IX ÉPOCA

3.6.07

Novo goberno ou goberno NOVO? (2)

Comunicación ou propaganda: unha rexeneración necesaria


Tódolos gobernos municipais anteriores, como ben dixo Marcos Andión, apostaron por pagar o “imposto reaccionario” a os medios de comunicación e todos fracasaron no propósito de conquerir con iso a alcaldía de Vigo. Cabería pensar que as cousas terían que cambiar. Por se fora necesario, adiantamos algunhas ideas.

A comunicación municipal debe ser concebida como un servizo municipal e a ela se lle deben aplicar tamén os principios de legalidade, eficacia e eficiencia na xestión. A publicidade, para promoción de concertos e actos culturais masivos, captación de patrocinio, ou promover puntualmente unha "adhesión" cívica. O resto, comunicación pura e simple, debería atender:

  • Á información veraz e accesible sobre os acordos dos distintos órganos municipais.
  • Á transmisión non encuberta da opinión do goberno e da oposición sobre os asuntos da cidade.
  • Á información práctica para a vida cidadán.
  • Á mellora do nivel cultural e educativo da poboación mediante o desenvolvemento dun traballo profesional sobre os distintos aspectos da cultura urbana contemporánea.
  • Á difusión de anuncios e convocatorias.
  • Ás realizacións non propagandeadas do Concello como institución, o relato profesional dos feitos.
  • Á difusión das ordenanzas municipais e dos dereitos e deberes dos cidadáns.
  • Ó acceso completo a toda a documentación municipal que non teña legalmente condición de secreta ou protexida pola normativa de protección de datos persoais.
  • Á promoción do idioma e cultura de Galicia.

Como instrumento, un servizo profesionalizado, convenientemente dotado e sen comisariado político.
Os labores partidistas de información e publicidade, a cargo dos propios grupos municipais cós seus propios medios.
A defensa contra a manipulación informativa dos medios locais, xa non subvencionados, debería vir pola edición dun Medio informativo municipal en papel, coa periodicidade adecuada para ser eficaz, e tamén co uso extendido dos sistemas de información electrónico, coma é a extensión da rede wi-fi a tódolos vigueses.

O custo de tal proposta comunicativa, persoal incluído, non debera superar os 900.000 euros anuais, bastante menos do que hoxendía se gasta o Concello en lograr soamente un "bo trato" dalgúns medios locais.

Pois como estamos de consellos, cremos que en materia de comunicación municipal e publicidade institucional, no pacto de goberno debérase recoller os seguintes compromisos:

  • Un protocolo de relación cós medios de comunicación, cun código de obrigado cumprimento para os socios de goberno.
  • Transparencia nos gastos de publicidade municipal, cun rendemento periódico de contas aos cidadáns.
  • Creación dun Servizo municipal de comunicación profesionalizado, para tódalas concellerías.
  • Concebir a información, comunicación e publicidade institucional como un servizo aos cidadáns.
  • Creación dunha imaxe corporativa única do Concello de Vigo.
Sabemos que todo isto é complexo, que require un gran esforzo de xenerosidade e consenso e que a súa posta en práctica requirirá múltiples axustes progresivos e conflictos. Pero tamén sabemos que a “tradicional política informativa” dos sucesivos gobernos en Vigo non reporta beneficio algún aos únicos beneficiarios lexítimos da actividade municipal: os cidadáns. Sabemos que debe rematar o cobro e pagamento do “imposto reaccionario”. Sabémolo e, de continuar, así denunciarémolo.

P.S. O comité Antichanchullos de Vigoblog insísteme en que reclame, neste punto, que o novo goberno cree unha comisión de investigación sobre o Convenio secreto para o financiamento dos actos municipais da Volvo Ocean Race, asinado entre Corina Porro e ING, e que aportou á caixa de empresas relacionadas coa súa xefa de Gabinete, Pilar Egea (Abano e Significantia), a cantidade de 677.625,60 euros (ou sexa, 112.747.413,08 pesetas das de antes), é dicir, o 44,5 % do total aportado pola multinacional holandesa.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Non estarás pedindo moito tendo en conta o percal, meu amigo?!...

Saúdos!

Pablo Eifonso dixo...

Ola Remo! ;-)

Se cadra, repetíndoo moito, durante moito tempo en moitos sitios, moitas persoas... logramos algo...
ou non.

Anónimo dixo...

Estimado Pablo

Dice mucho en vuestro favor..., que también ahora contéis el tiempo que le queda a los otros.....

(lo digo por la cabecera del blog)

Noraboa ¡¡¡¡

Anónimo dixo...

resulta dificil de entender como algo tan lóxico pode atoparse cunha parede de plomo.
-cita-
¿por que?
¿quen controla a comunicación?
¿de onde xorde a comunicación?
¿en beneficio de que quen e de que?

En vigo, os arquitectos xogan ao tetris, os músicos son peóns do mundo do espectáculo, a cultura parece pertencer ao discurso dos " malos" de farenheit 451. Parece funcionar como elemento de desigualdade social.
Vigo é underground, a industria das ideas que dinamizan como unha polea gran parte de cousas de Galicia, que non se levan adiante, por que non se engrasan nin se coidan os tornillos precisos, ¡así é!, pero non acaba nunca o tirón.Só hai que saber escoitalo,estar atento...como este blog e este artigo.Andy Chango cantababa fai anos na Casa de Arriba cando o Prestige: "Ahora ya sois underground como nosotros...otra vez votar al partido popular"
Hai que seguir tirando, compañeiro

Anónimo dixo...

Concordo!!

Anónimo dixo...

Me adhiero

Pablo Eifonso dixo...

Por exemplo, algo tan elemental que non debería figurar en ningún lugar "civilizado", pero que debería figurar -vista a experiencia- no pacto de Vigo: ningún medio de comunicación contará con privilexios no acceso á información municipal; esta subministrarase a todos eles en igualdade de trato e condicións...
Que vos parece se redactamos entre todos neste comentario algunhas cousas que deberan ir nese "código" e logo o elevamos a un post?.
Eu xa puxen.

Marcos Andión dixo...

Desde que Príncipe inauguró la costumbre de dictarle la información al Faro, a través del periodista encargado de la "información" municipal (como sabían todos sus colegas), la cosa ha hecho escuela.
En definitiva, no es más que otra de las formas de conseguir una adhesión en un medio hegemónico en su ámbito geográfico más próximo. Tampoco es cosa exclusiva de aquí. Ni creo que vayan a abandonarla, aunque debieran.

Anónimo dixo...

eu propoño outra:

todolos concellais con exclusividade entrarán a traballar ás oito e sairán ás cinco da tarde. Se deben asistir a algún acto fóra do seu posto de traballo será utilizando o servicio público.

Anónimo dixo...

Corina dice que ella solamente se preocupa por la ciudad, que es muy independiente del partido (eso lo dice haciéndole un guiño al bloque...)...
Me pregunto si pensará lo mismo de Figueroa, Louzán... que ¡son los que manejan la barca!
Penoso lo que le cuesta soltar el poder. Está dispuesta hasta a aliarse con el Bloque...
Ese partido no debería ser tan inocente ¿qué hay debajo de la piel de cordero?