IX ÉPOCA

6.11.06

A hora das valoracións

O noso implacable marcador sinala 200 dias. Son os que faltan para que nos achegamos, se é o caso, a depositar o voto municipal. É hora, por tanto, de facer balance e, para manter o protocolo, comenzaremos pola alcadesa.
A súa irregular chegada a alcadía non lle pode ser computado como un pecado orixinal , senon que haberá que anotalo na casiña da oposición (evidentemente non de toda a oposición, pero isto queda para outro momento). En todo caso, C. Porro asumiu a alcaldía en minoría e propagou ós catro ventos que a cidade precisaba tranquilidade e acabar cos enfrontamentos. É a postura lóxica de quen está en minoría. Por tanto, cabería esperar un mandato negociador. Non foi así C. Porro só poido sacar adiante uns presupostos ó contar coa abstención de Pérez Mariño. A partir de aí ven traballando con prórrogas nunha clara demostración de falla de cintura politica. Polo tanto suspende a proba elemental: non é capaz de chegar a acordos para acometer os problemas básicos da cidade. Si, me dirán que é unha práctica habitual e, ainda así, poido dispor de financiación suficiente para levar adiante algúns proxectos e gardar un remanente para facer as obriñas electorais que estamos a sofrir. (Por certo, agora que se cumple un ano da Volvo Ocean Race sería un bon momento para que nos rendisen contas e valorasemos que sacamos en limpo daquel VIG05 que non fose un endebedamento do concello coa zona franca e , non o esquezo, a humanización, que se faría de todos modos con ou sin VIG05)
Así que, lonxe de negociar e acordar, buscou o amparo da diputación e da lei de grandes cidades para "finxir" unha xestión propia dun goberno en maioría.
Instalouse nun enfrentamento coa nova Xunta que obedece, supoño, a consignas de partido desmentindo a propaganda habitual: Vigo é o importante, eu traballo só para a cidade, bla, bla, bla. Neste momento, ten sen solucionar o grave problema da depuración, non participa na construcción do hospital, está enfrontada coa cidade do mar, e non da acabado de ter unha postura intelixente co seu querido PXOM.
Non vale, decir que iste balance negativo é culpa dos demais. primeiro porque non é certo de todo e segundo, porque todos estamos convencidos que caso de lograr algo, ela poríase a medalla. Por tanto, tamén terá que cargar co sambenito: non saca adiante nada trascendental.
Pero indo máis alá, o mandato de C. Porro, afondou na merma de autoestima da cidade. Unha e outra vez, insiste en buscar inimigos exteriores que provocan o apartheid do motor económico de Galicia. É porque non somos o motor político? Será acaso pola pouca talla dos noso gobernantes, empezando, como manda o protocolo, pola alacadesa?
Hai que recoñecer que a frustación alimentada por C. Porro , secundada polo faro de vigo, pola presidente da federación de algunhas asociacións de veciños e por Alvariño, pode dar resultados a curto prazo (lembran aquel jicho que lle botaba a culpa ós xudeo-masóns?) pero son mala política para progresar nunha democracia e lograr obxectivos colectivos interesantes. Claro que iste tipo de razonamentos debe telos a alcaldesa nunha maceta que non rega.

17 comentarios:

Anónimo dixo...

Creo que hai xente que está en completo desacordo con todas e cada unha das túas verbas. Convén sabelo, porque non creas que Porro perderá as eleccións.

Anónimo dixo...

Estoy completamente de acuerdo con lo dicho por Pardavila. No se si Porro ganará las elecciones pero espero que no lo haga.

Otro Vigo es posible.

Anónimo dixo...

Bueno, ya empezaron a asomar por ahì varios nombres para candidatos a la alcaldìa.
En vista de las experiencias del pasado, y de los èxitos obtenidos con las maravillas de alcaldes que hemos "disfrutado", yo creo tener derecho a proponer uno.
Ahì và.
KARPIN.

Alberto dixo...

Usuario anónimo e primeiro en comentar... en que puntos estás en completo desacordo con L. Pardavila? Argumenta un pouquiño para que poidamos darche un "algo" de razón.

Anónimo dixo...

Non falo por mín, sinon por moita xente coa que falo que lle teñen boa estima á señora alcaldesa. O digo para que o día tralas eleccións non haxa desenganos. Se confiades na xente que escribe neste blog, amiguiños, vamos de lao.

Anónimo dixo...

Pero, ¿quén é o responsable de que Corina non saque os presupostos? Os demáis partidos teñen maioría; que se poñan de acordo entre eles. O que non se pode é ser "el perro del hortelano" e logo dicir que falta cintura política. Eso é dun cinismo impresionante.
Aclaración: eu non penso votar ó PP na miña vida, pero hai que ser un pouco máis serios nas análises.

Anónimo dixo...

Por qué non escribides un comentario semellante sobre o labor do BNG no Concello? Ou do PSOE trala fuxida de Mariño? O do BNG, particularmente, en Vigo é penoso: eu espero, ademáis, que non cheguen nin a catro concellais.

Alberto dixo...

A xente que escribe neste blog non vai facer que Corina gañe ou perda as próximas elección, simplemente expoñen as súas opinións. Eu leo o texto de Pardavila e pregunto...
Non é certo que chegou de manera irregular o concello? Non é certo que é incapaz de solucionar (nen sequera afrontar) os problemas básicos da cidade poñendo sempre a desculpa de inimigos e fantasmas exteriores? Non é certo que está enfrentada coa nova Xunta de Touriño dende o principio?...

Non creo que se deba votar por estima (teño moi pouco roce con Corina para telo), é mellor votar por feitos; plantar catro flores, alumear con palmeiras a cidade en Nadal ou facerse cun megadespacho non son feitos que merezan o meu voto.

Anónimo dixo...

A primeira pregunta: ¿irregular porque Mariño perdeu a moción de confianza que el mesmo plantexou?. Irregular, non.
A desculpa é certa: ou é que cos concellais que ten pode facer algo? É un goberno feble porque os que tiñan que gobernar non queren poñerse de acordo. Toba e cía son culpables de todo o que poida pasar en Vigo. E ademáis á volta da esquina estarán cun carguiño, tipo Lois, para anestesialos.
Está enfrentada á Xunta ou é a Xunta á que se enfrenta, consciente de que é unha alcaldesa sen apoios de ningunha clase? E, ademáis, tendo en conta o que este foro repite ata a saciedade sobre a propaganda de Abelín nos xornais, cres que pode facer outra cousa?
E, por suposto, eu nona penso votar, pero a xente, aínda que che pese, vota pola estima, pola confianza e, ademáis, vota ás veces polo menos malo. Teno en conta. E esas froles das que ti (e eu) nos rimos vanlle dar moitos votos (malgré toi et moi).

Anónimo dixo...

Hai algo interesante e diferenciador na actuación do goberno de C.Porro respecto do feito por outros anteriores. Esencialmente, síntoo, as diferencias son poucas. Pero hai algunhas cousas interesantes para comprender como funcionan hoxe e como funcionarán mañán as cousas neste desgraciado Concello.
O goberno de C.Porro ten varias patas. A primeira é a máis que elemental politica, cultural e persoalmente Corina. Chegada á política das mans dos gustos persoais de Fraga, consigue de rebote a alcaldía de Vigo. Chega, segundo a miña opinión, porque determinadas forzas vivas -en connivencia co BNG- deciden que non se consolide un Concello cun liderazgo persoal claro. Esas "forzas vivas", dende hai décadas, consideran impresicindible para os seus intereses unha administración municipal débil. Dende as súas fantasías e temores, consolidar a Ventura Pérez Mariño sería abrir as portas á política a un sector "cultivado", vinculado circunstancialmente a un PSOE (pero non ao caciqueado e intercambiable PSOE local) alleo dende sempre ao poder local: unha ameaza inaceptable, máis aínda cando se está xogando coa madre de tódalas operacións urbanísticas: o PXOM de Daniel Pino, Xabier Toba, Miguel Font, Chema Figueroa e, sobre todo, dos intereses que eles intermedian.
Esta primera pata é politicamente inconsistente, pero ten a vantaxe de que carece por completo de criterio e de prexuízos á hora de gobernar. É un bo exemplo do modelo "sin complejos" de Jose Mari.

A segunda pata é a xefa de gabinete da alcaldesa: Mapi Egea, unha funcionaria municipal moi vencellada daquela a Manoel Soto, sen planteamento político coñecido que non sexa o de usar o goberno. E para usar o goberno, nada mellor que convertirse na asesora de imaxe (en todo o amplo sentido da palabra) da que supostamente manda. Parte da incongruencia política manifesta de Corina, ten que ver co difícil axuste entre política local e marketing que vai aplicando Pilar Egea, outrora dependenta do Corte Inglés e logo, polo que se ve, ben reciclada no campo da publicidade. Nos mentideiros do PP dise que Corina non fai nada sen a previa consulta con Mapi, pero que tamén sabe pagar con creces tal colaboración e entrega.

A terceira pata é Chema Figueroa (esta pata é, permítaseme a expresión, bífida, pois vai da man con Louzán, avispado conserxe hoxe exercendo de presidente da Deputación Provincial). A Figueroa, vinculado ao sector hosteleiro local (única formación que se lle coñece), quedáronlle pequenas as espectativas ligadas a ese sector económico e nada mellor que probar en máis altos vós (aínda que tal como están as cousas, fáciles vós) como os urbanísticos. Nada podería facer se non fose pola lexitimidade que lle dá Xabier Toba (nos mentideiros municipais díse que él é o auténtico concelleiro de urbanismo na actualidade) e os adláteres locais do BNG aos que fixeron comulgar -penso que contra os seus intereses- coas roldas de muíño dun PXOM "avalado" por un "nacionalista" de pro, Daniel Pino. Toba e Figueroa manteñen xa unha amistade sinceira labrada dalgúns anos de conxunción de "estratexias", non tanto contra o PSOE como a favor de si mesmos (mesmo, penso, contra os intereses electorais do propio BNG).

A outra coxa pata é o aparato de partido do PP, que se move entre o cabreo de ver os poderes que manexa Mapi Egea, o mosqueo porque non se dan colocado a tódolos fillos dos que curran día a día e si aos amigos dos concelleiros, e a dúbida ante as icríbles espectativas da consolidación da Rubia como espranza para continuar utilizando o Concello como agora o fan. Ao redor de C.Porro móvense unha serie de personaxiños que co cargo de asesores adícanse a unhs fontanería perralleira pero, ao que se ve, útil.

Da chamada oposición, falaremos outro día.

Alberto dixo...

Hola anónimo,

irregular si, gracias, coma ti dis, a Sres. como Toba e compañia.

Por outro lado... o goberno en minoria non me parece excusa para esquivar todos e cada un dos problemas da cidade. Por qué non baixarse da burra algunha vez e chegar a consenso coa oposición?
Vigo debe ir por diante creo eu.

O tema da Xunta sí pode ser unha cuestión de puntos de vista. Eu se estivera na Xunta vería en Vigo unha alcaldesa "incapaz" botando balóns enriba do meu tellado cada vez que se ve ante a imposibilidade de solucionar un problema (un exemplo é o tema da depuradora)

E sí, por suposto pésame no alma que se vote por estima. Por sorte ainda queda xente o suficientemente intelixente coma ti e coma min e coma muitos outros que non venden o seu voto por un parterre de flores. Se puidese facer que a xente votase a partires da nosa realidade diaria, coma a que nos mostra estas páxinas, normalmente con bo criterio, faríano...

Un saudo ;-)

Anónimo dixo...

Eu penso que Toba ten moita culpa do que pasa. O Figueroa non dai para máis pero o outro....

Anónimo dixo...

Non entendo coma o Bloque deixa que ese personaxe manexe a gamela. Penso que perde moitos votos por protexelo e non manifestarse

Anónimo dixo...

Corina, Mapi, Louzán, Figueroa... enuda representación tenemos. ¿No serán capaces de dar su brazo a torcer los partidos de la oposición?

Anónimo dixo...

Por cierto hay una cosa que me intriga mucho:¿qué es del chofer empresario de Louzán? ¿No es eso algo muy chungo que no huele muy bien?

Anónimo dixo...

En ese concello hay muchas cosas que los ciudadanos ni imaginamos...

Anónimo dixo...

Toba anda ben caladiño ultimamente