IX ÉPOCA

11.11.09

Non debemos resignarnos á corrupción

La corrupción es como un cáncer que avanza imparable si no se toman medidas para detenerlo. Las redes de corrupción se expanden y van controlando empresas, municipios, Comunidades Autónomas y hasta unidades esenciales del Estado si los partidos, los Gobiernos y la sociedad no se alían para detener esta enfermedad social. La causa de la expansión es que, si se percibe la impunidad, resulta racionalmente rentable arriesgarse a ganar mucho dinero, robando a una colectividad difusa, sin peligro de ir a la cárcel por ello  (...)

El País 11.11.2009. VV.AA. No debemos resignarnos a la corrupción.

7 comentarios:

Remo dixo...

E...., por qué?! Por qué trunfa tanto a corrupción?..... por qué proliferan tanto os sobrecolledores?.... Non será porque no fondo caséque todos somos uns corruptiños en potencia?.... De seguir así, chegaremos a dar por boa a acuñación arraigada noutros "paraisos" que reza: "Es bueno que los tiburones coman porque algo salpican"!

Boa noite, bo descanso!!

Pablo Eifonso dixo...

O ser humano deu unha cumprida resposta a esa pregunta: o Estado de Dereito. Efectivamente, conscientes de que a natureza humana (esa que compartimos co resto dos animais e que ten no instinto e na competencia polo alimento e a reproducción a súa principal regulación) permite, de manifestarse "sin control" a desigoaldade e a inxustiza, os homes, despois de séculos de reflexión filosófica e desenvolvemento de distintas formas de organización política e económica, chegaron a un acordo unanimemente aceptado: a Democracia e o Estado de Dereito, poden conquerir a igoaldade efectiva entre os seres humanos. Unha e outro, cuestión que a miúdo se esquece, o que permite, en nome da "democracia" e das maiorías elixidas, cometer todo tipo de tropelías. Claro que para uqe tal sistema funcione, é necesario que se cumpran rigorosamente os seus elementos esenciais, e entre todos eles, especialmente, a separación efectiva de poderes, principal garantía de que ningún grupo de interese poida estblecer a arbitrariedade como forma de goberno.
Infelizmente, resulta practicamente atopar un país no que os conceptos de Democracia e Estado de Dereito rixan efectivamente o funcionamento do Estado e a sociedade. Poderosos intereses (especialmente económicos de grandes corporacións) impiden -normalmente en nome do Mercado ou do sacro crecemento da economía- que a igoaldade de todos diante da Lei (principio sen o cal cáese todo o edificio) sexa efectivo. Consecuentemente, a mestura entre o poder executivo, o lexislativo e xudicial ten chegado a tal grao, que dificilmente atopamos lugares de independencia que nos garanticen aos cidadáns o efectivo exercicio dos nosos dereitos fundamentais.
Un tema complexo pero crucial se queremos entender o mundo actual á luz da historia e se queremos, efectivamente a xustiza e igoaldade que ninguén, a priori nega como finalidade de todo sistema político e económico. Éte aquí que temos por diante unha reivindicación auténticamente revolucionaria: a da esixencia do efectivo cumprimento do Estado de Dereito como única garantía de funcionamento do sistema democrático.

Neste contexto, por exemplo, a defensa da Función Pública, como manifestación a escala administrativa da garantía -vía garantir a estabilidade dos funcionarios e independencia do poder político concreto que resulte das eleccións- da separación do poder executivo e o "lexislativo". Ou a esixencia do efectivo cumprimento do dereito a Unha vivenda digna, etc. etc

Se cadra, por esa reflexión -que forma parte da mesma liña de pensamento sobre a Democracia, o Dereito e a liberdade que vai dende Sócratres e Platón ata Carlos Marx- poidamos estructurar un "programa" que se desvíe do suposto camiño único que o capitalismo ten indefectiblemente tomado cara á destrucción dos recursos do planeta e a barbarie.
Saúdos Remo! tempos aqueles de discusións filosóficas en NM! ;-)

Anónimo dixo...

La corrupción genera miseria en un pais, está demostrado mi influye de forma negativa en el PIB. Los servicios y los bienes son más caros por causa de la "mordida". Pero la CORRUPCIÓN genera otra cosa peor, y es desánimo en los ciudadanos. Después de leer todo esto es muy dificil concienciar a la ciudadania de que debe pagar impuestos.

Pablo Eifonso dixo...

A corrupción require, finalmente, unha estructura ligada ao poder político. En Italia son as variadas formas da mafia, que descubríu o gran negocio da xestion de servizos públicos. acabaremos como Italia?

Remo dixo...

Home, acabar como Italia non creo, a pesares que haxa agoreiros que digan que acabaremos coma a "Argentina del corralito", aínda que puntos imos gañando abondo. De momento Cosentino coido que só hai o do "silestone" ese de Almería pro sobrecolledores xa os hai por todos lados.

Moi ben exposto o de enriba (coma sempre), pro sabes que os alicerces dese Estado de Dereito que son o lexislativo, o xudicial e o executivo non furrulan do xeito que deberían, non acaban de afinar no acorde!

Será porque somos así, pro é un pouco inquedante que se teñan que estar facendo e reformando leis a diario. Leis pra regular outras leis cando debería abondar co de: non mates, non roubes. Respeita-te a ti mesmo e despois respeita aos demáis coma a tí mesmo. Aínda que a min dame a impresión de que o que prevariquemos está no guión. Coido que é o que esperan de nós pra que todo o "aparato" funcione. Vino claro o outro día ao ler nun xornal que "a Xunta prevé uns ingresos récord en multas no 2010" semella que se non cometemos esas faltas pra que nos poidan multar botaríamos ao estado ó carallo.

Lástima de movimento NM..., como o desbarataron! Aínda que, quen filosofáva-des erades vós, eu entraba de ouvinte ou de recheo.

Saúdos!

gulag dixo...

Realmente o volumen de corrupción é impresionante. Eu creo que un 90% da inversión pública e das decisións políticas fanse sen que a motivación principal sexa o ben público: autostradas, AVE, autovías, macrodepuradoras,portos exteriores, portos deportivos, rexeneracións de praias, humanizacións, contratos de servizos...
Cómo se poden explicar as fantasías xurídicas do TSXG, das que acabamos de ollar un bó exemplo na sentenza do Supremo sobre o porto de Marín? Para mín, na defensa organizada de beneficios xerados incumprindo a lei e espoliando bens públicos..
Eu desterraría á clase política en conxunto, estou seguro que "sobreviviríamos" sen eles.

Anónimo dixo...

CORRUPCIÓN: BASTA XA dijo...
Ou sea que o 9 de Decembro e o día contra SANTI-DOSIO S.L.

E bon sabelo.

E que me din un abogadiño coñocido como Borras-fillo, mais de dereitas que o papa de Roma, que ten un despachiño dentro das instalación do Concello de Vigo, e leva os casos da policia local, pero tamen os alleos o funcionamento da propia policia, e decir si un policía ten unha liorta con un veciño fora das horas de traballo, el levalle o caso, pero o curioso e que lles cobra como un profesional calquera, e isto legal? ¿Como pode estar utilizando instalacios municipais pra o seu lucro persoal?

Tendra isto algo que ver con que e o fillo do famoso BORRAS que contratara o SANTI-DOSIO S.L. cando era director xeral pra o deporte da Xunta e casi que acaban todos na cadea polo asunto MEANA?

Ou sera porque lle leva tamen os asuntiños particulares do SANTI-DOSIO S.L.

Tamen pode que sexa por que din que e socio dun policía local con mando que tamen e abogadiño...

De calquera das maneiras, iso ten un nome, din que se chama cohecho e utilización de fondos publicos, no momento que utilizan bens públicos pra o seu lucro persoal.

Pois xa sabedes, correos a Garzon, TSXG, TS, TC, CGPJ, FGE, os medios ata que olguen tome cartas no asunto.

17 diciembre, 2009 03:15