IX ÉPOCA

18.3.08

Gamela coruxeira: desagravio


Só mentes cativas, incultas, desleigadas, xentes de ningures formadas nun abc estético entre o mesón típico e o Telva, deseñadores sobrevenidos de pacotilla, bestas, epítomes da autoxenreira, xentes de secano, desas que despois de nacer nunha orgullosa parroquia de Ourense, avergónzanse e falan con acento de madrí, pailáns sobrevenidas a concelleira, maestrillas autoritarias con ínfulas de grandeza, pobres homes e mulleres que xamais saberán o que é sentir o nordés na faciana navegando de bolina nunha embarcación que atesoura a esencia mariñeira dunha cidade desmemoriada e cativa, só mentes así poden ter a ignorancia abonda como para someter á noble gamela coruxeira á vergonza e ao aldraxe de servir de xardineira nun cutre laguiño xaponés. Alí onde aínda o cheiro a sardiña secular, a patela e a trainera, a botes xeiteiros, racús e galeóns de cabotaxe, pelexa contra a incuria dos piores e máis desagradecidos fillos de Vigo.


A
Gamela coruxeira: poderán vostedes vélas aínda orgullosas na praia da Fontaíña ou na de Nerga, ollando ao norte coa testa ergueita por sabérense o producto máis elaborado de enxeñería naval , froito da sabiduría de xeneracións de carpinteiros de ribeira e mestres populares nas artes da pesca. Se teñen sorte, admirarán aínda algunha navegando a vela, se cadra dalgún dos membros da Asociación de Gameleiros que lideran dende o Breadouro; poderán, se cadra, véla la no Museo do Mar ou no do Pobo Galego.

Dende aquí desexamos que as Asociacións de defensa do Patrimonio, que a propia concelleira en Vigo desta materia, que as Asociacións de defensa do Patrimonio Marítimo de Galicia, a dirección do MUseo do Mar e o alumnado e profesorado da Escola Obradoiro Mar de Vigo, dependente do Concello, esixan a Isaura Abelairas, autora intelectual desa bazofia, e a Abel Caballero, que ostenta a competencia en tódalas áreas municipais, que devolva a súa dignidade ás tres embarcacións prostituídas e indecentemente exhibidas no que queda do Berbés.

Eu xuro que xa nunca máis pisarei ese Berbés aldraxado.

FOTOS: Asociación Mar de Pedra de Amigos das Gamelas

8 comentarios:

imosqueira dixo...

Propoño unha acción nocturna de rescate e liberación.

Marcos Andion dixo...

Parece que la sombra de C.Porro es alargada. Lo que no sé es por qué el Consuegra pone el grito en el cielo (aunque le sobre razón), después de ver cómo su proyecto de ordenación del litoral era tan respetado por los rectores muncipales como lo somos los vigueses, en general.
Gracias, Pablo, por reivindicar la gamela coruxeira que aún perdura en mi memoria de niño veraneante en Coruxo, allá por los años cincuenta/sesenta.
Mira que ponerlas de macetas de fortuna en pleno puerto pesquero...
¡Imbéciles!

Voltaire-Vigo dixo...

Jo… Marcos no te quejes, ya sabes que la concejala responsable de la “cagarruta” ABEL-AIDAS procedía de las basuras y no se le puede pedir más y el jardinero responsable, es el que corta el césped en Balaidos… Se puede hacer una buena cesta con estos mimbres? Pos eso.

Anónimo dixo...

Querido Pablo, plenamente de acuerdo con lo que dices, tal como lo describes. Si grave es lo que hacen con las embarcaciones por parte de las DESAUTORIDADES MUNICIPALES, mas grave si cabe lo es, el hecho del marinero de rasgos curtidos por toda una vida en el mar, para seguramente no superar los 300 euros de pensión al mes, mientras cualquier CONCEJALUCHO DEL TRES AL CUATRO, entre plenos, comisiones, dedicaciones, ladrillos, cazos etc. etc. sobrepasan los 6.000 euros.

Voltaire-Vigo dixo...

joderrr, no le doy cogido el tranganillo querido Pablo, no anonimo. Voltaire

Anónimo dixo...

No fue Julio Pedrosa quien emparedó al Berbés? La construcción de las lonjas supusieron la alegría de todo el mundo, nos pusieron a la altura del horrible puerto de Rotterdamn (gran sueño de Fraga), impulsaron la economía de la ciudad y fueron el orgullo de todo aquel que opinó. Ahora reconstruyen la realidad, cuando la tienen escondida a unos metros de allí.

Elvis Tury dixo...

Ay! Aquel Berbès de las empanadiñas de soubas a las veras de los barcos pesqueros.Ya lo dije antes: Y encima mexan por nos.
Lo del Celtiña ya es tragedia.
¿No habrà forma de impedir que tengamos que ir a verlo contra el Rivadavia?.

Marcos Andion dixo...

Si el Rivadavia no sube, probablemente.
El caso que comentamos pone de manifiesto la incultura, insensibilidad y trapacerismo de quienes han tenido la osadía de decir que "trabajan para nosotros".
Mejor sería que se inscribiesen en el INEM y la pidiesen al simpático Santos Héctor (o Héctor Santos, que éste da igual del derecho que del revés) una agenda electrónica de las que le ha comprado a algún amigo suyo...
Esta es una ciudad que ya no soporta más "ocurrencias".
¡Horteras!