(Parte I) O cambio climático débese só á acción humana? "Hai intereses
políticos e económicos detrás deste 'dogma'"
-
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro
Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está
completamente mediatiz...
IX ÉPOCA
24 comentarios:
Ana graciñas, Marcos cando nos queren foder uha vez mais, temos que intentar evitalo. Invito a todos deixando ideoloxias na casa, fagamos o imposible pra non permitir outra desfeita mais.Saude.
(REMITIDO)
NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO BOUZAS-MÓVETE
Unha vez mais se demostra que a cobiza do Porto non ten límite, agora din que precisan 230.000 m2 mais de recheo para ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando a Ría até convertila nun canal portuario?
Desde o Colectivo Bouzas-Móvete levamos un par de anos dicindo que se queren gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións... Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade de recheos, en aquel momento. Do que non se fala, é do traslado das enormes naves de Zona Franca que tampouco deberian estar ubicadas no porto, e que si liberarian muito espazo. Tampouco falan, por suposto, de armacenar os veiculos da Citroën en outro lugar. Que sentido ten formigonar a Ría para fazer un armazén de veiculos? Os veiculos de Citroën e de outras marcas so deberian estar no Porto no momento de embarcar e non estar armazenados alí.
No Porto de Vigo hai espazo de abondo, ao longo dos dez Km. de instalacións poartuarias que teñen desde Bouzas a Rande, o que pasa que está moi mal xestionado. Como se explica que portos como o de Leixões en Portugal, coa mitade de superficie mova o doble de contentores que o de Vigo, e que peiraos como o de Saint Nazare en Franza adicados a o tráfico de veiculos non teña superficie de armazén de veiculos e funcione perfectamente?
O Porto debe ser un lugar de paso de mercadorias non un armacén.
Tamén se fala neste proxecto de liberar zonas portuarias para a cidade, Nos pensamos que a Autoridade Portuária debería utilizar os metros cadrados de que dispón actualmente, reordenar realmente o porto de Vigo, aproveitar adequadamente os seus recursos e non estragar a nosa fonte de riqueza mais importante que é a Ría.
Ademais o trafego portuario deberia repartirse entre os demais portos galegos como o de Marín ou Vilagarcia e non estar a competir con eles.
A Autoridade Portuaria confunde os intereses das Multinacionais cos intereses da cidade, e nunca lles vai chegar o espazo que teñen, nin no Porto nen fora do porto, como a desfeita que fixeron en Salvaterra, co nome de Porto seco, e que agora se dan de conta que esta demasiado lonxe.
Estam estragando a diversidade de usos da Ría, como a pesca, o marisqueo, a hostelaria ou o lecer en beneficio exclusivo da actividade portuaria.
Esta Ría constitue un dos ecosistemas con mais producción biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta condición, que si proporciona postos de traballo e riqueza, se adican a formigonala. Lembremos que no lugar onde hoxe está o macro-recheo de Bouzas, atopábase o banco de ameixa mais productivo de toda a Ría, pasando de producir 940 toneladas no 1967 a tan só unha no 1986, devido aos aterramentos.
A Autoridade Portuaria é un Cancro para a Ría e para todos os municipios da comarca, cancro que se irá estendendo, se non se lle pon límite, até acabar definitivamente coa Ría.
Cando tiña 15 anos descubrin o ecoloxismo e grazas a Ajoblanco e Integral me fixen naturista e vexetariano. Comecei a militar en grupos ecoloxistas, dos que me saín mais tarde porque había xente que fumaba , outros bebían coca cola e outros non falaban galego. Non entraba nos bares xa que estaba en contra da sociedade de consumo , non fumaba pois o cuidado da saude do meu corpo era o principio do meu ecoloxismo e non entendía, nin entendo, un ecoloxismo na Galiza noutro idioma. loitabamos contra a nuclear de Xove pero non contra as térmicas , tal vez non estiveran de moda. Non entendía por qué defendíamos a vida das baleas ou as focas e non as das sardiñas. ¿Porque son mais ou porque son mais pequenas? preguntaba eu irónico. Todos nos odiaban , eramos dous. Dous que loitabamos por un mundo sen multinacionais, vexetariano, comunal e sobor de todo rural. de ahi que vivimos a chegada da autoestrada como a fin do mundo , polo menos da Galiza.
Cos anos fun medrando e xa con 20 anos , o amor, as viaxes e novas amizades, foronme cambeando. Agora teño coche, como carne e sardiñas ,teño negocios e disfruto do rápido e seguro que se vai pola autoestrada.Contento adeamis que o partido ao que voto tamén cambeara nese aspecto e propoña encher Galiza de autoestradas, cousa que aplaudo.
Todo este preámbulo ven a conto de que os que estades pola defensa da ría,en contra do recheo, parecera que se vos fora a vida neso, como augurando a fin da ría ,do marisco e ,quen sabe se non pensaredes como eupensaba ,a fin da Galiza .Defendedes a ría do recheo, esaxerando coma si nos quedásemos sen ría ou peixes (¿vos defendedes oaos mariscadores ou ao marisco? ) e sin preocuparos da terra , de todalas leiras que desaparecerán cas autoestradas e xa non digamos cos polígonos industriais e de vivendas.
Xa sei que seguides sen entender que pretendo. Agarrradevos que ahí vou.
Como vos dixen antes cambiei en moitas cousas pero na que non cambiei e na loita pola miña terra e polo meu idioma. Agora xa non aspiro, como case todos, a unha sociedade galega rural senon todo o contrario loito por unha Galiza urbana e boto en falla na terra cidades como Barcelona , Berlin ou Paris, e non só polo grande, que tamén, senon polo que tén de modernidade e vangarda.Vigo por ser a mais grande debería liderarese proxecto.
E aquí ven o que quería dicir : podo comprender e compartir moitas mais cousas das que imaxinades na defensa da ría pero nunca vos perdoarei, nin perdoarei ao meu partido ,que se teña desbotado o proxecto de Nouvel e con el todo atisbo de modernidade arquitectónica nesta terra.
Quero crer que será reutilizado noutra zona, ou noutra vila galega. Volvede a ollar o proxecto e vos daredes conta que sería o único adorno artificial que tería a ria. O resto, casas, vilas e incluso Vigo estropean esa beleza.
Sei que non convencerei a ninguén pero polo menos fiquei a gusto e como dicía aquel : "Sempre nos quedará Paris". Lástima que alí non se fale galego, pero me queda o consolo que moi cedo aquí tampouco se falará e entón poderei marchar sen magoa.
Apertas e grazas por aturar o meu desafogo.
PEPINHO
O sea, seica pra ser ecoloxista hay que falar galego.
Arreodemo.
Non, meu rei.
Quén son eu para dicirche en que lingua debes falar. O ecoloxismo, igual que todo ,se pode defender en calquera lingoa. Pero para min o ecoloxismo sempre foi unha postura ante a vida e non simplemente protestar contra un embalse ou contra o recheo.Non comprendo a un ecoloxista que non sexa pacifista pero tampouco digo que non poda ser . como non comprendo a un ecoloxista que non se integra no seu entorno e a lingoa é parte do entorno.
eu fun castelán falante ata os 15 ano en que deixei unicamnete de xogar para poñerme tamén a pensar e a facerme preguntas, sobre a vida , sobre min , a política, e como non o ecoloxismo que falaba antes. Pero tamén me decatei por primeira vez, nese tempo, que falaba unha lingoa diferente á da miña nai,Eu era moi fino de pequeno, pregunteime por qué e non soupen que respostar . Sentinme un traidor a ese amor que lle tiña a esa señora e ese amor se ampliou polo amor á sua lingoa que agora é a miña.
pois si , amigo meu, con estas bonitas palabras cheas de amor (¡que bonito! ) espero que comprendas que para min, o amor, o pacifismo, o ecoloxismo, os dereitos gays, os dereitos da muller, a solidariedade co terceiro mundo ou cos xitanos,o pracer pola arquitectura emblemática e o pracer de sentirme dunha terra e dunha cultura é un todo que non se pode separar. Pero acepto, e sin non o aceptara o mesmo tería, calquera outra combinación de ingredientes.
eu que ademais do galego é o castelán falo, por cuestións de traballo ,cinco idiomas mais, non te podes imaxinar o pracer de falar esta lingoa, non porque sexa mais bonita senon porque é a miña. Miña nai tampouco era a mais guapa pero era a miña.
Boeno. convencer non sei si convencín pero bonito, non me diredes que non foi , sobre todo nun debate sobre o recheo.
E que a min cando me deixan......
Apertas do voso PEPINHO.
Existen moitos argumentos (sen necesidade de defender á vez ás sardiñas ou evitar esmagar formigas ao andarmos) para opoñerse á continuidade dos aterramentos da Ría. Posiblemente o primeiro é que aínda ninguén demostrou que fose imprescindible para un desenvolvemento racional do Porto de Vigo, gañar máis terreos ao mar. A mesma Autoridade Portuaria recoñece tal, cando segue afirmando que existen múltiples empresas que ocupan superficie no Porto e que poderían estar fóra del.
Dende estas páxinas xa apuntamos alternativas que permitirían gañar espazo portuario sen necesidade de seguir aterrando e, mesmo cedendo ao mar especios antigamente aterrados.
Por exemplo, transformar a gran operación especulativa de Beiramar prevista no PXOM nunha gran operación de reordenación urbana e de racionalización portuaria. Non fariamos multimillonarios a ningún promotor, pero mellorariamos substancialmente a calidade de vida desta cidade sen comprometer un futuro razoable para o Porto. Esta calidade de vida non consiste -por enlazar co que nos comentas de Nouvel- en contemplar e disfrutar das grandes obras da arquitectura dos grandes autores, senon en que esta teña un sentido na vida da cidade, se ensarille nela, poida ser percibida como propia nun contorno sostible. O que finalmente fai grandes as cidades que nos citas, Berlín, París ou Barcelona (coñezo bastante ben as tres) é a súa capacidade de dar a maior satisfacción aos seus habitantes proporcionándolles a posibilidde de vivir a contemporaneidade dende a súa propia historia e partindo dos seus recursos e valores que conforman a súa "esencia" ou a súa "diferenza". E a contemporaneidade é hoxe o que os europeos, berlineses, parisinos, barceloneses, chaman sostibilidade (substentabilidade?). Un concepto complexo que non é reductible á parodia que impudicamente fas do ecoloxismo e que amosa que a túa evolución cara ao "urbanitismo" e a túa fuxida do arado ecoloxista, non foi ao mesmo ritmo co teu coñecemento da evolución das ideas e dos posicionamentos políticos contemporáneos sobre a planificación do territorio que xa son comúns dende os anos oitenta do pasado século ata hoxe, cando menos.
Ese complexo concepto de sostibilidade e a práctica derivada del é imprescindible para analisar con rigor e sen ideoloxemas o futuro da ría de Vigo e do seu porto. Permitirá identificar os límites da consevación de unha e de medre do outro. E moito me temo que os plans do porto seguen a contemplar, erre que erre, soamente unha variable que parte só da lóxica interna da economía portuaria. Pero o porto é un espazo da cidade e un espazo de alto valor para a calidade de vida dos vigueses actuais e futuros. Porque, infelizmente, a historia determinou unha brutal ocupación de toda a fronte marítima do principal núcleo urbano (dende Chapela ata Alcabre practicamente) cunha soa actividade, privando a tódolos habitantes dun ben cotizado.
Porque o problema do desenvolvemento portuario non é un problema do Porto, non é posible xa seguir planteando calquera alternativa sempre a costa de minorar o valor do ben-Ría, un ben que ten carácter estratéxico, que non é renovable, que pode deteriorarse ata niveis críticos e cuxa conservación pode chegar a implicar que non compense máis crecemento portuario cara ao mar.
Por isto nós propuxemos no seu día trasladar as industrias da Avda de Beiramar (Jacinto Benavente) que non precisan da proximidade do mar, non para especular cos terreos liberados, senon para trasladar alí e, sobre todo, ao gran solar destinado actualmente para Auditorio (ao que se pode sumar as naves de Cordelerías Mar), tódalas naves que ocupan a fronte do Berbés (dársena e recheo do Berbés). E liberar este gran espazo para unilo ao Berbés, Cánovas del Castillo, Dársena da Laxe, peirao de trasantlánticos, Montero Ríos, Areal, nun contínuo urbano de inorme e transcendental calidade e valor urbano... si, dese que disfrutan -noutra orde de cousas- os berlineses, parisinos e barceloneses. E que a nós se nos nega vendéndonos "industrias" arquitectónicas de "localización", menhires de ningunha parte en ningures.
Moitas grazas pola túa intervención e que saibas que non estás só na reivindicación dunha Galicia urbana, si, esa na que as grandes ideas da modernidade (entre as que se atopa necesariamente a non urbanización de todo o espazo posible) sexan posibles... e da que tan lonxe están os planteamentos parciais e sectoriais que non ven o mundo máis alá dos estrictos intereses do seu sector ou actividade económica.
Non te imaxinas a cantidade de Galicia rural , desa que abandonaches ao facerte maior, que hai na proposta de Caballero co plan Nouvel, e nos aplausos desesperados dos que pensan que esa poida ser unha porta de entrada de Vigo no mundo da contemporaneidade.
Saúdos e grazas polo teu comentario.
Por certo, teño pendente un post sobre o galego, sobre o por que o uso e sobre a transcendenza democrática da loita pola súa normalización e dende posicións non nacionalistas. Resúltame a min tamén moi difícil pensar en termos de sostibilidade cultural soslaiando o feito da perda irremediable dun idioma falado por boa parte da poboación. Pero isto é outro tema.
Pablo, yo cuando sea mayor quiero ser como tu. Un bico.
Grazas Pablo,
Non tiña pensado escribir tanto , pero as veces as cousas non se interpretan ben ou no ton adecuado.
Empezo dicindo que non é a miña obsesión defender recheos porque sí, mais ben todo o contrario, de feito o último que vin foi na Costa Nova en Aveiro que me pareceu esaxerado. e con este exemplo quero dicir , sen por elo xustificar , que o recheo é algo habitual en case todo mundo.
Ti tes moita mais información ca min e seguro que o que ti propós é real e xusto cando dis que se poda levar parte da actividade portuaria terra adentro pero a diferenza quizais e que eu agora vexo o recheo con menos dramatismo e non eliminaría un proxecto estrela por un pouco mais de terra na ría , supoñendo que esa fose a razón da oposición. igual me pasa ca cantidade de leiras que estragarán as autovías.
Seguramente no importante estou dacordo contigo pero cando falas de que as obras arquitectónicas teñan sentido na vida da cidade, tal vez coincidamos no fondo pero son frases moi abstractas e o que para ún pode estar ensarillado na cidade para outro non.Coñezo arquitectos que están en contra do Gugenheim. Eu penso que cando algo é bonito queda ben , case en calquera parte . Que uns estan millor ubicados que outros , seguro. pero mentres estean todo vai ben.No Porto (portugal) hai unha chea de igrexas e conventos en ruas estreitas que non hai xeito de topar unha perspectiva para velas ben, pero millor que estean así a que non estean. Estou falando de obras e non de urbanismo loxicamente.
O campus da universidade queda ben onde está porque é precioso , se fose feo non estaría ben ensarillado nen ahi nen en ningures. Cada vez estou mais convencido que o Menhir de Nouvel quedará millor ensarillado en Vigo que a torre Agbar en Barcelona, e moitísimo millor que a Casa das Palabras que non aporta nada , nin a arquitectura nin en contidos.¿Ti non pensas que a Casa Da Música do Porto quedaría bárbara en Vigo ?, que importa ónde.
Falas que nas tres cidades do exemplo de que o que fai grandes a ditas cidades é a sua capacidade de vivir a contemporaneidade dende a sua propia historia e partindo dos seus recursos de valores que conforman a sua esencia ou diferencia . Eu son consciente da miña ignorancia e tal vez por iso me coste entender as tuas palabras.
¿Estás a dicir que ti podes asociar a torre Agbar ca historia e a esencia de Barcelona? e o ¿Gugenheim ca de Bilbao? Imaxino que me trabuco e que non o entendín . e si non entendín esto o que escribes despois aínda menos. Se falas sobre planficación territorial, escoita a diferentes arquitectos e te darás conta das suas diferencias sobre este tema e eu non vou ser menos en ter a miña opinión. Como podes deducir facilmente a tua planifiación territorial do porto de vigo é diferente á de Nouvel e a de Estevez , seguro que si indagas en mais arquitectos as posicións serán diferentes. Se falamos de urbanismo Vigo tén pouco que dicir. En Galicia eu non salvaría nin a Santiago que tanto defenden certos arquitectos de aquí, unha cidade pequena rodeada de parques e bairros dormitorios que o único xeito de medrar é facer mais barrios dormitorios. París paréceme perfecta, pero millor ainda Munich cunha rede de carril bici por toda a cidade e cunhas liñas de metro, tranvía e bus case perfectas e por riba practicamente sen tráfico no centro. Pero ata nesta cidade está chea de edificios emblematicos ,un dos últimos, o marabilloso estadio de Herzog e Meuron. Se pensas que estou por un desenrolo non sostible será porque tal vez me expresei mal.
As lindes do porto e a cidade , se cada un tivera que dar a sua opinión tal vez foran todos distintos. Sígoche dicindo que todo depende de quén o analise. A Cesar Portela , despois do que fixo co o horrible Palexco pechando o porto á xente na Coruña, millor non pedirlle opinión. ( que magoa daqueloutro proxecto de Nouvel)
Cos traslados das industrias de beiramar non entro por falla de información pero seguramente teñas razón.
E vou rematando dicindo que a miña intención con estas cartas, que espero non continuar, é redundar no que xa dixen , lamentarei por min, por Vigo e por Galiza Se o proxecto de Nouvel,non vai adiante onde ía ou reubicado noutro espazo sen problemas de recheo. Estou seguro que Barcelona ,Paris ou Berlín , non o despreciarían, menos agora despois de ser premiado co Pritzker de Arquitectura.
Nada mais, disculpas a todos polo meu coñazo e sobre todo a tí Pablo e adiante que a pesares das diferenzas estás facendo unha boa labor.
Apertas de PEPINHO
Prepararse amigo porque Caride no ve con malos ojos los planes de la Autoridad Portuaria, toca arrebato en el PSOE me temo...
Amigo Pepinho, concordo totalmente contigo. Vigo ten moitos edificios emblemáticos e maravillas arquitectónicas, pero están "mal postas".
Un correcto desenvolvemento problamente contaría coa descentalización da cidade ou, polo menos, non está esquizofrenia de plantar todo novo proxecto no antigo ensanche decimonónico do que aínda non nos atrevemos a sair. De feito, cada vez que saímos deste centro, o tempo acaba por dala razón á idea.
O desenvolvemento de Vigo semella anclado nun feixe de rúas sobre as que damos voltas unha e outra vez sen chegar a nada definitivo. A "idea de cidade" nunca contempla o que facer en Florida, Coia ou Bouzas. Non digamos xa en Zamáns ou Valadares máis alá de arranxar beirarrúas e deficiencias varias, case sempre relacionadas con Fenosa.
Un bo exemplo o temos no novo barrio de Navia. Non entro na súa oportunidade urbanística (a social é indiscutible), pero partindo da base de que está ben plantexada (non sei se será moito supoñer), ninguén pareceu darse conta de que queda totalmente aillada de Coia, de Bouzas e mesmo do barrio vello de Navia. A entrada do cinturón, a avenida de Europa e a circunvalación ata o porto converten un bo barrio nun gueto.
O mesmo que sucedeu e sucede con Coia e Bouzas. Pasar de lugares emblemáticos, como a curva de San Gregorio ata a avenida de Castelao (moi preto unha doutra) é case imposible se non es mozo e tes tempo dabondo. Outra sería, por exemplo a chapuza do nudo de Isaac Peral.
Do mesmo xeito, o que me interesa do proxecto Nouvel é a conexión do porto coa cidade. ¿Realmente é necesario nesa zona? ¿Non existen outras necesidades de recuperación ou de conexión moito máis imperiosas?.
Os barrios de Teis e a Travesía de Vigo están pegados, pero actualmente ir dun ó outro é peor que dicir que se vai de García Barbón ata Camelias. A duplicidade de servicios, o esforzo do tráfico, a alienación respecto á cidade global (Vigo é unha federación de barrios) son consecuencias dunha planificación baseada no exalzamento do "centro". Brétemas lembraba que de pequeno vivá en Pi y Margal e cando ía ata a Porta do Sol dicía "vou a Vigo".
Actualmente, os habitantes de Teis, dirán o mesmo cando vaian da súa casa a ver o menhir. O desenvolvemento do porto quizás requira un proxecto tan bo como o de Nouvel, pero plantado na rúa Coruña, por exemplo, ou en lugar do porto deportivo ilegal de Caixa Galicia, ou mesmo en Coruxo (ainda non estou borracho). A sensación é que en lugar de crear e ancheala cidade é que se "reinventa" con cada novo mandatario.
Una cosa.
Si Caballero es el alcalde, capitàn del equipo que tiene la sartèn por el mango, autoridad portuaria ( de hecho y derecho), y ademàs novio de la madrina, ¿que podemos esperar del futuro urbanìstico de la ciudad?.
Cuidado, no estoy hablando de soluciones, que serìa mucho pedir.
Los planteamientos de Pepinho muy sensatos.
Intentarei rematar, neste apartado a miña intervención. Teño que recoñecer que fixen un pouco de trampa. A razón pola que eu escribin aquí é porque Jean Nouvel, que non Abel Caballero, me parece un dos xenios mais grandes deste século é o anterior. Que agora lle concederan o nobel de arquitectura me fai sentir menos só nesta apreciación.
Que despois de ter rechazados tres proxectos na Galiza anunciaran a bombo e platillo, eran eleccións, que o seu proxecto fora elexido para o peirao de Vigo, case me fai tolear. Aínda non sabía nin de que ía , pero se de min dependera houbera asinado cos ollos pechados.Igual que houbera feito, con Foster, Zaha Hadid ou Richard Rogers. Non son demasiado mitómano pero cando as obras de un artista te provocan tanta emoción, ofrecenche unha confianza case cega. esquezámonos un intre do recheo ou os problemas urbanísticos ou que si é necesario tanta cousa. Como se non estivese proxectado para Vigo. Pensade só na obra, no menhir, no xardin das mareas , no porto en sí. ¿Que non vos gusta? , a min sí. ¿Que non é a sua millor obra? seguro , o instituto do mundo arabe paréceme millor pero non por éso deixa de estar a sua altura.
Se esta obra se rechaza ,dificilmente Vigo poderá contar cunha impronta deste autor. ¿Quén lle vai pedir algo un tempo despois?. E él, ademais, xa anda por riba dos sesenta.
¿Que Vigo pode vivir sen as suas obras? seguro, pero por se acaso Paris , Berlín e Barcelona, que non teñen a Abel Caballero, contan con obras súas . Si, xa sei que todo o que se fai fora e para fora é millor.
Sei que o urbanismo é fundamental, básico , para unha cidade armónica e tal vez algún día decida falar sobre este tema, pero a razón das miñas intervencións aquí é a defensa da obra dun xenio.
Podería aceptar, que non o acepto, que fosen certas as razóns para oporse ao proxecto. Pero tamén é casualidade que despois de tanta desfeita nesta cidade que se fixo e se segue a facer ,a tomedes ca obra do unico arquitecto que propón algo en Vigo tendo referencias ,como tén, a nivel internacional.
Recoñezo que estou pensando mais na obra e no autor para defender este proxecto que na planificación territorial do porto. E o fago porque a sua traxectoria me ofrece mais confianza que a de outros dos que non teño demasiadas referencias, no desenrolo dun proxecto urbanístico.
Xa me gústaría que se empezase a pedir a certos autores obras para facer en Vigo ou que cando as realicen teñan en mente esta cidade
Xa me gustaría que se lle encargase unha obra ou mural ou o que sexa a Miquel Barceló para facer en Vigo . A Woody Allen ,ou George Clooney para rodar unha película aquí. ou a tantos de todalas artes que podan convertir esa obra en visita obrigada na cidade.¿quén se atrevería a marcarlle os temas a tratar ou como tratalos. O artista necesita liberdade. da envexa ver a duas cidades , Londres e Barcelona, facendo o imposible para que Woody Allen resida e grabe na sua cidade.
Seguramente todos teñamos razón vos por unha cousa e eu pola outra e me témo que no asunto do porto , se acbará facendo o recheo e non facendo o Proxecto de Nouvel.
presinto que nin vos nin eu imos sair satisfeitos.
Saudos e pensade que comigo tedes algo de debate . Antes era un orador é o público aplaudindo . Agora polo menos hai mais paixon e xenreira. Xa tedes outro mais a quén alcumar ou meter na fogueira( non no senso literal, claro.)
Mais apertas do PEPINHO.
A mì me gusta el proyecto, incluyendo el menhir.
Pero...adolece de la misma falla maldita. Todo se piensa y se proyecta de espaldas al Casco Vello. Y el puerto sin el Casco Vello es como La Guìa sin la ermita. Y hablando de pelìculas, tal como està el casco viejo es ideal fara filmar Indiana Jones V.
Tranqui, Pepinho: estamos en ello, pero aún no hemos conseguido fondos para el crematorio de discrepantes, con esto del encarecimiento de las hipotecas...
En todo caso, te diré que los de por aquí estamos encantados de discrepancias como la tuya, argumentadas y propiciadoras de debate, que para eso nos hemos metido en este fregado.
Creo que has puesto sobre la mesa otra forma de ver el asunto y, por si te sirve, a mi tampoco me disgusta el proyecto de Nouvel.
Otra cosa es que lo considere necesario, porque el orden de prioridades está realmente mal planteado por los que nos administran lo nuestro.
Por otra parte, ¿no te induce a mosqueo supino eso de que cada nuevo pretendiente a la poltrona nos venga con mega proyectos, con la cantinela de "emblemático" y el argumento de convicción de un arquitecto de renombre?
Hay quien dijo en este foro particular que lo emblemático de Vigo es la propia Ría, y yo estoy de acuerdo.
No veo yo que, antes que otras cosas, necesitemos emblemas a tutiplén (auditorio, Nouvel, Noria gigante, Colina Encantada y lo que te rondaré, morena).
En todo caso, mucho me temo que, como sospechas, lleguemos a tener relleno patatero para hacer más suelo para especular y no tengamos ni siquiera un Nouvel que llevarnos a la boca.
Gracias por la participación, Pepinho.
Mendes da Rocha gañou o Pritzker 2006. El é o autor do proxecto de reordenación do campus de Vigo. É un gran arquitecto, como Nouvel, como Foster, por poñer algúns "relacionados" coa Ria. Nouvel, ¿Nouvel? aterrou en Vigo na pista falsa preparada por un trilero, naquel momento presidente da autoridade portuaria, perdón, candidato á alcaldía de Vigo, hoxe alcalde, bueno, co-alcalde, ¿alcaldiño?. Nun concurso, coas normas do aspirante á poltrona sobre a mesa. Non, a Nouvel non se lle pedía a reordenación do espazo portuario, pedíaselle deixar a súa mercadoría (de calidade máxima, quen o dubida!) no angar do aeroporto. A súa distribución, a xeito de maqueta, correspondeulle a Abel Caballero. A folla de ruta incluíu a foto repetida ata a saciedade nestes días do noso xenio xunta co candidato (o tal Abel ten fantasías e por momentos pensa que o Pritzer foi para el).
O de Mendes da Rocha foi distinto: el, ademais de ser bo arquitecto, non sae co mesmo galmour nas fotos. Tamén concibe a súa participación en proxectos arquitectónicos doutro xeito e, polo que se puido ver en Vigo, aterra onde quere e négase a deixar a mecancía no aeroporto, mesmo négase a deixar mercadoría ningunha se o pedido non lle convence de todo.
A Mendes da Rocha comezaron pedíndolle unha actuación puntual, unha sinatura de arquitecto prestixioso na ferida do Campus das Lagoas. E dixo non: El arquitecto, según indica Docampo, rechazó actuaciones puntuales que agravaran la fragmentación que se pretendía resolver y se decantó por una acción integradora muy acorde con su concepto de arquitectura como hecho global. Mendes da Rocha puxo a súa mirada máis alá do territorio como sustento para a GRAN obra e callou a preexistencia: boa arquitectura fragmentada, desterres inormes, feridas seu final aparente na Terra. E puxo o seu saber ao servizo das necesidades dos seus clientes (a comunidade universitaria, a cidade de Vigo, finalmente NON o rector), sigo citando: Tomando como referencia el deseo de la Universidad de constituir una comunidad real, el arquitecto brasileño vertebra los flujos e interacciones de estudiantes, docentes y trabajadores de administración y servicios en un nivel aéreo, lo que libera las plantas bajas de las edificaciones que se pudiesen acometer en el futuro. Concebidos como amplios corredores pero también espacios, a modo de calle, para la vida social, estas pasarelas de tránsito de 12 metros de anchura enlazarán los distintos niveles del campus.
Al mismo tiempo, la obra determina la fórmula para el crecimiento a medio plazo. De precisarse nuevas construcciones, estas se levantarían sobre pilastras con lo que se desechan definitivamente los destierres y la edificación de nuevos muros, respetando el relieve original del valle en el que se emplaza el recinto universitario.
La filosofía del proyecto del arquitecto Paulo Méndes da Rocha para la reordenación del espacio en el Campus de Vigo (As Lagoas Marcosende) reside en liberar tierra y promover la convivencia. "La multidisciplinaridad es vital para la transmisión del conocimiento", según subrayó el brasileño.
Ocorre/eu en Vigo, aquí mesmo.
Pepinho, se me abstraio, se tiro a toalla e me deixo levar pola alegría de ver, no lugar onde nacín, as obras arquitectónicas que me emocionan ata chorar en Berlín (dios mío! a cúpula do Reichstag, dios Foster en Cangas!) en Barcelona, en NY, en París, en Londres (outra vez, o Millennium Bridge, a Tate Modern... a pel de galiña outra vez...), se tiro a gran toalla e xa non espero nada máis da miña cidade e dáme igoal Ensanche, Alameda, Areal, Berbés, Beiramar, se penso "irrecuperable"... tal vez, nese momento, esperaría ansioso o momento de bañarme na praia de Nouvel(por que coño non lle encargan unha obra singular para gañarllle mar á terra!!), eu que sempre pensei que todo cambiaría o día que, en lugar de valados de medo, houbera rapaces tirándose de cabeza dende os peiraos para percurar a praia violentada dos meus bisavós. Pero na praia de Nouvel, impudicamente amosada por Abel, hai merda, grandes cantidades de merda saíndo por catro inormes tubos que cuspen as entrañas fedorentas desta cidade dormida. Son incapaz de ver o menhir, son incapaz de vé-lo máis alá do hangar da pista de aterraxe do alcaldiño: doume a volta, a un lado, a outro: veo a ría ultraxada dende o mesmo lugar que de cativo pescaba panchiños nunhas escaleiras que non eran de Nouvel pero entrabanno mar e cambiaban cada día coa marea e conmigo. Vexo pasar un inorme Mercante por diante do meu narís e síntome un afortunado porque contemplo o descomunal e exclusivo espectáculo do atraque dun gran buque diante dos meus ollos, aí ao lado, Pepinho, no mesmo lugar onde Nouvel me planta, no límite dun absurdo novo dique de abrigo para outros mil iates destinados ao amarre permanente e a enriquecer a algúns, un edificio 10 veces maior co meu xigantesco mercante. Un buque en vertical e permanentemente varado. Miro para atrás e vexo o soño burgués do ensanche e a fortuna dese parque vilmente maltratado que tan ben soubo comprender Vázquez Consuegra, tránsito -daquela se nos dixo que definitivo- entre o porto e aquela cidade que saía créndose grande do s´culo XIX e entraba no XX con cheiro a sardiña e gañas de convertirse na Barcelona Atlánica. Vexo o Berbés tapado polas tremendas edificacións da lonxa (por que estas edificacións industriais, esencias mariñeiras desta cidade, se lle encargaron aos fillos listos dos promotores e non aos Nouvel, aos Foster...?) afundido irremediablemente nunha ruina suficiente como para que cada vigués se cagase mil veces en todos e cada un dos nosos gobernantes, e digo non. Trago a emoción, as gañas de sacar a esta cidade das gadoupas da admiración por Martin Curty e polos cabaliños de Oliveira ou o dragoncopia do Quesada, me cago no meu gusto e na miña resignación -xa me vale calquera cousa, con tal de que me saquen de enriba tanto mal gusto, tanta medianía, tanta ruralidade, tanto autoodio...?- e digo non: négome a acpetar que Nouvel asine unha gran obra sobre o noso fracaso.
Estendinme máis da conta, incumprindo as normas non escritas dos foros en inernet. Quédanme moitas cousas por responder, pero creo que abonda para ver distintas posturas sobre un tema, máis alá que enrroques que non conducen a ningures).
Que sirva esta extensión soamentecomo a miña maneira de agradecer sinceiramente os comentarios neste post, especialmente os de Pepinho, os de Pablo González (tamén o teu, Marcos, sempre oportuno). Creo sinceiramente que así tamén se constrúe unha cidade, aínda que sexa só na nosa conciencias.
Saúde!
Coño, Pablo,me encogiste el alma y el par de esfèricas. Me volvì a ver pescando en el muelle trasatlàtico. Ese concepto de que Nouvel o cualquier otro va a construir sobre las miserias de nuestro fracaso como ciudad, es una verdad como el menhir, pero pienso que algo es algo, como dijo un calvo al encontrar un peine sin dientes. O sea, peor es nada, porque si seguimos asi nos pueden declarar en cualquier momento patrimonio irrecuperable de la humanidad, Celtiña incluido.
Pero bueno, nun contexto mundial de aumento progresivo do nivel do mar, por moi Nouvel que sexa (e a min a idea dun edificio menhir, encántame e ademáis é profundamente atlántica, como Vigo, pero non no medio da Ría, coñe), ¿non pensan que é un perigo ter unha torre de 90 metros xusto no medio do mar, que dentro de 50 anos igual teñen que rodeala de algo para que non se inunde? ¿qué previsión é esa?
Ademáis, ese proxecto mengua a operatividade dos barcos mercantes nos peiraos do Areal, e lembremos que se trata de que o Porto de Vigo poida competir, e ¿de qué serve máis recheo se os barcos non entran con comodidade?
Hai que aceptar algún tipo de actuación no Areal, estou de acordo, e este novo plan é mellor que o anterior, pois deixa máis lámina de auga libre de cemento, e eles mesmos din que con este novo deseño hai máis espacio. Así que como mínimo, fixeron ben en paralizar o anterior. Reordenación de espacios é a clave de todo, por aí o Porto pode mellorar moitísimo, e de feito, esa parece ser unha das ideas da nova Autoridade Portuaria.
Cando había un colapso polo tema das inspeccións e os contenedores non daban saído, resulta que en vez dun recheo (que repito, podo aceptar en parte a súa necesidade), o que facía falta era que contrataran uns cantos funcionarios máis. Fixéronno, e acabou o colapso. ¡Caramba, que sencillo era! ¡E barato! ¡Sen obras!
En fin, felicidades a todos os que escribistes aquí porque tedes puntos de vista moi defendibles.
Por certo, ter a Xesús Paz na presidencia da autoridade portuaria, paréceme unha garantía de seriedade e profesionalidade. A séculos luz de Caballero e a anos luz de Pedrosa. Alguén se lembra cando era o ínclito Martínez Torea Presidente da daquela Xunta de Obras do Porto? o que levamos aturado os vigueses!
¡¡Mamasiña!! No lo sabes tu bien...
Menuda tropa... Y luego la Espinosa, menuda cosa...
Cuanta razon tienes Pabliño
¡Excelente debate, grazas a tod@s! En canto á reordenación de espazos: pra qué leva-la estación marítima á altura de Colón? porqué afasta-lo Casco Vello dese tránsito diario?
Toda a razón para o apelativo "trilero", o proxecto de Nouvel ou de calquera zona residencial ou de ocio nun espazo portuario de nova creazón, simplemente vai contra das leis en vigor. Temos unha regras de xogo, non permitamos que os nosos representantes pasen por riba delas!
¡ALABADO SEXA O SANTÍSIMO!
O Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo , non só pide que se respecte a totalidade do Plan Nouvel senon que ademais pide que se lle invite a planificar toda a area portuaria.
Eu, o profeta Pepinho, cando xa me fartaba de predicar,inutilmente, no deserto as loubanzas de meu deus Nouvel por fín fun escoitado.
¿qué? , ¿ que non foi porque me escoitaran a min ? ,boeno o resultado é o mesmo e me fan sentir menos só nesta boa nova.
Cando fala Pablo do Campus , estou dacordo, xa o dixen antes, penso que é a millor obra contemporánea da Galiza pero como tamén dixen antes , se fora fea por moi ben ensarillada que estivera, eu xa non a defendería.
Cando fas a tua narración desesperada realmente me emocionas . pero penso que caes na esaxeración que comentaba noutras cartas sobre a defensa da ría, Nin nos quedaremos sen ría e moito menos as prais serán "made in Nouvel".
Hausman arrasou con media cidade antiga cando proxectou a ensanche de París. Non estou seguro de que París saira gañando sen o seu proxecto.
Dito ésto que poidera crear malas interpretacións, Son mais conservacionista do que parezo e aproveito para dar o meu apoio a defensa da panificadora si ou si.
Pero quería dicir con esto que todo é moi relativo e propostas contrarias poden ser válidas e certas. Se os arquitectos e urbanistas non se poñen dacordo no desenrolo das cidades , xa o ves agora en Vigo, porque nós non imos ter dereito a posturas contrapostas.
Non se trata de que todo sexa enorme .
Santiago ten unha catedral enorme e moitas igrexas mais pequenas. Pero, por certo, se o penso ben tampouco me desagradaría cambear estas igrexas mais pequenas por grandes catedrais como a de strasburgo,a de Florencia, Nôtre Dame etc.
E falando de Santiago , se non fora pola faraónica catedral e o seu entorno, Pontevedra sería mais bonita. pero por sorte aí está semellante desproposito e tamén por sorte , no barroco botouse abaixo a fachada románica para facer unha mais emblemática, eu nunca o permitiría pero por ainda mais sorte, a min non me tocou decidir.
Esta "enorme" diferenza fixo de Santiago unha cidade grandiosa e Pontevedra segue a ser unha cidade bonita e ben ensarillada ( falo da parte vella) como pode ser Cáceres.
Sigo pensando que o tamaño sí importa e na arquitectura é mais importante que no sexo.
Doume conta que lle estou a dar voltas ao mesmo tema. O que tiña que dicir xa está mais que exposto.
Aproveito para despedirme e para desexar que estes contactos aínda que sexa para mostrar certas diferenzas nos podan achegar mais que separarnos
Estou seguro que non somos tan diferentes e que hai mais cousas que nos unen que o contrario.
E ti Pablo, se loitas por facer de Vigo a Barcelona Atlantica aínda que discrepemos nos matices , estamos no mesmo barco.
Moi boa sorte e unha aperta a todos do voso Pepinho.
Pepinho, despois de pasar polo ecoloxismo e agora orgasmear coas autoestradas e outros símbolos fálicos, podes acabar a túa vida adicado á especulación inmobiliaria..
O casco vello de Vigo esta a cair, Bouzas agoniza, o estado xeral da cidade e a ría é penoso, e algún co que flipa é con dilapidar millóns de euros (públicos) en caprichos "a la moda". Incultura hortera.
Publicar un comentario