IX ÉPOCA

18.3.08

Visita guiada.

Vigo do 2007 ó 2525.
Enciclopedia da memoria HD. Capítulo 2345: A crise do Concello de Vigo.
Aviso legal: Esta publicación multimedia ten abonado o canon dixital provisional aprobado no ano 2007

(Transcripción do fragmento sonoro do Ipod que levaba unha das momias atopadas no que debeu ser un cemiterio subtérraneo de vehículos agochado debaixo da rúa Urzaiz)


... A continuación entramos no cuarto de bandeiras do que fora Concello de Vigo que, como vimos antes, foi suprimido no ano 2018 polo goberno despois dos sucesos do 2009.

Esta é a bandeira chamada "dos 44.563" en honor os 44.563 votantes do desaparecido PSdG-PSOE

Esta é a chamada "dos 28116" tamén como honra aos 28116 votantes do extinto BNG.



E, por último esta é a bandeira que enarborou o pobo vigués que guiado polos irmáns Cachamoiñas, a asociación de costureiras e parte do plantel do Sárdoma C.F. tomou o edificio do Concello o dia 28 de marzo de 2009 berrando a famosa consigna, hoxe lema da cidade, "Vigo é un, diverso e policéntrico"


Ainda que algúns chegaron decir que se trataba da mesmisima "sábana santa" investigacións posteriores confirman que o plástico transparente foi adquirido nun bazar chino da rúa Pizarro situado fronte o que hoxe son as ruinas do Memorial ó centro Comercial. Existe moita confusión respecto da adopción do pano transparente como bandeira de Vigo pero un e-mail do ano 2010 enviado por Felisa Martínez a súa sobriña Mucha que daquela estaba de Erasmus en Reims deixaba claras as razóns:

"...e agora coa nova bandeira da cidade tanto podemos poñela por enriba do mantel, como tapar a roupa que está a secar no patio. Os días de festa poñemola na balaustrada e deixa pasar o sol...."

5 comentarios:

Marcos Andion dixo...

Que Vigo es policéntrico ya lo estamos visualizando: Centro Comercial Camelias, Centro Comercial Gran Vía, Centro Comercial Plaza Elíptica, Centro Comercial de Teis, Centro Comercial A Laxe, Centro Comercial Bandeira (en stand by por lo del óbito del ladrillo)..., y lo que te rondaré, morena.
Y también es UNO y DIVERSO porque tenemos un sólo Concello y una alcaldía bifronte.
Lo que no debías era mencionar lo de la toma del Concello, no sea que el viaje en el tiempo acabe por frustrarlo y que sólo puedan entrar algunos amigos por la puerta de atrás.
Lo que me gustaría es saber si la intención de dejar en blanco la bandera (idea genial) no acabará por ser una invitación a que los de siempre se pongan a ilustrarla a golpe de ocurrencias, para "visualizar" alguno de los edificios emblemáticos virtuales con los que siguen amenazándonos, en sustitución del castillo (con restaurante, faltaría más) y el olivo(que ya habrían cambiado por un tilo, una palmerita de alcorque o una mecetita corinesca).
Porque con lo de la bandera blanca no habrás querido insinuar que nos rendimos, ¿no?
¡Qué medo, qué medo!

Pablo Eifonso dixo...

Trans-pa-ren-cia é a nosa bandeira. Tremade parásitos da política! o 28-M-09 está preto!. Aí mesmo, nas cloacas da Praza do Rei, cada vez máis extensas, máis fedorentas. Toneladas de papel hixiénico e un anaco de plástico transparente sobre o mastro da rexeneración vos ameazan.

Grazas Lorenzo: xa temos bandeira multiusos, agora só falta o exército. Cuestión de días.

Elvis Tury dixo...

Pues no cuela, machos.
Yo ya estoy convencido de que pase lo que pase para el 2.525 el BNG todavìa estarà en el poder con los votos que sean.
Y tambièn estoy seguro de que la primera momia que va a aparecer serà la de Aixo con el estatuto en gallego y petrificado debajo del brazo en los sòtanos de Caixa Galicia, no muy lejos de Santi.

Empédocles XXI dixo...

Metafísica, metapolítica... Ingenioso metaanalista. (Se nota que éstas son una metavaciones).

mademoiselle blanche dixo...

Alguén me pode explicar qué pasará o 28-M-09?

Definitivamente, non me entero de nada...