IX ÉPOCA

5.7.07

Allariz na Ferrería


Ao parecer, o Casco Vello de Vigo quédaselle grande á Consellería da Vivenda da Xunta de Galicia. Contra toda boa práctica en rehabilitación, o Consorcio do Casco Vello co seu maior "accionista", a Consellería de Teresa Táboas, ten limitado o seu ámbito de actuación ao que chaman Barrio de San Sebastián, máis coñecido polo seu topónimo tradicional da Ferrería. Grave erro se temos en conta que o proceso de degradación que se iniciou de forma drástica nesa zona despois dos intentos de derribo producidos polo fallido plan especial del Castillo de San Sebastián polos anos 70 -e que pervive ata o presente en forma de ruina xeralizada e valeiro residencial practicamente total-, estase reproducindo nas zonas en proceso de declive no barrio de Poboadores, rúa Alta, Chao, Berbés, rúa Real... que, de xeito irresponsable deixa a Consellería de Viveda nas mans case exclusivas da iniciativa privada. Os síntomas son evidentes e o "final" previsible: adquisición de edificios polos promotores privados (xa practicamente consumado en todo o ámbito agás na Ferrería), inacción e espera, degradación social e infravivenda, expulsión da poboación tradicional, rebaixa dos niveis de protección por presión inmobiliaria e xentrificación.

Complétase este insólito panorama co anuncio dun "concurso de ideas" para a zona do barrio da Ferrería (san Sebastián agora, repetimos), nunha inédita iniciativa cando se vén de aprobar definitivamente un Plan Especial de Protección e Reforma Interior no que se conteñen tódalas "ideas" e "propostas de intervención urbanística e paisaxística" oficialmente recoñecidas para o proceso de rehabilitación, no que se refire ás tipoloxías da edificación e ordenanzas, tratamento do espacio público, dotacións, etc. Absurdo a maiores tamén o de incluir no concurso mesmo propostas de tipo socioeconómico, nun ámbito territorial como o elixido, pequeno en relación co ámbito do PEPRI Casco Vello e ridículo se consideramos o Centro Urbano. Un ámbito nunha escala completamente inaxeitada para calquera planificación razoable.

Á vista do visto, a Consellería de vivenda semella ter apostado, fronte á necesidade dun proceso de rehabilitación integral para todo o ámbito, por concentrar os millóns de euros do Consorcio nun espazo moi limitado, fácil de xestionar rapidamente polo seu abandono extremo, mediante fórmulas de merca de edificios ou de expropiación. Aseguráse así o poder presentar dentro de catro anos, aínda a costa de lastrar o proceso de rexeneración do conxunto do barrio histórico, un idílico Allariz local, nas catro ou cinco cativas rúas que rodean o antigo recinto do Castelo de San Sebastián. Un espacio segregado sobre o que pasear en vísperas electorais e sobre o que escribir "estes son os nosos feitos" e demostrar que son quen do heroísmo de lograr transformar os históricos burdeis en casiñas de ambente alaricano. E que vostede o visualice.

14 comentarios:

Anónimo dixo...

Se lee hoy en la prensa que las Fundaciones Mies Van der Rohe y Docomoro imcluyen en su inventario arquitectónico 198 edificaciones de Galicia, 54 se encuentran en Vigo y entre ellas La Panificadora y alguna fábrica más de Tomás Alonso...
Menos mal que hay organizaciones que se preocupan por el patrimonio antíguo y moderno de nuestra ciudad

Anónimo dixo...

Ayer di un paseo por el puerto y casi me da un pallá al ver el Centro Comercial da Laxe...
No se puede ir por allí, es algo que hace daño a la vista y a la sensibilidad.
El edificio recuerda a las sedes de grandes empresas que se encuentran a las entradas de las grandes ciudades. Un edificio grande, feo, oscuro, inadecuado, irrespetuoso con el entorno, desproporcionado con los edificios ya construidos... No se me ocurre nada positivo por más que me esfuerce... Solamente que es un buen pelotazo de la Zona Franca que no ha tenido inconveniente en sacrificar uno de los lugares característicos de nuestra ciudad
en su propio beneficio
¿Cómo es posible que el puerto y el concello consintieran semejante aberración?
Aquella zona ya no tiene solución
Pobre Vigo

Anónimo dixo...

y los vigueses ¿cómo consentimos semejantes expolios?
Deberíamaos salir a la calle a protestar por semejantes abusos.
Nos quejamos mucho pero no hacemos nada, por eso nos hacen una, otra, otra más y...

Anónimo dixo...

A seguir votando y a callar!

Anónimo dixo...

Como que os vigueses non facemos nada?.... é que as duas mil asinaturas polo de Gustavo López non é nada?....xa verá vostede se non nos atenden como armamos unha manifa tremenda....!

Anónimo dixo...

Yo a la Ferrerìa lo declararìa monumento històrico- sociològico-interactivo-integrador-participativo y museo municipal al aire libre. Generador de miles de sonrisas verticales que sacaron de abajo a màs de una familia,(anos da fame), ayudadas en sus mejores tiempos por la VII Flota y la Royal Fleet. Creo sinceramente que este històrico barrio, de alguna manera corazòn balsàmico de Vigo, merece por su historia, al menos un respeto.

Anónimo dixo...

me gustaría saber que tendrá pensado hacer vuestro amigo Abel Caballero con la panificadora.

Anónimo dixo...

¿Amigo?. El ratòn del queso.

mademoiselle blanche dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
mademoiselle blanche dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
mademoiselle blanche dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
mademoiselle blanche dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
mademoiselle blanche dixo...

anónimo dixo:"y los vigueses ¿cómo consentimos semejantes expolios?
Deberíamaos salir a la calle a protestar por semejantes abusos.
Nos quejamos mucho pero no hacemos nada, por eso nos hacen una, otra, otra más y... "

Totalmente dacordo. Despois abrimos todos a boca dicindo que Vigo é feo e demais cousas que hai que oir por aí, pero non movemos o cu para pedir que non se continúe a destruir esta cidade.

Por certo, Centro Comercial A Laxe é o significado de "Abrir Vigo al mar" dos nosos políticos. Para min esta frase, a verdade, significaba algo moi diferente.

mademoiselle blanche dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.