IX ÉPOCA

6.2.06

Itinerarios VIGOBLOG (I)

Duas iniciativas coincidiron dias pasados na organización de itinerarios polo cidade. Por un lado, o Valedor do cidadán, interpretando de forma "sui genereis" as súas competencias, ven de presentar un libro donde recolle unha chea de sendeiros cidadáns. Pola súa banda, a asociación OUTRO VIGO É POSIBLE, organizaou o pasado fin de semán un recorrido documentado.
Ambolos dous coinciden en situar as súas iniciativas no centro da cidade ou ben, no caso do valedor, nos recorridos clásicos.
VIGOBLOG quere sumarse a estas iniciativas suxerindo un recorrido, eso sí sen documentar de momento, que trata de facer ver a outra cidade, na que viven a maioría dos cidadáns e que tamén ten historia.
AS CASAS BARATAS.
Situamos o punto de partida na rúa Aragón, na esquina fronte ó centro comercial, donde se atopa unha edificación de pequenas ventanas, que constitúe o primeiro edifico do noso recorrido. Xirando a cabeza, podemos observar as chamadas "caixa de mixtos" un exemplo de arquitectura nórdica tamén coñecido como casas de Fenosa.
Cruzando e tomando a rúa Coutadas e subindo pola artística ponte que salva tren e autopista, podemos botar unha ollada a un grupo sindical que percorre as beiras do que nun futuro será vias soterradas. Na baixada da ponte torceremos á dereita para internarmonos no Barrio das Flores, un exemplo de urbanización anticipadora a base de adosados pero cunha calidade de construcción alta. A pesares das rehabilitacións todavía quedan currunchos que gardan o antigo sabor dun barrio floreciente. Os nomes das rúas: Xasmín, Caravel, Nardo, Crisantemo enchen de aromas o aire.
Xa en Sanjurjo Badía tomamos cará ó Toural. Ali collemos a man esquerda pola rúa Enrique Lorenzo e despois de pasar uns aberrantes exemplares de construcción moderna volvemos topar cas casas pequenas con xardín que beirean a rúa ata a súa desembocadura na porta da histórica factoria Vulcano.
Tomando á man dereita, por Espiñeiro, asomaremonos á mítica Vichita, barrio de resonancias heroicas donde unha vez non houbo lei.
A subida de Espiñeiro permítenos lembrar o que un día foi o camiño dos "merendeiros" : Alfredo, Manolo, Jaime, Carlos e xa no remate do camiño, o Sanatorio de Pepiño, outrora sanatorio reconvertido en baile e merendeiro e convertido hoxe nun monumento as trapalladas urbanísticas. Debido ó seu caracter exemplarizante faremos unha ofrenda floral para recordar a tantas e tantas ilegalidades que , a diferencia das obras inconclusa do Sanatorio de Pepiño, nunca serán paralizadas nen castigadas.
Como remate, tomaremos polo avenida de Dª Fermina donde a ambos lados erguense unha chea de chalets de fermosa factura.Despois de pasar ó lado da casa do Obispo, donde unha edificación residencial desentona ó lado do vello chalet casi colonial que aquela piadosa dama deixou ós bispos, podemos achegarnos para ver unha panorámica dos terreos da ETEA donde unhas casas baratas (para subsuboficiais) cerran un magnifico recinto donde un portavoz arrogante e unha alcaldesa celosa tratan de edificar un parque temático e non queren que ninguén llo toque.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Gracias Pardavila, por lembrarnos a todos que hai outros Vigos, pero están neste. Magnífico o intinerario, mágoa que non podamos ver nun libro os datos sociais, urbanísticos, arquitectónicos, paisaxísticos e históricos do interesante periplo urbano que nos propós. Hai exemplos de conxuntos residencias -agora vistos con perspectiva- a ter en conta pola súa harmonía no que se chamaron antes as Sindicais. Pero Pardavila, os tempos agora sonche outros e xa sabes que os especuladores de sempre non tratan de solucionar o tema da vivenda, senón nada máis que facer un sustancioso negocio co dereito constitucional a unha vivenda digna.

Anónimo dixo...

La mejor calle de Vigo es Jenaro de la Fuente. Me pregunto quienes serían los "desgraciaitos" de los promotores de esos edificios....¿Por qué a ellos se les negó el pelotazo?

Anónimo dixo...

Totalmente de acuerdo. Es una calle ancha y con unos edifios de altura equilibrada...que permiten que nos de el sol en las aceras....
Un lujazo.