Entre o descomunal "paquete" de novas concesións que o PP despachou antes de deixar o goberno municipal, salienta a adxudicación, hai menos de un mes, días antes das eleccións, de seis novos aparcamentos soterrados. Independentemente das sombras do procedemento utilizado e do proceso de adxudicación, hai que dicir que a construcción dos previstos no centro da cidade (concretamente en Areal e Policarpo Sanz) supón un atentado irreversible á sostibilidade en materia de mobilidade e contaminación atmosférica e é unha medida absolutamente contradictoria coa potenciación do transporte público e a diminución do tráfico particular na área central. É unha medida indefendible nas políticas de tráfico en todas as cidades civilizadas que levan anos apostando polos chamados aparcamentos disuasorios fóra das zonas con maior saturación de vehículos. Suporá, ademais, catro anos de novas insofribles obras nos ámbitos máis representativos da cidade. O do Areal sitúase, ademáis, nunha zona verde e impedirá fisicamente calquera proxecto de ampliación e de lóxica prolongación da Alameda cara a Teis, formando un imprescindible parque lineal paralelo ao porto.
O concelleiro Calviño e o grupo municipal do PSOE foi moi crítico con estas adxudicación, tanto na súa forma como no seu fondo. Agora no goberno, e cando aínda non pasou un mes dende a adxudicación, é responsabilidade do PSOE e BNG revisar o acordo de adxudicación e impedir -se se fai de inmediato, con mínimas repercusións económicas, en todo caso asumibles,para as arcas municipais- que se consume semellante barbaridade. É legal e economicamente posible e debe facerse para evitar males maiores e hipotecar un futuro razoable para esta maltratada cidade.
Todos sabemos ben a que respondeu a adxudicación a Eloymar-Tranvías, por un Manolo Pérez que se despedía, do aparcamento de Urzaiz (que puido parar Castrillo e nono fixo). Todos sabemos a que responde a macro adxudicación de aparcamentos cando se despedía C. Porro.
E sabemos que os supostos intereses xerais nos que se ampara a adxudicación (precedido por eliminar máis de 1.000 prazas de aparcamento en superficie, boa parte delas de residentes que carecen de aparcamento no seu edificio nesta zona histórica) é a coartada doutro tipo de intereses que viaxan normalmente na man.
O novo goberno local pode e debe parar isto. Esperamos que PSOE e BNG impidan agora que poden o que vehementemente criticaron dende a oposición e se posicionen, claramente, do lado das políticas de progreso en materia de mobilidade e sostibilidade, fronte ás políticas caciquís de buscar baixo as pedras oportunidades de dar concesións -blindadas- aos "amigos".
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
8 comentarios:
Aparcamiento de Montero Ríos:
Desde las 13,03 a las 14,23...¡¡2,50 euros!!
Menudo negoción el del subsuelo nuestro...
¿Y por qué Manolo Pérez hizo la concesión del apracamiento de Urzaiz?
Esas son cosas que conviene que conozcamos los ciudadanos...
En el pliego de adjudicacion de los parkings falta una pagina que arranco alguien.El pliego original,debidamente custodiado,la tiene.Será la diecisiete?.pREPARAROS QUE ES MUY BUENO,PERO EL QUE LA ARRANCO SUDA.
las cosas que pasan en esta ciudad son para partirse de risa...si no nos hicieran llorar
¿Y qué es lo que contiene esa página 17?
Los cuatro jinetes del apocalipsis
pues tendrán que hacerlo público, lo quieran o no
APARCAMIENTOS
Calvito es así como vas a resolver los problemas del trafico de la ciudad? Sableando a los de siempre y engordando a los tiburones. Es natural porque tu comunista de pacotilla, eres mas de derechas que el Ánsar. Vete para casa y deja de chupar que sigues cobrando de la universidad, mas sueldo del concello, comisiones, plenos, asistencias, pluses y ahora cazos
¡¡Menuda cara tienes SOCIO-LISTO!!
MOLOCHO
Publicar un comentario