IX ÉPOCA

16.6.07

Depuradora, aprender do pasado

Sospeito que a comisión negociadora do pacto PSOE-BNG para o Concello de Vigo non perdeu moito tempo en definir unha política medioambiental que tería como punto clave o saneamento e depuración na cidade (e da súa área metropolitana). Trátase dun problema acuciante que ten como elemento central a saúde da ría e que non admite máis parcheos e dilacións.

Aprender do pasado recente.
Como xa dixemos neste blog, os problemas do saneamento sendo vitais provocan nos responsables políticos unha reacción negativa ante a posibilidade de non ser apreciados polo electorado. As solucións provisionais lonxe de ser solucións non fan outra cousa que adiar e aumentar os problemas. En vez de practicar unha pedagoxía cara ós cidadáns que axude a valorar a importancia deste problema, os responsables locais prefiren escondelos, ou ben, tratan de propor solucións tecnicamente inviables que eliminen as lóxicas tensións que producen. A construcción dunha
nova depuradora e as alternativas para a súa ubicación son un bon exemplo. A falla de control sobre Aqualia, xestora do actual saneamento, e outra proba do erróneo enfoque levado ata o de agora.
Ademais dos responsables políticos, tamén os chamados axentes sociais, terán que reflexionar para non
apoiar falsas solucións. Non esperamos, en ningún caso, que os empresarios enfoquen o problema con responsabilidade. Deixando aparte o seguidismo político que fixeron co anterior grupo gobernante, o seu interés vai tralo beneficio económico cortoplacista e responsables como son dos moitos vertidos incontrolados, a depuración é un custo que aforran trasladándoo á sociedade. Só cabe esperar que así como o Sr. Fernández Alvariño é agora un abandeirado das enerxías alternativas, apareza algún cluster de empresas especializadas en depuración.
Moi diferente e máis incomprensible é o caso da FAVEC. A federación de asociacións de veciños que a penas apoiaron as loitas dos veciños de Coruxo, si que bendiciron a depuradora no exilio de Baiona. Nesta nova etapa, compre que recuperen a súa independencia de criterio e poñan no centro da súa reflexión a máxima “quen contamina paga” que traducido ó caso ven sendo “non se pode exportar a merda nen as incomodidades da súa depuración”.


Vulnerabilidade e sostenibilidade.

O problema do saneamento de Vigo é complexo e non pode ter solucións máxicas. Unha nova depuradora, aínda que sexa cos maiores adiantos tecnolóxicos non é a solución. Primeiro porque, como tódolos sistemas centralizados, é vulnerable e bastará un fallo ou mesmo unha
folga de persoal para que se produzan vertidos. (Non digamos xa unhas obras de remodelación de seis meses!). Segundo, porque o crecemento da cidade pode colocarnos nunha situación semellante dentro de 15 ou 20 anos. Por último, porque é necesaria a separación de augas pluviais e fecais o que supón acometer obras en toda cidade.
Así vistas as cousas, e como veñen opinando diferentes grupos ecoloxistas e expertos, hai que pensar en sistemas de depuración fraccionados e formando redes que permitan a utilización total ou parcial dos recursos en caso de accidente. Depuradoras de pequenas dimensións interconectadas e situadas en células territoriais aseguran un funcionamento máis seguro e reparten e achegan a responsabilidade.

A escala da solución
Tendo en conta que o
noso sistema de depuración natural é a ría, esa debe ser a escala da solución. Son imprescindibles acordos intermunicipias ou mesmo novas estructuras administrativas como a as áreas metropolitanas. A tentación, sen embargo, é deixar toda a política “suxa” en mans de Santiago ou Madrid renunciando así á iniciativa política que se reclama neutros casos.
Así foi a recente historia. As eleccións locais se celebraron sen que o problema medioambiental máis importante aparecese nos debates. O pacto de silencio e a solución máxica de Pachi Vazquez fixérono posible. Sen embargo, a
competencia do control de vertidos é da administración local que deberá potenciar o servicio e analizar as responsabilidades dos seus responsables anteriores.

O estado da cuestión.
Neste momento a política de saneamento e depuración está nas mans de
Saitec, a empresa á que ACUNOR encargou o "estudio de alternativas y anteproyecto de sistema de depuración de la ría de Vigo". (Por certo. foi a oferta máis cara) Ábrese unha pequena esperanza por canto o estudio encargado está enfocado de maneira integral e cabe agardar que enmende as falsas solucións propostas. Claro que todo depende da vontade política (lembren que a proposta de Silleiro tamén foi realizada por unha solvente consultora ) pero supoño que D. Abel poñerá por diante da construcción do “múelle das mareas” a solución a este problema. Entre outras cousas porque quedaría bastante mal cheo de cagadas flotantes.

Ver tamén : O saneamento en Vigoblog.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

El saneamiento es el problema más importante que tenemos y por lo tanto el primero a solucionar, antes que el ave, antes que el puerto, antes que el plan... Se trata de nuestra salud, de la salud de nuestra ría
Es escandaloso ver día a día como se deteriora más y más nuestro medio ante la pasividad de nuestras instituciones. Eso sí, se invierten millonadas en proyectos, en estudios, pero las acciones se van retrasando más y más ¿por qué?
¿Por qué no se empieza a atacar ya de una vez por todas el enorme problema de depuración en la Ría de Vigo?
La ría no puede esperar más

Anónimo dixo...

amigos de vigo,

Muy bien hablabais el año pasado sobre un chanchullo en Ifevi. Se repite Puro arte, (puro fraude) dentro de unos meses. Si os gusta investigar, hacerlo porque hay mucho que rascar. Por suerte, perdio corina...Esperemos que el Psoe sea mas inteligente y vea que esto huele a mustio entre los organizadores de dicha feria. (la galeria de arte Gaudi, en Madrid)...
Quien avisa no es traidor.
Suerte y felicidades por la pagina.

Pablo Eifonso dixo...

Non acabo de creerme que a proposta de macrodepuradora vaia máis alá dun argumento para librar nas eleccións. Teño serias dúbidas de que Europa, que financiou a actual depuradora, permita que se destrúa para destruir unha zona húmida como a Xunqueira do Lagares.
Unha análise superficial do que se ten realizado en saneamento en Vigo (dende que a principios dos 80 do pasado século se iniciasen xa investimentos millonarios no chamado Plan Especial de Saneamento Integral da Ría de Vigo -PESIV_) amosa un inorme fraude do que nin son alleos os distintos gobernos municipais nin a concesionaria do servizo de augas (agora Aqualia), nin os técnicos municipais encargados da cousa.
Unha investigación independente sobre os gastos e execución dos proxectos de saneamento non podería menos que poñernos os pelos de punta: centos de millóns de euros para que, ao final, pola tubería pola que twería que sair auga depurada, saia practicamente a mesma auga que entra, cargada de contaminación orgánica e química. A única instalación que realmente funciona é esa inorme e cansada Depuradora que é a nosa maltratada Ría, a punto mesmo de "gripar" por eutrofización.

Pablo Eifonso dixo...

E seguimos sen saber quen, canto e como se controlan os vertidos industriais á rede de saneamento, que acaban chegando á depuradora e, dende esta, ao emisario e á ría.
É o problema de saúde pública nº 1 de Vigo, mentras facemos bi-gobernos.

Anónimo dixo...

pues ya tienen los actuales poderes municipales un punto común de dónde arrancar: el saneamiento...Que no malgasten las energías inutilmente y que se pongan manos a las obra a solucionar problemas que no pueden esperar más, y aunque no sea lucido...
Un buen gobierno municipal debería dar prioridad a unos problemas sobre otros...¿es más importante acaso el plan que tanto preocupa?
¿Cuándo se va a empezar a coger el toro por los cuernos en Vigo? Eso es lo que esperamos de ellos,no dos gobiernos, y tropas correspondientes, a los que mantener