Recolle Brétemas o inicio da Feira do Libro en Vigo, salientando o pregón de Fran Alonso, no que criticou a escandalosa situación bibliotecaria de Vigo.
Esperemos que algo cambie nesta grave situación, aínda que a palabra cultura só apareza no famoso pacto de goberno en Vigo para designar unha área que lle tocou no reparto ao BNG. e biblioteca, ao mellor estilo vigués, só se cite unha vez, dentro das accións de goberno, como "Gran Biblioteca do Estado". Daquelo da rede municipal de bibliotecas, nin falar.
Claro que iso xera máis optimismo que se lémos (recomendamos actitude masoquista para tan valente labor) o documento reivindicativo As necesidades urxentes da cidade presentadas no PLAN VECIÑAL 2007 (informe e listado de deficiencias), elaborado pola Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao", no que ningunha das dúas palabras aparece (como o ilustrado D. Eduardo erga a cabeza prohíbelles o uso do seu nome e os demanda).
(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
2 comentarios:
Parece que en asuntos bibliotecarios o novo goberno municipal tamén está “despistado”, polo que se deriva da lectura do pacto; é sintomático que só se fale do tema ao citar á “Gran (sic) Biblioteca do Estado”, non falan en absoluto das bibliotecas (en plural) municipais integradas en rede.
Estes días anúnciouse a posta en marcha dun plan de animación á lectura, pero ¿onde está o programa co seu presuposto, co seu persoal, co seu calendario, etc.? Realmente, ¿saben o que é unha biblioteca, as súas funcións, unha rede, etc.? ¿preguntaron no propio Concello se alguén sabe algo desto? (é probable que teñan algo máis que pistas).
Outra cousa máis: en Cultura e en bibliotecas é posible que a cidadanía demande só o que coñeza; polo que, se as institucións especialmente o Concello non poñen o tema a andar, pode que a xente só demande máis horario de apertura de espazos para estudar (¡ollo!, pero eso non é unha biblioteca).
Porque, por exemplo: ¿quen demandou unha mediateca ou a posta en marcha da sección de audiovisuais da Biblioteca Central?, ¿saben que a planta segunda da Biblioteca dotouse en 1995 de equipos para servizos de “videoteca” e “fonoteca” e nunca se chegaron a abrir ao público?, ¿quen demandou a apertura desta planta, aparte do propio persoal de bibliotecas? está claro que só se demanda o que se coñece… e o día que funcione a Sección de Audiovisuais (ou unha Mediateca) a petición extenderase xunto coas bibliotecas públicas (con maiúscula) que corresponden a Teis, Calvario, Coia, Navia (con máis poboación que moitas vilas galegas) e aos outros puntos xeográficos que se determinen no Plan Municipal de Bibliotecas e Lectura (que terían que empezar xa a redactalo para poñelo a andar co presuposto de 2008). Sorte para todo o mundo
los libros son malos...
Publicar un comentario