IX ÉPOCA

1.6.07

Novo goberno ou goberno NOVO? (1)

Inícianse as negociacións do pacto municipal. Aínda que nono crean, córrese o perigo de que PSOE e BNG se poñan a falar sen ter aprendido nada do pasado. Aínda pior, sen seren quen, tan sequera, non de dar coas respostas adecuadas, senon de formularse adecuadamente as preguntas. Por isto, iniciamos con esta, unhas reflexións que poidan orientar aos nosos novos munícipes a afrontar esta nova “lexislatura” con gañas de consolidar por unha vez, un goberno municipal de esquerdas, creíble e duradeiro. Son o resultado dalgunhas horas de parolar e reflexionar con xentes diversas, todas elas coñecedoras do pasado recente desta cidade.

1. Organización municipal

A sucesión de gobernos municipais en Vigo dende as primeiras eleccións democráticas (particularmente a partir do segundo mandato de Soto), caracterizouse pola substitución da política, e das políticas, polas componendas entre os intereses particulares dos integrantes das distintas candidaturas con acceso ao Concello. A conformación do Concello de Vigo como unha inestable coalición de persoas, máis que de partidos, inaugurouna Manoel Soto cando “adquiríu” para a súa “minoría maioritaria” a concelleiros “independentes” (Arca, Leri) e a tránsfugas da daquela AP (Alvite, Lago Castro, Cameselle...). Para garantir unha maioría que non lle deran as urnas, optou por “pagar” con delegacións da alcaldía (doutros pagamentos mellor non falar) ás novas incorporacións de tan exóticas procedencias. Ao ofrecemento das concellerías acompañouse unha cantidade orzamentaria para a área da “fichaxe” que compensase a “renuncia” ideolóxica... sempre polo superior ben de Vigo, claro.

Pois daqueles polvos veñen estes lodos. De goberno pactado a goberno pactado, foise arrastrando e subdividindo ata conquerir unha estructura do goberno e unha estructura orzamentaria entolecida, que respostaba máis á inercia dos gobernos anteriores e aos intereses particulares de partidos e persoas concretas -e finalmente á pura e dura incompetencia-, cás reais necesidades de eficacia e coherencia na xestión e á satisfacción “tranquila” dos intereses xerais.

Chegado o momento dos pactos post-electorais, foi –con lixeiras matizacións- esta perversa estructura político-administrativa e orzamentaria de tan viciada procedencia, a que se colocou sobre a mesa para facer os “cálculos” e o “reparto”. Ninguén se cuestionaba nin analisaba a orixe e historia de tal herdanza: sinxelamente, aplicábase ou, se os números non cadraban, creábase unha nova concellería para cubrir “flecos” ou se daban premios de consolación.

Esta estructura municipal, baseada nunha morea de pequenos e non tan pequenos reinos de taifas, sen dirección política nin técnica seria e sen definición dunha estratexia urbana coherente -que tivo o seu momento álxido, significativo e en apariencia paradóxico, durante o goberno de Manuel Pérez ao conquerir que os 15 concelleiros do goberno municipal fosen, na práctica, de 15 grupos distintos, enfrontados entre eles-, é, a grandes rasgos, a que agora existe e se hereda e a que –se ninguén o remedia- servirá para “calcular” un novo “reparto”.

Esta estructura política cautiva, conlevou, ademais, unha anárquica, confusa e ilegal estructura administrativa, baseada tamén en “históricos” cambalaches, favores, acordos e trasacordos coas “forzas vivas" funcionariais e na que os principios de legalidade, igoaldade, mérito e capacidade brilan en xeral pola súa ausencia. A meritocracia municipal no ámbito funcionarial está máis comunmente baseada en extrañas “fidelidades” e adaptacións, cá nunha auténtica e obxectiva valoración da capacidade para exercer os postos de traballo pagados polos cidadáns.

Tal perversa organización é a responsable fundamental de que os cidadáns percibamos como un auténtico batiburrillo e un desastre as actuacións do Concello. Tamén está na base da concepción dos propios programas electorais e das actuacións reais das distintas concellerías, e é un dos principais condicionantes para afrontar dunha vez por todas unha política seria dirixida a solucionar os problemas dos cidadáns e mellorar a súa calidade de vida. A política transfórmouse en Vigo, na práctica, nunha acción continuísta de ocorrencias sectoriais, deslabazadas, homologables na súa ineficacia e baixa calidade fose cal fose a cór política do concelleiro ou alcalde de turno. A propia febleza das coalicións e, mesmo, interna a cada grupo municipal, a correlación de forzas tan igoalada, favorece e produce á vez unha maior “dispersión” e consolidación de áreas independentes nas que cada concelleiro se curra un chiringo suficiente, ben para sair mellor parado persoalmente do que entrou, ben para “situarse” diante do xefe para que o teña en conta nas seguintes listas.

Tal forma de actuación provoca tamén que, ano tras ano, os orzamentos municipais, no seu gasto corrente, se elaboren coas mesmas contías para cada área e servizo do ano anterior, esquecendo a orixe das mesmas, que ben puido estar nun antigo e esquecido “acordo” con algún tránsfuga ou na presión dun membro destacado dunha lista que ameazou con traicionar se non se dotaba adecuadamente a súa leira, ou nunha determinada coxuntura que se enquista e permanece no tempo. Coherentemente con este planteamento, os intereses das forzas coaligadas fan que á hora tamén de decidir os capítulos de investimentos, estes se fagan en contía proporcional á representación de cada grupo e non a unha seria valoración de prioridades previamente pactadas.

Así en Vigo, sen que ninguén o cuestione, en lugar dun equipo de goberno, fórmase unha confederación de concellerías, sen política común nin directriz que conduza sinérxicamente as accións cara a obxectivos estratéxicos, cara a unha mellor e máis sostible calidade de vida. Ou o que é pior: as concellerías chegan a actuar pisándose campos, duplicando orzamentos, facendo accións contradictorias entre si, mesmo se os seus concelleiros pertencen ao mesmo grupo político. O bipartito extrema esta tendencia, como é fácil de ver nos gastos en publicidade institucional.

Fronte a esta “histórica” estructura organizativa, con gravísimas consecuencias para a conformación dunha administración municipal que lidere un desenvolvemento sostible da nosa cidade e da súa área metropolitana, é necesario que exista, por unha e primeira vez, un goberno NOVO e non un novo (outro máis do mesmo) goberno.

Neste sentido, crémos, faise necesario, canto menos, que o pacto de goberno contemple:

- As liñas estratéxicas, obxectivos, indicadores e os proxectos e actuacións “críticas” (e aquí non valen as ocorrencias habituais) para a mellora da calidade de vida dos vigueses nos distintos ámbitos. Deberían definirse globalmente e por áreas, con independencia de quen goberne cada unha; establecer prioridades, calendarios, orzamentos e financiamentos. Deberían establecerse en base a criterios de integración e sostibilidade urbana e conforme ás grandes liñas comunmente aceptadas na política urbana da Unión Europea. Deberían, en xeral, garantir a consecución dos obxectivos sectoriais de calidade de cidades semellantes no noso ámbito, en materia de acceso á cultura e servicios educativos, sanitarios e sociais; mobilidade, medio ambiente, integración social, promoción económica, emprego ou patrimonio cultural.

- Establecer unha nova división sectorial no Concello, baseada en principios de eficacia e unidade de acción e non no actual “reparto” coxuntural e inercial. Para cada grande área (e non deberan ser, penso, máis de cinco: Urbanismo, Servicios ás Persoas, Medio Ambiente, Economía e promoción económica e Seguridade e Mobilidade), un só concelleiro, e, sobre todos eles, un só alcalde, dirixindo con claridade e coñecemento á mesma orquestra. Para cada grande área, unha estructura administrativa conformada de acordo coas boas prácticas organizativas, xerarquizada e con competencias e funcións claras para cada servizo e sección. Para cada área, o funcionamento coordinado, e mesmo en equipo, dos distintos técnicos que hoxe traballan pegados a unha mesa afectados de autismo. Para a organización xeral, a coordinación clara prevista na Lei de Grandes cidades, mediante contados Directores xerais e coordinadores, que garantan, de xeito profesional, a unidade e eficacia da xestión e conformen un auténtico profesional e único equipo directivo. E o resto dos concelleiros sen adscrición a área, adicados a facer política cos cidadáns e apoiar e complementar a xestión do “executivo”.

- Tal estructura organizativa eficaz pasa por elaborar unha política e facer unha xestión de persoal non clientelista nin oportunista, cunha real valoración de postos de traballo e a redacción e aprobación dun organigrama dirixido cara á eficacia e ás garantías para os administrados e non a engraxar o lucrativo Banco de Favores municipal.

- Consecuentemente, os orzamentos municipais dun goberno NOVO, non deberían tomar como referencia os actuais (en realidade unha serie de follas soltas sen memorias xustificativas, e cheos só de normativa), senon que serán o resultado dun proxecto serio elaborado por áreas e xustificado expresamente técnica e politicamente para cada unha das súas partidas.

Dubidamos que para plantearse responsablemente este pacto por un goberno NOVO, teñan capacitación política e técnica suficiente as persoas que apuntan os medios de comunicación para a mesa negociadora. Ogallá esteamos equivocados e, neste momento, potentes, experimentadas e contrastadas equipas técnicas -acordes coa importancia desta gran cidade- estean traballando cóbado con cóbado cos políticos electos e os aparatos dos partidos, por perfilar un programa común, máis alá do reparto proporcional do pastel de sempre. Do que non temos a menor dúbida é de que se non se pacta seriamente un só e eficaz goberno, dentro de catro anos perderán as eleccións e Vigo seguirá fundida no marasmo de ocorrencias, se chamen flores, humanizacións, cidades deportivas ou menhires.

Próximos:
Comunicación ou propaganda: unha rexeneración necesaria
Unha cultura urbana contemporánea


13 comentarios:

Anónimo dixo...

No te preocupes tanto, Pablo, pablito, pablete, que como yo baticiné, no se esntienden y el gobierno (el de siempre) será para mi.

Anónimo dixo...

Ciorina, tu manera de redactar...
Tal vez tu augurio no se cumpla.

Anónimo dixo...

Porro, porrito, porrete:
Si dices que el gobierno será para tí, cómo quieres que Pablo, y cualquiera con dos dedos de frente, no esté preocupado.
No más señoritapepis en alcaldía, please.

Anónimo dixo...

El PSOE y el BNG volveràn a casarse por obligaciòn y a divorciarse para no llegar a la violencia de gènero. Mientras tanto Corina se tomarà unas vacaciones para recargar sus pilas y regresar con màs ìmpetus para seguir impulsando sus megachorradas y para continuar "adobando" a todo bicho con uña en el rabo que se ponga a tiro, suegras incluidas. Vamos de nalgas.

Anónimo dixo...

yo pienso que saldrá bien. Mejor que dejemos esos malos pensamientos a un lado.
Los dogmatismos cada cual que se los controle. Ni mi verdad ni la tuya...mejor La Verdad!!
Tendrán que poner ambos de entrada una buena actitud, si quieren llegar a un buen puerto (esto va sin segundas....)

Anónimo dixo...

En Foz, PP e BNG vanse poñer dacordo para botar abaixo o Plan Xeral aprobado inicialmente (cando maioría do PSOE). Ou sexa, pódese facer.
Pero eu sigo a ter a sospeita de que o Bloque en Vigo ten potentes débedas asociadas co Plan, porque senón non se entende a teima de facer frente común BNG-PP-Aproin na súa defensa. ¿De verdade alguén pensa dentro da formación nacionalista que iso non lle vai seguir pasando factura, electoral e moral?.
Mala sorte temos os vigueses

Marcos Andión dixo...

Los verdaderos problemas para los "pactos de progreso" ya están sobre la mesa (ver La Voz de Galicia de hoy, domingo). Parece que hay quien está por ni "progreso" ni farrapos de gaita: bigobiernos.
Al final, tanto PSOE como BNG volverán a dar el espectáculo de la subida por la cucaña del poder. Lo que se desprende de la exigencia de "gobiernos simétricos" es que, por encima de cualquier entendimiento sobre programas de gobierno, el reparto de cuotas de poder será el elemento determinante.
La discusión está estancada en si los gobiernos se constituyen con cuotas proporcionales a los apoyos electorales de cada partido, o si se forman "bigobiernos" de modo que los ciudadanos "perciban" la existencia de dos partidos, es decir, dos gobiernos por concello.
O sea que no han aprendido nada de nada: ¿es que nadie recuerda el triste espectáculo del bigobierno de Vigo, con Castrillo y Príncipe?, ¿y el resultado final?
El poder es una droga muy fuerte, suficiente para incapacitar a muchos para el discurso racional. Pero, en fin, es lo que tenemos, por ahora, porque, siguiendo la lógica electoral conocida, esos repartos han dado fatales resultados, especialmente al BNG, que sigue perdiendo votos con cada convocatoria.
Y los que han votado por uno u otro, ¿qué?
Y los que no votaron ni a uno ni a otro, a refocilarse con el espectáculo y a esperar la defunción anunciada. ¿Será posible?

Anónimo dixo...

están obligados a llegar acuerdos por encima de sus personalismos y dogmatismos. Es lo que dijimos los ciudadanos en las urnas. Si a alguno le resulta imposible de digerir mejor que deje sus sitio a otro más propenso a los acuerdos
¿algunos tendrán mala relación a priori por asuntos del pasado? Con ese punto de partida sería dificil llegar a ningún lado. Antes de nada que vacien la alforja de plomadas antíguas

Anónimo dixo...

Galicia necesita arreglos en cosas básicas que no necesitan demasiada ideología para llevarlas adelante...
¿Por qué el poder omnubila tanto al personal? No es para tanto

Anónimo dixo...

Tiago Louro, ¡¡por fin veo escrito negro sobre blanco el verdadero intringulis del PXOM!! el "pacto" PP-BNG-Especuladores. Queráis o no, creo que esto va a seguir marcando esta legislatura. A saber que tipo de compromisos habrá adquirido el BNG con los especuladores y que ahora ve en globo (¿el de Santi?). ¿Porqué el descuelgue de la Sra. de Palmírez pidiendo negociar con el BNG? Me lo expliquen...
Marcos, ahí has metido el dedo en la llaga: ni gobierno de progreso ni farrapos de gaitas. Con lo de la Xunta, el Bloque está envalentonado y pretende hacer lo mismo aqui, en tanto que lo que han dicho los ciudadanos, se lo pasan por el forro. Como dices al final, todo es posible. ¡Vaya tropa, carallo!

Anónimo dixo...

Terá alguén que devolver diñeiro recibido se non se aproba ESTE plan?

Anónimo dixo...

será su problema, no el nuestro

Anónimo dixo...

En este mundo traidor, nada es verdad ni es mentira.....
Ahì tenemos por ejemplo el PP y el CIU a punto de refocilarse en el mismo tàlamo con documento notarial de nunca mais ya olvidado.
Es que si la polìtica no fuera asì, pues no serìa polìtica.