IX ÉPOCA

25.3.08

Universiada: a pasta gansa

Algúns de vostedes preguntaranse o por que só houbo dúas candidaturas españolas á Universiada, Vigo e Murcia, cunha longa e histórica tradición universitaria, por certo, ou por que as candidatas do resto do mundo só son un par de cidades do quintocarallo: Kazán (Rusia) e Kwangju (Corea do Sul).

Aquí non hai méritos que valgan, a razón está, neste e noutros eventos fantasmas polo estilo, nunha soa cousa: sinxelamente o famoso evento do mundo mundial irá só a aqueles lugares cuxa poboación sexa tan gilipollas de tragarse o invento dos seus gobernantes e poñer sobre a mesa a pasta gansa de "dereitos de matrícula" a fondo perdido, para ir falando: 20 millóns de euros.

O estilo é sabido. Circulan por aí varios eventos que ninguén coñecía ata que os compra un listillo. O tal listillo, logo, vende aos seus paganos cidadáns o importante que el é, pois logra traer á súa cidade o tal evento que, a partir dese momento, vai adquirindo inormes dimensións a escala local, aireado por medios de comunicación subvencionados e á espera de que, como foi no caso da Volvo, gran parte da publicitación da cidade quede na casa. Normalmente estes eventos adoitan ser unha ruina para os cidadáns (xa tan afeitos a seren enxugados, que nin se enteiran e ata disfrutan) e un lucrativo negocio para o entorno do/s listillo/s. Apunten algúns dos acontecementos do mundo mundial celebrados nos últimos anos en Vigo polos que houbo que pagar matrícula, e que só favoreceron, visto o visto, aos organizadores: Vovo Ocean Race-Vigo, Saída da Volta Ciclista a España desde Vigo, probas do "mundial" de motonáutica...

Vinte millóns de euros, tres mil trescentos vintesete millóns setecentas vinte mil pesetas das de antes: vaian preparando os seus inxenuos petos para maior gloria dos santis e caballeros de turno.

23 comentarios:

Martín dixo...

Permitídeme facer uns apuntamentos.

Por se a alguén se lle deu por mirar enciclopedias (ou por cultura sen máis) Kazan é a oitaba cidade máis poboada de Rusia e unha das máis importantes. A súa universidade tampouco é moco de pavo, pois é das máis antigas en funcionamento pleno (dende 1808. A máis antiga é de uns cen anos anes, a de San Petersburgo) e das máis importantes (sobre todo polas súas ramas comerciais) e coñecidas, non por nada nela estudaron personaxes coma Tolstoi ou Lenin. É ademáis unha das universidades líderes rusas no que atinxe a enxeñería militar (sistemas de propulsion, de radio, de aeronáutica...).
Esta cidade é, ademáis, a capital da república soviética de Tatastan, república, por certo, das máis ricas de Russia, non por nada era a principal provedora de pretroleo de rusia nos 60-70.
Ou sexa, non pretendades vendernos que son cidades de merda do quintocarallo porque non o son.

Agora vexamos a segunda cidade, Gwangju.
Gwangju é a sexta cidade máis poboada de Korea do Sur, cunha poboación de 1 millon e medio de habitantes. É, polo tanto, dentro da clasificación de Korea do Sur unha cidade metropolitana, é dicir, non forma parte de ningunha provincia senón que se goberna por separado. Por se vos interesa pensar que Korea do Sur é un pais miserable ou algo así, hai que dicir que segundo o ranking da IMF (fondo monetario internacional)no referente á renda per cápita están no posto 32, España no 27. Tras Korea do Sur están países coma Portugal (posto 37), Brasil (posto 67) ou Turkia (posto 71).
En fin, que non está tan lonxe de nós (seguramente sexa máis cidade ca Vigo) nin é máis moco de pavo que a outra.

Unha vez exposto isto, creo que podo dirir que ao que di este artigo eu chámolle empregar o etnocentrismo e o descoñecemento para dar opinións sesgadas.
Que cada un saque as súas conclusións.
Non digo que a Universiada sexa unha cacicada (ainda que non o teño claro tampouco), pero o que non se pode facer e dar opinións dese tipo, claramente partidistas e baseándose en impresións coma "cidades do quinto carallo", ou cualificando á xente de potenciais "gilipollas" ou "listillos". Un artigo de opinión mide a súa valía polos datos e os razoamentos, e coido que neste caso... é máis ideoloxía sen máis ca outra cousa.
Aos datos remito.
Saúde.

PD: por se alguén se ofende, é a miña opinión, claro está.

Voltaire-Vigo dixo...

Pues eso, querido Martin, como son, segun tu opinión ciudades tan "importantes" y la CARALLADA, ¡¡Perdon!! la unisersiada es muy necesaria, me pregunto como no se presentaron Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Paris, Berlin,Roma, Londres, Moscu, Pekin,Atenas,Praga,Lisboa, etc.etc.
¿No sera, que hay mucho POLITIQUILLO-CORRUPTO-MEDIOCRE, que para tapar su incapacidad de hecer gestión, se monta estos tipos de eventos, para parecer que hace, lo que no hace?

¿No sera que su ASESOR PERSONAL, "TOPO" de "Chemitacaseron" para justificar su sueldazo millonario, se inventa estas parrafadas que nunca dejan claro lo que en ralidad costaron? Y luego a esperar que el "caballo hable" Que es, aquello de aqui a 2013, pueden pasar muchisimas cosas, Por ejemplo: Pueden darsela a otros, pueden suspenderlas, pueden cesar al concejal, pueden cesar al asesor, pueden palmar las elecciones y no repetir Santifelpudo, pueden morirse, y hasta puede que se la deán... Mientras tanto a chupar viajes, fondos, subenciones y llenando los CAJONES... De pasta

Esta querido Martin, no es una idea del BNG que sabe que hay miles de cosas mas importantes que hacer, es idea del "asesor" que siempre fue, con el psoe,pp y ahora con Santi, un experto "cara-dura" en PELOTAZOS-DEPORTIVOS luego los "robazapatillas" van pasando, pero el, se mantiene siempre a flote.

BNG: Primeiro PAN e logo CIRCO

PD. Non esquecer pagar puntualmento os impostos, que temos que manter toda esta tropa...

Martín dixo...

Oye, no se si has mirado alguna vez los lugares donde se han organizado...

1967 Tokio
1973 Moscu
1975 Roma
1983 Edmonton
2001 Pekin

... No sé, si eso no es presentarse ciudades importantes... A lo mejor quieres que se presenten varias veces o todos los años...

Elvis Tury dixo...

Amigo Martìn: Como pides datos aquì te mando uno.
En los dos ùltimos años en Vigo han cerrado 40 librerìas.
No sè cuantas habràn cerrado en Kazazastàn.
¿A quièn le ponemos las banderillas?.
Con esta Carallada ¿cuantas recuperaremos?.
¿Serà que 40 librerìas màs producen menos que una Carallada?.
Puès serà.

Martín dixo...

?¿
Y q tiene q ver eso con el gobierno municipal?
Y por cierto, tp creo q vigo este mal en lo referente a librerias. Tp creo q sea algo q tenga q ver con el asunto este.
Y por cierto, no es Kazazastán, es Tartaristán, cuyo gentilicio es tártaro, es q no conoces nada tártaro ? X ejemplo, una salsa ?
Decir Kazazastán demuestra bastante dejadez por tu parte (además de falta de atención y, si me apuras, incultura).

Vista la dejadez y cachondeo de los comentarios paso de decir más.

Cuando os decidais a hablar seriamente y sin cachondeillo avisad.

Anónimo dixo...

Dende cando a corrupción e o despilfarro son un cachondeo?

Anónimo dixo...

A ultima capital europea que montou a "carallada" foi Roma ahi 33 anos e non lle quedaron ganas de voltar a facelo. ¿Por que sera?

Elvis Tury dixo...

Para mì es Kazazastàn, Afganistàn,Turquestàn, Pakistàn o Aquiestàn. Todo es la misma Carallada, culto Martìn. Lo que te falta es un poco de buen humor y retranca. ¿Te gusta esta Carallada?, no te olvides de ponerle salsa tàrtara o ensalada Cèsar que tambièn mola y un poco de litio.
Esto fuè un aviso de que no estamos dispuestos a amargarnos la vida ni para comentar y denunciar todos los atentados que le han hecho, le hacen y le haràn a esta ciudad que va camino de convertirse en màrtir. El olivo ya lo tenemos.

Elvis Tury dixo...

En todo caso la dejadez es tù seña de identidad, amigo Martìn. Fìjate como escribes, comièndote las palabras. Espero que no hables igual.

xos dixo...

A min no me gusta a idea da universiada, desde logo, pero argumentemos con educación. Martin expón ideas con argumentos. Se non estamos de acordo, elvis tury, explicamos por que, pero non o chamemos deixado nin lle digas que tome salsa tártara, coñe.

Martín dixo...

Lo q se dice cuando no se tienen argumentos. Cuando no se tienen ideas es lo q queda, no?
Por cierto, no os considereis Vigo, q muchos vigueses kieren universiada (vai a Balaidos a preguntar, por exemplo).

Voltaire-Vigo dixo...

Camarada, Vigo tiene 300.000 ciudadanos censados y otros 100.000 sin censar pero que tambien sienten la ciudad, a balaidos, sobre todo desde que van al palco Caballero, Santi, Calviño etc.etc por la "geta" no van muchos mas de 5-8.000 personas.

Con lo cual ese argumento no es valido Vale?

Pablo Eifonso dixo...

Paso de novo por aquí. Primeiro para agradecerlle sinceiramente a Martín o seus comentarios (e a tódolos demais, aínda que sexan así de retranqueiros... non te preocupes, Martin, isto é internet!). Martin, non teñas dúbida: posiblemente, canto menos ao mesmo tempo cá ti, consultei a enciclopedia e, evidentemente antes de escribir este e outros comentarios realizados sobre o "evento", pois (mágoa ter o disco duro persoal tan limitado) descoñecía as características concretas destas e doutras miles de cidades do mundo. Espero que te decates de que adoito na medida do posible argumentar o que digo, normalmente baséoo en datos, pero non estou disposto nin a escribir unha tese de cada vez, nin a renunciar na miña expresión (na que inclúe verbas do tipo quintocarallo, gilipollas e outras moitas que reprimo moitas veces ao referirme ao jetismo dos nosos, chamémoslles docemente, mediocres, gobernantes locais) ao fondo cabreo que me produce a reiterada práctica de facernos comulgar con rodas de muíño.
E, dito isto, síntoo pero que opines que o meu comentario se basea na ignorancia e no etnocentrismo só amosa ben que nono entendiches, ben que crés que o que pretendía era dar unha clase de xeografía. Pois non. Sei que a retranca é un carácter "nacional" en regresión e rógoche que nos botes unha man para conservar este signo da nosa identidade galaica e non te empeñes en comentarios como se foses mesmamente mesetario. O que di o meu comentario é o que di, e ten moito máis que ver co que ti mesmo dís da "cacicada" (síntoo, ti nono terás claro, eu si, e sinto defraudarche, pero nono digo dende a ignorancia, ¡que lle imos facer!).

Teño na miña cabeza a continuidade dos posts e comentarios deste Blog e non pretendo repetir argumentos xa dados e que podes revisar, se che apetece, na etiqueta Universiada. Un deles afirma que Vigo (de fonda tradición universitaria, como sabes, onde non estudiou nin Lenin nin Tolstoi, nin eu tampouco), como ti moi ben nos explicas na túa wikipedia xeográfica ad hoc, non é nin Kazan, nin Gwangju. Eles, seguramente, pódense permitir organizar un evento así para consumo interno porque -ti o dis- teñen cubertas outras necesidades e a Universiada pode producirlles un efecto acumulativo. Eles sumarán -pode ser-; nós, nono dubides, restaremos (mentres suman os de sempre -experiencias, repito, hai dabondo... e haiche que ir aprendendo da experiencia, Martín...). Por se non tes tempo a ir á etiqueta Universiada, póñoche un pequeno parágrafo dun dos comentarios que, no meu caso, fixen (hai outros moitos que con máis ou menos ironía, máis ou menos coidado co interlocutor, inciden con argumentos variados no rexeito á Universiada):

O que falta na cidade non son infraestructuras deportivas sobredimensionadas. Para empezar, fai falta poñer en marcha algunhas que acabarán morrendo de noxo. POr exemplo, as magníficas instalacións deportivas da ETEA que ninguén con dous dedos de fronte é quen de poñer sobre a mesa dun puñetazo. Tampouco sabemos nada da nova piscina que Zona Franca se comprometeu a construir coo compensación ao magno prxecto de "Abrir Vigo ao mar" (500 millóns de pesetas de hai 10 anos...). Se avanzamos sobre necesidades deportivas decatarémonos que nonos fai falta investimentos ao estilo do estadio olímpico construído en Sevilla para a Expo, que foi morrendo de olvido deportivo e se usa especialmente para concertos cunhas instalacións de hotel de cinco estrelas. Fanos falta, en primeiro lugar, poñer en valor as instalacións de deporte de base existentes, absolutamente abandoadas nos Colexios Públicos, por exemplo e que non verán un só euro procedente do "evento".
Hai cidades que poden disputarse este ou calquera evento porque a súa organización é un producto da súa política deportiva e se ensarilla nela producindo as consabidas sinerxias. Pero en Vigo, un evento de este tipo -xa se pode ir mirando coa viaxe a Bangkok incluída- en que se van a ir os cartos: alimentar o aparello publicitario que tan bos rendementos dá a PP, PSOE e BNG (segundo os turnos que correspondan). Infelizmente non existe política deportiva en Vigo na que situar este ou outros eventos publicitarios (léase, por exemplo os programados campionatos de fórabordos que nos promete o Santi a 300.000 euros a pagar polo evento (máis extras de promoción, claro).


Grazas Martin -e os demais- por seguir po aquí!

Martín dixo...

Chapó por este comentario. Así de veras que dá gusto.
Ese é o punto importante a debater: é realmente produtivo que Vigo organice a Universiada, si ou non?
É evidente q, por unha banda, as infraestructuras (deus non keira q no suposto de gañar sexan a mesma merdiña de sempre para pasar o apuro, lease auditorio), q dende logo serán máis ca deportivas (cidade universitaria, mellora de infraestruturas), pagan a pena. A cuestión é se o prezo a pagar é caro dabondo. Francamente, non o teño nada claro.
Sen dúbida ben lle virían a Vigo outros investimentos (sen ir mais lonxe, rehabilitación do casco vello), entre outros. Mais... paga a pena renunciar á Universiada, que posibilitará investimento estatal que doutro xeito seguramente non chegaría, por outros investimentos "máis prioritarios" pero para os q non habería axuda estatal deste tipo?
Entendo a túa postura, pero entende tamén a de xente que coma min vemos na universiada unha posibilidade de inversión en vigo q doutro xeito non chegaría, aínda que sexa sacrificando outras.
Agora debatamos, paga a pena ?

VOLTAIRE-VIGO dixo...

¡¡Carallo!! Martin espera un pouco ou, pra ver si fala o cabalo...

Vas moi lansaooo...

¿Quen dixeches que vai poñer os cartos...?

Dixo ninguen falou.

Tranquilo, que incluso pode que o cabalo chegue a falar. Deiqui o 2013 manda carallo...

El viajero dixo...

Recientemente un psicólogo, investigador del Max Planck, nos mostraba cómo el ser humano, ante la imposibilidad de contemplar todas las posibilidades, a la postre sus decisiones estaban fundamentadas en la intuición.
Desde mi intuición pienso que eso de la Universiada es del todo irrelevante en el listado de necesidades que presenta actualmente esta ciudad. (Desde la misma intuición conque siempre sentí, nada más ponerse en marcha, eso de 'Abrir Vigo al mar'.
Deseo fervientemente que no nos concedan tan irrelevante y costoso evento.

Elvis Tury dixo...

¿Argumentos?. Aquì va uno. De entrada Vigo tendrà que pagar 20 millones. ¿cuando?, ¿a quien? y ¿porquè?. Se agradece respuesta con argumentos, nombres y apellidos.
Amigo "Viajero", el evento ya fuè concedido.
Agora haiche que poñer o peito.

Pablo Eifonso dixo...

O evento non foi aínda concedido, aínda que léndo a prensa local non pareza tal. Realmente o que se decidíu foi que das dúas! cidades que presentaron candidatura, fose Vigo a que "candidatara" a escala mundial (do mundo mundial, para sermos exactos) como representante española para celebralo no 2013. Sería no hipotético momento en que entre as tres! (só tres no mundo mundial, e mira ti que hai cidades esperando como auga de maio os inxentes beneficios de ser sede) que seica son entre as que o Comité correspondente da chamada Federación Internacional de Deportes Universitarios (desta pódovos dicir pouco, porque na Wikipedia en español, en galego e en portugués non se di nada... -algo si se explica na inglesa e ata hai un enlace á páxina oficialou sexa, que se algún erudito deportivo de por aquí se anima, que complete a entrada ou que avise a Santi de tal inconcebible lagoa...) terá que elixir. Será nese momento no que a feliz elixida terá que apoquinar (iso si, en cómodos prazos) a "matrícula" a fondo perdido de 20 millóns de euros.
Martín, as cousas, ata onde eu alcanzo, deben ter unha certa secuencia para non volvernos definitivamente tolos ou parvos. Non estamos nun país subdesenvolvido que teña que depender da axuda externa procedentes de eventos circunstanciais, de motivacións extrordinarias, para ter cubertos os servizos mínimos habituais no marco europeo no que nos movemos. Os recursos públicos normais foron abondo en cidades do noso contorno para dar cobertura a estas necesidades no terreo cultural, social e deportivo... e, sobre estas necesidades minimamente cubertas, as cidades plantéanse retos estratéxicos, moitas veces tomando como elemento "motivador" un evento de recoñecido prestixio que, convenientemente administrado dende a fortaleza dos recursos endóxenos, é quen de xerar sinerxias e apoiar o propio empuxe desa zona "emerxente", de base sólida.
Nada disto se dá en Vigo: as administracións públicas non foron quen nin tan sequera de articular unha mínima rede de servizos de alfabetización cultural (que xa non é ensinar a lér e escribir na Europa do século XXI) como as bibliotecas públicas (que tampouco son xa nesta Europa depósitos de libros nin axencias de mero préstamo). Por non ter resolto, esta cidade non ten nin tan sequera resolto o maior perigo para a integridade e conservación do seu principal recurso estratéxico, a Ría: a brutal contaminación das súas augas como consecuencia da ausencia de políticas decentes (non corruptas) de saneamento. Tampouco hai unha infraestructura cultural que se poida chamar tal e a iniciativa neste campo ou é froito dun voluntarismo encomiable ou dun populismo artero. Imos organizar un "gran" evento deportivo sen ter nin tan sequera planteada a planificación do espacio deportivo e dos recursos para a formación e expansión física da poboación. Será -perdoando a esaxeración- como organizar un Real Madrid-Barça en Bagdag.
Serán (xa son!!!) moitos recursos económicos, persoais e profesionais, os necesarios para esta viaxe sacada da manga por Santi Domínguez (ou polo parasitario sistema que finciona por riba e por baixo dos intereses partidarios, que tanto ten). Recursos que, de aquí ao 2013 son impreescindibles para arranxar os mínimos necesarios, canto menos, no mesmo ámbito da actividade deportiva -esencialmente aquela que máis repercute na calidade de vida: a educación física, a educación para a saúde, o deporte escolar e de base. E eses recursos necesarios van ser esencialmente absorvidos por un proxecto fantasma que, que alguén demostre o contrario máis alá da mera intuición ou da simple propaganda, absorverá boa parte da "enerxía" politica, técnica e administrativamente necesaria.
Porque como todo parece apuntar vista a repercusión das anteriores edicións do evento, a celebración da Universiada non reportará beneficios económicos directos (patrocinadores, dereitos de TV, publicitación asociada da sede, a fonte de financiamento virá só dos orzamentos das administracións públicas. E nono dubides que o Concello levará a maior parte do peso económico directo e indirecto -canto costará a barbaridade do novo barrio que se quere construir en plan gueto para os "miles" de deportistas que virán, nadarán, correrán, darán patadas ao balón (con menos público que un tristeiro día de Balaídos) etc, e marcharán polo mesmo lugar polo que viñeron?-. Pois ben, non semella máis razoable articular un auténtico plan de infraestructuras deportivas e de sustento e potenciación da actividade física da poboación, estudiar rigorosamente as necesidades, elaborar os proxectos, deseñar as estructuras administrativas, técnicas e sociais, redactar os plans de financiamento, temporalizar e, con esa documentación e a capacidade política e demográfica de Vigo, acadar os mesmos investimentos que Estado, XUnta e Concello semella que xa teñen para poñer en marcha un evento sen futuro?. Non aforrariamos centos de millóns de euros así, sen gastalos en dar de xantar aos vividores de sempre, grandes contadores de patrañas para consumo colectivo?
Por máis que busco, agás que decida o meu suicidio neuronal, non dou atopado os beneficios e só vexo gasto, gasto e máis gasto para beneficios dalgúns que xa abriron caixa dende o mesmo día en que se anunciou esta película. Que teñen nome, apelidos e razón social actual e, claro, futura.

Anónimo dixo...

déixachesme mudo, Pablo.

Elvis Tury dixo...

Pablo, màs claro no canta un gallo a las tres de la mañana. Una sola cosa, beneficios sì que habrà, para los "organizadores" y para los hoteleros, y me alegro por estos ùltimos. Sigo creyendo que la carallada ya està otorgada porque Murcia ya tirò la toalla y no queda màs remedio que dàrsela a Vigo a 20 millones por la "entrada", y si el proyecto fracasa se perdieron esos euros.

VOLTAIRE-VIGO dixo...

elvis... joder, deixa de chorar, os 20 millons non os vai pagar o pequeno taliban, tampouco o asesor da carallada...

Paga o povo.

Martín dixo...

"Porque como todo parece apuntar vista a repercusión das anteriores edicións do evento, a celebración da Universiada non reportará beneficios económicos directos (patrocinadores, dereitos de TV, publicitación asociada da sede, a fonte de financiamento virá só dos orzamentos das administracións públicas. E nono dubides que o Concello levará a maior parte do peso económico directo e indirecto".
Pablo dixit

De ser certo iso ao cento por cento coido que debería repasar a miña posición e poida que darche a razón mais... podería probar eso que dis ?
Francamente, dubido que non existan ingresos dos medios, sponsors etc. Evidentemente haberá gasto público, mais suponse que tamén por parte do Estado Español, para algo fomos elixidos representantes. Tamén hai que ter en conta os posibles ingresos indirectos... reservas de hoteis, hostelería e sector servizos en xeral...

Por certo, perdón pola tardanza na resposta pero iso de migrar sistema operativo, traballo e tal... deixa pouco tempo libre.

Pablo Eifonso dixo...

A afirmación sobre a capacidade do evento para atraer "publicidade" significativa (e significativa aquí significa unha cantidade inorme de diñeiro tendo en conta o custo do "investimento") é, loxicamente, unha mera hipótese baseada no sentido común. Se ti ou eu, que somos consumidores potenciais dun pais dentro da zona rica de Europa, nunca soubemos nada de tal acontecemento deportivo, podemos deducir que impacto das actividades que se celebren nel, máis alá dos seus máis directamente participantes, vai ser mínimo máis alá -no mellor dos casos- que o que poida ter a escala moi local. Dáse o caso que os anunciantes, espónsores e patrocinadores non adoitan ser ONGs, senon empresas capitalistas que -máis alá das desgravacións que poidan corresponder por accións de mecenado ou patrocinio- o que lles interesa é obter os beneficios derivados da promoción do seu negocio en actos multitudinarios e de moita capacidade asociativa coa súa imaxe de marca.
Xa o dixen: Estado, Xunta e Concello deben investir en Vigo sen coartadas....¡como é posible que Santiago de Compostela acabe de inaugurar un magnífico edificio para a súa Biblioteca Central e en Vigo só existe unha biblioteca xeral pública aberta?.
Insisto, o da Universiada, aínda xa antes de comezar é un derroche.