IX ÉPOCA

2.11.09

Finca do Conde, quen dubida de que hai responsables?


Vigoblog leva catro anos advertindo das graves irregularidades, con pagamentos a terceiros sumamente sospeitosos polo medio, que se produciron na concesión das licencias dentro do repetidamente declarado ilegal PERI Finca do Conde.
O PP e o BNG estaban advertidos no propio Consello de Xerencia de Urbanismo, das graves consecuencias das súas  accións nos primeiros e das omisións dos segundos neste caso. Dende VB denunciouse (ao igoal que en El País) o papel dese "proveedor de oportunidades" chamado Pedro Costas Gil, socio de Pilar Egea -xefa de Gabinete de Corina Porro cando se produciron as licencias ilegais-, na creación da empresa de publicidade Abano e da súa sogra en Significantia. Dúas empresas que recibiron nada máis e nada menos que 677.625,60 euros en vaporosos contratos feitos á carta por ING Real Estate, a promotora do PERI Finca do Conde e do Centro Comercial en cuestión. Cartos recibidos, ademais, no contexto dun convenio secreto para o financiamento dalgunhas actividades da Volvo Ocean Race, suscrito entre esa promotora inmobiliaria e a Alcaldesa, e cuias facturas se emitiron co coñecemento e consentimento expreso da propia Alcaldía.

Pedro Costa, relacionado directamente coa xefa de gabinete de Corina Porro, foi o conseguidor das operacións de compra da multinacional holandesa dos terreos dese ámbito. Significantia facturou, ademais, para a propia Alcaldía de Corina Porro e, en consecuencia, baixo as directrices da súa xefa de Gabinete Pilar Egea, 153.183 euros en contratos menores fraccionados para curiosos servizos de publicidade municipal nos anos 2005, 2006 e nos dous primeiros meses de 2007.


O PP estaba advertido oficialmente de que non concedera as licencias. Un informe xurídico amparaba plenamente a anulación cautelar do PERI por parte do Concello. E preferiron poñer por diante os intereses privados de ING Real Estate sobre os xerais que estaban obrigados a defender como representantes da administración pública e concederon as licencias.
Estes son feitos. Corresponde a quen deba, pasalos a ese papel timbrado que acaba cunhas bolsas de lixo azuis cos obxectos persoais e o peso da lei sobre os responsables.

Remato coas palabras de Mauricio Ruiz Ceniceros, concelleiro de urbanismo nos seis meses de duración do goberno rexenerador de Ventura Pérez Mariño (derribado por PP e BNG entre outras cousas pola súa posición firme na defensa do interese público neste caso) no Consello da Xerencia de Urbanismo de 11 de marzo de 2004, tal e como se recolle na acta correspondente:

Sr. Ruiz Ceniceros: respecto das licencias nº 66-67 a nome de DECOVISA, quere facer constar que hai 3 sentencias expresas, non firmes, que anulan o proxecto de compensación, o proxecto de urbanización e o plan especial do ámbito (Finca do Conde). No anterior goberno xa se fixeron propostas de suspensión de licencias por ese motivo, pero o Consello as rexeitou.
O seu Grupo respalda o que di a proposta, que de confirmarse a sentencia que anula o plan especial, será dificilmente legalizable no novo PXOM.
Espera, que si o Goberno, a pesar da opinión dos técnicos, e en contra dun grupo municipal, segue adiante, asuma as responsabilidades, que van ser de moita entidade económica, polas indemnizacións que pode xerar.


Claro e en botella: a fiscalía.

1 comentario:

Pepiño, un de Mos dixo...

Con permiso, para los anónimos: ¿quién denuncia?. Porque en el caso de Vigoblog hay una web, unos nombres(aunque sean ficticios)etc, en vuestro caso un simple anonimo. Sigue sin entender como el "comite" de Vigoblog permite estas entradas. Dicho esto, sin olvidar la responsabilidad del BNG en este asunto lo lamentable es que el PP siguiese adelante con el asunto sin tener en cuenta los informes. Aún recuerdo las palabras de Corina Porro en la inauguración del centro comercial asegurando que se trataba del "nuevo" Vigo. A pesar de todo lo que más lamentable me parece son las palabras de Chema Figueroa culpando de todo al PSOE y a mi plin que son de Lalin (en este caso de Mos). Pero como todo puede ir a peor advierto que esta gente quiere volver al poder para manosear,mangonear y pervertir aún más el urbanismo vigués con su tan cacareada reforma de PGOM. Y el viguesito de a pie a silbar y a ver para otro lado.

P.d: esta es una apreciación personal mia y solo mia. Dudo mucho de la posible regeneración del gobierno de Perez Mariño. Al final me temo que desistiria del tal renovación en una ciudad donde lo que sobran son intereses particulares y como bien decis vosotros conflictos tipicamente viguistas.