IX ÉPOCA

4.11.09

Abel Caballero declara que vai prevaricar no tema das multas

As palabras de Abel Caballero que hoxe recolle La Voz de Galicia son unha incitación ao delicto de prevaricación, se é que non son delectivas en si mesas, pronunciadas por un cargo público obrigado a coñecer e respectar a legalidade vixente. Xa denunciáramos en Vigoblog o intento da alcaldía de Vigo de saltarse a legalidade á torera no espiñento tema das multas. O seu concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, puxo as cousas no lugar máis propio do Estado de Dereito, desmarcándose do arrabalero comportamento de república bananera do Alcalde, que, pesie a estar obrigado a respectalo escrupulosamente, pásase, co agravante de facelo con luz e taquígrafos, o principio de legalidade por onde lle colle.
Se daquela o alcalde comprometérase á ilegalidade de "conxelar as multas de tráfico", agora dá un paso máis cara ao abismo, ao proclamar urbi et orbe nada menos que a «todo aquel al que se le haya puesto una multa de 300 euros (por no identificar al conductor) que la recurra y se le retirará» e que «ya que se existe voluntad política de llevarlo adelante y simplemente con la presentación de un recurso se garantiza la no imposición de la multa». O alcalde convírtese así nun asilvestrado funcionario que se arroga o papel de instructor supremo de expedientes sancionadores, nunha fuxida cara adiante, só explicable porque se volvese tolo ou porque sexa un mentiroso compulsivo irresponsable. A pesar de saber que tal promesa é inviable xuridicamente pois o procedemento sancionador e a Lei de Tráfico non permite tales "supostos xerais", cré que esa promesa  pode ser popular e o "vende" aos medios de comunicación para consumo de inocentes cidadáns. Inocentes cidadáns que se convertirán en enfurecidos veciños cando se decaten de que, agás que algún funcionario irresponsable e suicida se preste a tal xogo, ninguén lle perdoa os 300 euros automaticamente.
Alguén debera coidar pola saúde psíquica do noso alcalde, so pena de que se meta el, e arrastre de paso a uns cantos, ao calexón sen saída de crér que está por riba do Estado de Dereito polo mero feito de "tener la voluntad política" e de que un coro de fideles asalariados por el, alabe seguido as súas virtudes de caudillo.... e el as queira vender.

Pois nada, ánimo alcalde: agora só falta unha xuíza como a de Lugo. Non será porque vostede non chame por ela a berros e nós non lle adevertísemos.

1 comentario:

Pepiño, un de Mos dixo...

Los votiños, son los votiños...o no has visto lo del probe Chema Figueroa preocupadisimo por los jovenes que no van a poder hacer botellón porque el concello les arrincona