IX ÉPOCA

28.2.06

As milongas de Corina e o mar

A comparecencia de Corina ante os Medios para pedirse o Museo do Mar pon novamente de manifesto a evidente perda de papeis da alcaldesa de Vigo e debe calificarse de antolóxica. Non só por vir precedida dunha reunión con César Por-tela –o que se cadra afectou loxicamente á Porro–, senon porque o cúmulo de estupideces recollidas nos medios de comunicación da boca de Perli, só pode ser superado nos últimos tempos , nesta mesma liña, polas fantásticas declaracións na Voz de Galicia do seu amigo, e coñecido psicólogo do Concello vigués, o director dixital do Verbum.
Agora resulta que, terciando na polémica, Corina pretende aumentar a nómina de Museos que non funcionan, apañando para sí tódalas desgracias acumuladas do Museo do Mar, e unilas ás enquistadas eivas do Museo Municipal de Castrelos ou ás esperpénticas do Verbum, ámbolos dous baixo xestión (por chamalo dalgún xeito) municipal.

Se cadra, os incompetentes que asesoran a Corina ocúltanlle que –a diferencia destes dous últimos Museos citados–, precisamente o do Mar de Galicia ten un director competente, Pablo Carrera, un proxecto museolóxico e museográfico (criticable, pero alomenos existe), un comité científico e, ademais, ten adxudicada a montaxe da que será a súa exposición permanente –tras o correspondente prego de condicións e concurso público ao que se presentaron 35 empresas– á empresa Empty. Xusto todo do que carecen os Museos que administra Corina e López Chaves hoxe.

Tamén lle ocultan á Porro os seus indocumentados asesores, que a denominada Finca Zulueta, ó oeste do Museo e propiedade do Consorcio da Zona Franca, ten baixo os seus pés unha probable Vila romana ó parecer ben conservada, tal e como se puxo de manifesto nas sondaxes arqueolóxicas realizadas pola Zona Franca. Deben saber que isto limita (agás barbaridades non descartables en sensibilidades culturais como a que nos toca na administración municipal modelo Chema Figueroa ou López Chaves) as posibilidades de construcción nesta parcela e que aconsellaría unha excavación e museización dos restos arqueolóxicos para incorporalos ó proxecto museístico.

Non lle contan tampouco a Corina que o problema actual do Museo do Mar ten dúas orixes recoñecidas. Por unha banda, o abandono do proxecto (e do seu financiamento) nos seus comezos por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (daquela do seu valedor Manuel Fraga Iribarne), e o rescate in extremis que fixo contra natura o Consorcio da Zona Franca de Egerique, facéndose cargo en solitario deste equipamento cultural. A segunda, o xenio constructivo do seu partenaire hoxe, César Por-tela que, escudándose en Aldo Rossi, paríu un edificio que serve para calquera cousa menos para Museo: as súas paredes (tan importantes nun lugar de exposición!) enlucidas cun estuco intocable que impide que sexan usadas como superficie expositiva; o sistema de iluminación imposibilita xogar coa luz e pode deteriorar o material exposto e, para máis inri, o edificio é un auténtico cocedeiro no que se acadan, nalgunhas zonas, temperaturas en verán de máis de 45º, e ¡sen illamento nin climatización prevista en proxecto nin executada!. Tan marabilloso proxecto arquitectónico e tan magnífica execución son os que impediron ata hoxe que esta institución iniciase o seu funcionamento coa normalidade prevista no seu programa museolóxico.

Preocúpese, pois, Corina, en confeccionar os proxectos que faltan para os Museos municipais, buscarlles financiamento, crear e dotar os postos de traballo necesarios para que funcionen, sacar a concurso as prazas de director en lugar de poñer a dedo a incompetentes. Esquézase de facer brindis ó sol e propoñer paridas e obviedades de restaurantes, zonas de ocio (pois si que lles gusta ós do PP-BNG isto dos Euromares; paguémoslle unha viaxe a Disneylandia, a ver se se fartan e se lles pasa!), talleres para nenos e bibliotecas; preocúpese de que se reforme, amplíe e funcione ese museo de historia da cidade que esmorece abandonado en Castrelos, e esixa, como alcaldesa de Vigo, que a Xunta de Galicia faga os seus deberes co patrimonio marítimo da nosa Comunidade e se faga cargo, dunha vez, coa fórmula que mellor resulte e lle pareza, do único Museo do Mar deste occidente peninsular volcado ó océano.

E, parafraseando ó profesor Toba: ¡déixese de milongas! Ou a nós mesmos: esta roda de muíño é demasiado grande para o noso aparato dixestivo.

17 comentarios:

Anónimo dixo...

Amen a todo o dito. Perderemos de vista algún día a César Portela? Amenaza con outra desfeita no Auditorio, e aínda queda a ETEA. Non haberá alguén que lle pare os pés? Volverá a poñer esculturas do seu fillo decorando os edificios, como ten por norma, pagadas con cartos públicos?

Anónimo dixo...

Por qué non denunciar por Delito Ecolóxico a execución do Museo do Mar (especialmente dese poleiro de cafetín que clava as súas columnas na area dunha praia).

Non hai quen teña o que hai que ter para DENUNCIAR A ESTE MEGALÓMANO do carallo...?

E agora vai empezar o caixón de vidro e aceiro inoxidable que pechará para sempre o perfil da cidade...!!!

Anónimo dixo...

http://www.vigo.org/foros/read.php?f=23&i=3&t=3&lang=gal

Para seguir denunciando a desfeita da praia do matadeiro... neste foro do Concello deixo unha foto...!

Noraboa pola Bitácora...

Anónimo dixo...

Pocas ideas....pero muy confusas...
Eso es lo que hay en el concello

Anónimo dixo...

Eso lo decía mucho alguién que ya no está

Anónimo dixo...

Propongo que se le dé también la dirección del Museo del Mar a Lois Cea. De paso podemos darle la dirección de la Universidad Popular, del Museo Liste, del Instituto Municipal de Educación, y de todos los edificios municipales que están a la deriva de este nuestro mar. Ahhh, y por supuesto que por cada edificio se le dé otra nueva productividad.

Anónimo dixo...

D. Anxela Bugallo que estas en los cielos. Ya que no quieres participar en el Marco y sabiendo de tu sensibilidad museistica, hazte cargo del museo del Mar (de Galicia si tu quieres) y no lo dejes caer en la tentación rubia. Amén.

Anónimo dixo...

claro, la tentation vive arriba.

Anónimo dixo...

¿Cómo es posible que el Museo del mar no tenga condiciones para albergar cuadros, etc...por un mal aislamiento?
¿Quién es el responsable?

Anónimo dixo...

El auditorio de Pontevedra tiene una acústica deplorable....Espero que en el que se construya en Vigo no tengamos problemas de aislamiento, de acústica, etc....
Parece mentira que obras de ese calado puedan tener esos problemas tan básicos...Es inconcebible.
¿No hay responsabilidades?

Anónimo dixo...

O responsable do que pasa no Museo do Mar ten nome e apelidos: César Portela, sinónimo de soberbia sen límites, facedor de arquitecturas caprichosas e inútiles entre o aplauso cómplice dos intelecutais galegos. Aí quedan o Museo do Mar, o Verbum, o Cemiterio de Fisterra, o Centro de Ocio do Porto da Coruña, e tantas outras obras perpetradas por este incapaz alabado pola crítica e denostado polos usuarios. ¿Qué ten este home para estar libre de crítica? Non podo imaxinalo, pero se a sús incompetencia fora a dun ciruxán estaría no cárcere.

Anónimo dixo...

César Portela é unha industria e o arquitecto orgánico deste país. Un mal arquitecto que se permite pontificar decindo tonterías como as que soltou o martes pasado no Faro de Vigo depois da súa entrevista fantasma con Corina, con frases antolóxicas como dicir, referíndose ó bodrio do Auditorio de Beiramar: "auguró que 'se convertirá en un punto de peregrinación para observar el mar en primera fila'. Además, opinó que el edificio 'refleja la potencia naval e industrial de Vigo'."... Olé!
César Portela é o arquiteco orgánico do nacionalismo dende que hai un par de décadas se dedicou a facer das galerías en color o símbolo dunha (meu deus!) arquitectura nacional. E a alguén había que subir ós altares e, Pedro de LLan, por poñer un exemplo de arquitecto galego-falante daquela, non lles daba ben a imaxe... nin el, posiblemente, estaba disposto a converterse nun "orgánico" ao uso.

Anónimo dixo...

Acaba de hacer también un centro xeriátrico municipal en Barreiros....está en nómina...es parte de nuestros impuestos....
Por cierto la noticia aparece en la voz pero no en el faro (se inauguró ayer...).Creo que tienen terror a la opinión pública...

Anónimo dixo...

raro, raro, raro que Corina pierda esa foto....

Anónimo dixo...

Pues si que es raro. Ahora tienen el congreso del PP pero si hubiese interés lo habría inaugurado antes o a la vuelta...

Anónimo dixo...

Pobres viejos a saber como estará el aislamiento del Centro...

Anónimo dixo...

Si que es raro que no lo inaugurara ella