IX ÉPOCA

1.2.06

¿A qué xogamos?

Deben de estar a facerse cunha baralla, polo que supoño que o choio vai de tute, mus , pócker, ... (pero a estes non lles ía o monopoli?).
Digo isto porque o Concello de Vigo ven de asinar a Carta de Aalborg por segunda vez, polo que entendo que colecciona cartas (consta nas actas que o Pleno do Concello de Vigo do 28/12/01 -toma inocentada- aprobou "Adscribirse ó Grupo de Cidades Europeas cara a sustentabilidade, firmando a Carta de Aalborg"). É certo que desta vez con máis bombo, e con Mao (X.V.) de animador, que sempre mola.
Ao que seguro que non responde é ao compromiso do goberno municipal co desenvolvemento urbano sustentable, nin á sublimación da política (¿) ambiental (?) municipal (que qué é iso?, pois polo de agora: recollida de cacas de cans, control de ruídos -manontroppo e asegún de quén- e ¿algo máis?).
Maquillaxe-foto-maquillaxe-foto-...

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Asinan sen ler. Os problemas de miopia fan que todo sexa letra pequena.
¡Que desprestixio para unha sinatura e para a Cidade! Esto si que é un aldraxe e non o de Iberia.

Marcos Andión dixo...

Tiago, fillo, sei que baixaches da pola. Non era sen tempo. ¿Que foi o que pasou? ¿É que alí xa non había sitio para máis?
Supoño que este será o comenzo dunha longa amizade. En todo caso, ¡sempre nos quedará o blog!
¡¡¡Más madera!!!

Tiago Louro dixo...

Marcos, compañeiro, na pola estase ben, pero de cando en vez baixo, e doume de conta de que é mellor ter unha certa perspectiva. Hai cousas que canto máis perto, máis feo dan e pior cheiran.
¿Mus ou pócker?. ¿Tute?

Marcos Andión dixo...

Truco. Seica cádralle mellor á situación. O "truco" está no de "sustentable", porque semella que o urbanismo sustentable que eles entenden e o que lles proporciona o sustento. Pra min que pensaron que a tal Carta de Aalborg era unha que escribira aquela ministra, culta, de Cultura que ostentabla un peiteado insustentable, non coma o da Corina, que non tes máis que botarlle un planchado e recollelo a modo cá orella perlada e xa está. ¿Non si?

Tiago Louro dixo...

O que non ten sostén de talla suficiente é o dos TobaVieitez, urbanística e políticamente falando. Manda moito truco de diosss