A planificación e xestión urbana é unha cuestión complexa. Por iso, cando as políticas urbanas parten de planteamentos simplistas, sectoriais e interesados, poden provocar efectos indesexados e graves a medio e longo prazo. É o caso das peonalizacións no centro de Vigo (iso que chaman ostentosamente humanizacións). Segundo a Voz de Galicia, o comercio está a desaparecer das rúas peonalizadas, e con el, a pouca vida urbana que quedaba no ensanche e entorno.
Que ocorre? A chamada humanización consiste en accións illadas de mellora do espacio peonil mediante a renovación e ampliación de beirrarúas e colocación dalgún mobiliario urbano. Nalgún caso -con C. Porro menos, que non é cousa de enterrar os cartos- aprovéitase para mellorar os servicios soterranizados, cunha antigüidade notoria no casco urbano. As obras teñen por obxectivo expreso a mellora da mobilidade peonil para favorecer o paseo e estancia das persoas. Sen embargo, o seu obxectivo oculto é "alimentar" ao negocio previsto de aparcamentos soterrados que proximamente adxudicará o goberno do PP no Areal e Policarpo Sanz, entre outros lugares. A voracidade supostamente "peonalizadora" inclúe a eliminación de miles de prazas de aparcamento en superficie (mesmo para residentes, en lugares nos que os edificios, pola súa antigüidade, carecen de aparcamento propio), a reserva de espacios exclusivamente para carga e descarga en horarios determinados e nos que está absoluta e perseguidamente prohibido tan siquera parar (o multamóbil está especializado en multas nestas zonas). Clientes seguros para os amiguetes que resulten concesionarios, a trepecentos anos, do espacio urbano público soterrado, tamén chamado parking subterráneo.
Pero a cidade é un organismo vivo e non perdoa as actuacións ao chou, sen planificación e sen obxectivo. A desaparición do pequeno comercio e do de proximidade é o paradoxo que se xera cando, a carón dunha desexable recuperación do espacio urbano para os peóns, o resto das políticas municipais non van nunha dirección planificada, complexa e integral.
Rehabilitación urbana e sostibilidade
O concepto de rehabilitación urbana e de sostibilidade é un concepto avanzado e comunmente admitido na Europa desenvolvida, que comprende un conxunto de accións integradas, coordenadas, cun obxectivo común, realizadas de xeito sistemático, con permanencia no tempo e seguimento contínuo para evitar efectos perversos e posibilitar sinerxias que xeren calidade urbana. Estas accións, en zonas con problemática de despoboamento residencial e decaimento económico (como é o caso do centro histórico de Vigo -en toda a súa amplitude do Casco Vello, antigo ensanche ata a Gran Vía-) deben abranguer non só melloras nas calzadas e beirarrúas, senon, sobre todo, deben estar integradas nun programa expreso e continuado de accións de promoción económica, de potenciación do uso residencial, dinamización cultural, potenciación do transporte público (xusto o contrario de facer aparcamentos soterrados que só serven para atraer máis vehículos ao centro) e urbanismo comercial. Deben ser coherentes co conxunto da planificación territorial, percurar a sostibilidade e o policentrismo.
Se á falta dunha política de rehabilitación urbana cun mínimo de seriedade, unimos a voracidade da promoción inmobiliaria (que traballa con prazos que non son os das necesidades do resto dos mortais) e a descarada aposta polas grandes superficies comerciais, mal vemos o futuro dos emprendedores empresarios do sector comercial na mal chamada "milla de ouro" e aledaños.
A política urbana en Vigo, xa o dixemos varias veces neste blog, é de puro decorativismo e de intereses económicos bastardos, non por non expresos menos evidentes. De seguir así, as consecuencias serán a medio prazo a continuidade do baleiro residencial e comercial, a terciarización, o encarecemento do espacio comercial á espera de tempos mellores, a degradación da edificación e mesmo a aparición de focos de exclusión social e okupación de edificios abandonados (xa se está a producir nos últimos anos de xeito descarado en zonas ata hai pouco non demasiado degradadas do Casco Vello).
Alguén se deberá tomar dunha vez por todas en serio Vigo: mentras teñamos unha corporación dun nivel tan profundamente perralleiro como a que temos, mal nos irán as cousas a tódolos cidadáns, aínda que aos nosos concelleiros e a o seu patrimonio probablemente lles vaia mellor.
Infelizmente no horizonte non se ve nada novo do que fiarse.
¿Reflexionarán os partidos para poñer nas súas listas electorais a persoas cuns mínimos de formación política e cultural?... e, de paso, que teñan a vida minimamente resolta para non ter que ir ao Concello a resolvela para sempre.
25N.- Galicia sae á rúa para pedir a fin da "barbarie" machista e as
políticas que a ampara
-
Miles de persoas esixen en Galicia o fin da violencia machista e "que a
vergoña cambie de bando". Reclaman máis recursos e pór freo ao negacionismo
que pon...
42 comentarios:
Outro máis. Mira que sodes tendenciosos e trapalleiros. Mesturades uns cantos topicazos e leados todo sen que se poida tirar nada en limpo a parte dunha sospeita xeralizada sobre o urbanismo.
Vou por partes e falando claramente.
1) As peonalizacións na praza da indenpendencia, no Calvario no centro (Progreso-Monteros Ríos), son utilizadas de xeito masivo pola cidadanía: énchense de xente que as desfruta nas horas libres e ao longo do ano, e ademais contribúen ao "policentrismo". É certo que o tipo de negocio rendíbel se ve alterado pola modificación no uso.
2) As prazas de aparcamento, a circulación e o transporte público. Que os aparcamentos sexan soterrados é unha boa cousa. Tirar os coches da superficie é condición dunha cidade amábel e saudábel. O malo é o seu prezo. O malo é que o PP tivese concedido os aparcamentos con eses prezos desorbitados. E o malo é que o transporte público non sexa mellor. E este é un problema histórico da cidade que precisa de accións prolongadas e comprometidas. Tanto nas comunicacións dentro do concello (que mal que ben, aínda se salvan con Vitrasa); como sobretodo as comunicacións co resto da área metropolitana e as demais cidades atlánticas, especialmente Pontevedra. Historicamente tense camiñado no camiño errado, coa supresión do vello tranvía a Baiona. Mais aquí reaparece a discriminación do Estado, onde está o noso servizo de tren cercanías, que hai noutras cidades e que creou o ministerio?.
3) O Casco Vello. O casco vello que mesturades interesadamente coas peonalizacións (que tráfico poden absorber esas rúas medievais?), leva "degradado" desde hai cando menos máis de vinte anos (eu de antes non podo falar). Neste tempo sempre acubillou a colectivos marxinais, mulleres adicadas á prostitución, toxicómanos, e cidadáns de renda moi baixa, ademais ultimamente acolle a moitos inmigrantes de economía claramente moi precaria. É falso que o empobrecemento da súa poboación sexa unha tendencia nova e actual, máis ben ao contrario, hai espazos do Casco Vello que se están a rehabilitar fomentando o uso do resto da cidadanía do mesmo. Aquí a crítica que se pode facer é que non se tivese feito máis rápido esa rehabilitación, cousa na que tivo moito que ver a anterior Xunta. A ver se vale de algo a declaración de patrimonio histórico que lle vén de dar a nova Conselleira de Cultura, para que poida aproveitar os fondos europeos como outras cidades.
Dicides que "a cidade é un organismo vivo e non perdoa as actuacións ao chou, sen planificación e sen obxectivo." Precisamente: precisa dun plan xeral como o que se vai aprobar, para que todo isto se vaia facendo coma nun puzzle progresivo no que gañemos espazos públicos para o desfrute da cidade.
En fin, como dixo Miguel Barros, aquí hai moita demagoxia e "sementar así a desconfianza no PXOM é pouco democrático".
O preocupante é certamente o que están a facer no porto, con todos ese recheos, e senliberar espazos para a cidadanía, iso si que ten miga...
Y dale con el PXOM. Que yo sepa, nadie está en contra de disponer de un Plan General que ordene el desarrollo urbanístico de la ciudad. Maliciosamente, y en ausencia de argumentos, quienes defienden el actual proyecto de Plan General insisten en que sus detractores quieren impedir el desarrollo de Vigo.
Lo cierto es que toda la oposición al PXOM se centra en criticar el modelo de ciudad que propone, las evidentes irregularidades que contiene con respecto a la legalidad, y la disconformidad con la incongruencia de su redacción, además de que en no pocos de sus contenidos resulta inaplicable.
Soy capaz de comprender que en el entorno del BNG se defienda con ardor la aprobación del PXOM (hay muchos intereses en juego), pero echo en falta algún tipo de argumentación distinto al de satanizar a quienes se oponen. También comprendo que la defensa argumentada del actual texto del Plan tiene sus "perendengues", pero resulta que la demagogia es, precisamente, eso: ausencia de argumentos y recurso a la satanización del discrepante.
En fin, tiene que haber de todo...
1) A crítica importante do comentario que fixen era sobre o trapalleiro do artigo mesturando unha crítica absurda ás peonalizacións cos problemas do Casco Vello, que non teñen moito que ver. E de cales deberían ser os eixos dunha alternativa que o BNG empezou a poñer en práctica no anterior goberno e coa que eu estou dacordo.
2) Os argumentos en favor do PXOM teñen que ver coa Ronda, coa previsión de chan industrial, das conexións da cidade (Porto seco, etc.). Ten que ver co feito de optar por un urbanismo racional e en altura que libere superficie. E tamén coa previsión dun cinto verde conectado e ao que terían acceso os cidadáns de toda a cidade. Tamén o paseo pola liña de costa que conecta con ese mesmo cinto verde. Todo isto preveo o PXOM. Outra cousa é que o PP, Soto, ou quen comparte comisión de goberno con eles queirades facer outras cousas que non lle contades a ninguén, cando cheguedes ao poder. Mais o que vén no plan, está ben claro.
3)Gran parte da oposición non ten que ver co que dicides. Canta protesta e alegacións teñen habido para que se eliminen as restricións a edificar en certas zonas?. Ese problema é moito peor: hai xente que meteu aforros en leiras vendo nelas solares que agora non hai, e vós -os Mauricianos e demais PSOE- ben que vos valedes desa xente para meterdes ruído, dándolles esperanzas. Eu non satanizo, só digo que as vosas acusacións de corrupción facédelas pensando nos vosos procedementos, porque dos do BNG tedes lanzado moitos ruxe-ruxes e dispois nada de nada. Eu tragueime o bulo do piso de Castrillo mercado a un xogador do celta, xa non me traguei todos os que certa xentiña difundíu dispois (xentiña moi ruin, haino que dicir) como o dos malos tratos, que hai que ser ruin para espallar iso.
Desde aquí quero animar aos do bloque para que non cedades antes estes individuos, estes que chegaron e quixeron suprimir o galego (onde o puxerades no programa? superhonestos-) da documentación municipal.
E creo que xa o puxen por aí, a miña máis fonda admiración para Miguel Barros por falar claro e disipar dúbidas, se monta un partido ou alguén o presenta, leva o meu voto. El dixo de vós o que sodes, con todos os argumentos riba da mesa. Sodes vós quen tedes que respostar. Porque el si foi honrado, honesto e leal, ningunha destas virtude vosa.
En fin, que rebento se non vos respondo.
Ah!, esquecíao, e mira que sodes hipócritas co galego. Dádeslle por saco por un lado e dicides o contrario polo outro. Pode non importarlle a moita xente, mais é moi ilustrativo da vosa coherencia e honestidade.
Ao noso anónimo primeiro:
O meu comentario di o que di e non di o que non di. Como aquí estamos a dar opinións, aportar datos e debatilos, é un bo punto de partida lér sen prexuízos.
Pois iso:
- Falo da peonalización do centro urbano (convencionalmente, e para entendernos, chamémoslle "tradicional" [casco vello, e dende Montero Ríos-Areal ata Ecuador, por exemplo]). Non falo pois nin do Calvario nin da praza da Independencia, nin de Teis nin de Coia. E é que nos centros "tradicionais" de tódalas cidades prodúcense procesos de crise en distintos estadios, que cómpre administrar con rigor (a iso, entre outras cousas, me refiro cando falo de "complexidade"). Eses procesos NON se producen nin no Calvario nin nas Travesas. Por esa razón, no Calvario e nas Travesas, as zonas peonalizadas son ocupadas rapidamente polos peóns -e sobre todo POLOS RESIDENTES- e no centro NON. Por máis que te empeñes, e salvo que non pases nunca polo Centro e fales de oídas, agás o eixe Príncipe-Urzaiz-Corte Inglés, mercado do Progreso en horario de apertura e os xardíns de Montero Ríos nas fins de semana, o resto das rúas de zona20 (non están totalmente peonalizadas)permanencen practicamente baleiras gran parte do dia e da noite, e cunha aguda crise comercial. E isto debe analizarse, buscar as súas causas e propoñer solucións. No meu post, avanzo unha, contrastada nas políticas urbanas europeas: as accións illadas, non incluídas en programas integrados, producen ou poden producir efectos perversos. ¿Non estás de acordo?. Peonalizar por peonalizar non é bo nin malo... depende.
- Sobre os aparcamentos soterrados no Centro Urbano, xa manifestei claramente os argumentos en contra nun post anterior que recomendo que leas para coñecer cal é a miña posición:
Parkings no Centro: espacio público, negocios privados, en
http://vigoblog.blogspot.com/2006/04/
parkings-no-centro-espacio-pblico.html. Por outro lado, nada novo, pois é a posición dominante en calquera cidade civilizada que execute políticas de substentabilidade.
Tocante á extrema necesidade do tren de cercanías, totalmente de acordo, pero ¿a que vén a conto neste post?
- O Casco Vello. É obvio que hai que diferenciar entre o Casco Vello (a vella cidade intramuros mái o Berbés) e o resto do "centro histórico". Ten unha problemática específica explicable na historia do desenvolvemento urbano de Vigo e coincidente -agás na nula vontade das Administracións pola súa rehabilitación física, económica e social- coa dos cascos históricos das cidades occidentais. Non embargantes, comparte características co resto da cidade histórica, pertinentes co noso comentario sobre a peonalización: baleiramento residencial, tendencia á terciarización e decaimento comercial. Do Casco Vello falaremos de vagar noutro post, polo que che recomendo que nos sigas lendo e daquela a ver se chegamos a algunha conclusión. De todas maneiras adiántoche que dende que no ano 1999 rematou o programa Europeo Urban, a Administración municipal abandonou á súa sorte o Barrio e se están a producir claros e NOVOS síntomas de gentrificación, especialmente visibles na extensión da mancha de exclusión social dende a zona alta de Elduayen cara a zonas anteriormente deprimidas pero non excluídas (salientablemente a rúa Real e o seu contorno). A iso nos referiamos e, de non actuar, a mancha extenderase extramuros, a pouco que a cousa conveña para que se produza (que se producirá) o gran salto de convertir todo o centro de Vigo (casco Vello incluido) nunha zona exclusiva para as elites. Pero diso falaremos máis adiante...
- A alusión ao Plan Xeral (que tampouco vén a conto no noso comentario) supoño que forma parte dalgunha teima túa que respecto. Axiña poderemos falar, para esta ampla zona, do Plan Especial do Ensanche, contratado, por certo, á mesma empresa que redactou o PXOM.. Se cadra o do PXOM, para outro comentario: aquí non pega moito.
Tocante ao do uso do galego, creo que tes unha certa empanada que debes tratar. ¿Paréceche mal que o escribamos?
Grazas por intervir... e non rebentes: respóstanos sempre que queiras. Isto dos blogs ten esa virtualidade: están abertos aos comentarios e á polémica. Pero, por favor: argumentos non descalificacións, prexuízos ou insultos.
Ah pero Miguel Barros falou de Vigoblog?? Pásanos a referencia, se eres tan amable.
Rapaz, que non che conten milongas!!!
Empezo polo final:
1)Evidentemente Miguel Barros non mencionou a todos os secretarios e "curritos" do Mauricio, do que tanto gostades. Miguel Barros falou do "poco democráticos" que eran os procedementos de indución á sospeita sobre os políticos nacionalistas -propios dos círculos aVenturados e mauricianos (antes os pricipianos, e supoño que agora os "abelianos")- e que ti si puxeches neste post, e dos que eu estou ben canso.
2)Dis que "É obvio que hai que diferenciar entre o Casco Vello (a vella cidade intramuros mái o Berbés) e o resto do "centro histórico"." Agradézoche sabelo porque no teu comentario falto de todo rigor non facías tal diferenza, e de feito aínda insistes: "comparte características co resto da cidade histórica (sic), pertinentes co noso comentario sobre a peonalización: baleiramento residencial, tendencia á terciarización e decaimento comercial." Isto é falso, a peonalización non está a baleirar de veciños as zonas que non son do Casco Vello: Alameda e Marqués de Valladares, que sempre foron de pijos (non hai nova xentrificación), o que fixo é que se rehabiliten edificios novos, que en moitos casos estaban baleiros -falo da alameda e Marqués de Valladares- e que agora completan a instalación de familias ben. Estas mesmas zonas (zona 20 que dis ti, aínda que parte é zona 30 segundo o concello) están ateigadas de xente: as terrazas están a todo meter. Eu si paso e merco nesas rúas, e tantos negocios como pecharon se teñen aberto de novo, ademais doutros que se reformaron. Continúan as mesmas tendas de delicatessen, as mesmas tendas de mobles, as mesms aseguradoras e axencias de viaxes, case as mesmas cafeterías e outras novas moi "fashion".
A problemática destas zonas neste momento non ten que ver co Casco Vello, nin que lles pases a licuadora.
3)Dis que "necesidade do tren de cercanías, totalmente de acordo, pero ¿a que vén a conto neste post?", mais antes ti mesmo afirmaches: "as accións illadas, non incluídas en programas integrados, producen ou poden producir efectos perversos." Pois evidentemente nas cidades modernas, como ti gostas dicer, hai un transporte público eficiente e que compite moi ben co automóbil particular. Os aparcamentos subterráneos en moitos casos sitúanse estratéxicamente para facilitar un bo acoplamento entre as dúas opcións, exemplos sobran. Con isto retírase tráfico e turismos aparcados de superficie, problemas -estes si- ben relacionados. E neste senso os aparcamentos soterrados teñen o seu papel, outra cousa é a manía do PP de metelos no medio da merenda -o marrón de Urzaiz que se comeu Castrillo- e de lles dar aos seus amigotes gorentosas concesións dos mesmos. Resumindo que falar de aparcamentos (e incluso peonalización) sen falar da necesidade de que as outras administracións (central e autonómica, que son quen teñen orzamento -incluso vía Porto ou Zona Franca-), pois que esoutras administracións acompañen esas accións humanizadoras con accións investidoras en infraestruturas (ou pretendedes facer unha nova depuradora e un servizo de transportes cos magriños gastos de funcionamento das asociacións de viciños?, de risa o voso plantexamento, vaia).
4)O que me parece mal respecto do galego, é a agresión que a xente que defendedes (Mauricio e cia.) perpetraron cando arribaron ao concello. O meu comentario foi ben claro. Se queres podes criticar eses feitos -tan ben informado que estás-, cousa que non vin nesa laudatio que lle tedes colgada neste blog, estarei encantado de lela (a crítica, claro). Mentres non o fagades, eu teño dito.
Por certo se realmente renegades desa aversión ao galego, torno a miña crítica nunha felicitación. De feito anímovos a poñerdes o banner a favor do dominio .gal (http://www.puntogal.org/). Aburiño.
"se realmente renegades desa aversión ao galego": este gicho ou é tonto ou gripou.
Ao noso querido Anónimo:
1) Aínda que che pareza incríble e algo inasequible intelectualmente no que teu estado actual, as largas avenidas da liberdade dan para moito máis que para Mauricios, Venturas e BNGs dos que por negación ou afirmación parece que te alimentas. Que lle imos facer!: isto significa que hai que esforzarse un pouco máis en pensar, síntoo. A realidade (a política mesmo) éche complexa e non abonda con dúas ideíñas para entendela. Ánimo ouh! outros conseguírono.
Dita esta paternalista sentenza, seguimos coa polémica, a ver se tiramos algo en limpo:
2)A peonalización non baleira de veciños nada: se non forma parte dunha política urbana integrada e integral, reforza as tendencias á terciarización, decaimento comercial e baleiramento residencial. Repasa o padrón por distritos e a localización de vivendas baleiras. Non é certo que as zonas peonalizadas do Centro (insisto: agás o eixe Príncipe-Urzaiz e -nalgunha medida os xardíns de Montero Ríos-) estean ateigadas de xente e floreza o comercio. Sempre houbo oficinas e segue habendo (e, consecuentemente, bares que alimentan a traballadores e clientes). Pero o comercio non aguanta de media nin un ano nas súas localizacións e algúns baixos comerciais, en teoría magnificamente situados, permanecen anos sen actividade. Non hai comercio de proximidade, porque, sinxelamente, vive moi pouca xente e non se xera negocio abondo.
3) Nun esforzo que debes agradecerme, explicareime de novo con algo obvio no meu comentario: non critico os aparcamentos soterrados por seren soterrados, senon por situarse no Centro. É máis, considero que mesmo se deben facer no Centro para uso exclusivo de residentes -xa que normalmente estas zonas pola antigüidade da edificación carecen de garaxes. Tal localización central con acceso libre é contraria a calquera política de minimización do vehículo particular e potenciación do transporte público e contraria ás boas prácticas en sostibilidade urbana. Aquí tes razón en que o asunto do tren de cercanías ten que ver co tema: eliminaría unha boa parte de vehículos procedentes da área metropolitana que fan desprazamentos diarios áo casco urbano de Vigo. Ou sexa, o sabido: transporte público, aparcamentos disuasorios e estacións intermodais. Xusto o contrario do que se fai en Vigo.
Debes poñerte de acordo contigo mesmo (deduzo que eres un partidario, sen fendas, do PXOM de Toba-Figueroa): neste documento xustifícanse determinadas edificabilidades para lograr financiar as infraestructuras coas plusvalías xeradas polo negocio privado sobre o territorio. Ti crés, sen embargo, que estas deben ser financiadas por outras administracións. POis eu, depende. O que hai é que deixar o discurso viguista chorón do maltrato e facer plans e programs de rexeneración urbana con rigor, temporalizados e co seu correspondente plano de financiamento e deixarse de milongas corinistas ou caballeristas ou tobistas do malos que son os outros. Por certo, de onde deduces ti que o Concello careza de orzamentos???... se acaban de facer unha modificación de crédito por 22 millóns de euros sen recorrer ao endebedamento e sen orzamento aprobado!!! Pois que programen e gasten conforme ás competencias de cada administración nos mínimos necesario -por exemplo no abandoado saneamento- e non en decoracións variadas (leenos máis, falamos ás veces destas cousas).
4)Co teu permiso, critico o que me peta e dáme a gana, rapaz. Adica os teus esforzos a conquerir no teu partido que os Castrillo, Vieitez, Toba ou Domínguez Olveira falen co respecto debido o noso idioma, e "reneguen" de falar en castrapo. Preocúpate seriamente da normalización lingüística na administración autonómica: é un bo momento, nono desaproveites como Castrillo nos catro anos que foi alcalde no Concello de Vigo, nos que ata o compañeiro tivo que lembrarlle nunha moción a Ordenanza. Ocúpate con fruición de que os teus colegas do grupo municipal do BNG desautoricen a C. Porro por non utilizar practicamente nunca o galego cando exerce institucionalmente, e déixate de milongas cos que o utilizamos con normalidade e respecto... e, xa que vai de consellos: o de "renegade" ten un cheiro inquisitorial que, aínda que coherente con outras expresións túas, soa, en xeral, feo.
Eppur si muove.
Saúde! (e pórtate ben ;-))
Dis: "Co teu permiso, critico o que me peta e dáme a gana, rapaz."
Non me pidas permiso, por favor, que eu non son da executiva!. Vexo que a supresión do galego da documentación municipal por Ventura e cia non che merece crítica, parécenche "milongas". Mauriciano sen fendas, e ti falas de que "as largas avenidas da liberdade dan para moito máis que para Mauricios, Venturas e BNGs". Ademais de paternalista, hipócrita.
Grazas por me aclarares esa fobia partidista que cheira por todo este blog, co de que: "os Castrillo, Vieitez, Toba ou Domínguez Olveira falen co respecto debido o noso idioma, e "reneguen" de falar en castrapo.". Eu non teño problema en che dar a razón: falan un galego de pena, como o deste blog e de moita outra xente; recoñezo que ao igual que non vos critiquei a vós por castrapear, tampouco os critico moi a miúdo a eles. Na miña modesta opinión, o galego segue tan maltratado que os que lle temos auténtico aprezo agradecemos sinceramente o seu uso, aínda que sexa con manifesta incorrección. Primeiro usalo e dispois melloralo. Sobre o "non uso" de Corina, que simplesmente se apuntou á "moda Ventura" que fai furor nas mentalidades pequechas encirradas coa nosa lingua, non esixas que eu xa lles oín esa queixa -en concreto a Toba-, e tamén me gostará que vós a posteedes neste blog.
Eu non son "tobista", nin "castrillista" en absoluto, admito ser anti-Ventura, sen complexos, e con base no feito por Ventura e cia. A eles (os bloqueiros) critícolles o que me parece nas súas "tobas" e a vós na vosa, éche o que ten o da internet: pódeste meter no blog de calquera. Creo que xa o dixen por aí, en todo isto quen máis me gostou foi Miguel Barros, honesto en todo momento.
Insisto en que no centro (Velázquez Moreno-Alameda-Marqués de Valladares, que é a parte que omites), non minguou o número de veciños, outra cousa é a evolución do padrón municipal, que non o mirei pero do que ti tampouco dás datos. Moita da xente que vive aí polas características da zona, é xente empadroada fóra. As terrazas e interiores de bares e restaurantes da zona teñen a xente de sempre e máis. Pero que comercio estable había aí que tivese desaparecido? a parte da anticuadísima viuda de non sei que vendía electrodomésticos e baños, non me acabo de decatar, quedo á espera de que mo digas. Dío que me coñezo esas catro rúas sobre as que pretendes facer teoría sociolóxico-urbanística pero sen dares un só dato concreto. Eu pódoche dicir -case número a número, se me apuras- os que se manteñen e os que mudaron de uso.
Sobre o dos aparcamentos fóra do centro, creo que estamos dacordo que cos que aí hai sobra, e en que, cando menos algúns, están mal ubicados. En todo caso, insisto, o peor son os prezos e os termos das concesións.
Sobre o do tipo de financiamento, o concello procurou un plan autónomo con previsión de fontes de financiamento. Evidentemente, as grandes obras (AVE, cercanías, porto seco, etc) precisan do esquivo goberno central (e isto non é vitimismo) e da renacente Xunta (que xa vai tardando o seu), cando non do Porto ou da Zona Franca. O que fixo o bloque sobre o plan de urbanismo interprétoo así: cos seus antes 8 e agora 7 concelleiros esixiron uns criterios xerais (de zonas verdes, dispoñibilidade de solo industrial, previsión de infraestruturas, deseño racionalizado da cidade, etc.) que se cumpren. E ademais seguiron uns procedementos caracterizados polo diálogo, a participación social, a publicidade e a transparencia.
Agardo a túa crítica ao que os vosos amigos da Zona Franca e do Porto fixeron na Laxe. Co "teu permiso", agardo no sofá. E co teu permiso seguireime a portar como goste.
A retranca é un dos valores engadidos do noso País. Nona perdas de vista, que te vexo enferruxado.
Antes de continuar coa polémica -cada vez menos polémica, como verás- como vexo que andas teimando con Miguel Barros neste e noutros posts, reprodúzoche o comentario que puxen nun post anterior de Lorenzo Pardavila de 15.06.06 (As responsabilidades do PSOE vigués) ao respecto de D. Miguel:
Miguel Barros é un gran tipo. Se cadra por iso sempre estivo -e está- desubicado. O PSOE vigués reúne a pior herdanza de Manoel Soto, o eterno "entrismo" e trapalladas de Príncipe, a tropa de estómagos agradecidos do Concello e algúns bos militantes que aínda cren no socialismo. Nunca entenderon a necesidade da renovación, nin Miguel Barros soubo situarse tampouco nunca nunha posición rexeneradora indispensable para que as cousas non foran como foron. A oportunidade de aglutinar un sector activo da sociedade ao redor dos independentes tampouco foi posible, pois o partido non soubo esperar nin reaccionar debidamente á agresión combinada BNG-PP para impedir que se consolidase no futuro unha maioría clara en Vigo.
Miguel Barros é un gran tipo, pero non soubo dixerir e aproveitar convenientemente a bagaxe cultural e intelectual que con gran esforzo persoal leva acumulando dende hai 25 anos. Nin estivo cómodo como aparato, nin como crítico, nin como sector galeguista, nin como alternativa, nin como ponte entre o partido e os independentes. O seu desembarco no BNG en Vigo, nos piores momentos deste, sería un fracaso para el e non lle auguro que saia indemne de tal experiencia (vésaxe Camilo Nogueira, salvando as distancias mutuas). Non, seguramente non habería máis lugar para Miguel Barros que o de liderar unha rexeneración do PSOE en Vigo: pero non se atreveu ou non puido, e xa non é tempo.
Espéranos aos cidadáns de esquerda de Vigo unha longa travesía do deserto.
Que Miguel Barros teña sorte, merécea.
Noutro momento continuamos, vou tapizar o meu sofá, que vai sendo hora.
Xa me dirás cal das túas frases entrana retranca.
Quédome con isto que dis:
"reaccionar debidamente á agresión combinada BNG-PP para impedir que se consolidase no futuro unha maioría clara en Vigo."
"Espéranos aos cidadáns de esquerda de Vigo unha longa travesía do deserto."
Realmente que é o que dis, que o PSOE é a esquerda?. Pois non vexo eu que Touriño ou calquera dirixente do PSOE actual sexa máis de esquerdas que Beiras, que Suso Veiga ou que Suárez Canal. Aquí vexo que volves cair nun claro partidismo.
E vasmo permitir pero Ventura de esquerda demostrou ter moi pouco, por non dicer nada.
Eu penso que M. Barros non puido máis. E para min isto é moi grave. Porque significa que o PSOE -a pata actualmente forte da esquerda viguesa- está nunha fonda crise organizativa. Está cheo de xente moi turbia como Príncipe, Porteiro ou Villarino, que machacou ao sector que representaba ao socialismo vigués nunhas coordenadas de honestidade e dignidade. E a dirección (Compostela e sobretodo Madrid) adícase a operacións artificiais de paracaidismo Venturista ou Abeliano que pintan moi mal.
Barros tiña un discurso que lle aseguraba ao PSOE un espazo hexemónico, en Vigo e en Galicia, nunca pensei que o desprezasen dese xeito.
Non quero nin imaxinar o que se move nesa agrupación, para que poida explicar semellante erro estratéxico na liña política. O único que penso unha e outra vez é que por favor non supoña anos de poder e novos folgos ao PP que leva machado tanto ao país.
Mala sorte pra ti, o meu sofá vai vello máis o tapiz é de calidade e non só resiste, está no mellor, impoluto mais con ese toque familiar que arrequece ou refresca a espera.
Fai ese novo esforciño intelectual e lembra o que che dixen das largas avenidas da liberdade [iso ía en serio, a retranca vai por congostras]: cada vez semella máis que o que chaman convencionalmente esquerda [nacionalista, galeguista, estatalista, españolista ou o ista que che pete] (canto menos a organizada) é máis ben a única dereita civilizada... e mesmo empezo a dubidar de que tan siquera sexan merecentes do último calificativo. Un amigo dicíame (un deses cidadáns de esquerda) que, visto o visto, había só un partido: unhas veces gobernaba unha tendencia e outras outra. Sempre os mesmos.
Eis o deserto: nada que non se poida percorrer. O malo é cando estás de area de duna ata o miolo e camiñas convencido ti e tratas de convencer aos demais, de que estás na praia un día de verán: non darás saído nunca.
...careiros os tapiceiros [remítenme a unha grande superficie, que eles tamén pechan].
Sin problemas...inundamos Vigo de Centros comerciales, a ser posible en las edificaciones horizontales que unen entre si a altas torres, repartimos convenientemente el subsuelo de Vigo para los aparcamientos....y luego nos dedicamos al victimismo... El mundo mundial en contra del concello...¡¡¡pobriños!!!
Estoy de acuerdo con Javier carballeira. No se puede entender que el bloque defienda la porquería de plan Xeral de Vigo. Es una incoherencia y un pelotazo bueno para los promotores del pp ¿Qué pinta ahí el bloque?
Cousas veredes....
Queremos un buen Metro y unos buenos ferrocarriles de cercanías. Con ellos evitaríamos tanta circulación urbana y la contaminación. Eso es hacer ciudad y beneficiar a los vigueses. Ya va siendo hora de que dejen de politiqueos
Menudo "esforciño intelectual", limpa a fronte, que che pinga.
Agora poste de teórico da esquerda como solución ao da peonalización de tres rúas do centro. Iso é ciencia política aplicada e o demais son lerias. E ti es do PSOE?. Dicho Ignacio Ramonet: "o PSOE non é esquerda". Probabelmente o BNG non o sexa moito máis.
Agora só falta que arribistas e reformistas de pacotilla emitan certificados de esquerdismo neste rebumbio ideolóxico post-Fukuyama, é a repanocha,..., ti non tes retranca, es unha peza de retranca.
Todo o que dixen e non respostades aí queda.
El Concello del PP da de lado a lo del Metro, parece que le interesa más hacer mil túneles y aparcamientos en Vigo.... Coruña, como siempre, más práctica, nos toma la delantera.
Si se trata de beneficiar a Vitrasa y a unos cuantos más... pues que participen en lo del Metro, pero que no hagan semejantes inversiones en Vigo pudiendo arreglarlo todo de una manera más sencilla , más limpia y más barata para los vigueses y para nuestro medio ambiente. Todo son ventajas ¿De qué van?
Que vuelen un poco más alto y que aunque no soporten a la Xunta actual aprovechen todas sus buenas ideas.
Sentidiño...
Iso, moito sentidiño e que se poñan dacordo. Queremos metro na cidade xa
joder, como sois en este blog, ahora criticais que la ciudad este llena de coches, ahora criticais que se peatonalizen calles. Lo único que os interesa es echarle mierda al PP y al BNG. Haber si ganais las eleciones y nos demostrais que bien lo haceis. Por cierto ¿haber como explicais, el pacto con el bloque para haceros con la alcaldia, despues de ponerlo a parir?
Lo que es alucinante es que traten de imponer un PXOM que tuvo 70000 alegaciones y que no respeta las costas, las zonas verdes ni na de na. Sean quienes sean los que lo han parido....es infumable ¿O no?
Me parece que el bloque con los del PXOM va a perder muchos votos
"Joder, cómo somos en este blog", dices. ¿Somos malos? ¿somos buenos?, ¿somos regulares?. Porfa, dinos con más claridad cómo somos, porque hasta ahora lo ignoramos, pero nos hemos dado cuenta de que tú no. Por cierto, no es "haber", sino "a ver". O sea, que no es del verbo haber, sino una preposición, la "a", y un infinitivo del verbo "ver". A ver si te enteras un poco, aunque si, como me malicio, eres el mismo de otros comentarios en posts anteriores, o posteriores, me remitiré a lo dicho en alguno de ellos. Tómate la molestia, porque yo me he tomado ya más de la que creo necesaria. En fin, son cosas de la puñetera dialéctica esa que dicen. Insisto: ¡salud!
Del Casco Vello se habla mucho sin decir lo que de verdad afecta a su rehabilitaciòn. La culpa no es de los partidos polìticos. La realidad es mucho màs prosaica. CUESTAS Y PIERNAS. Soy de Pobladores, la Barroca, y recuerdo que en mi juventud toda esa zona estaba poblada a tope. ¿La razòn?. Simple, la gente no tenìa el nivel econòmico para poder cambiarse para otras zonas màs amables para sus piernas, ni para comprar coche.
En cuanto pudieron lo hicieron y el resultado està a la vista. A veces me acerco a mi antiguo barrio por la añoranza, pero no paso de la baranda del Paseo de Alfonso. Con razòn dicen que en Vigo se veìan las mujeres con mejores piernas y los hombres con menos barriga. Eso era antes, claro. Propongo un maratòn de 20 vueltas por la Rùa Alta.
Pues eso.
Hay multitud de ciudades con zonas en cuesta y no por ello dejan de arreglarse. Simpre habrá gente joven,tiendas,bares,etc....dispuestísimos a establecerse en ellas ¿O no?
Me parece un argumento absurdo el que planteas
Vigo está en las faldas de un monte lo queramos o no y eso conlleva la existencia de cuestas.En cuanto se arregle la zona veremso como de nuevo vuelve a poblarse. Sin duda
Ayer lei que hasta las placentas aparecen llenas de metales pesados de los contaminantes que respiran, comen y beben las gestantes. Además se ha comprobado que estos afectan a los genitales de los varones ( y supongo que también a los de las hembras)
Lo más importante es reducir la contaminación en el aire, en el mar, en los ríos....
De nada van a servir los politiqueos si estamos destruyendolo todo
Si el metro es lo que menos contamina pues que pongan metro y que se dejen de tonterías. Que depuren las aguas fecales y que controlen a las industrias.
En Bilbao se puede ir a la playa en metro
¿Es verdad que Karpin & cia, compraron gran parte del Vigo viejo? ¿es una zona a conservar?
Si hacen tantos túneles y aparcamientos subterráneos ¿será posible el metro? ¿por qué no se ponen de acuerdo en esos temas tan importantes para la ciudad presente y del futuro?
El parking del concello es un atraco...
¿No quedamos en que se cobraría por tiempo de uso?
Los aparcamientos subterráneos son el gran negoción. En una hora solamente se puede sacar un montón de euros por cada plaza. No me extraña que anden todos locos a la hora del reparto de los nuevos aparcamientos que se pretende hacer....
¿el parking del concello es una concesión? ¿en qué condiciones?
Pues el parking del Concello es el que debería dar ejemplo al resto.
No sé para que hablan tanto si luego hacen lo que quieren
Hoxe 17 de xullo de 2006 o Faro de Vigo informa que os técnicos estiman que a concesión a 50 anos (non se poden vender)a particulares dunha praza nun dos novos parkings do centro será de 44.000 euros. Tendo en conta que C. Porro eliminou dun plumazo tódalas prazas en superficie na zona centro, onde non hai garaxes nos edificios, o negocio do concesionario está asegurado de antemán. Que chourizos!!
En http://80.81.101.114/secciones/
noticia.jsp?pNumEjemplar=2689
&pIdSeccion=2&pIdNoticia=75515&rand=1152855308479
Es que al eliminar las plazas de aparcamiento en la calle le han dado el negoción a los aparcamientos. La oferta y la demanda. Estupendo
A mí me encantaría tener una casita en esas cuestas del Vigo viejo
En la parte vieja de Ibiza y de otras ciudades las cuestas son más empinadas todavía y hay tortas por conseguir allí una vivienda.
No se trata de las cuestas,se trata más bien del cuidado de las calles, recuperación de las casas, etc...Ahora aquella zona de Vigo está muy abandonada y degradada, casi invivible, pero si se arregla bien veremos como se dispara la demanda. Sin duda
¿Y qué pasa con los precios de los parking? ¿Cuándo empezaremos a pagar por el tiempo que los utilicemos?
Me recuerda a lo del teléfono en otros tiempos
¿Cómo van los estudios sobre el metro de Vigo? Que no nos tomen la delantera en Coruña, como siempre.
Hacen las cosa mejor y así vemos como mejora su ciudad
En este blog nunca están contentos con nada. Todo se critica.
Publicar un comentario