IX ÉPOCA

16.6.07

Co Celta

Aínda que o máis normal é que o equipo descenda a 2ª división, por erros mantidos e deméritos propios, mañá pode ata haber festa en Balaídos, se non segue a chover coma hoxe.
A pesar do gremio de mangantes que levan o club dende hai anos (¿dende sempre?), o celtismo é fiel e perseverante, máis ou menos como a cidade.
Pode ser que teñamos cidade e mesmo afición para estar en 1ª, pero penso que claramente non temos “club” desa categoría e, por desgracia, vémonos as caras agora con Betis e At de Bilbao.
(Por se acaso, Caballero debería mover algún fío por ahí; ¿non querrá presidir a FEMP co equipo en 2ª, ouh?).

Como é lóxico, nestes últimos días, a tensión entre Joseba e máis eu subiu enteiros, tantos como para que cáseque non falemos do tema fútbol (se para nós baixar é chungo, para os de Bilbao ...).
De calquera xeito, recordo o que él me dixera un día: “Macho, a única forma de arreglar o cristo este do futbol, é prohibir definitivamente o deporte profesional”. Así, con dous c.
Dende logo, con esa fórmula máxica habería un montonazo de seres de mal facer pululando por outros lados, ou sexa que non sei eu se pagaría a pena.
Este domingo, chova ou non chova, e chova o que chova, nós, co Celta.

3 comentarios:

Desesperada dixo...

sí, quizá somos una afición de primera... pero, pase lo que pase esta tarde, tenemos un equipo de segunda. el circo del fútbol es lo que es, y entre todos lo hemos consentido. en fin, estaré en balaídos, eso sin dudarlo! bicos domingueros!

Anónimo dixo...

Mejor en segunda que con las agonìas y los trollos de la primera. Revisad esos goles de Edù, si el Santander no se vendiò yo me meto a talibàn.

Anónimo dixo...

Estaba claro: La chequera de Lopera