IX ÉPOCA

23.3.08

Todo se solucionaba cunha rampa ¿¡miras!?

Hai algo pior que a ruina evidente do Casco Vello, que o seu baleiramento de residentes e a desaparición case total do seu tecido comercial tradicional; pior que o feito de ausencia de mantemento e conservación do seu espacio público, da degradación urbana das súas rúas máis significativas. Hai algo pior que todo isto: a incapacidade manifesta e a ignorancia crasa que se demostra, agora e dende hai anos, no Concello, na Xunta e na sociedade viguesa, de enfiar dunha vez por todas a rehabilitación integral do noso barrio por excelencia, para explicarse as causas da súa degradación e analisar as solucións que, nun tempo razoable, poñan en marcha un proceso claro, visible, planificado e avaliable de rexeneración.

Casi pior aínda é a incapacidade social non xa de dar respostas axeitadas á necesidade de rexeneración urbana, senon a imposibilidade que se manifesta de tan sequera ser quen de formularse correctamente as preguntas.

Esta incapacidade de análise (que eu chamaría case cegueira crónica), maniféstase, con claridade, cando reiteradamente se confunde, neste barrio, a parte co todo. Algúns, a base de mazarse a cañas na praza da Constitución e de comer en A Curuxa, El Capitán, El Mosquito ou La Mari, acaban créndo que o barrio histórico de Vigo está composto por esta praza, a rúa Trunfo, a praza da Igrexa e a da Pedra (recén descubertas)... e a pasarela!. Como nestes días ven, admirados na súa ignorancia, o trafego de persoas procedentes ou en dirección ao Centro Comercial da Laxe, deducen, nin máis nin menos que, ¡mira tú!, co doada que era a solución a tódolos problemas do barrio, e ninguén se decatara: unha rampa!. E quédanse descansados pensando: isto vai ben, vai ben.

E así é como se compón o escenario imaxinario dos vigueses sobre o Barrio:

Para o Concello de Vigo, o problema concéntrase de Elduayen cara a Casa Consistorial, no barrio da Ferrería (que chaman de san Sebastián, por aquelo do politicamente correcto). O resto, xa está bastante ben, e irase recuperando pola iniciativa privada. Solución: mercar o barrio da Ferrería, rehabilitar o seu casarío e poñelo de novo á venda ou aluguer. Para botar unha man pola parte de abaixo, mercar unhas casas e enchelas de oficinas dende o baixo ao faiado.

Para a Asociación deVeciños: celebrar unha, dúas, mil festas da Reconquista (por certo, contaxiados pola reducción doBarrio, só penduraron os colgaxos da festa neste ano, na "zona liberada", ou sexa, no contorno da praza das cañas) e gañar batallas vergonzosas como a das gamelas do Berbés. Para eles, o nivel de recuperación do barrio dáo o número de CDs que vendan as Cantareiras do Berbés, por exemplo.

Para o vigués típico medianamente preocupado, o índice de recuperación está na cantidade de amigos e coñecidos que se vai atopando nas terrazas da praza da Constitución. Hai moitos anos que non baixa pola rua Real e non sabe que existen zonas como Perigos, Poboadores, rúa Alta, Chao, a Praza de Pescadores ou a do Peñasco; da Ferrería sabe o das putas porque llelo contaron de pequeno, pero ignora absolutamente que existan a rúa das Hortas, a praza de Calatrava ou de Argüelles, a rúa Ferrería ou a Subida ao Castelo... e de que dende os restos do castelo de san Sebastián haxa vistas sobre a ría considerablemente mellores cás das terrazas do Centro Comercial da Laxe, nin falar... ¿onde queda todo iso?

Para saber no punto intelectualmente dramático no que están os medios de comunicación, abondaría con con lér hoxe La Voz de Galicia: finos analistas (aínda que gardo a lene esperanza de que o comentario sexa pura retranca). A información sobre o Casco Vello nos medios reproduce, sen transición, o que lle van contando nas roldas de prensa ano tras ano, sen o menor atisbo de capacidade crítica ou documental para tirar conclusións da historia da frustrada ou ausente política de rehabilitación municipal.

Non fai falta, sen embargo, ser moi listos para decatarse da situación: só pasear un pouco e ter a mínima cultura urbana necesaria para distinguir o que son sinais de estar no furado. Nos aproximadamente últimos dez anos, neses momentos que eran críticos para rexenerar o barrio, tense producido unha degradación urbana e social inmensa, unha costa abaixo da que non se percibe outro fin que a destrucción substancial de calquera valor patrimonial deste espacio urbano. A ruina tense apoderado de zonas que antes minimamente respectaba. A rúa Real é o indicador máis puro, pero non único, desta situación: nada queda aí do pouco que xa era hai dez ou quince anos. Edificios completos baleiros, ruinas que antes só se vían no barrio da Ferrería, desaparición de calquera vestixio do comercio e a hostelería tradicional, aparición de bolsas de exclusión social antes só imaxinables na parte alta do barrio. Por non haber non hai xa nin os pubs e locais de ruido nocturno.
Pero é que o populoso barrio de Poboadores presenta tamén xa de xeito expreso e evidente signos de degradación que hai unha década serían impensables: ruina do precioso casarío tradicional desta zona, marxinalidade, suciedade, ausencia absoluta dos servizos municipais de mantemento urbano. Do barrio do Berbés, xa nin falar e o Barrio do Cura... esperando, cheo de merda, a man salvadora dos holandeses e do mellor caneo de Michel Salgado.

Só hai algo máis preocupante que todo isto: no Concello agora con diñeiro cada vez menos fresco do Consorcio, non saben que facer, perdidos, antes noutras cousas, hoxe en determinar que parte do goberno se ocupa desta fea cuestión... e que última ocurrencia é necesaria para que as cousas non se lles vaian das mans.

O Alcalde -neste como noutros moitos temas importantes para a cidade e que van máis alá de sair ¿guapo? na foto-, desaparecido, claro. Caballero, por non saber, non semella saber nin onde queda ese suxo barrio, tan diferente do seu Cambridge natal.

Pero, tranquilos todos, temos unha rampa!... como non se nos ocurrira antes!. Xa podemos exportar ideas made in Vigo para o resto dos poucos Cascos Históricos que en España esperan, como este, a súa morte.

25 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha que non se resigna:


http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008032100_5_209645__Opinion-Mira-Vigo

http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-213

http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-20

http://blog.santidominguez.com/opina/#comment-12

Anónimo dixo...

Esquecín... Pablo- e Vigoblog- por non facer tal cousa connosco, dende o casco vello, GRAZAS!

Pablo Eifonso dixo...

NOn te resignes, por favor. Paseei o outro día pola praza do Peñasco e por Poboadores e atopei todo máis degradado que nunca. O pavimento do Peñasco nono tocan dende que se rehabilitou penso que fará máis de dez anos e ten cicatrices e herbas por todas partes. Parte deste comentario de hoxe xorde dese último paseo. Baixei por Baixada ao Forte e quedeime abraiado do abandono desta zona e da rúa Poboadores. Todo moi suxo, sen mantemento, como se os servizos municipais decidiran pasar para sempre destes lugares. Na praza de Pescadores e en toda a zona a ruina avanza cada ano e dá auténtico medo camiñar por esas marabillosas rúas.
Sigue insistindo con Santi: pídelle, por exemplo, que che dea un exemplar do seu plan de rehabilitación integral... se cadra así logras que comecen a redactalo e a poñer os medios técnicos e humanos necesarios para tirar por algún lado coherente. Pregúntalle tamén que plans se redactaron mentres Castrillo foi alcalde.
Pasei tamén por San Francisco e quedei horrorizado das combinacións de córes salmón (modelo Oviedo) para as paredes e entrepanos da igrexa e convento, unha manifestación de ignorancia sobre a historia do barrio que arrepía. Pasear pola rúa Real e aledañas dá pavor... e coches aparcados en todas partes, como se non existisen lugares reservados para eles e todo o espazo público do barrio fose un gran aparcamento.
Sen a redacción dun plan de rexeneración integral, que implique ao conxunto do Concello, con obxectivos expresos nas distintas materias a curto, medio e longo prazo, sen unha oficina técnica de calidade e con experiencia en rehabilitación, sen unha dirección ÚNICA e superior do proceso encargada de levar adiante un Plan aprobado por toda a Corporación, (que fai o Alcalde? é que non é de tódolos vigueses?), sen todo iso, só veremos as consabidas boas intencións, os "tomo nota" e as ocorrencias que dende hai anos ocultan a crúa realidade de que non saben qué coño hai que facer nunha situación como a do noso barrio.
Moitos saúdos. Pola nosa parte, sabes que as humildes portas de Vigoblog están abertas ás túas suxerencias e comentarios.

Pablo Eifonso dixo...

Por certo, só cos vinte millóns de euros -tresmil trescentos vintesete millóns setecentas vinte mil pesetas das de antes-, que se comprometen a pagar só de "matrícula" para poder organizar aquí a montaxe esa da Universiada, podíase rehabilitar canto menos o conxunto dos edificios do barrio do Berbés e enchelos de residentes: pero iso non "coloca Vigo no mapa".

Anónimo dixo...

Cuando la politica dejará de ser una profesión. Hay que proponer una ley para que nadie, pase más de 8 años en la silla, así como investigar el patrimonio de todos los políticos y de todos los concellos, inclusive de concellos pequeños y medianos, un concejal cercano a Vigo, invito a su cortijo en Granada a los buenos amigos a "cuerpo de rei", esta semana santa.Que vergüenza de Psoe y pensar que aún hay gente que está pasandolo mal y les vota, que pais de enanos.

Anónimo dixo...

¿Parece ser que esta propuesta no interesa? ¿Quienes son los Q entran aqui? ¿Cuando desaparecera el privilegio de ser funcionario? Al final solo estan en la cafeteria. Pueblo de Ourense que poblasteis Vigo, despertad, que en el fondo sois judios, los de aqui no tienen sangre.Soto cuando pagarás por el daño que causaste, a Vigo. Carmela Silva, si tienes un poco de persona vete para casa.

Anónimo dixo...

¿Parece ser que esta propuesta no interesa? ¿Quienes son los Q entran aqui? ¿Cuando desaparecera el privilegio de ser funcionario? Al final solo estan en la cafeteria. Pueblo de Ourense que poblasteis Vigo, despertad, que en el fondo sois judios, los de aqui no tienen sangre.Soto cuando pagarás por el daño que causaste, a Vigo. Carmela Silva, si tienes un poco de persona vete para casa.

Anónimo dixo...

Cando a mitade quede no paro,daranche a razón, non prediques no deserto. Vaise publicar unha lista d personaxes vigueses que foron de vacacions de semana santa i dempois non pagan a ninguen, hai de todo, hasta funcionarios.

Anónimo dixo...

Hombre....eso de que los ourensanos poblaron Vigo me parece un poco pasado de tuerca. ¿Cuando Vigo estuvo despoblado?. Que aquì encontraron trabajo es otra cosa. En todo caso puede que sean sus descendientes (funcionarios) los que ahora se pueden ir de vacaciones en semana santa. Yo por ejemplo (hijo y nieto de ourensanos) en las señaladas fechas me pierdo por los recovecos de la Ferrerìa para recordar aquellos tiempos en que el barrio se "meneaba" las 24 horas.
Aburiño.

Anónimo dixo...

Haberá que invocar ó esprito da RECONQUISTA pra rescatar a cidade desta apatía política, deste abandono xa cuase secular do Casco Vello. Pasan políticos dunha cor e doutra cor que parés que xa o van arranxar e a cousa segue nas mesmas, que quer dicir que vai a peor. Haberá que convocar as "Alarmas do Fragoso", aos guerrilleiros paisanos, non pra botar a paus aos dirixentes da adeministración porque desta non son invasores; foron postos pola "democracia" que temos, pro sí pra darlle un toquiño de atención a ver se se poñen a furrular en serio dunha vez e se deixan de tanta imaxe persoal e de tanta visualización (tamén persoal).

Anónimo dixo...

Tury, non serás "palanganero"??.... Xa che me parcía a min que algo diso había!

Ese anónimo debería de ir deixando en paz a señora Silva. Mesmo parece un cornudo resentido, ou cando menos, semella que nono quixeron pra funcionario.

...Non sei que crás de funcionario daría quen quer que se publiquen listas do que vai de vacacións no seu tempo libre.

Anónimo dixo...

Tury, o que firma como CHATO en realidade chamase PACO e funcionario, mais coñocido por CORTAPOLAS, agora os la Carmela fixeronno axudande da Abelaidas, así quedou o parquiño do Berbes
e un pequeno lacayo que non a rasca e cobra de nos.

Anónimo dixo...

Anónimo, e non será o "coño"-cido por "ESCACHAPEXEGUEIROS"?... Onde aprendiches ese xeito de investigar que máis ben parece un comadreo, na escola do pixiñas??....non me estrana que nin pra funcionario te quixeran. Qué che acontece, home, tampouco te quixeron levar a Granada a onde foron os "buenos amigos"?...pois pacencia, hom!

Anónimo dixo...

Cada vez que leo este blog me convenzo más de que tanto sus redactores como sus lectores son casi íntegramente funcionarios del Concello de Vigo, encantados con el comadreo y con vuestras bromas privadas. ¿Os sentís como el guerrero del antifaz?

Si, como parece, tan bien conocéis los entresijos de la política municipal, ¿por qué puñetas no dejais de esconderos bajo seudónimos y hacéis algo útil por la ciudad, denunciando formalmente en un Juzgado las barbaridades que a buen seguro veis todos los días?

Anónimo dixo...

Pablo, grazas polos ánimos e a tuas suxerencias pero si malamente podo estar pendente do que se me avecina, do que me toca máis de preto... a realidade é que nin teño os coñecementos necesarios en urbanismo nin tempo de estudar todo o que vaia acontecer no casco vello (en contra do que opinan algúns, non son ningunha funcionaria simplemente unha veciña), debo limitarme a este "radio" (Berbés, Peñasco, Poboadores, Baixada ó Forte)que sí controlo, de cuxos problemas trato de advertir e estar ó tanto do seu futuro, para evitar posibles erros (baixo a miña prisma claro). Isto non quere dicir que non me importe o resto- nada máis lonxe- procuro manterme informada e facer o que poido para axudar pero repito que teño a miñas limitacións...

Íache pedir si podía enlazar o teu post nun comentario a Santi, convidándoo a opinar aquí pero con tanta mensaxe xa cansina de máis, por certo, pediríache que ti lle mandes un comentario coa tua postura, o teu graniño de area, que non sea por non intenta-lo.

Ós outros "comentaristas" lles diría que si teñen tanta necesidade de botar por fóra, polo menos que se ciñan ó tema no que comentan, neste caso: o Casco Vello de Vigo. Un respeito mínimo polo autor do post e os lectores. Estiven a punto de mandar esta mensaxe de forma privada pero tampouco quixen resignarme...

Anónimo dixo...

Mientras sea "cortapolas" y no "cortapollas" yo tranquilo.
Ahora, si se trata de defender "mì" casco vello, corto lo que sea, incluidos enanos tarifados muertos de hambre y "funcionarios". Ya vereis que con la Universiada ya no tendràn tiempo de meterse en este blog y los podremos despachar impunemente.
Busco piso en Ceuta o Melilla mientras dure el derrape de la Universiada. Oigo ofertas, pago de contado.

Marcos Andión dixo...

Ladran, luego cabalgamos.
Por lo visto, no hay manera de que lo dicho sea más importante que quien lo dice.
Por lo visto, sigue habiendo gente que necesita saber quien le dice las cosas para saber si tiene que creérselas.
Por lo visto, las cosas no son lo que son sino lo que, a través de su penuria conspirativa, algunos creen que se pretende con ellas.
Por lo visto, los hay convencidos de que los que hacemos este blog somos funcionarios del Concello "encantados con el comadreo", periodistas camuflados o vaya usted a saber qué.
Por lo visto, la sospecha de que somos funcionarios nos obliga a denunciar en el juzgado.
CONCLUSION: los hábiles investigadores de personalidades ocultas, que tanto se precian de su perspicacia, deberían hacer lo que proponen, habida cuenta de su extraordinaria capacidad para "descubrir" cosas y/o personas ocultas.
OTROSÍ: No, señor, no; nosotros no damos la cara, DAMOS LA VARA. ¿Estamos?
¿Hay alguien ahí capaz de discernir entre la intención y la realidad?
REPITO: La verdad es la verdad, la diga Agamenón o su porquero. O sea, que lo que aquí decimos es acertado o no lo es; es cierto o no; es importante o banal; es útil o innecesario; se está o no se está de acuerdo...
Por esa razón nos exponemos voluntariamente a los comentarios de cualqueira que lo desee, incluyendo algunos que estarían mejor en el bagaje de un oligofrénico, sin otra exigencia que la petición de que se aporte algo útil al debate que planteamos. ¿Es tanto pedir?
El resto queda para asilvestrados "interpretadores" incapaces de creer nada si no lo dicen los suyos, o de oponerse a nada si quienes lo sostienen son "los otros".
Realmente, no hay nada más estúpido que la aceptación bovina de lo que concuerda con la "verdad oficial" de los orgánicamente próximos, y el repudio mostrenco de lo que "huele" a malicia intencionada del "contrario".
A los demás, gracias por mantener viva la preocupación ciudadana por exigir que nos administren bien lo nuestro.

Anónimo dixo...

Querido OJO-PUTO, de donde sacas tu que somos funcionarios? Y si alguno lo somos, que? No podríamos opinar igual que tu?
Es que acaso solo los funcionarios tienen derecho a estar informados y poder denunciar lo que en estas paginas se escribe, lo que tu llamas “COMADREO Y BROMAS PRIVADAS” Te parece una broma lo que muchas personal dicen y denuncian aquí?

No será que vives metido en un cajón y acabas de asomar la cabeza y te da miedo lo que hay a tu alrededor?
O eres de los que pagan religiosamente los impuestos y no quieres saber en que si invierten y te asusta pensar en que se los gastan algunos y prefieres no saberlo?

Pues sabrás que por desgracia para esta ciudad, con muchos como tu, hacen lo que hacen, o no hacen, algunos/as, porque al parecer eres de los que “paga” y quieres que te lo den todo hecho, o mal hecho…

Que si nos escondemos bajo seudónimos… Y tu, tan critico, porque no das ejemplo y firmas con tu nombre y apellidos? Porque dudo mucho, que te llames OJO…puto.

Acaso no estar de acuerdo con la libertad de expresión? No será que te das por aludido en alguno de los muchos comentarios que aquí se hacen?

Hasta puede que alguno de los aquí nombrados sea tu AMO-POLITICO y tu no seas mas que un pobre “bandullo agradecido” perteneciente al sindicato de la “escoba” y tengas miedo perder en contratito de seis meses que te hicieron, por eso tienes una determinada fobia a los funcionarios.

Aquí nadie ejerce de GUERRERO DEL ANTIFAZ, aquí unos cuentan lo que saben, otros denuncian corruptelas, los más, hablan de mangantes, los hay (Y muchos) Que aportan buenas y grandes ideas, para que los políticos mediocres que mantenemos, tomen buena nota. Pero a todos nos une como dice Marcos ANDION, dejar constancia de nuestra OPINIÓN, que no es otra, que dar la “LATA”

Pero nosotros no somos periodistas, jueces o fiscales, para investigar, verificar y denunciar la autenticidad de todo lo que aquí se escribe y llevarlo a los juzgados. Lo grave, es que estos que podían y debían hacerlo, no lo hacen, porque por desgracia saben que la mayoría de los ciudadanos, piensan como tu, que te asusta ver la verdad y censuras a quien la cuenta, porque sin verte al “OJO” se nota que eres de los que prefieren dejar las cosas como están, ya que dirás que mas vale malo conocido que bueno por conocer… Así nos va. ¿Lo entiendes ahora? Pos eso

PD. Como eres tan puro… Empieza tú poniendo tu nombre y quitándote el ANTIFAZ del “OJO” que al parecer lo tienes tan ciego como el cerebro.

Anónimo dixo...

¡Ostiàs!

Anónimo dixo...

Siento mucho que mi anterior y bienintencionado (creedme) comentario haya provocado semejante río de piropos hacia mi persona. Se trata de una pequeña pulla que debería de haberos dado exactamente igual. Presento mis excusas a los ofendidos (excepto a Voltaire, que es un verdadero maleducado), y me permito el lujo de explicarme en tres pasos:

1. En este blog se utilizan una serie de términos y seudónimos que resultan curiosos (y a veces crípticos) para quien no está acostumbrado a leeros, como por ejemplo las referencias a los corporativos y demás fauna política. ¿Por que no llamar a las cosas y a las personas por su nombre?

2. En Vigoblog se denuncian tamañas barbaridades que si realmente se planteasen ante los órganos competentes, quizás quienes las cometen deberían plantearse volver a hacerlo. ¿Es suficiente con plasmar estas barbaridades en un blog?

3. A la vista del conocimiento de la vida municipal que presentan algunos de los redactores y comentaristas habituales, parece evidente que una gran mayoría de ellos son funcionarios del Concello. A veces parece que comadreais entre vosotros. Es MI opinión. ¿Vale? No creo que eso tenga que ofender a nadie.

No pretendo insultar, incendiar blogs, descubrir la pólvora (ya estaba descubierta), ni defender bandera alguna. Sólo digo que deberían denunciarse en serio ciertas cosas. Paz, tíos, paz!

Anónimo dixo...

Querido oJo, no te ofendas hombre, que no es para tanto, yo tambien tequiero..

Pero a estas alturas ya tendrias que saber que los PAJARITOS no MAMAN

¿O sí?
Pos eso.

Anónimo dixo...

Outro cometario-aportación para o Casco Vello, no blog de Santi Domínguez:

"Moitas grazas pola túa aclaración, Santi, ainda que debo decirte que non estou dacordo coa túa afirmación "todo o que sexa facilitar a mobilidade e as conexións polo Casco Vello debe ser benvido".

Agora me explico: 1º porque coido que a túa concellería debería tamén "controlar" o que aconteza no Barrio do Cura (por moito que as actuacións previstas sexan contempladas no Pxom e non no Pepri, imaxino que co fin de poder derrumbar ó máximo e edificar novas construccións sen ceñirse ós condicionantes dun plan protector do vello), opino que ainda só por "proximidade" de ese novo barrio que linda co casco vello, se debería coidar moitísimo ainda que fora só estéticamente o que será a imaxe global de esa zona.
Non profundicei máis no tema, polo de agora só puiden ver a maqueta de Penela na páxina da Voz que te mandéi o outro día, e aquela imaxe que me levou a pensar que quizáis se trataba do mesmo proxecto que o de conexións Berbés-Pº Alfonso-Concello provócame hoxe a sensación de que quizáis sexan demasiadas 3 pasarelas elevadas en tan poucos metros, non?
Eu non son urbanista, ésta é a humilde opinión dunha veciña da zona, pero coido que este tema se merecería un estudo xeral, que ós expertos da tua Concellería de Cascos Históricos lles compete a idoneidade das actuacións que se levarán a cabo no Barrio do Cura tamén, que o conxunto estea porriba de esa ordenación propia que dis que ten ese ámbito; tampouco sei moito de leis, pero a miña lóxica faime opinar isto.
Xa te digo, non paso do máis superficial, da parte estética, seguro que os expertos tamén valorarían as necesidades reais de paso actuais, as afluencias peonís futuribles, as avantaxes pero tamén os riscos de demasiadas connexións, que sempre hai por e contras, Santi.

Ben sabes que todas a novas conexións non son benvidas; un claro exemplo é a solicitude de Modificación Puntual do Pepri que presentamos máis de 700 cidadáns o ano pasado, co fin de eliminar aquela nova apertura prevista dende a Praza do Peñasco ata ese novo mirador do Berbés que xa contará con 3 accesos... Esa conexión era un erro do que os veciños vos puidemos advertir- ós políticos- pra soluciona-lo antes de que fora demasiado tarde, polo ben dos que vivimos no barrio; aproveito para pedirte que axilices ó máximo o avance do seu expediente, agora que a puntiño está de aprobarse o Pxom (polo que sei era o único requisito para "retoca-lo" Pepri), para chegar canto antes á aprobación definitiva no pleno de dita modificación; transmítote que os veciños estaríamos encantados de celebrar unha 2ª festa festexando o logro final daquela reinvidación, hai más de un que xa quería na 1ª (na celebración do inicio de expediente) instaura-lo 1er domingo de xuño como festa anual do Peñasco...

É que xusto me tocaches " a fibra sensible", jejeje, non obstante apriori sí que considero que é moi necesaria esa conexión transversal ata o concello, son sufridora diaria das costas e escaleiras, aínda que manteño a cautela ata ver qué anteproxecto elexides o Consorcio, e conta seguro que te daréi a miña opinión e aportaréi o que poida.

Non quero extenderme moito máis, tan só recordarte unha vez máis o grave problema dos edificios ruinosos do Berbés (non me respondiches nada desta); informarte de que ainda que a limpeza e manteñemento non son responsabilidades túas, a inexistencia total delas afecta a túa área: na Praza do Peñasco non veñen si non os chaman os veciños por teléfono, tal como lees, e para iso só chegan os chorros das mangueiras lanzados dende a rua Poboadores (ó parecer non teñen máis metros) así que o único que fan é que a suciedade (por deci-lo finamente) se vaia carón das casas do fondo... as herbas entre os adoquíns pronto chegarán ós xeonllos... as defecacións dos gatos rueiros non só matan as prantas coas que os veciños queren embelecer o entorno, senón que é todo un logro sortealas e poder acceder ás vivendas sen regaliño, e en canto hai sol non te imaxines o cheiro... o verdin do chan me fai esbarar dia sí día tambén, este inverno x caín 3 veces e estou na trintena, pra ós veciños maiores, un auténtico perigo...
Éstas son pequenas cousas- no senso de facilmente remediables- que minan moito o benestar diario, que nos fan pensar que estamos abandoados e descreer sobre proxectos de melloría máis ambiciosos cando non se solventan os mínimos, que nos avergonzan cara ós turistas; espero a tua colaboración pra soluciona-las, por favor.

Agradézoche xa a túa resposta, ata pronto Santi."

Pablo Eifonso dixo...

Benquerida anónima. Admiro de verdade a túa santa paciencia... que por outra parte, estou convencido que acabará, polo menos, axudando a "mobilizar" a Santi. Dubido máis de que poida respostar ás túas razóns máis alá de facelo cos tópicos habituais, pero penso sinceiramente que fai moitísimo máis o teu pausado razoar e a tua insistencia na canle aberta con Santi (ou con quen lle leve o blog) que a actividade folclórica da fenecida Asociación de Veciños.
Estou totalmente de acordo coa túa crítica á frase que citas de Santi. Frase que non ten detrais ningunha reflexión, qu é pura vacuidade de "político" de medio pelo.
A accesibilidade e mobilidade no Casco Vello non ten como elementos críticos, penso, un problema "físico" (as costas, as diferenzas de cotas, aínda que inflúa), senon de concepción e estructuración da "trama" urbana central da cidade. Proba disto é o éxito da pasarela como elemento de comunicación: sálvase con facilidade a diferencia de cota e utiízase... por certo, para que coño fai falta un asecnsor no Berbés se a 300 metros podes acceder dende a dársena á Porta do Sol por esta rampa ou polos ascensores do Centro Comercial? por que, neste sentido, non se habilitou na pasarela un sistema de cinta mecanizada para potenciar a "accesibilidade" neste punto estratéxico en lugar de plantear constosos ascensores de dubidoso éxito futuro (véxase en Porto o fracaso absoluto que tivo, no seu día, o ascensor situado na Ribeira, penso que finalmente fóra de uso sen ter sido practicamente utilizado). O tema da "accesibilidade" nun sentido máis integral e, consecuentemente, de maior interese para a rexeneración do barrio, debe partir, dende o meu punto de vista, polo menos de:
- Da reconsideración do papel que o barrio debe ter respecto da cidade central, dende o punto de vista, esencialmente funcional e de usos;
- Da consideración do carácter estratéxico para o desenvovemento do barrio que teñen as súas rúas-fronteira, Elduayen-Porta do Sol, Carral especialmente, pero tamén Montero Ríos e Cánovas del Castillo.
- Da creación a partir de elementos de deseño urbano e eliminación de "obstáculos" físicos e psicolóxicos, de sendas peonís que aproveiten os fluxos de persoas xa consolidados (v.gr. Príncipe e Policarpo Sanz) para "extendelos" máis alá das barreiras excavadas por anos de costumes arraigadas no paseo dos vigueses. Isto é particularmente importante en puntos críticos como perpendiculares a Carral e Elduayen e Paseo de Alfonso-Berbés (claro que, previamente, nesta zona hai que acometer un plano extraordinario de rehabilitación cunha dicidida intervención da administración coa propiedade mediante a coñecida "técnica" do "pao e a cenoria".
- A básica: a política de rexeneración integral que cree o compoñente esencial da mobilidade e a accesibilidde: a existencia de persoas residentes que se movan, que merquen na zona, que atraigan coa súa presencia a vida normal nos barrios vivos (véxase Calvario ou, máis preto, o contorno do Progreso, por exemplo).
- A ordenación decidida e firme do aparcamento e circulación de vehículos no Casco Vello, baseada na accesibilidade do transporte público (taxis) e nas facilidades para o acceso ordeado de residentes. Pasa isto polo rescate ao finalizar a concesión do aparcamento da Porta do Sol para convertilo, esencialmente, en aparcamento de residentes e -se collese, en plataforma loxística para a distribución centralizada de mercadorías en pequenos vehículos no interior do barrio.
- .... o resto do programa, que o faga Santi ;-)

Ter claro a onde se quere chegar é esencial para saber cómo facelo. Ter claro que de non actuar de xeito integral, as medidas tomadas independentemente unhas de outras poden ser mesmo contraproducentes é básico para comezar a falar de recuperación.... pero, polo de agora só nos falan de ascensores, de reformar por enésima vez a zona das ostras, de intervir -que falta fai xustamente aí?- en Teófilo Llorente para "humanizalo" (dios!!!), de encher as rús de oficinas "regaladas" cos cartos públicos, de mercar unha ducia de edificios na Ferrería, de matar franceses e de encherse a boca con programas carentes de sentido fóra dunha intervención integral, como o de formar ostreiras (que pasa cos cesteiros que desaparecen?) ou ensinarlles a chapurrear injlés aos comerciantes (en lugar de facer un auténtico programa de urbanismo comercial e de mellora da calidade do comercio)...
Creo que hai que esixirlle ao Sr. Alcalde e a Santi (pero especialmente ao Alcalde, que seica o é de tódolos vigueses) que explique con claridade e rigor cómo e con que prazos se vai acometer a recuperación xeral do Casco Vello, cal é a implicación real da administración e goberno municipal e con que instrumentos administrativos e técnicos suficientes se vai acometer... e mentres tanto, un (Santi) que se deixe de declaracións chorras e que o outro (Caballero) merque un plano e se sitúe dunha puñetera vez no corazón da cidade...

Etc, querida e paciente anónima. Ánimo co espírito do Peñasco!

Anónimo dixo...

Pablo, o primeiro agradecerte a túa resposta, non podes imaxinar cómo me anima a túa valoración!, e o moito que coincido co teu "programa de necesidades" do casco vello, ainda que eu non seipa expresa-lo así de ben.
Tamén te digo que xa empecéi a reir ó leer o da "santa paciencia", é certo (os que me coñecen me chaman a miudo pesada-pesadísima e en ocasións tamén alguns me chamaron santateresa)eu considérome bastante perseverante aínda que en este caso o que fago é todo un exercicio de contención, que espero non ter que prolongar moito tempo máis, pero tamén unha oportunidade que me dou de intentar creer que Santi e o seu equipo van a facer as cousas ben ( ou mellor dito, algunhas, tampouco nos pasemos de optimistas) ainda que sexa pasiño a pasiño, aínda sen un plan integral...
E seguín rindo coa tua retranca no tema da "folclórica" Asociación de Veciños, co "injlés" para os comerciantes, pero qué queres que che diga, cando estamos tan malacostumados e olvidados aínda que non nos conformemos con tan pouco, agradecemos estes pequenos xestos: que alomenos ós turistas lles poidan explicar porque van así vestidos os vigueses,jajaja. Cónstame que a Asociación fai o que pode, e a súa capacidade non depende só da valía individual dos responsables das suas áreas, pouco caso lle fan dende o Concello; aquí tamén opino que os (poucos) residentes do barrio poderíamos facer máis forza se nos "mobilizamos" xuntos, coma se fixo o ano pasado co tema do Peñasco.
Con respeito ó señor alcalde, direite que éste debe de considerar que este barrio non lle compete en absoluto, aquí sí que acata o de non inmiscuirse, pero non podo leer máis, polo de agora.
Xa verás aquí debaixo que a resposta de Santi se esquece (con ou sen comiñas, dependendo da miña boa vontade, que aínda vou a a empleala en esta ocasión), non contén o tema da modificación puntual do Pepri, ahí non caben topicazos, soamente concreción así que toca outra dosis de paciencia ou insistencia, para formular unha pregunta ben clara...
Moitas grazas de novo, Pablo, un pracer contar coa tua colaboración (por certo que si como administrador de Vigoblog, consideras que é mellor que pare de traer as respostas completas eiquí, non tes máis ca decir-mo e deixaréi tan só as enlaces, non quero abusar)

"——-

RESPOSTA

Aprezada Pepa:

Son moitas as cuestións que comentas e tratarei de respotar a todas. En primeiro lugar, insisto en que sempre é bo contar con novas conexións que faciliten as conexións, sobre todo, nunha zona como o noso Casco Vello. O problema non creo que sexa tanto as conexións, senon como se fan. Niso estou dacordo contigo é que non todo vale. Deben ser sempre actuacións integradas no contorno e confío en que así será. Para manterte informada do proceso de selección da iniciativa que estamos desenvolvendo desde o Consorcio direiche que estase no proceso de selección dos equipos que optan a facer o proxecto. Presentáronse un total de 33 e unha vez que se defina cales reúnen os requisitos para participar disporarán dun prazo de tres meses para presentar as súas propostas. Podo asegurarche que en todo momento valorarase a súa integración na tipoloxía do caso antigo. Sobre o Plan Especial do Barrio do Cura penso que tamén se vai a ter en conta esa premisa, como parte do Casco Vello que é. Polo que a min respecta traballarei para que así sexa.
Falas tamén dos edificios do Berbés, pois ben direiche que a min non só me preocupan os do Berbés, tamén os do barrio de San Sebastián -onde hai moitos en moi mal estado- ou doutras rúas moi céntricas do Casco Vello. A este respecto, teño que dicir que moitas veces somos cautivos da propia burocracia e non podemos ser tan áxiles como nos gustaría. A lei nos obriga a ir pasiño a pasiño e recoñezo que iso e moistas veces desesperante, porque nos gustaría resolvelo todo xa. Comprendo perfectamente a túa preocupación, porque tamén é a miña. Como xa te teño manifestado noutras ocasións estamos traballando e podo garantirche que facemos todo o que podemos e ata onde podemos. Nestes momentos estamos intentando dispor do censo de edificios que pasaron a Inspección Técnica de Edificios (ITE) para actuar sobre os que non a superaron ou nin siquera a pasaron. Por outra parte, estamos axilizando as ordes de execución que hai dictadas, pero que os propietarios non cumpriron, ben sexa para demolicións ou consolidacións de estruturas. O Concello non pode actuar sobre un edificio que ten dono, a non ser que se dean unhas circunstancias específicas que establece a lei. E nesas estamos.
A nosa preocupación está no estado dos edificios, pero tamén noutras cuestións como a limpeza. Podo adiantarche que estamos elaborando un prego de condicións para establecer un plan de limpeza para o Casco Vello e tamén que imos poñer en marcha a figura dos “Coidadores de barrio”, que van ser unhas persoas (15 máis ou menos) que se van a contratar para que desenvolvan diferentes tarefas, desde dar conta de todas as necesidades cotiás do barrio, ata informar da necesidade de repoñer unha bombilla, axudar as persoas maiores que viven no barrio ou informar aos visitantes… Son só algúns exemplos que penso que amosan que o noso compromiso co Casco Vello é firme, pero coma sempre pídovos aos veciños e veciñas que teñades algo de paciencia.
Un saúdo."

Anónimo dixo...

...aínda máis pacencia???


...e veña a contratar!!... fará falla contratar a "(15 máis ou menos) “Coidadores de barrio”, pra "informar da necesidade de repoñer unha bombilla" ou esas cousas que propoñen??... Por qué non proba simplemente o tal Santi a atender ás demandas dos veciños!?



Que contundencia co da "Reconquista", Pablo! Aí non matan a ningún francés, hom (nin siquera aos do "Carrefour" da pasarela, ghá ghá ghá!...) recorda que aquel era o exército máis poderoso do mundo, e aquelas non eran maneiras. Ogallá despertara agora ese barrio como daquela o despertou toda a comarca!

Saúdos!