IX ÉPOCA

24.9.06

Contaminación: esixir responsabilidades

Vigoblog vén denunciando reiteradamente a contaminación da ría de Vigo e considerándoa como o maior e máis prioritario problema da cidade, dada a grave situacion sanitaria e medioambiental provocada polo inadecuado deseño e mal funcionamento do sistema de saneamento (e non só da Depuradora do Lagares) dependente do Concello de Vigo.

O Faro de Vigo recolle hoxe algunhas conclusións do estudio realizado polos técnicos da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, sobre a contaminación microbiolóxica da nosa ría. Nada novedosas, por certo, pois -como xa informabamos neste blog nun post de xuño de 2006- xa no ano 2001 (!), con motivo das obras de ampliación da EDAR da xunqueira do Lagares, se recollía nos medios de comunicación, a denuncia da Universidade de Vigo de que non se incluía nesas obras un proceso fundamental contra este tipo de contaminación: o de desinfección.

Naturalmente ninguén lles fixo caso e durante anos -ata que non actuou contundentemente a Unión Europea cun procedemento sancionador multimillonario- "responsables" técnicos e políticos do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, ocultaron conscientemente a grave situación, máis ocupados de gastar os recursos públicos en actuacións decorativas e populistas, mentres se vertían ao mar millóns de metros cúbicos de augas contaminadas.

Para máis inri, dende que os veciños da Xunqueira do Lagares denunciaron os cheiros derivados do mal funcionamento da Planta depuradora, nin decenas de miles de euros gastados en estudios e parches por Concello e Xunta, lograron que se nos dixeran as causas reais da situación, desviando a atención cara á construcción dunha nova EDAR, para non ter que asumir as responsabilidades derivadas dos anos de mal funcionamento da existente.

Infelizmente o estudio da Consellería (canto menos no recollido no Faro) céntrase na contaminación microbiolóxica, e, no tocante á industrial, soamente cita os vertidos directos á ría de 24 empresas. Nada se di dun elemento básico para entender a contaminación por metais pesados e o propio mal funcionamento dos procesos biolóxicos da EDAR do Lagares: o vertido sen control nen autorización da inmensa maioría das industrias viguesas aos tubos da rede municipal de saneamento. Deixa así fóra do seu estudio estes vertidos indirectos, cuxo control é de competencia municipal, e que son determinantes para a análise das causas da contaminación. Parece que ninguén se atreve a poñerlle o axóuxere ao gato da descontrolada industria local.

Hai responsables desta gravísima situación sanitaria e ambiental ocultada conscientemente durante anos. As súas responsabilidades deben ser depuradas. E os cidadáns de Vigo e Galicia, especialmente os seus responsables veciñais e políticos, deben esixilo, en lugar de adicarse a marear a perdiz eleitoraleira adornándoa con flores, plans parroquiais e miles de metros cadrados de asfalto e beirarrúas sen fin.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Si por incompetencia de nuestros políticos, la comunidad europea nos multa, tendrían que tener "orden de alejamiento"....por peligrosos.
Cuando juran sus cargos aceptan sus responsabilidades. Menos polítiqueo y ansias de poder y más trabajo serio. Se que pedimos los ciudadanos

Anónimo dixo...

Las cosas que no se ven son a veces las más importantes y por lo tanto las prioritarias. Como la depuración de los restos

Anónimo dixo...

Si no arreglan el problema de los vertidos industriales ¿para qué quieren una nueva depuradora? ¿Otra vez más de los mismo?

Anónimo dixo...

La soluciòn para esto de la conta minaciòn, es "descontaminar" lo más posible a los polìticos que sean "elegidos" en el futuro, todo aquel que descontamine a los contaminados buen descontaminador serà.
Aviso: Donde dice contaminar, se puede poner CARTIÑOS.
Si alguien no entiende, que se lo explique el Papa, que ese sì es un buen explicador.

Anónimo dixo...

Falla lo elemental. Los políticos están al servicio de la comunidad no de sus propios intereses ni los de sus cercanos

Anónimo dixo...

Ya lo dijo bien claro Zaplana: que él se metía en política para enriquecerse. Debe ser más frecuente de lo que se piensa y de los que se sabe. Por desgracia

Anónimo dixo...

LO de Zaplana tiene miga. No sé como no les avergüenza a los del pp tenerlo en sus filas...

Anónimo dixo...

Tenemos otro ejemplo en la comunidad de Madrid... El responsable del Urbanismo (Sr. Porto) compraba terrenos a dos duros y luego los recalificaba....y se forraba...
¿A qué me recuerda esto?
Por cierto, fue el que parió el plan coruñés ¿haría allí de las suyas?

Anónimo dixo...

El pp está lleno de chupópteros a lo largo y ancho de la geografía española....

Anónimo dixo...

O de Zaplana é o colmo do cinismo. Logo fala na tele como si fora un santiño... Revolve as tripas