Soben as pernoctacións en Galicia un 4,8% en outubro mentres que o número
de viaxeiros crece un 5,6%
-
Durante os 10 primeiros meses de 2024 as pernoctaciones incrementáronse un
5,2% respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que as de viaxeiros
resi...
IX ÉPOCA
15.3.06
Dona Lola ten algo que decir. Nos tamén.
Unha instancia comunitaria ven de subliñar a gravidade dun problema que, coa connivencia da administración local e autonómica, ven sendo agachado desde hai décadas. As deficiencias na xestión do saneamento coa conseguinte contaminación da ría é o maior problema de saúde pública da área metropolitana de Vigo. Cada vez son máis e máis frecuentes os efectos dunha política que seguindo a máxima do alcalde Portanet négase a "enterrar millóns" en infraestructuras básicas e opta por operacións de embelecemento e maquillaxe.
A presenza de metais pesados, as emisións continuas de augas residuais, o patético funcionamento dos colectores, a case completa falla de control dos verquidos industriais, xuntanse cos incumplementos reiterados das autoridades locais que "non saben cales son os fallos da depuradora" pesia ter realizado auditoría tras auditoría e investido unha chea de euros en modificacións.
O Sr. Figueroa, concelleiro tamén de Medio ambiente, declarou solemnemente en sesión plenaria, a intención de chegar ata o final na busca de responsabilidades técnicas e políticas. Intelixentemente implicou a tódolos membros da corporación porque é sabedor das responsabilidades que, un tras outro, tiveron no goberno da cidade. ¿Sera por iso que non son quen de constituir unha comisión de investigación?
D. Lola Villarino, nunha intervención inusual para unha presidenta de Parlamento, deixou caer no debate sobre a depuración das augas en Galicia, que sobre o caso de Vigo ela "tería algo que decir". Estamos ansiosos por escoitala, a ela, a Figueroa, a Amador Fernández, a Mª Xosé Porteiro, a Manuel Soto, ós técnicos de Novotec, ós de SeraguaAqualia , ós do departamento de Medio Ambiente, ós do Parking de Urzaiz , a dirección das obras de humanización...Todos teñen algo que decir ós cidadáns e deben decilo. Trátase da maior agresión a nosa saude e a do medio. Non é un problema de moluscos e depuradoras. Vai de outra especie, parasitaria do poder e cunha alta capacidade camaleónica.
Seguiremos informando.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Pues me encantaría que siguierais informando... y de paso decirle al Sr.Figueroa que tiene pendiende mover ficha en los TRABAJOS DE LA AGENDA 21 LOCAL...!
Al parecer una empresa contratada para promover la participación ciudadana en este asunto... no tiene mucho trabajo porque nadie CONVOCA LAS MESAS para analizar los resultados de la Auditoria y ponernos a trabajar en el PLAN LOCAL de una vez por todas...!!!
Esto es como la pescadilla que se muerde la cola, en esta ciudad, simpre estaremos gobernados por seres de otra galaxia, la suya propia.
También me gustaría saber más sobre el tema. Tenednos informados, por favor
Sobre la Agenda21Local se puede visitar y tratar de contactar con este sitio:
https://www.eixo21.com
Tanta Axenda XXI, tanto asinar a declaración de Albooorg e nós comendo peixe dunha ría contaminada pola incompetencia e a irresponsabilidade dos que están obrigados por lei a controlar o que alí se verte.
Comisión de investigación xa!!
Publicar un comentario