non pretendas que a asociación de gaiteiros galegos che organice os concertos ... Se a xente comprometida coa nosa música se move e sacrifica máis é normal que teña recompensa, que non sempre ocorre, coma en todo.
E aínda tes cara para dicir:
"os agrónomos no paro será porque non teñen leiras e productos das leiras: os músicos producen música (o que supón desembolso económico, non nos subvenciona ninguén)". Tes unha cara como un piano. Habedes ghichiños que sodes do peor.
Acabo de ver isto (diálogo nun blog), que coincide en boa medida co que xa me tiñan contado sobre a SGAE, como só é copiar póñocho para que te informes:
"#
Representante da sala: “…para seguir totalmente a legalidade, antes do concerto habería que levar os tacos de entradas a asinar á oficina da SGAE. Alí tedes que apoquinar o 10% do aforo total da sala, e se non se enche, eles xa che devolven logo o resto”
- Eu: “er…. (flipando), pero… e se non eres da SGAE?”
- Representante da sala: “hai que pagar igual”
Alguén me pode confirmar se tal cousa está dentro da “legalidade”?. Porque unha cousa é que as salas non se queiran pelexar cos avogados cachas da SGAE, e outra que entre todos mexen por riba nosa e logo digan que chove.
Comment de Logoferoz — July 3, 2006 @ 5:42 pm
#
Non son doutor en Dereito, pero iso non é legar en los días de mi vida. Esa é a película que lles contan. Xa sabes, como se di nalgúns destacados sitios (Colombia, Calabria, Marbella), págaslles para que te “protexan”…
Comment de Martin Wu — July 3, 2006 @ 6:22 pm
#
Si e non. Polo que eu sei, para non pagar tes que avisar a SGAE cun mes de antelación para que vayan alí comprobar que non tocas os seus dereitos e supoñño que firmarlle o famoso papeliño de “chaval, temoste fichado”.
En principio, tamén poderías reclamar ese dereitos que cobraron, xustificando que esos temas son da túa propiedade. Nembargantes, para cobrar da SGAE existe un mínimo que non se chega con dous concertos polo que non cobrarías ata alcanzar ese mínimo.
Corrixanme se me equivoco, o meu concepto de dereito remata na segunda cervexa "
en resposta ó inorante de parte do "resentido":
?????? de qué falas... chámasme a min resentido espumeando asi?
o meu propósito é debater sobre o esceso de folk e de gaita nos medios públicos (rtvg, tvg), e a pouca difusión da música feita en galego (que tamén somos galegos, ijualiño que os gaiteiros) que non é folk, chámalle rock, rap, pop, o que queiras.
amais da difusión, refírome ás subvencións que reciben as agrupacións de gaiteiros, etc, e que có troco de goberno na xunta séguese a pensar que na galiza o representativo é a gaita e a pandereta. eu son tan nacionalista como o que mais, pero non son talibán; as expresións da cultura popular son toda aquelas propias dun pobo, e o pobo galego non é gaita e muñeira.
dis: "Non pretendas que a asociación de gaiteiros galegos che organice os concertos ... Se a xente comprometida coa nosa música se move e sacrifica máis é normal que teña recompensa, que non sempre ocorre, coma en todo."
¿cal é a tua música? claramente o folk, pero isa non é a nosa música, e son tan galego coma podas ser ti. abre a mente e as orellas.
mira que dicir que os comprometidos coa música (tua) se moven e sacrifican máis que os demais, e que por iso teñen recompensa... ó mellor estás a limpar a tua mala conciencia por algún abroche inxustificado? porque senón non se entende.
Publicar un comentario